DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 30 de outubro de 2025 Páx. 56371

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 29 de outubro de 2025 pola que se amplía o prazo de xustificación da subvención establecido na Orde do 30 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á modernización tecnolóxica e dixital nas estacións de servizo de ámbito rural da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ao desenvolvemento de actuacións dirixidas a mellorar a súa seguridade, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento IN519F).

O día 10 de xullo de 2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 30 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á modernización tecnolóxica e dixital nas estacións de servizo de ámbito rural da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ao desenvolvemento de actuacións dirixidas a mellorar a súa seguridade, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento IN519F).

No artigo 20.1 das bases reguladoras, a Orde do 30 de xuño de 2025 establece que para cobrar a subvención as persoas beneficiarias terán ata o 31 de outubro de 2025 para presentar a documentación xustificativa da subvención.

Tendo en conta a data da resolución de concesión destas axudas, o que implica un posible risco de incumprimento do prazo establecido na Orde, e coa vontade de facilitar o proceso de xustificación por parte dos beneficiarios, sen que con iso se cause prexuízo a terceiros, considérase necesario ampliar o prazo de xustificación.

De acordo co anterior, vista a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento,

DISPOÑO:

Artigo único. Ampliación do prazo de xustificación

Modifícase o artigo 20.1 das bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á modernización tecnolóxica e dixital nas estacións de servizo de ámbito rural da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ao desenvolvemento de actuacións dirixidas a mellorar a súa seguridade, aprobadas pola Orde do 30 de xuño de 2025, no referente ao prazo de xustificación da subvención, que se amplía ata o día 14 de novembro de 2025 (inclusive).

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2025

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Economía e Industria