Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro) e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.
Denominación: Regulamentación LMTA CHA813 en tramo entre apoios nº 69-105 e nº 69-106.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.
Características técnicas principais:
– Substitución dos apoios número 69-105 de tipo HV 13/630-CR-CA e número 69-106 de tipo HV 13/250-CB-C2, por atoparse en avanzado estado de deterioración, instalándose no seu lugar dous novos apoios de celosía metálica de tipo C14/1000-H35-CA.
– Substitución do van entre ambos os apoios, instalando no seu lugar novo condutor nu de tipo LA-56, cunha lonxitude de 85 metros.
A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con este acordo.
Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas neste departamento territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) no prazo de trinta días contados desde o día seguinte ao da última publicación.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da sección de Enerxía deste Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria (rolda da Muralla, nº 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 76), así como no concello de Taboada. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria a través da seguinte ligazón:
https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/taboada
Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, as persoas interesadas poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.
Lugo, 16 de outubro de 2025
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO I
Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de Regulamentación LMTA CHA813 en tramo
entre apoios nº 69-105 e nº 69-106
Concello: Taboada.
Expediente: IN407A 2025/102 ATE.
|
Nº predio |
Pol. |
Parcela |
Lugar |
Cultivo |
Titular |
Apoio (nº) |
Apoio. Sup. ocupación permanente (m²) |
Afeccións voo |
Afeccións voo |
|
2 |
134 |
1 |
Rosedo |
Monte alto |
Descoñecido |
69-105 69-106 |
4 |
