DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 10 de novembro de 2025 Páx. 57975

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2025 pola que se publica a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a execución do programa de acollemento residencial de primeira acollida con carácter de urxencia (código de procedemento BS213U).

O Estatuto de autonomía de Galicia, no artigo 27.23, atribúelle á Comunidade Autónoma de Galicia a competencia exclusiva en materia de asistencia social.

O artigo 14 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor (LOPXM), establece a obriga da Administración pública de prestar a atención inmediata que precise calquera neno, nena ou adolescente. Para isto a Comunidade Autónoma de Galicia poderá asumir a garda provisional dun neno, nena ou adolescente de acordo co establecido no artigo 172.4 do Código civil, que será comunicada ao Ministerio Fiscal procedendo a identificar a persoa, a investigar as súas circunstancias e constatar, de ser o caso, a situación de desamparo. Tales dilixencias realizaranse no prazo máis breve posible, durante o cal deberá procederse, de ser o caso, á declaración da situación de desamparo e a consecuente asunción da tutela, ou á promoción da medida de protección procedente.

Neste sentido, considérase, de acordo co Manual de procedemento de intervención dos servizos sociais especializados en protección á infancia e adolescencia da Xunta de Galicia en situacións de risco e desamparo, que o Equipo técnico do menor avaliará a situación familiar e as circunstancias que motivaron o ingreso con carácter de urxencia. Xunto coa información facilitada polo centro, adoptará, nos prazos sinalados no dito manual, unha medida de protección e o Plan individualizado de protección do neno, nena ou adolescente o que dará lugar á adopción dunha alternativa de convivencia estable.

O acollemento residencial de primeira acollida é o recurso especializado, de atención temporal e con carácter urxente naqueles casos en que os nenos, nenas ou adolescentes están privados da necesaria asistencia educativa e material, o que implica unha posible situación de desprotección que fai necesaria unha primeira intervención mentres non se adopte unha medida estable de protección.

Así, pois, resulta necesario manter recursos residenciais que ofrezan unha atención integral de urxencia para aqueles casos en que o plan individualizado de protección o considere oportuno. Esta atención debe corresponderse co interese superior de nenos, nenas e adolescentes (en diante, NNA).

O acollemento residencial de nenos, nenas e adolescentes está previsto no Decreto 192/2015, do 29 de outubro, polo que se define a Carteira de servizos sociais de familia, infancia e adolescencia (DOG núm. 108, do 8 de xuño de 2016). En concreto, o punto 2.4.9 do anexo desta norma refírese ao «servizo de acollemento residencial de menores», que define como o conxunto de intervencións mediante as que se exerce a garda dun/dunha NNA como medida de protección, a través do seu aloxamento nun centro.

Á vista das habilitacións normativas anteriores, nos últimos anos o programa de acollemento residencial de primeira acollida con carácter de urxencia veuse desenvolvendo a través de un contrato de servizos, documentalmente simplificado, suxeito a regulación harmonizada (SARHA). Non obstante, a habilitación do réxime de concertos sociais na Comunidade Autónoma de Galicia a través do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, abre a posibilidade de aplicar esta figura a programas e servizos desenvolvidos pola Entidade Pública de Protección á Infancia e á Adolescencia de Galicia.

Este proxecto será financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade, con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.312B.228, código de proxecto 2013 590, que figura na Lei 4/2024, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, na cal existe crédito axeitado e suficiente.

Cumpridos os requisitos do artigo 10 e de conformidade co artigo 11 do dito Decreto 229/2020, a resolución de convocatoria do procedemento BS213U deste concerto social, logo da fiscalización da proposta, correspóndelle á persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade. As resolucións publicaranse no Diario Oficial de Galicia.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Autorizar o inicio e a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a execución do programa de acollemento residencial en réxime de acollemento residencial de primeira acollida con carácter de urxencia (código de procedemento BS213U), que se xunta á presente resolución no anexo I, e ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución de inicio.

Segundo. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2025

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Igualdade

ANEXO I

Concerto social con código de procedemento BS213U, que consiste
na execución do programa de acollemento residencial de primeira
acollida con carácter de urxencia

A) Necesidade administrativa que se pretende satisfacer.

A Constitución española dispón, no artigo 39, entre os principios reitores da política económica e social, o apoio dos poderes públicos para asegurar a protección social, económica e xurídica da familia, sinalando igualmente que NNA deberán gozar da protección prevista nos acordos internacionais, entre os que deben incluírse os dereitos recoñecidos á infancia pola Convención sobre os dereitos do neno, aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989 e en vigor en España desde o 5 de xaneiro de 1991.

A Comunidade Autónoma de Galicia ten competencias exclusivas en materia de asistencia social, de conformidade co disposto no artigo 27.23 do Estatuto de autonomía de Galicia, Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, e nos reais decretos de transferencia 2411/1982, do 24 de xullo (BOE núm. 232, do 28 de setembro) e 534/1984, do 25 de xaneiro (BOE núm. 69, do 21 de marzo) e, en virtude da dita competencia aprobáronse a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, e a Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.

A Consellería de Política Social e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, ten atribuída entre as súas competencias, segundo o Decreto 42/2024, do 14 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG núm. 73, do 14 de abril), o Decreto 49/2024, de 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 81, do 24 de abril) e o Decreto 139/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social e Igualdade ao abeiro da disposición transitoria do Decreto 42/2024, do 14 de abril, a protección e a tutela dos/das nenos, nenas e adolescentes en situación de risco ou desamparo.

O acollemento residencial a nenos, nenas e adolescentes cunha medida de protección forma parte do contido esencial das obrigas que, como titor ou gardador, lle corresponden á Xunta de Galicia por ministerio da lei.

Para levar a cabo estas actuacións desenvólvese, entre outros, o programa de intervención de acollemento residencial e/ou o programa de acollemento residencial en réxime de atención de día. Para a súa execución a Administración conta con equipamentos propios con xestión directa que son insuficientes para cubrir as necesidades existentes.

Cómpre sinalar, con respecto a este último aspecto, que na actualidade a Comunidade Autónoma de Galicia conta con catro centros de titularidade propia e con xestión directa, é dicir: Centro de Menores San Xosé de Calasanz, Complexo de Atención a Menores de Ferrol (Centro de Menores Ferrol I), Centro de menores Santo Anxo da Garda, Centro Educativo A Carballeira, o número total de prazas ascende a 167 prazas, número claramente insuficiente se temos en conta que os/as NNA en acollemento residencial en Galicia se manteñen en cifras próximas ao millar.

Consonte o anterior, é preciso contar cos medios proporcionados por outras entidades públicas, a través dos oportunos convenios de colaboración, ou privadas, a través da contratación dos servizos.

A Administración vén constatando a necesidade de prazas de acollemento residencial en determinadas comarcas e/ou concellos. Do mesmo xeito, tamén se detecta un paulatino incremento nas solicitudes de atención de nenos, nenas e adolescentes estranxeiros/as non acompañados/as, froito das políticas de solidariedade postas en marcha para paliar a continua chegada de inmigrantes que fan que resulte urxente a dotación de centros, neste caso coa tipoloxía de «casa de primeira acollida», en que se poida prestar unha atención integral de urxencia en canto se lles busca a mellor medida posible dentro dos recursos con que conta a Administración no sistema de protección da infancia e da adolescencia.

Na procura da consecución duns estándares de calidade propios dunha Administración moderna e preocupada pola mellora dos servizos sociais en xeral e na mellora da calidade de vida dos nenos e nenas incluídos no sistema de protección da Xunta de Galicia, cómpre, no interese superior daquelas, poñer en marcha este procedemento de concertación.

Este concerto social permitirá a participación, en libre concorrencia pública, de entidades titulares de centros de menores ou en disposición de achegar este tipo de recurso no suposto de resultar adxudicatarias.

O artigo 2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 3, do 7 de xaneiro de 2021) establece que este tipo de relación xurídica se pode establecer entre a Administración xeral autonómica e aquelas entidades que ofrezan servizos sociais previstos nas carteiras de servizos vixentes que se determinen.

O acollemento residencial de nenos, nenas e adolescentes está previsto no Decreto 192/2015, do 29 de outubro. En concreto, o punto 2.4.9 do anexo desta norma refírese ao «servizo de acollemento residencial de menores», que define como «conxunto de intervencións mediante as que se exerce a garda dun NNA como medida de protección, a través do seu aloxamento nun centro». A mesma norma indica que esta modalidade ten por obxecto «proporcionar a atención, a educación e a formación adecuadas precisas para a normalización e integración sociofamiliar das persoas acollidas».

B) Obxecto do concerto social.

O obxecto do presente concerto con código de procedemento BS213U, é a execución do programa de intervención en réxime de acollemento residencial con carácter de urxencia e de primeira acollida. En concreto, ofértanse 11 prazas a persoas usuarias con estas características.

A casa de primeira acollida ten como finalidade realizar un acollemento residencial que garanta a atención inmediata de nenas, nenos e adolescentes ante unha situación urxente que aconselle o seu ingreso nunha institución, en canto se avalían as circunstancias en que se atopa.

O artigo 14 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor (LOPXM), establece o deber da Administración pública de prestar a atención inmediata que precise calquera neno, nena ou adolescente. Para isto, a Comunidade Autónoma de Galicia poderá asumir a garda provisional dun neno, nena ou adolescente de acordo co establecido no artigo 172.4 do Código civil, que será comunicada ao Ministerio Fiscal procedendo a identificar a persoa, a investigar as súas circunstancias e constatar, de ser o caso, a situación de desamparo.

As necesidades que se trata de satisfacer son as seguintes:

• O acollemento residencial de primeira acollida é o recurso especializado, de atención temporal e con carácter urxente naqueles casos en que os nenos, nenas ou adolescentes están privados da necesaria asistencia moral e material, o que comporta unha posible situación de desprotección que fai necesaria unha primeira intervención mentres non se adopte unha medida estable de protección.

• Aloxar, en réxime de acollemento residencial, as nenas, nenos e adolescentes suxeitas a medida de garda ou tutela pola entidade pública de protección da infancia e da adolescencia, cando non sexa posible ou non conveña ao seu interese a integración nunha familia.

• Dar cobertura ás necesidades básicas dos e das nenas, nenos e adolescentes cunha medida de protección ou que necesiten atención inmediata, e proporcionarlles a atención, a educación e a formación axeitadas, co fin de favorecer o pleno desenvolvemento de todas as facetas da súa personalidade.

• Levar a cabo unha intervención individualizada coas persoas menores e, de ser o caso, coas súas familias de orixe, co obxecto de promover a adecuada integración daquelas na súa propia familia ou, se isto non é posible, nunha familia alternativa, ou preparalos para a vida independente.

Para os efectos desta convocatoria, o concerto social distribúese en 1 único lote:

Tipoloxía

Xerais

Especiais

De día

Casa de primeira acollida

0

11

0

C) Modalidade de concertación.

A modalidade de concertación é o procedemento de asignación de concertos, regulado no artigo 9 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 3, do 7 de xaneiro de 2021). O concerto será asignado a unha única entidade, que deberá optar a todas as prazas ofertadas.

D) Réxime económico do acordo.

D.1. Orzamento e crédito orzamentario a que se imputa o gasto:

A Consellería de Política Social e Igualdade financiará o custo derivado da execución do presente concerto cunha contía máxima de 4.467.388,50 € (IVE incluído) no período 2025 (31 días)-ao 2029 (151 días). Este importe será financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.312B.228, código de proxecto 2013 590. A realización do presente concerto quedará condicionada á efectiva existencia de crédito na partida orzamentaria indicada polo importe referido nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.

D.2. Distribución en anualidades:

Nº de prazas especiais

2025 (31 días)

total + IVE

2026

total + IVE

2027

total +IVE

2028

total + IVE

2029 (151 días)

total + IVE

11

93.013,55 €

1.191.527,54 €

1.275.396,87 €

1.336.152,91 €

571.297,63 €

Nº de prazas especiais

Posibles prórrogas

2029 (214 días) total + IVE

2030
total + IVE

2031
total + IVE

2032
total + IVE

2033
total + IVE

2034
total + IVE

2035 (304 días)total + IVE

11

809.653,59

1.380.951,22 €

1.380.951,22 €

1.384.734,65 €

1.380.951,22 €

1.380.951,22 €

571.297,63 €

Distribución en anualidades (sen IVE):

Nº de prazas especiais

2025

(31 días)

2026

2027

2028

2029
(151 días)

11

84.557,77 €

1.083.206,85 €

1.159.451,70 €

1.214.684,46 €

519.361,48 €

Nº de prazas especiais

Posibles prórrogas

2029

(214 días)

2030

2031

2032

2033

2034

2035
(151 días)

11

736.048,72 €

1.255.410,20 €

1.255.410,20 €

1.258.849,68 €

1.255.410,20 €

1.255.410,20 €

519.361,48 €

O valor estimado para as anualidades comprendidas entre 2025 (31 días) e 2029 (151 días), así como as posibles modificacións e prórrogas é o seguinte:

Anualidades

Totais (sen IVE)

Posibles modificacións (50 %)

Total + modificacións

2025 (31 días)

84.557,77 €

42.278,89 €

126.836,66 €

2026

1.083.206,85 €

541.603,43 €

1.624.810,28 €

2027

1.159.451,70 €

579.725,85 €

1.739.177,55 €

2028

1.214.684,46 €

607.342,23 €

1.822.026,69 €

2029 (151 días)

519.361,48 €

259.680,74 €

779.042,22 €

Anualidades

Posibles prórrogas (sen IVE)

Modificacións prórrogas (50 %)

Total prórrogas + modificacións

2029 (214 días)

736.048,72 €

368.024,36 €

1.104.073,08 €

2030

1.255.410,20 €

627.705,10 €

1.883.115,30 €

2031

1.255.410,20 €

627.705,10 €

1.883.115,30 €

2032

1.258.849,68 €

629.424,84 €

1.888.274,52 €

2033

1.255.410,20 €

627.705,10 €

1.883.115,30 €

2034

1.255.410,20 €

627.705,10 €

1.883.115,30 €

2035 (151 días)

519.361,48 €

259.680,74 €

779.042,22 €

Total valor estimado

17.395.744,42 €

D.3. Prezo:

O prezo que a Consellería de Política Social e Igualdade aboará pola prestación do servizo obxecto deste concerto concrétase no seguinte prezo por praza e día:

Nº de prazas especiais

Anualidade

Praza especial NNA/día
(sen IVE)

11

2025

247,97 €

2026

269,79 €

2027

288,78 €

2028

301,71 €

2029

312,68 €

2030

312,68 €

2031

312,68 €

2032

312,68 €

2033

312,68 €

2034

312,68 €

2035

312,68 €

A contía indicada na táboa anterior será a aboada en caso de que a praza estea ocupada por unha persoa usuaria. En caso de non estar ocupada unha praza, a reserva de praza aboarase ao 70 % do prezo indicado, por un importe de:

• 173,58 euros/praza no ano 2025.

• 188,85 euros/praza no ano 2026.

• 202,15 euros/praza no ano 2027.

• 211,20 euros/praza no ano 2028.

• 218,88 euros/praza no ano 2029 e seguintes.

E) Duración do concerto social e posibilidade de renovacións.

Este concerto social terá vixencia desde a súa formalización (prevista desde o 1.12.2025 ata o 31.5.2029, con posibilidade das prórrogas sinaladas no artigo 8 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, en caso de existir crédito adecuado e suficiente. En concreto, de acordo co dito precepto, existe a posibilidade de prorrogar o concerto desde o 1.6.2029 ata o 31.5.2035. En todo caso, a resolución de concertación terá lugar no ano 2025.

De acordo co dito precepto, coa finalidade de garantir a estabilidade na súa provisión, despois da resolución deste concerto social, o programa poderá continuar tras a convocatoria dun novo concerto, sempre e cando exista crédito adecuado e suficiente.

Non obstante, e de acordo co sinalado no artigo 29.4 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que resulta de aplicación supletoria ao abeiro do establecido na disposición derradeira primeira do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, cando ao vencemento dun concerto non se formalizase o novo instrumento que garanta a continuidade do servizo como consecuencia de incidencias imprevisibles para a Administración concertante producidas no procedemento de adxudicación, e existan razóns de interese público para non interromper a prestación, poderase prorrogar o concerto orixinario ata que comece a execución do novo concerto e, en todo caso, por un período máximo de nove meses, sen modificar as restantes condicións do concerto, sempre que a nova resolución de convocatoria do concerto fose publicada cunha antelación mínima de tres meses respecto da data de finalización do concerto orixinario.

F) Requisitos que deben cumprir as entidades para poder presentarse ao procedemento de concertación.

Para poderen acollerse ao réxime de concerto social as entidades que presten servizos sociais deberán cumprir os requisitos seguintes:

a) Estar debidamente inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Contar coa solvencia suficiente segundo os seguintes indicadores:

b.1) Solvencia económica e financeira. Acreditarase por un dos seguintes medios:

b.1.1) Volume anual de negocios, referido aos tres últimos exercicios concluídos dispoñibles en función da data de creación ou inicio das actividades da entidade. Reputarase solvente a entidade licitadora que acredite ter un volume de negocios no ámbito da atención á infancia e á adolescencia, referido ao ano de maior volume de negocios dos últimos tres concluídos, por un importe igual ou superior a 300.000,00 €.

O volume anual de negocios da entidade acreditarase por medio de copia das súas contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se a entidade estivese inscrita no dito rexistro. En caso contrario, polas depositadas no rexistro oficial en que deba estar inscrito. Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume anual de negocios mediante copia dos seus libros de inventarios e contas anuais legalizados polo Rexistro Mercantil.

b.1.2) Un seguro de indemnización de responsabilidade civil, vixente ata o fin do prazo de presentación de ofertas, por un importe igual ou superior aos 250.000,00 € anuais.

A súa acreditación efectuarase por medio de:

1. Unha declaración responsable asinada polo representante legal do licitador en que se exprese o importe asegurado e a súa vixencia, que deberá ser igual ou superior aos valores anuais indicados.

2. Unha vez adxudicado o concerto, a entidade que resulte adxudicataria estará en condicións de achegar, de ser requirida, un certificado expedido pola aseguradora, en que consten os importes e riscos asegurados e data de vencemento do seguro, así como un documento de compromiso vinculante de subscrición, prórroga ou renovación do seguro, no caso en que proceda para garantir o mantemento da súa cobertura durante a execución do concerto.

b.2) Solvencia técnica ou profesional:

Reputarase solvente a entidade concertada que acredite, cando menos, un dos seguintes requisitos:

– Ter un ou varios servizos de natureza análoga ao obxecto deste concerto, que se prestasen a algunha Administración pública ou entidade privada (contabilizados ata o fin do prazo de presentación de proposicións) cuxos importes acumulados no ano de maior execución nos últimos tres anos, computados ata data de fin de prazo de presentación de solicitudes desta convocatoria, sexa igual ou superior a 604.152,65 €.

A súa acreditación efectuarase por medio dunha declaración responsable asinada polo representante legal do licitador en que figuren os principais servizos e traballos realizados de natureza análoga ao obxecto deste concerto nos últimos tres anos computados ata a data de fin de prazo de presentación de solicitudes desta convocatoria, que inclúa importes, datas e destinatarios públicos ou privados.

Unha vez adxudicado o concerto, a entidade que resulte adxudicataria estará en condicións de achegar, de ser requirida:

Se o destinatario foi unha entidade do sector público, copia da certificación de boa execución expedida ou visada polo órgano competente. No caso de que o destinatario fose a Xunta de Galicia, os servizos comprobaranse de oficio.

Se o destinatario fose un suxeito privado, mediante unha copia da certificación de boa execución expedida por este ou, na falta de certificación, mediante unha declaración responsable da entidade declarando ter realizado o traballo ou servizo a satisfacción de aquel, acompañado dos documentos existentes no poder del, que acrediten a realización da prestación.

– Polo menos a persoa que exerza de director/a e outro membro do equipo técnico contan, respectivamente en postos de características asimilables, cunha experiencia mínima de dous anos, dentro dos últimos tres, nalgunha empresa ou entidade que, pola súa vez, prestase servizos para unha Administración pública ou entidade privada, sempre que tanto o servizo prestado como as tarefas desempeñadas polo persoal, teñan natureza análoga ao obxecto do concerto.

c) Contar cunha experiencia mínima de atención á infancia e á adolescencia de 2 anos.

d) Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas pola lexislación vixente.

e) Estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Estar en condicións de poder presentar, de resultar adxudicataria, os seguros que se detallan no punto K.3 desta resolución (póliza de seguros dos locais e de responsabilidade civil).

g) Acreditación da titularidade do centro ou dispoñibilidade mediante calquera título xurídico válido por un período non inferior ao da vixencia do concerto, así como, de ser o caso, a autorización da entidade ou persoa titular do local onde se atopa o centro e/ou se prestan os servizos.

h) Estar en condicións de acreditar o cumprimento da normativa que, con carácter xeral ou específico, lle sexa aplicable, tanto pola natureza xurídica da entidade como servizo obxecto do concerto social.

G) Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

G.1. As solicitudes de participación na convocatoria de concerto social deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (anexo II).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

G.2. O prazo para presentar as solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

G.3. A presentación da solicitude supón a aceptación incondicionada da persoa solicitante da totalidade do contido da convocatoria, sen excepción ou reserva ningunha.

H) Documentación complementaria.

H.1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Unha relación de todos os documentos que se presentan.

b) Declaración responsable ou certificación que acredite que conta coa solvencia económica e financeira e técnica ou profesional segundo se indica na cláusula F desta convocatoria, no caso de optar por acreditala neste momento.

c) Documentación que acredite que a entidade conta cunha experiencia mínima de 2 anos na atención á infancia e á adolescencia, no caso de optar por acreditala neste momento. No caso de que esta experiencia derive de instrumentos xurídicos asinados coa Xunta de Galicia, acreditarase de oficio. A entidade presentará, de ser o caso, unha relación dos servizos prestados á Xunta de Galicia.

d) Relación do persoal adscrito ao servizo segundo o anexo V da resolución da convocatoria. O persoal poderase contratar ou asignar a este programa tras a adxudicación do concerto. Neste caso indicarase neste momento «pendente de contratación». No caso de que se manteña o persoal subrogado, indicarase o número de orde que figure na táboa de subrogación que figura para cada lote no anexo VII.

e) Documentación que acredite os criterios de selección e preferencia (cláusula O) da resolución da convocatoria:

e.1) Proxecto de intervención educativa, diferenciado nos seguintes puntos:

– Proxecto educativo do centro.

– Itinerario de intervención educativa.

– Regulamento de organización, funcionamento e convivencia.

– Plan de formación continua do persoal.

e.2) Descrición das instalacións en que se levará a cabo o servizo. Para cada unha das instalacións ofertadas achegaranse as informacións e documentos seguintes:

– Situación xeográfica, coa súa localización en plano.

– Descrición clara das súas condicións físicas e arquitectónicas, que se acompañará de planos de planta e fotografías, tanto do exterior como dos espazos interiores, e sinalará para cada un destes o número de metros cadrados útiles e os seus usos correspondentes.

– Descrición do equipamento e recursos materiais con que conta.

e.3) Documentación que acredite a posesión da Marca galega de excelencia en igualdade, do Certificado de empresa familiarmente responsable e/ou do recoñecemento á promoción da parentalidade positiva, outorgado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social xunto coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), ou documentos equivalentes.

e.4) Declaración responsable ou documentación que acredite a continuidade na atención prestada en acollemento residencial de primeira acollida. No caso de que os servizos se refiran a programas efectuados no ámbito da Xunta de Galicia, a Comisión de Valoración comprobará, de oficio, os datos incluídos na declaración.

e.5) Documentación que acredite a experiencia da entidade no ámbito da protección á infancia e adolescencia. En caso de que a experiencia da entidade se refira a programas efectuados no ámbito da Xunta de Galicia, será suficiente cunha declaración responsable que comprobará, de oficio, a Comisión de Valoración.

f) Certificado de estar en condicións de poder presentar, de resultar adxudicataria, os seguros que se mencionan no punto K.3 desta resolución do concerto (póliza de seguros dos locais e de responsabilidade civil).

g) Acreditación da titularidade do centro ou dispoñibilidade mediante calquera título xurídico válido por un período non inferior ao da vixencia do concerto, así como, de ser o caso, a autorización da entidade ou persoa titular do local onde se atopa o centro e/ou se prestan os servizos.

h) Certificado de estar en condicións de acreditar o cumprimento da normativa que, con carácter xeral ou específico, lle sexa aplicable, tanto pola natureza xurídica da entidade como polo tipo de servizo obxecto do concerto social.

i) Documentación que acredite os anos que a entidade, de ser o caso, leva desenvolvendo servizos relacionados coa protección á infancia e á adolescencia no concello a que se refira a oferta, cando non fosen financiados pola Consellería de Política Social e Igualdade.

H.2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

H.3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

I) Comprobación de datos.

I.1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa representante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa empregada.

d) Inscrición no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á AEAT.

f) Comprobación de estar ao día coa Seguridade Social.

g) Comprobación de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

h) Consulta da inexistencia de antecedentes penais do persoal que se designe para a prestación do servizo.

i) Consulta de inexistencia de antecedentes penais por delitos de natureza sexual do persoal que se designe para a prestación do servizo

j) Títulos oficiais universitarios, de ser o caso, do persoal que se designe para o servizo, segundo o establecido no prego de prescricións técnicas.

k) Anos que a entidade, de ser o caso, leva desenvolvendo servizos relacionados coa protección á infancia e á adolescencia no concello a que se refira a oferta, cando fosen financiados pola Consellería de Política Social e Igualdade.

I.2. No caso de que a entidade interesada se opoña á consulta, deberá indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

I.3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

J) Órganos competentes para a tramitación e resolución do procedemento.

A tramitación deste procedemento de concerto social correspóndelle á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Igualdade.

A resolución correspóndelle, de acordo coa posibilidade de delegación que se recolle no artigo 16 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, á persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Igualdade.

K) Procedemento do concerto social.

K.1. Instrución.

K.1.1. Este concerto realizarase mediante o procedemento de asignación, seleccionando a entidade prestadora do servizo do lote, de acordo cos criterios de selección e preferencia desta convocatoria.

K.1.2. Correspóndelle á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica a instrución do procedemento que verificará que as solicitudes das entidades reúnen os requisitos exixidos e achegaron a documentación preceptiva.

K.2. Informe da Comisión de Valoración.

K.2.1. A Comisión de Valoración fará público o resultado das súas deliberacións a través do portal web da Consellería de Política Social e Igualdade.

K.2.2. A Comisión de Valoración determinará aquelas entidades que cumpran os requisitos para concertar e elaborará un informe en que figurará unha listaxe ordenada, de acordo coas puntuacións obtidas, propoñendo para a execución do concerto á entidade que reúna maior puntuación do lote.

K.3. Documentación que debe presentar a entidade adxudicataria.

Unha vez aceptada pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Igualdade a proposta da Comisión de Valoración, a entidade seleccionada deberá presentar a seguinte documentación:

– Anexo III.

– Anexo V. Relación de persoal adscrito ao servizo, detallando os datos que non se achegaron coa solicitude, de ser o caso.

– Anexo VI. Consentimento individualizado da comprobación de datos asinado por cada empregado/a da entidade adxudicataria.

– Documentación que acredite a continuidade na atención prestada en acollemento residencial de primeira acollida, de ser o caso.

– Documentación que acredite a solvencia económica e financeira e técnica ou profesional, de acordo coas fórmulas escollidas na declaración responsable presentada coa solicitude, de ser o caso.

– Documentación que acredite a subscrición dos seguros que se mencionan a seguir:

A entidade adxudicataria virá obrigada á constitución dunha póliza de seguros para a cobertura dos seguintes riscos:

1. Póliza de seguros que cubra os danos e sinistros que se produzan nos locais, bens, aparellos e materiais afectos ao servizo.

2. De responsabilidade civil que cubra:

– Os danos que puidese sufrir calquera persoa, en si mesma ou nos seus bens, e que deriven do funcionamento dos locais da entidade adxudicataria con que conta o programa.

– Os danos que puidesen ser causados ás persoas e aos bens de terceiros, polos profesionais e, en xeral, calquera persoa dependente da entidade adxudicataria, incluídos os actos derivados de actividades realizadas relacionadas coa prestación do servizo.

A suma asegurada deberá ser dun mínimo de 150.000,00 € por sinistro e 300.000,00 € por anualidade.

A xustificación da póliza subscrita e do pagamento da prima deberá realizarse no momento da formalización, e cada vez que se renove a póliza.

– O xustificante de presentación na Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia (na sede de Santiago de Compostela da Consellería de Facenda e Administración Pública ou nas delegacións provinciais da Axencia Tributaria de Galicia-Atriga) da garantía que se exixe no punto S.2 desta resolución.

– Autorización de inicio de actividades do centro ou informe de viabilidade positivo do proxecto de centro, segundo o establecido na cláusula Q.3.1 desta resolución.

K.4. Formalización do concerto.

K.4.1. Este concerto social formalizarase mediante un documento administrativo, co contido establecido no artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación.

K.4.2. O documento de formalización será subscrito, en representación da Administración, pola persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, en virtude da delegación recollida no artigo 19.2 do citado Decreto 229/2020.

K.4.3. O concerto perfeccionarase coa súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen terse efectuado esta previamente.

K.4.4. Efectuada a formalización, a entidade concertada estará obrigada a prestarlles ás persoas usuarias os servizos sociais nas condicións establecidas na normativa sectorial aplicable, nesta resolución de convocatoria do concerto social e nos criterios de preferencia e selección da entidade.

K.4.5. Cando, por causas imputables á entidade concertada, non se formalizase o concerto social, a Administración acordará a súa resolución e a incautación da garantía no caso de terse constituído.

K.4.6. Se as causas da non formalización son imputables á Administración, indemnizarase á entidade polos danos e perdas que a demora lle puidese ocasionar.

L) Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

M) Prazo de resolución, notificación e publicación.

M.1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

M.2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

M.3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

M.4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen 10 días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

M.5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

M.6. A resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Política Social e Igualdade.

M.7. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución de concertación será de 3 meses contado desde a publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Este prazo poderá ser ampliado, de acordo coa normativa sobre o procedemento administrativo, por un prazo máximo doutros 3 meses. En todo caso, a resolución de concertación terá lugar no ano 2025.

M.8. Transcorrido o prazo establecido sen se ditar e notificar resolución, as entidades poderán entender desestimada a súa pretensión por silencio administrativo.

N) Recursos contra a resolución.

Este concerto terá carácter administrativo e rexerase nos seus efectos polo establecido nas súas cláusulas, polo disposto no artigo 18 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, pola Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, así como a Lei 8/2016, do 8 de xullo, pola que se modifica a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. Na súa falta, para resolver as lagoas e dúbidas que puidesen presentarse, rexerase polo establecido na Lei 9/2017, do 8 de novembro, así como pola Lei 40/2015, do 1 de outubro.

As cuestións litixiosas xurdidas acerca da interpretación, modificación e resolución serán resoltas pola Consellería de Política Social e Igualdade poñendo os seus acordos fin á vía administrativa. Contra elas cabe recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, segundo o previsto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo dun mes, se a resolución for expresa. Se o acto non for expreso, poderase interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ou poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte á notificación do acto que poña fin á vía administrativa, se este for expreso. Se non o for, o prazo será de 6 meses e contarase, para o solicitante e outros posibles interesados, a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O) Criterios de selección e preferencia.

O.1. Para a formalización deste concerto, de acordo co artigo 33 quinquies.5 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, darase prioridade ás entidades sen ánimo de lucro, cando existan análogas condicións de efectividade, calidade e rendibilidade social, sempre que, en todo caso, se garanta a libre concorrencia e se respecten os principios de igualdade de trato, de non discriminación e de transparencia.

Deste xeito, a consideración de entidade sen ánimo de lucro inclúese entre os criterios de desempate.

O.2. Neste procedemento de asignación de concerto establécense os seguintes criterios para a selección da entidade adxudicataria, coa finalidade de acadar unha valoración que sirva para establecer unha orde de prelación para concertar:

a) Calidade do proxecto de intervención educativa (40 puntos), baremado de acordo cos seguintes criterios:

a.1) Proxecto educativo do centro (ata 15 puntos), de acordo cos seguintes criterios:

– Coherencia entre as necesidades das persoas usuarias atendidas e os obxectivos, contidos, metodoloxía, actividades, recursos e avaliación propostos, ata 13 puntos.

– Calidade do sistema de avaliación da intervención proposto. Valorarase a implantación de certificacións de calidade como UNE 0070:2022 ou equivalente, ata 2 puntos.

a.2) Itinerario de intervención educativa (ata 14 puntos), de acordo cos seguintes criterios:

– Coherencia entre as necesidades da nena, neno ou adolescente e a planificación da intervención educativa. Priorización dos obxectivos, áreas de intervención, metodoloxías, actividades e avaliación que garantan á persoa usuaria un tratamento individualizado e permanentemente revisable, ata 12 puntos.

– Calidade do sistema de avaliación proposto (avaliación do neno, nena ou adolescente, da intervención educativa e da institución), ata 2 puntos.

a.3) Regulamento de organización, funcionamento e convivencia (ata 6 puntos), de acordo cos seguintes criterios:

– Coherencia entre a organización, normas de funcionamento e convivencia cos principios e criterios contidos no modelo de intervención adoptado, no proxecto educativo e no itinerario de intervención educativa, ata 4 puntos.

– Grao de participación dos/das mozos/as, nos órganos de goberno e no funcionamento interno do centro, ata 2 puntos.

a.4) Plan de formación continua do persoal (ata 5 puntos), de acordo cos seguintes criterios:

– Adecuación do plan de formación continua ás características do servizo e ao proxecto de intervención educativa (ata 3 puntos).

– Obxectivos, contidos, metodoloxía e temporalización das actividades (ata 1 punto).

– Adecuación aos destinatarios e dos perfís profesionais do persoal formador (ata 1 punto).

b) Instalacións en que se levará a cabo o servizo: ata 20 puntos, de acordo cos seguintes criterios:

b.1) Proximidade e dispoñibilidade de transporte colectivo para os traslados ás instalacións e servizos educativos, sanitarios, deportivos ou de lecer, que vaian ser empregados polas persoas usuarias, ata 5 puntos.

b.2) Grao de conservación, calidade e confortabilidade dos espazos e equipamentos, incluída a accesibilidade (terase en conta informes técnicos, fotografías...), ata 10 puntos.

b.3) Dimensións, distribución e grao de adecuación dos espazos do equipamento aos perfís dos usuarios do servizo e ás actividades que se vaian prestar (tomando como referencia o establecido no Decreto 329/2005) tendo en conta a posibilidade de adaptar o equipamento para dar resposta a unha maior ocupación ante situacións de ingresos urxentes, ata 5 puntos.

c) Medidas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral e corresponsabilidade, ata 10 puntos:

De acordo co establecido no artigo 57 da Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia, valorarase a existencia na empresa de políticas en materia de conciliación da vida persoal, familiar e laboral e corresponsabilidade que se apliquen na execución deste concerto do seguinte xeito:

c.1) Estar en posesión da Marca galega de excelencia en igualdade, ou equivalente (4 puntos).

c.2) Estar en posesión do Certificado de empresa familiarmente responsable, ou equivalente (4 puntos).

c.3) Estar en posesión do recoñecemento á promoción da parentalidade positiva, outorgado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social xunto coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), ou equivalente (2 puntos).

d) Continuidade na atención prestada en acollemento residencial de primeira acollida, ata 15 puntos. Computarase un punto por cada ano que a entidade solicitante veña desenvolvendo servizos relacionados coa protección á infancia e á adolescencia en acollemento en primeira acollida. Computarase un punto por cada ano completo, procedéndose, así mesmo, ao rateo dos meses restantes, e terase como data final do cómputo a publicación deste concerto social no Diario Oficial de Galicia.

e) Por cada ano de servizo acreditado pola entidade no ámbito da protección á infancia e á adolescencia, ata 15 puntos. Computarase un punto por cada ano completo por encima do requisito mínimo para optar ao concerto (2 anos), procedéndose, así mesmo, ao rateo dos meses restantes, e terase como data final do cómputo a publicación deste concerto social no Diario Oficial de Galicia.

Empregarase como primeiro criterio de desempate a preferencia das entidades sen ánimo de lucro fronte ao resto de entidades prestadoras de servizos sociais. Como segundo, un número de integrantes do cadro de persoal superior ao 2 % nos termos do artigo 147.1.a) e o Acordo do Consello da Xunta de 8.4.2010 así como o previsto no Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto Refundido da Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social. No caso de que varias empresas se atopen nestas circunstancias, terá preferencia na adxudicación do concerto o licitador que acredite maior porcentaxe de traballadores fixos con discapacidade no seu cadro de persoal.

P) Composición e funcionamento da Comisión de Valoración.

P.1. A Comisión de Valoración está composta polo persoal funcionario que a seguir se relaciona:

Titular

Suplente

Presidencia

Subdirector/a xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia

Subdirector/a xeral de Demografía e Conciliación

Vogalías

Xefe/a do Servizo de Protección de Menores

Xefe/a do Servizo de Xustiza Penal Xuvenil

Pedagogo/a (SPM)

Pedagogo/a (SPM)

Traballador/a social (SPM)

Psicólogo/a (SPM)

Psicólogo/a (SPM)

Psicólogo/a (SPM)

Secretaría

Xefe/a da Sección de Tramitación Administrativa

Xefe/a da Sección de Contratación

P.2. Na organización e funcionamento da Comisión de Valoración aplicarase o disposto, en materia de órganos colexiados, na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, e na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

P.3. O órgano instrutor a través da Comisión de Valoración poderá solicitarlles ás persoas interesadas cantas aclaracións e ampliacións de información e documentos sexan precisos para a adecuada resolución do procedemento e, en xeral, realizar cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos, en virtude dos cales deba formularse a proposta de resolución, entre os que se incluirá en todo caso un prazo de corrección de solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

P.4. Así mesmo, a Comisión de Valoración poderá solicitar os informes técnicos que precise nos seus labores de instrución.

Q) Condicións técnicas e materiais da prestación obxecto do concerto social.

Q.1. Obxecto do servizo:

O obxecto do presente concerto con código de procedemento BS213U é a execución do programa de intervención en réxime de acollemento residencial con carácter de urxencia e de primeira acollida. En concreto, ofértanse 11 prazas a nenos, nenas e adolescentes (en diante, NNA) con estas características.

A casa de primeira acollida ten como finalidade realizar un acollemento residencial que garanta a atención inmediata de NNA ante unha situación urxente que aconselle o seu ingreso nunha institución, en canto se avalían as circunstancias en que se atopa.

O artigo 14 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor (LOPXM), establece o deber da Administración pública de prestar a atención inmediata que precise calquera NNA. Para isto, a Comunidade Autónoma de Galicia poderá asumir a garda provisional dun neno, nena ou adolescente de acordo co establecido no artigo 172.4 do Código civil, que será comunicada ao Ministerio Fiscal procedendo a identificar a persoa, a investigar as súas circunstancias e constatar, de ser o caso, a situación de desamparo.

As necesidades que se trata de satisfacer son as seguintes:

• O acollemento residencial da primeira acollida é o recurso especializado, de atención temporal con carácter urxente naqueles casos en que os NNA están privados da necesaria asistencia moral e material, o que comporta unha posible situación de desprotección que fai necesaria unha primeira intervención mentres non se atope unha medida estable de protección.

• Aloxar, en réxime de acollemento residencial, os NNA suxeitos á medida de garda ou tutela pola entidade pública de protección da infancia e da adolescencia, cando non sexa posible ou non conveña ao seu interese a integración nunha familia.

• Dar cobertura ás necesidades básicas dos NNA cunha medida de protección ou que necesiten atención inmediata e propocionarlles a atención, a educación e a formación axeitadas, co fin de favorecer o pleno desenvolvemento de todas as facetas da súa personalidade.

• Levar a cabo unha intervención individualizada cos NNA e, de ser o caso, coas súas familias de orixe, co obxecto de promover a adecuada integración daqueles na súa propia familia ou, se isto non é posible, nunha familia alternativa, ou preparalos para a vida independente.

Para os efectos desta convocatoria o concerto social distribúese en 1 único lote.

Tipoloxía

Xerais

Especiais

De día

Casa de primeira acollida

0

11

0

Q.2. Contido do servizo.

A intervención que levará a cabo a entidade adxudicataria cos NNA destinatarios do servizo abranguerá as ordes de coidado e atención persoal, educativa, formativa, laboral familiar e social, que permitan o desenvolvemento integral da súa personalidade e a súa educación, procurándolle un medio socializador que posibilite o seu adecuado desenvolvemento humano, físico e social, á vez que se intervén para a mellora do ambiente familiar.

O servizo concrétase nas seguintes prestacións:

Q.2.1. Acollida do neno, nena ou adolescente:

O equipo educativo, nun horario continuado de 24 horas, recibirá o NNA en situación de desprotección e procederá a proporcionarlle de modo inmediato un contexto de seguridade e protección, poñendo á súa disposición unha intervención educativa e organizativa que garanta a satisfacción das súas necesidades en calquera momento, realizando as avaliacións oportunas (saúde, emocional, comportamental, social e legal) e asegurando que tanto o NNA como a súa familia reciban os apoios necesarios. Procederá, igualmente, á realización dun informe inicial onde se reflicta o estado do neno, nena ou adolescente cun relato da súa historia vital, o motivo do ingreso, indicando información sobre as áreas persoal, escolar e familiar.

Q.2.2. Intervención socioeducativa:

O equipo educativo do centro prestaralles ás persoas usuarias unha intervención socioeducativa personalizada de acordo cos obxectivos recollidos no Plan individualizado de protección (anteriormente denominado Plan de caso) e no Proxecto socioeducativo individualizado (PEI) do NNA, de acordo ao artigo 21.b) da Lei orgánica 8/2015, de modificación do sistema de protección da infancia e da adolescencia.

A intervención terá como obxectivo a mellora dos factores, circunstancias e condicións persoais, familiares e sociais da persoa usuaria coa finalidade de promover o seu desenvolvemento autónomo e a súa integración social.

Abordarase dunha forma integral, abarcando as áreas de desenvolvemento persoal e de integración social, e incorporará a perspectiva de xénero. Sempre baixo o marco establecido no proxecto educativo do centro e no antedito Plan individualizado de protección e comprenderá os seguintes procesos e contidos:

Procesos.

Valoración inicial e multidisciplinar que comprenda a observación, o diagnóstico e a orientación co obxecto de identificar as necesidades individuais das persoas usuarias, establecer os obxectivos da intervención e determinar os medios máis axeitados para acadalos, atendendo especificamente aos conflitos psicolóxicos e sociais que impidan ou obstaculicen a estruturación da súa personalidade, o seu proceso madurativo ou a súa capacidade de socialización.

Elaboración, execución, seguimento e avaliación da intervención individual, facendo mención aos ámbitos de desenvolvemento (físico, cognitivo-intelectual, afectivo-emocional e de personalidade e actitudes e aos contextos en que se producen (familiar, escolar, laboral-formativo, lecer e residencial).

Contidos.

Como contidos da intervención socioeducativa teranse en conta, entre outros, a formación en valores e, en particular, a educación para a igualdade, a educación para a saúde, incluíndo a prevención de consumos e condutas de risco, as habilidades sociais e comunicativas e a educación afectivo-sexual.

Incluirase a intervención coa familia do NNA –agás que se recolla o contrario no Plan individualizado de protección– co fin de proporcionarlle pautas de crianza e de atención adecuada aos NNA, adaptadas a cada situación concreta, así como de promover e optimizar todos os recursos protectores da familia, xerando os cambios precisos para que esta poida garantir o desenvolvemento integral das persoas usuarias e a cobertura das súas necesidades nun contexto seguro.

A intervención debe estenderse o menos posible no tempo, xa que o seu obxecto é afrontar una situación de crise e preparar a adopción doutras medidas de acompañamento ou protectoras.

Q.2.3. Aloxamento.

Realizarase en réxime de acollemento residencial de primeira acollida: prestarase durante todo o ano incluíndo fins de semana e vacacións, en horario continuado as 24 horas do día.

Dotaranse as persoas usuarias dun cuarto, onde disporán dun espazo persoal para as súas pertenzas, así como dos útiles necesarios de uso persoal. No caso de ser compartida, o número de usuarios non será superior a dous.

As estancias e o equipamento existente nelas deberá manterse en axeitado estado de limpeza e conservación que garanta o seu uso en condicións de seguridade, salubridade e confortabilidade.

Deberá proporcionárselles ás persoas usuarias os medios materiais necesarios para gozar do aloxamento (lenzaría de fogar, útiles de aseo...) en adecuadas condicións de conservación e hixiene.

Q.2.4. Manutención.

Deberá subministrárselles ás persoas usuarias unha pensión alimenticia completa que estará composta por almorzo, almorzo de media mañá para levar ao centro escolar, comida, merenda e cea.

Os menús serán supervisados por un facultativo, debéndose garantir o adecuado equilibrio nutricional acorde coas circunstancias persoais e a súa idade.

Deberá atenderse ás especificidades de alimentación daquelas persoas con necesidades especiais (derivadas de alerxias ou intolerancias, de circunstancias de saúde, de imperativos relixiosos, etc.).

Q.2.5. Vestido e hixiene.

A entidade adxudicataria deberá proporcionarlles ás persoas usuarias o vestido e calzado que precise. Cada neno, nena ou adolescente disporá como mínimo de cinco mudas de roupa e tres pares de calzado, así como roupa interior e accesorios suficientes, axeitados á súa idade, ás condicións atmosféricas e ás actividades en que participe; en condicións de limpeza e hixiene e que preserven a dignidade da persoa en todo momento.

Serán propiedade da persoa usuaria e, polo tanto, seranlles entregadas en caso de causar baixa por terminar a medida de protección, maioría de idade, traslado de centro ou emancipación.

Así mesmo, proporcionaránselles os útiles necesarios para o seu aseo e coidado persoal.

Q.2.6. Atención persoal.

Prestaráselles ás persoas usuarias, en función da súa idade e capacidade, axuda parcial ou total para a realización das actividades básicas da vida diaria, nomeadamente aquelas destinadas á satisfacción das necesidades vinculadas ao coidado persoal (descanso, vestido, aseo persoal, mobilidade e locomoción e alimentación). O desenvolvemento desta prestación incluirá o adestramento nas habilidades necesarias para realizalas, fomentando o máximo grao posible de independencia e autonomía persoal, de modo progresivo e en función da súa idade.

Q.2.7. Atención á saúde.

O persoal do centro levará a cabo a observación do NNA para obter a información precisa sobre as características xerais relacionadas coa súa saúde e detectar signos de posibles alteracións desta.

A través do Servizo Galego de Saúde desenvolveranse as actuacións de medicina preventiva e asistencial que lle puidesen corresponder ao NNA. Así mesmo, prestaráselles avaliación e tratamento psicolóxico e psiquiátrico ás persoas usuarias que así o necesiten.

As persoas usuarias deberán ser acompañados por un responsable do centro ou da entidade (preferentemente o seu educador/a de referencia) aos servizos de asistencia sanitaria, tanto en caso de urxente necesidade como a aqueles concertados previa cita.

Prestaráselles asistencia ás persoas usuarias na subministración de medicinas de acordo coa prescrición médica e as instrucións establecidas, e en todo caso, supervisarase a súa administración de acordo o establecido no artigo 33 da LOPXM.

Correspóndelle á entidade adxudicataria xestionar o traslado aos centros sanitarios cando o NNA precise atención hospitalaria, así como adoptar as medidas necesarias para garantir a súa atención e coidado durante os períodos en que permaneza hospitalizado. En situación de garda administrativa, e se se considera conveniente, compartirase a responsabilidade de atención á saúde coas persoas titulares da patria potestade.

Q.2.8. Atención escolar/formativa.

A entidade adxudicataria deberá realizar as xestións necesarias para a continuidade da escolarización efectiva dos NNA, tanto na etapa de educación obrigatoria como nas etapas posteriores, atendendo as capacidades, motivacións e os intereses do/da adolescente.

Esta obriga comprende a dotación do material necesario, sen prexuízo da posibilidade de acceso ás axudas para a adquisición de libros que, de ser o caso, se establezan.

Así mesmo, é obriga da entidade proporcionarlle á persoa usuaria o seguimento e apoio nas tarefas escolares e educativas que realicen e, se é o caso, reforzo escolar externo.

Favorecerase o uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) desde un punto de vista educativo seguro e segundo a idade das persoas usuarias.

No caso de nenos, nenas ou adolescentes estranxeiros/as, potenciarase a aprendizaxe dos idiomas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.

No caso dos NNA con medida de garda e, se se xulga conveniente, compartirase a responsabilidade de atención escolar cos titulares da patria potestade.

Q.2.9. Inserción sociolaboral.

Propiciarase a participación dos/das adolescentes con 16 anos feitos, cuxo Plan individualizado de protección considere pertinente, en procesos e programas de inserción sociolaboral, ben favorecendo a súa participación en programas específicos con esta finalidade, ou ben, cando isto non sexa posible ou o equipo técnico do menor non o considere adecuado, orientándoos a actividades formativas de tipo ocupacional ou prelaboral e proporcionándolles formación en habilidades básicas que favorezan a súa integración en ámbitos laborais.

Q.2.10. Lecer e tempo libre.

O equipo educativo planificará e fomentará actividades de carácter lúdico, cultural e deportivo desde unha perspectiva educativa, que favorezan o desenvolvemento persoal e social dos NNA, propiciando a súa participación e a socialización en ambientes normalizados.

Q.2.11. Traslados.

A entidade adxudicataria garantirá, ben sexa a través de medios propios ou mediante a utilización de medios públicos de transporte cando sexa adecuado, o axeitado desprazamento dos NNA ao domicilio familiar, ao centro educativo ou de traballo, aos centros sanitarios, á sede de órganos administrativos ou xudiciais e a cantas actividades deba realizar fóra do centro. Así mesmo, garantirá o acompañamento do NNA por parte de profesionais responsables, cando as características individuais daquela así o fagan preciso.

Q.2.12. Xestión de trámites e documentos persoais.

A entidade adxudicataria deberá garantir a realización daquelas xestións de carácter administrativo precisas para a obtención da documentación persoal do NNA, a documentación sanitaria, escolar, laboral, entre outras, necesarias para o cumprimento de obrigas legais e xudiciais, así como para o acceso aos servizos e prestacións ás que teña dereito.

Q.3. Medios para a prestación do servizo.

Q.3.1. Medios materiais.

Q.3.1.1. Equipamento.

Para prestar o servizo a entidade adxudicataria achegará un equipamento residencial coa capacidade de aloxamento e coas instalacións precisas para desenvolver as prestacións correspondentes á tipoloxía das prazas adxudicadas.

O centro deberán cumprir as condicións e requisitos establecidos na normativa vixente que regula os centros de menores no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, en particular no Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia.

O dito equipamento deberá cumprir as condicións e requisitos establecidos na normativa vixente que regula os centros de menores no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, en particular no artigo 9 do Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia, no momento da formalización do concerto.

O centro proposto deberá contar no prazo de 4 meses desde a formalización do concerto coa autorización de inicio de actividades prevista no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia. En ningún caso se poderá comezar a prestar o servizo e, por tanto, aboar facturas sen que conste a dita autorización. Ademais, no caso de que non conste a autorización coa presentación da solicitude, as entidades adxudicatarias deberán presentar un informe de viabilidade positivo do proxecto de centro.

A empresa ou entidade adxudicataria deberá manter as instalacións e edificios nas condicións de hixiene, ambientais e de seguridade precisas, conforme ás disposicións legais vixentes.

Tipoloxía do centro e das prazas.

O equipamento que se achegue para executar o servizo en réxime de acollemento residencial de primeira acollida debe corresponder á tipoloxía de casa de primeira acollida, regulada no Decreto 329/2005, do 28 de xullo, adecuado en función das prazas que se establecen para o dito centro.

A prestación do servizo en réxime de acollemento residencial de primeira acollida levarase a cabo en centros específicos de acollemento residencial. Segundo a súa tipoloxía, as prazas que se licitan serán as destinadas a prestar o servizo de urxencia e primeira acollida a nenos, nenas e adolescentes de entre 0 e 17 anos, ambos incluídos.

Q.3.1.2. Outros recursos materiais.

Os medios materiais necesarios para o funcionamento do servizo serán de contribución da entidade adxudicataria.

A adxudicataria contará polo menos cun equipo informático para a súa utilización por parte dos profesionais de cada un dos centros en que desenvolva o servizo, e cun equipo adicional por cada 8 prazas ofertadas ou fracción. Todos eles deberán dispoñer de conexión á internet, se ben os que vaian ser empregados polas nenas, nenos ou adolescentes deberán contar coas medidas de control parental que impidan o acceso a contidos inadecuados para a súa idade.

Contará, así mesmo, coas aplicacións informáticas suficientes para axilizar a elaboración de informes, programacións e memorias e garantir o funcionamento áxil e coordinado con outros profesionais.

A entidade adxudicataria asumirá todos os gastos que orixine a atención integral das nenas, nenos ou adolescentes nos termos establecidos neste prego.

Non obstante, os gastos extraordinarios que excedan das obrigas que corresponden aos responsables da garda dos nenos, nenas ou adolescentes poderán ser asumidos polo órgano competente en materia de protección á infancia e á adolescencia, logo da solicitude por parte do centro e de conformidade coas instrucións ditadas para este efecto.

Enténdese por gastos extraordinarios aqueles gastos para tratamentos especiais dos nenos, nenas ou adolescentes que sexan necesarios para o seu desenvolvemento integral e que non estean recollidos pola cobertura do sistema sanitario público, por ningún dos programas específicos de atención xestionados polo sistema de protección á infancia e á adolescencia, nin poidan ser cubertos por outras vías normalizadas (subvencións, servizos públicos ou de asistencia gratuíta, etc.).

A título orientativo, enténdense incluídos os gastos debidamente xustificados de carácter médico, terapéutico, protésico, de atención odontolóxica, así como os de viaxes e os de xestión, asesoramento ou representación legal ou de acompañamento hospitalario; exclúese a adquisición de libros, material escolar ou informático e o apoio extraescolar.

Con carácter xeral, entenderase que non son gastos extraordinarios e, polo tanto, deben ser atendidos dentro das obrigas xerais que lle corresponden ao centro, os gastos de contía inferior a 60 euros.

A entidade adxudicataria proporcionaralles ás nenas, nenos ou adolescentes unha asignación económica para gastos de peto, axeitada á súa idade e características persoais e cunha función educativa.

Q.3.2. Medios persoais.

Q.3.2.1. Persoal mínimo exixido para a prestación do servizo.

O persoal mínimo que se establece para prestar o servizo, en consonancia co establecido no Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, é o seguinte:

Cargo

Horas anuais

• Educadoras/es, de forma que se garanta a presenza de 2 educadores nas quendas de mañá, 3 educadores nas quendas de tarde e 1 educador nas quendas de noite. A función de director/a poderá recaer nunha das persoas que ocupe o posto de educador/a.

19.972,80

• Auxiliares técnicos educativos, de forma que se garanta a presenza dun auxiliar nas quendas de mañá e tarde, e de 2 auxiliares nas quendas de noite.

13.315,20

• Psicólogo/a.

1.860,00

• Traballador/a social.

966,08

• Servizo de cociña/limpeza.

2.222,33

• Servizo de seguridade, de forma que se garanta a presenza dunha persoa do servizo de seguridade na quenda de mañá, tarde e noite.

9.986,40

Os medios persoais necesarios para o funcionamento do servizo serán de contribución da empresa ou entidade adxudicataria, que deberá poñer á disposición do servizo o persoal necesario e coa adecuada preparación técnica para a atención dos nenos, nenas e adolescentes que ocupen as prazas obxecto deste concerto. Este centro dispoñerá dunha ratio adecuada entre o número de nenos, nenas e adolescentes e o persoal destinado á súa atención para garantir un tratamento individualizado de cada unha das persoas menores.

A Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica poderá exercer en calquera momento a comprobación do cumprimento das ratios de persoal da entidade vinculada ao concerto ou ben mediante a comprobación in situ a través dos seus servizos de inspección.

Estas horas están calculadas para que a proporción de persoal educador social se corresponda coa dotación de persoal establecida no dito Decreto 329/2005.

Ademais, a estimación horaria establecida no cadro anterior é suficiente para que a entidade adxudicataria atenda debidamente as necesarias substitucións de persoal en caso de baixa, vacacións, licenzas, etc., debendo garantir en todo caso a proporción establecida.

Sen prexuízo da antedita estimación horaria, a entidade adxudicataria deberá atender debidamente as necesarias substitucións de persoal en caso de baixa, vacacións, licenzas, etc., debendo garantir en todo caso a ratio establecida no Decreto 329/2005, do 28 de xullo.

O persoal que preste servizos neste centro deberá achegar, de acordo co artigo 13.5 da Lei orgánica 1/1996, de protección xurídica do menor, certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.

Q.3.2.2. Características e funcións do persoal.

A. Dirección do centro:

A dirección do centro exerceraa unha persoa nomeada pola empresa/entidade adxudicataria, e deberá ter unha titulación universitaria media, superior ou de grao en psicoloxía/pedagoxía ou nas áreas das ciencias xurídicas ou sociais. En calquera caso, observarase o disposto no correspondente convenio colectivo para este tipo de postos.

As súas funcións, entre outras, serán as de:

1. Exercer a garda das nenas, nenos ou adolescentes acollidas no centro ou usuarias del, cumprindo as instrucións, directrices e resolucións que o órgano xestor do concerto dite ao respecto.

2. Dirixir e coordinar os servizos e programas de actuación do centro e supervisar as tarefas do persoal vinculado ao servizo.

3. Planificar e supervisar a intervención educativa, de acordo co proxecto educativo do centro.

4. Asegurar o cumprimento da normativa vixente, das directrices e instrucións do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade e da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica e das normas de funcionamento interno do centro.

5. Velar polo cumprimento dos dereitos das persoas usuarias e dos seus proxectos educativos individuais.

6. Informar as nenas, nenos ou adolescentes e as súas familias de forma comprensible e axeitada á súa idade e circunstancias, acerca do funcionamento do centro e dos seus dereitos e deberes.

7. Garantir o adecuado tratamento das queixas, reclamacións ou suxestións de mellora formuladas polos nenos, nenas e adolescentes que residen no centro ou das súas familias.

8. Xestionar adecuadamente, en representación da empresa/entidade titular do centro, tanto os recursos económicos como os de persoal, co fin de proporcionar unha axeitada atención aos/ás nenas, nenos ou adolescentes.

9. Establecer e manter canles de colaboración con outras entidades e organismos, perseguindo a optimización de recursos da contorna e a calidade da intervención.

10. Establecer a necesaria coordinación co equipo técnico do menor e, se é o caso, cos equipos e profesionais que xestionen outros programas en que estea incluída a nena, neno ou adolescente, para garantir a mellora da intervención.

11. Garantir a axeitada elaboración de toda a documentación pertinente e a súa remisión aos responsables dos distintos departamentos competentes na área de protección á infancia e á adolescencia da Xunta de Galicia.

12. Asistir ás reunións, entrevistas ou actos procesuais a que se lle convoque.

13. Asegurar a custodia e o arquivamento de toda a documentación relativa ás nenas, nenos ou adolescentes en condicións de seguridade, así como a súa destrución, cando proceda, en idénticas condicións.

14. Velar polo cumprimento da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos, e o Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e a libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos) e demais disposicións vixentes sobre a materia.

15. Elaborar avaliacións periódicas do funcionamento do centro.

16. Calquera outra que veña establecida na normativa aplicable.

B. Persoal educador social.

O persoal educador social debe cumprir as disposicións establecidas para esta categoría no convenio colectivo de aplicación.

Este persoal será o encargado da atención directa ás nenas, nenos ou adolescentes e estará dedicado á intervención no proceso socioeducativo cotián e á súa observación e avaliación.

As súas funcións, entre outras, serán as seguintes:

1. Elaborar e levar a cabo os proxectos educativos individuais das nenas, nenos ou adolescentes tendo en conta as súas familias, segundo os plans individualizados de protección e as pautas fixadas polo equipo técnico do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade.

2. Elaborar proxectos específicos, dentro dos programas anuais, en función das necesidades das nenas, nenos ou adolescentes, para a realización de actividades educativas, formativas, laborais, sanitarias, de lecer ou tempo libre.

3. Realizar tarefas de intervención educativa coas nenas, nenos ou adolescentes e as súas familias, sendo o responsable da formación integral e globalizadora do grupo de nenas, nenos ou adolescentes ao seu cargo.

4. Levar a cabo a acollida das nenas, nenos ou adolescentes nun clima axeitado, que lle ofreza seguridade e lle facilite a súa adaptación a un novo contexto de convivencia. Esta acollida realizarase preferentemente contando coa presenza do persoal educador-titor do neno, nena ou adolescente.

5. Organizar a vida cotiá e velar pola adecuada cobertura das necesidades básicas das nenas, nenos ou adolescentes acollidas no centro, sexan estas de carácter físico, emocional, educativo e/ou de lecer, atendendo ás súas necesidades de alimentación, hixiene, vestido, apoio escolar, desprazamentos, entre outros.

6. Levar a cabo (ou acompañar e orientar o neno, nena ou adolescente na súa realización, en función da súa idade) as xestións administrativas necesarias para completar a documentación das nenas, nenos ou adolescentes e asegurar a súa correcta incorporación aos ámbitos educativo, sanitario, laboral, etc., en coordinación cos equipos técnicos do menor.

7. Acompañar, orientar e educar as nenas, nenos ou adolescentes no seu proceso de maduración e de desenvolvemento de hábitos e habilidades persoais e sociais: hábitos de hixiene, alimentación e saúde, e habilidades de comunicación e comportamento social, promovendo o desenvolvemento integral da súa personalidade.

8. Garantir a participación das nenas, nenos ou adolescentes, en función da súa idade e capacidade, na elaboración e seguimento do seu proxecto educativo individual, así como na planificación e desenvolvemento de actividades.

9. Asegurar o cumprimento da normativa do centro por parte das nenas, nenos ou adolescentes.

10. Orientar e acompañar a nena, neno ou adolescente ante a saída do centro, preparándoa para lograr unha axeitada transición ao contexto en que se integrará.

11. Contribuír de forma activa ao mantemento da seguridade e a orde do centro e supervisar e dar resposta ante posibles emerxencias que ocorran no grupo ao seu cargo.

12. Elaborar todos os informes, documentos e rexistros que lle estean atribuídos na normativa vixente, así como os que lle sexan requiridos acerca das nenas, nenos ou adolescentes ao seu cargo polo equipo técnico do menor do departamento territorial.

13. Asistir ás reunións, entrevistas ou actos procesuais aos que se lle convoque.

14. Manter relación e fomentar a coordinación cos axentes sociais e os demais profesionais relacionados coas nenas, nenos ou adolescentes atendidas.

15. Relacionarse cos familiares, entidades mediadoras das súas familias ou persoas relevantes da nena, neno ou adolescente de idade.

16. Calquera outra que veña establecida na normativa aplicable.

C. Psicólogo/a.

Este persoal deberá estar en posesión do grao ou da licenciatura en Psicoloxía.

O/a psicólogo/a encárgase do diagnóstico e tratamento de problemas psicolóxicos e da maduración persoal das nenas, nenos ou adolescentes.

Entre as súas funcións estarán:

• Estudo da información psicolóxica que figure no expediente con que ingresa a persoa usuaria.

• Prestar atención individualizada a cada un dos NNA en función das súas necesidades.

• Colaborar co resto do persoal de intervención educativa na avaliación das necesidades das persoas usuarias e na elaboración do proxecto socioeducativo individual, informes e protocolos.

• Asesorar e dar apoio técnico ao persoal educador durante todo o proceso de intervención educativa.

• Colaborar no traballo de avaliación e seguimento da nena, neno ou adolescente.

• Elaborar e desenvolver programas de intervención psicolóxica tanto no ámbito individual como familiar e de grupo.

• Realizar, nos casos en que sexa necesario, tratamentos psicolóxicos e terapias de apoio, tanto no ámbito individual como familiar e de grupo.

D. Traballador/a social.

Este persoal deberá estar en posesión do grao ou diplomatura en Traballo Social.

O/a traballador/a social avaliará as relacións do NNA co seu medio social e familiar e orientará o traballo do persoal educador nesta área, para o cal deberá coñecer en profundidade o mapa de recursos e a súa dimensión comunitaria, en especial aqueles destinados aos NNA e ás súas familias (servizos sociais, oficinas de emprego, asociacións, recursos de ocio e tempo libre, entidades deportivas e sociais, etc.).

Este persoal terá, entre outras, as seguintes funcións:

• Informar o NNA e a súa familia dos recursos e axudas sociais existentes, nos casos en que sexa necesario.

• Tramitar a documentación e permisos administrativos que, se é o caso, poida precisar o NNA.

• Deseñar e desenvolver en colaboración co resto dos profesionais de orientación e inserción laboral que interveñan no centro programas para a mellora da capacidade de emprego dos NNA.

• Colaborar co resto dos profesionais da intervención educativa e de orientación e inserción laboral, no deseño do itinerario personalizado de formación e/ou de inserción sociolaboral e, de ser o caso, asumir a súa elaboración.

• Colaborar co resto do persoal de intervención educativa na elaboración do Proxecto socioeducativo individual e dos informes oportunas.

• Dar apoio técnico ao persoal educador durante todo o proceso de intervención educativa.

• Colaborar co resto do persoal de intervención educativa no traballo de avaliación e seguimento do NNA achegando a información oportuna para a elaboración dos informes estipulados na lexislación aplicable.

• Coordinarse coas entidades públicas ou servizos sociais durante o desenvolvemento da intervención.

E. Servizo de cociña/limpeza.

O centro contará con persoal para a realización de tarefas tales como cociña e limpeza. Este persoal deberá cumprir os requisitos e realizar as funcións que se establezan no convenio colectivo de aplicación.

F. Seguridade.

O centro contará con persoal para a realización de tarefas de seguridade. Este persoal deberá cumprir os requisitos e realizar as funcións que se establezan no convenio colectivo de aplicación.

G. Auxiliar educativo.

Este persoal deberá estar en posesión da titulación exixida nas disposicións establecidas para esta categoría no convenio colectivo de aplicación.

Este persoal terá, entre outras, as seguintes funcións:

• Colaborar na execución do programa educativo do centro e individual das nenas, nenos ou adolescentes, baixo a supervisión do/da educador/a e en coordinación co resto do equipo educativo, realizando tarefas auxiliares, complementarias e de apoio ao labor destes.

• Exercer labores de observación rexistrando as incidencias da quenda a través das canles establecidas.

• Atender e proporcionar, do mesmo xeito que o resto de persoal do centro ou programa, os coidados básicos e velar pola integración física e psíquica das nenas, nenos e adolescentes.

• Elaborar e cubrir todos os documentos que se consideren oportunos de acordo coas súas funcións e participar na elaboración de proxectos específicos en función das necesidades dos nenos, nenas e adolescentes e das actividades do centro ou programa.

• Acompañar os NNA nos seus traslados ou saídas, xestións, consultas, paseos, excursións e animación do lecer e tempo libre en xeral.

H. Outro persoal.

O centro poderá contar, para o desenvolvemento do servizo, con persoal de apoio que complemente as tarefas do persoal educador, axudando as persoas acollidas nas súas necesidades de manutención, hixiene, desprazamentos, lecer, apoio escolar, etc., sen que poida substituír o persoal educador social nas ratios mínimas establecidas para este.

Así mesmo, poderá dispoñer de persoal de servizos para a realización de tarefas tales como transporte, mantemento e outras.

Q.4. Organización do servizo.

Q.4.1. Por parte da Consellería de Política Social e Igualdade.

Correspóndelle á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica ou ás unidades dela dependentes:

• Ditar as instrucións e desenvolver os protocolos de actuación xeral nos centros de menores.

• Autorizar a ocupación de prazas por riba das concertadas, de forma temporal e en situacións excepcionais, segundo se establece na cláusula Q.5 deste prego.

• Autorizar o ingreso das nenas, nenos ou adolescentes nun centro situado nunha provincia distinta a que lle corresponde ao equipo técnico que realiza a proposta.

• Autorizar o pagamento de gastos extraordinarios que excedan das obrigas que lles corresponden aos centros en aplicación dos pregos que rexen esta contratación ou a normativa vixente.

• Autorizar a realización de estudos ou investigacións relativas ás nenas, nenos ou adolescentes usuarias do centro ou ao funcionamento deste, cando se considere que pode redundar en interese daquelas e/ou na mellora da práctica institucional, e garantindo en todo caso a confidencialidade dos datos persoais das nenas, nenos ou adolescentes.

De conformidade coas súas competencias, correspóndelles ás persoas titulares das direccións territoriais da Consellería de Política Social e Igualdade o seguinte:

• Ditar a resolución de acollemento residencial ou de atención de día das nenas, nenos ou adolescentes por proposta do Equipo Técnico do Menor, que deberá ter en conta as necesidades da nena, neno ou adolescente e as características das prazas do centro de acollida.

• Establecer o réxime de visitas e saídas da nena, neno ou adolescente en función do Plan individualizado de protección, e emitir autorización sobre a súa mobilidade con ocasión destas, logo de petición da dirección do centro e informe do Equipo Técnico do Menor que lle corresponda.

• Ditar a resolución de traslado da nena, neno ou adolescente a outro centro, logo da proposta do Equipo Técnico do Menor e, se é o caso, de autorización da Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia.

• Ditar a resolución de finalización do acollemento residencial, por proposta do equipo técnico do menor, que oirá previamente a entidade concertada acerca da conveniencia desta medida para o neno, nena ou adolescente.

Esta resolución fundamentarase na superación ou desaparición das causas que motivaron o ingreso, na emancipación do mozo ou moza ou na adopción dunha medida alternativa máis axeitada.

Correspóndelles aos equipos técnicos do menor do Departamento Territorial correspondente:

• Remitirlle ao centro o plan individualizado de protección do neno, nena ou adolescente, no cal se definan os obxectivos de traballo en función das necesidades e circunstancias daquel e da súa familia, de forma que oriente o equipo educativo na planificación da súa intervención educativa.

• Planificar, xunto coas persoas responsables do centro, tanto o ingreso como a saída das nenas, nenos ou adolescentes, agás que razóns excepcionais aconsellen o ingreso ou saída urxente.

• Levar a cabo o seguimento da intervención educativa realizada polo centro.

• Transmitirlle ao centro toda aquela información relevante para que a intervención educativa poida orientarse á satisfacción das necesidades do neno, nena ou adolescente en función das súas circunstancias.

Q.4.2. Por parte da entidade adxudicataria do servizo:

Ademais das obrigas indicadas no prego de cláusulas administrativas particulares, a empresa ou entidade adxudicataria deberá:

• Aceptar os ingresos ordenados polo departamento territorial correspondente ou pola Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia, sempre que exista praza vacante ou, no caso de sobreocupación, que exista dispoñibilidade de medios persoais e materiais para a axeitada atención do neno, nena ou adolescente nas condicións estipuladas neste prego e no de cláusulas administrativas particulares.

• Desenvolver a súa intervención en interese do neno, nena ou adolescente e de conformidade co establecido na normativa reguladora da protección á infancia.

• De acordo co disposto na Orde da Consellería de Familia, Muller e Xuventude do 1 de agosto de 1996, pola que se regulan os contidos mínimos do Regulamento de réxime interior e o proxecto educativo dos centros de atención a menores, e cos protocolos vixentes de funcionamento de centros de menores, organizar a actividade do/dos centro/s de acordo cos seguintes instrumentos:

– Proxecto educativo do/dos centro/s, en que se especificarán os obxectivos de actuación en cada área de atención e as condicións ou medidas que deben cumprirse no centro para a consecución dos obxectivos que se mencionen. Reflectirá a súa organización e delimitará a súa intervención.

– Regulamento de organización e funcionamento e convivencia que deberá contar como mínimo con normas de funcionamento, dereitos e deberes dos usuarios e das usuarias e órganos de representación e participación.

– Programación anual de actividades, que ten por obxecto estruturar e sistematizar as previsións de actuacións ao longo do ano.

– Memoria anual, en que se sinteticen e avalíen as actividades levadas a cabo no/nos centro/s no período anterior.

• Promover no/nos centro/s un ambiente familiar e coas condicións axeitadas para a intervención socioeducativa e o normal desenvolvemento das nenas, nenos ou adolescentes.

• Utilizar os recursos sociais normalizados: educación, sanidade, lecer e outros necesarios para a cobertura das necesidades das nenas, nenos ou adolescentes, e que contribúan a unha maior integración social destas.

• Favorecer o traballo en rede a través da coordinación entre os distintos recursos e profesionais que interveñan coa nena, neno ou adolescente ou coa súa familia de cara á consecución dun traballo integrado en relación co neno, nena ou adolescente.

• Elaborar e remitirlle ao equipo técnico do menor toda a documentación necesaria para o seguimento da intervención coa nena, neno ou adolescente, e en particular:

– Un informe de valoración inicial do neno, nena ou adolescente logo da súa entrada no centro e segundo o prazo establecido nos protocolos de acollemento residencial.

– O proxecto educativo individualizado, no cal, partindo da avaliación inicial das necesidades do neno, nena ou adolescente e de acordo coa finalidade do plan individualizado de protección, se concreten os obxectivos prioritarios do traballo e a súa programación formal, cos recursos previstos, a metodoloxía, as actividades e a súa temporalización que será revisado semestralmente en caso de nenas, nenos ou adolescentes de máis de 6 anos e trimestralmente en caso de menores de 3 anos.

– Os informes periódicos de seguimento do proxecto educativo individualizado, diferenciando por idades, segundo o prazo establecido nos protocolos de acollemento residencial e cando menos, cada 6 meses.

– O informe final que recolla as intervencións realizadas e o grao de cumprimento dos obxectivos, á saída da nena, neno ou adolescente do centro.

• Remitir nun prazo non superior a 48 horas calquera información que lle sexa solicitada polos servizos competentes en materia de protección á infancia ou adolescencia.

• Comunicarlle ao Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica do Departamento Territorial que corresponda calquera incidente grave de tipo xudicial, sanitario, e de calquera outra índole que poda ser relevante no seguimento e intervención co neno, nena ou adolescente ou a súa familia, por rexistro electrónico nun prazo non superior a 48 horas.

• Formalizar denuncia ante os corpos e forzas de seguridade en caso de desaparición ou non retorno dunha persoa ao centro, no prazo máis breve posible atendendo á idade, madurez e circunstancias persoais e sociais da nena, neno ou adolescente, sen prexuízo da inmediata comunicación ao equipo técnico do menor e á persoa titular da Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade.

• Aceptar, logo de autorización da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, alumnado universitario en prácticas das carreiras que teñan relación co obxecto do servizo, sempre que o número ou as condicións da súa realización non interfiran na dinámica de traballo.

• Aceptar, logo de autorización da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, a realización de estudos ou investigacións relativas ás persoas usuarias do centro ou ao funcionamento deste, sen prexuízo do dereito a que non se divulguen os datos ou documentos que a entidade considere que deben ser confidenciais.

• Incorporar e empregar as aplicacións informáticas que, se é o caso, facilite a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica para o tratamento e xestión da información relativa ás nenas, nenos ou adolescentes, ou ben adaptar as súas propias de xeito que sexa posible o acceso á información en idénticas condicións.

• Os centros terán unha organización flexible, que permita atender as necesidades dos nenos, nenas ou adolescentes e incorpore a súa estrutura os cambios necesarios para manter actualizado o proxecto educativo do centro.

Q.5. Situacións excepcionais.

• Sobreocupación provisional de prazas: a Subdirección Xeral de Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia poderá autorizar, de xeito excepcional, un ingreso que supoña sobreocupación respecto das prazas concertadas en calquera das tipoloxías contratadas, sempre que se garanta a dispoñibilidade de medios persoais e materiais para a axeitada atención do neno, nena ou adolescente. A sobreocupación non poderá ser superior a 3 meses, agás causas que o xustifiquen, logo de informe do equipo técnico do menor.

Q.6. Relacións entre a Administración e a entidade adxudicataria.

Estableceranse accións de coordinación a varios niveis:

• Xefatura de Servizo dos departamentos territoriais correspondentes a cada caso –Servizo de Protección de Menores da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica– coordinación do programa de acollemento residencial.

• O ETM do departamento territorial a que corresponda o caso coordinarase coa entidade adxudicataria para a planificación e avaliación dos casos derivados a este programa.

• Ademais, a entidade concertada comprométese a estar á disposición da Administración concertante para cantas reunións haxa que manter como consecuencia da realización deste proxecto.

R. Subrogación.

O persoal susceptible de subrogación, así como a información precisa para coñecer unha exacta avaliación dos custos laborais que implicará esta medida, imposta pola normativa laboral, exprésanse no anexo VII.

De acordo co establecido no artigo 34 do IV Convenio colectivo estatal de reforma xuvenil e protección de menores, será persoal susceptible de subrogación aquel cunha antigüidade mínima de catro meses na data da adxudicación do concerto. En consecuencia, esta relación é susceptible de sufrir modificacións, que se publicarán en canto se teña coñecemento.

S. Aspectos relativos á execución do concerto social.

S.1. Dereitos e obrigas das partes.

S.1.1. Obrigas da entidade concertada.

A entidade concertada está obrigada a:

a) Organizar e prestar o servizo con estrita suxeición ao réxime xurídico de aplicación, de acordo coas características establecidas nesta resolución e no prego técnico do concerto e coa continuidade e calidade convida.

b) Admitir na utilización do servizo toda persoa usuaria remitida pola Administración concertante e garantir a súa prestación nas condicións que foron establecidas, de acordo cos principios de igualdade e non discriminación.

c) Prestar ás persoas usuarias de forma gratuíta os servizos establecidos no concerto social.

d) Respectar os dereitos das persoas usuarias recollidos no ordenamento xurídico e no réxime xurídico do servizo.

e) Indemnizar polos danos que se causen a terceiras persoas como consecuencia das operacións que requiran o desenvolvemento do concerto social, excepto cando o dano se produza por causas imputables á Administración. Para estes efectos, a entidade estará obrigada a subscribir un seguro de responsabilidade civil para cubrir as continxencias que se poidan producir pola prestación do servizo, segundo se indica na cláusula F e K.3.

f) Manter o servizo público conforme o que, en cada momento e segundo o progreso da ciencia, dispoña a normativa técnica, ambiental, de accesibilidade e eliminación de barreiras e de seguridade das persoas usuarias que resulte de aplicación.

g) Dar a coñecer a condición de entidade concertada mediante a difusión na documentación e publicidade das actuacións obxecto deste concerto social. A entidade concertada deberá incorporar en todo o material e documentación xerada polo programa o logotipo da identificación corporativa da Xunta de Galicia e Consellería de Política Social e Igualdade. A entidade disporá tamén dun rótulo, no lugar ou no centro onde se presten os servizos, en que se identifique que o servizo está concertado coa Xunta de Galicia co seu respectivo logotipo.

h) Dar adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do concerto.

i) Informar, se é o caso, as persoas destinatarias de que as actuacións en que participan están financiadas pola Xunta de Galicia, así como dos obxectivos dos fondos, figurando o emblema do organismo en toda documentación xerada polo programa e, como mínimo, nos seguintes documentos, de ser o caso:

• Partes de asistencia e/ou de participación.

• Relacións e follas de seguimento.

• Enquisas de avaliación.

• Certificados de asistencia.

• Memorias periódicas, etc.

j) Facilitar toda a información requirida pola Administración, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, e outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

k) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará a Administración, así como a calquera outra actuación de control que poidan realizar os órganos competentes, para o cal se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. En especial, a entidade beneficiaria quedará sometida ás actuacións de control, comprobación e inspección que poidan realizar os organismos implicados na xestión ou seguimento do programa, que incorporarán as correspondentes visitas sobre o terreo; ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma; ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas; ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

l) Comunicarlle á Administración calquera cambio ou variación que se produza na prestación dos servizos, así como calquera subvención, axuda ou achega privada recibida relacionada coa prestación dos servizos concertados.

m) Facilitar os labores de control e inspección do cumprimento do concerto social, en particular, poñendo á disposición da Administración toda a información económica, fiscal, laboral, técnica e asistencial ou de calquera outra clase que sexa precisa para este fin, con suxeición á lexislación en materia de protección de datos e á restante normativa aplicable.

n) Cumprir coas disposicións vixentes en materia laboral, de seguridade social, de seguridade e saúde laboral e igualdade de xénero. Ademais, deberá proporcionarlles aos seus traballadores e traballadoras un traballo de calidade e estable, protexelos fronte aos accidentes e riscos laborais e promover condicións de conciliación familiar e laboral e de igualdade de xénero.

o) Cumprir as disposicións vixentes en materia fiscal, de integración social de persoas con discapacidade, de prevención de riscos laborais e de protección do ambiente que estableza a normativa vixente, os convenios colectivos que sexan de aplicación e as recollidas nesta convocatoria.

p) Cumprir o establecido na Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil, en particular o establecido en relación coa comprobación de antecedentes de delitos sexuais e trata de seres humanos na Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e adolescencia fronte á violencia.

q) O persoal asignado á prestación do concerto social dependerá exclusivamente da entidade concertada, a cal terá todos os dereitos e deberes inherentes a súa calidade de empregador respecto del, sendo a Administración concertante de todo allea ás referidas relacións laborais. En ningún caso poderá alegar ningún dereito o referido persoal en relación coa Consellería de Política Social e Igualdade, nin exixirse a esta responsabilidades de calquera clase como consecuencia das obrigas existentes entre a entidade concertada e os seus empregados.

r) Subministrar á Consellería de Política Social e Igualdade a través da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

s) A entidade concertada facilitará que as persoas usuarias poidan formular suxestións e queixas sobre a prestación do servizo concertado, que se poderán presentar ante a Administración ou ben ante a propia entidade concertada. Para estes efectos, existirá un libro de reclamacións en que as persoas usuarias e quen as represente legalmente poderán facer constar as queixas que coiden pertinentes. A entidade concertada deberá remitir as suxestións e queixas recibidas á Administración.

t) Calquera outra prevista na normativa que, con carácter xeral ou específico, sexa de aplicación, no réxime xurídico do servizo.

S.1.2. Obrigas da Administración concertante.

S.1.2.1. A Consellería de Política Social e Igualdade está obrigada a aboar á entidade concertada o prezo estipulado dentro dos 30 días seguintes á data de aprobación dos documentos que acrediten a conformidade cos servizos prestados, de acordo coa forma de pagamento recollida na cláusula S.3 desta resolución de convocatoria do concerto.

S.1.2.2. A Consellería de Política Social e Igualdade deberá ter informada a entidade concertada de calquera circunstancia da que teña coñecemento e que afecte de xeito relevante o concerto social formalizado, especialmente nos casos en que esta poida ter incidencia na futura configuración dos termos e condicións do concerto.

S.1.2.3. Incumprimento das obrigas por parte da entidade concertada.

O incumprimento das obrigas por parte da entidade concertada será sancionado de acordo co disposto no título IX da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

S.1.2.4. Incumprimento das obrigas por parte da Administración.

Se a Consellería de Política Social e Igualdade se demora no pagamento e incumpre o prazo de 30 días seguintes á data de aprobación dos documentos que acrediten a conformidade cos servizos prestados, deberá aboar á entidade concertada, a partir do cumprimento do dito prazo, os xuros de demora e a indemnización por custos de cobramento, nos termos previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

S.2. Constitución de garantía.

A entidade adxudicataria do lote único ten que constituír una garantía por un importe de 203.063,11 €.

A dita garantía debe depositarse ante a Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia (na sede de Santiago de Compostela da Consellería de Facenda e Administración Pública ou nas delegacións provinciais da Axencia Tributaria de Galicia-Atriga).

A garantía poderá prestarse nalgunha ou algunhas das seguintes formas:

a) En efectivo ou en valores, que en todo caso serán de débeda pública, con suxeición, en cada caso, ás condicións establecidas nas normas de desenvolvemento desta resolución. O efectivo e os certificados de inmobilización dos valores anotados depositaranse na Caixa Xeral de Depósitos ou nas súas sucursais encadradas nas delegacións de Facenda, ou nas caixas ou establecementos públicos equivalentes das comunidades autónomas ou entidades locais contratantes ante as que deban fornecer efectos, na forma e coas condicións que as normas de desenvolvemento desta lei establezan, sen prexuízo do disposto para os contratos que se celebren no estranxeiro.

b) Mediante aval, prestado na forma e condicións que establezan as normas de desenvolvemento desta resolución, por algún dos bancos, caixas de aforros, cooperativas de crédito, establecementos financeiros de crédito e sociedades de garantía recíproca autorizados para operar en España, que deberá depositarse nos establecementos sinalados na letra a) anterior.

c) Mediante contrato de seguro de caución, celebrado na forma e condicións que as normas de desenvolvemento desta resolución establezan, cunha entidade aseguradora autorizada para operar no ramo. O certificado do seguro deberá entregarse nos establecementos sinalados na letra a) anterior.

A acreditación da constitución da garantía definitiva deberá realizarse mediante medios electrónicos.

Cumpridas polo concertante as obrigas derivadas do concerto, se non resultan responsabilidades que se deban exercer sobre a garantía definitiva, e transcorrido o período de garantía dun ano, se for o caso, ditarase acordo de devolución ou cancelación daquela, logo de informe favorable do responsable do concerto ou de quen exerza a dirección deste.

S.3. Réxime de pagamentos.

S.3.1. O pagamento do prezo que corresponda a cada mes logo de aplicar os importes establecidos na cláusula D.3 desta convocatoria realizarase logo da conformidade do Servizo de Protección de Menores.

S.3.2. Para o aboamento do servizo a entidade adxudicataria presentará, dentro dos 5 días seguintes ao mes en que se realizou efectivamente a prestación, os seguintes documentos:

– Factura pola prestación do servizo. As facturas electrónicas emitidas presentaranse no Sistema electrónico de facturación da Xunta de Galicia (SEF). O SEF proporcionará ao presentador un xustificante de recepción electrónica no cal constarán, como mínimo, a data e a hora de presentación, o órgano xestor destinatario e o número de asento rexistral da factura. Así mesmo, incluirá un código seguro de verificación que permitirá en calquera momento validar ante o sistema a exactitude do documento.

O Rexistro Contable de Facturas está integrado co SEF. A anotación no rexistro contable de facturas é requisito previo necesario para a tramitación do recoñecemento da obriga.

A información sobre este será a través das seguintes URL: http://conselleriadefacenda.es/factura ou http://www.conselleriadefacenda.es/sicon

– Relación detallada dos NNA acollidos. Asinada pola persoa responsable do servizo, segundo modelo establecido no anexo IV ou en que estableza a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica nas instrucións que correspondan.

– Certificado da entidade onde conste o persoal adscrito á execución deste servizo, segundo o modelo establecido no anexo V. Ordenado por grupo profesional e posto de traballo, especificando nome e apelidos, número de afiliación á Seguridade Social, tipo de contrato, titulación e dedicación horaria. No caso de que a relación de persoal non sufra variacións respecto do período anterior, este documento poderá substituírse por unha declaración en tal sentido.

S.3.3. Sen prexuízo das competencias de inspección en materia de servizos sociais da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, a entidade concertada estará sometida ás actuacións de control e vixilancia que leve a cabo a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica para a debida xustificación dos fondos e do cumprimento dos fins do programa do presente concerto, así como as de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, coa finalidade de asegurar o correcto cumprimento do concerto social subscrito.

S.3.4. A percepción indebida de cantidades por parte da entidade concertada comportará a obriga de reintegralas á Administración. Cando o reintegro se efectúe por requirimento da Administración, daráselle audiencia á entidade e seguirase o procedemento que corresponda, sen prexuízo das posibles sancións e resolución do concerto social.

S.3.5. As entidades concertadas que teñan dereitos de cobramento fronte á Administración poderán cedelos conforme a dereito. Para a cesión dos dereitos de cobramento seguirase o mesmo procedemento e exixiranse os mesmos requisitos que os recollidos no artigo 200 da Lei 9/2017, do 8 de novembro.

S.4. Limitación á subcontratación e cesión de servizos concertados.

S.4.1. Queda prohibida a subcontratación das prestacións obxecto deste concerto.

S.4.2. Queda prohibida a cesión, total ou parcial, dos servizos obxecto deste concerto, excepto cando a entidade concertada sexa declarada en concurso de acredores e non quede garantida a continuidade da atención das persoas usuarias, con autorización expresa e previa da Consellería de Política Social e Igualdade, que adoptará as medidas precisas para garantir a continuidade e a calidade do servizo.

S.5. Sucesión da entidade concertada.

S.5.1. O cambio da titularidade do servizo concertado, xa sexa por sucesión da entidade concertada ou pola cesión do concerto formalizado, terá a consideración de modificación do concerto social.

S.5.2. Poderase producir a sucesión da entidade concertada cando a primeira se fusione ou transforme noutra. Neste caso, o concerto continuará vixente coa entidade que a suceda, sempre que esta continúe reunindo os requisitos exixidos para formalizar o concerto social.

A entidade sucesora subrogarase nos dereitos e obrigas derivados do concerto social que estivesen vixentes no momento da sucesión.

S.5.3. Se non for posible concertar coa entidade sucesora por non cumprir esta cos requisitos exixidos no concerto social, considerarase para todos os efectos un suposto de resolución do concerto por culpa da entidade concertada.

S.5.4. Para os efectos anteriores, a entidade concertada deberá comunicar á Consellería de Política Social e Igualdade a circunstancia que se producise.

T) Modificacións.

T.1. Modificación do acordo de concertación.

T.1.1. Unha vez formalizado o concerto social, poderanse introducir modificacións só cando estas obedezan a razóns de interese público como consecuencia de circunstancias sobrevidas, debidamente xustificadas e derivadas das necesidades de atención ás persoas usuarias.

As modificacións deste concerto non poderán alterar as condicións esenciais da concertación e deben ser as estritamente indispensables para responder ás causas obxectivas que as fagan necesarias.

As modificacións só serán posibles cando non afecten os requisitos legais para a prestación dos servizos, non supoñan unha mingua na calidade do servizo e, de implicar un custo, exista crédito adecuado e suficiente para poder asumilo.

T.1.2. O procedemento de modificación poderase iniciar de oficio, con audiencia á parte interesada, ou por instancia de parte mediante proposta da entidade concertada. Estes aspectos deberán quedar documentados, xunto co informe da Asesoría Xurídica e os demais informes que procedan en particular o da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, con carácter previo á formalización da modificación.

T.1.3. De acordo co artigo 28 do Decreto 229/2020, por necesidades obxectivas e sempre que se cumpran todos os aspectos recollidos na normativa vixente, poderase aumentar o número de prazas concertadas, sen que o incremento poida superar o 50 % das prazas establecidas para cada lote nesta resolución de convocatoria. Ademais, de acordo coas previsións establecidas no dito precepto, poderase minorar o número de prazas no caso de que non exista suficiente demanda.

T.1.4. As condicións recollidas nos pregos técnicos do concerto social poderán ser modificadas como consecuencia de cambios normativos que as afecten ou da súa revisión por parte da Consellería de Política Social e Igualdade.

T.1.5. No expediente de modificación deberá constar unha memoria económica en que se avalíe o impacto no cambio das condicións técnicas nos módulos económicos. De ter incidencia nestes últimos, deberase proceder ao seu reaxuste.

T.1.6. Se é a Consellería de Política Social e Igualdade a que decide revisar as condicións técnicas do concerto social, os cambios deberán estar motivados na mellor ou máis axeitada prestación dos servizos mediante informe dos técnicos da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. Deberáselles dar audiencia ás entidades concertadas afectadas para que poidan formular propostas e alegacións á revisión proposta.

T.2. Revisión dos prezos.

T.2.1. Os prezos ou módulos económicos fixados nesta convocatoria poderán ser revisados cando se produza unha variación substancial nos custos do servizo respecto das condicións económicas do concerto social.

T.2.2. A revisión de prezos precisará dun informe da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica sobre os custos económicos do concerto social, en que se evidencie a necesidade da revisión.

Para o cálculo das revisións deberanse ter en conta as previsións recollidas na normativa en materia de desindexación. Nas actualizacións de prezos o carácter diferenciado da acción concertada excluirá a consideración do período de recuperación dos investimentos aplicable á modalidade contractual.

No concerto obxecto desta convocatoria, dado o carácter significativo do cadro de persoal na configuración do prezo, pódese referenciar a actualización desta compoñente dos custos ás variacións económicas dos convenios colectivos sectoriais, nacionais, autonómicos e provinciais aplicables ao lugar de prestación dos servizos, coas limitacións que a normativa vixente estableza.

T.2.3. A revisión dos prezos ou módulos efectuarase mediante resolución ditada para o efecto pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

U) Resolución e extinción do concerto social.

U.1. Causas de extinción do concerto social.

Este concerto social extinguirase polas seguintes causas:

a) Cumprimento do concerto social.

b) Resolución do concerto social.

U.2. Cumprimento do concerto.

O concerto social entenderase cumprido pola entidade concertada cando este se realizase, de acordo cos seus termos, na totalidade da prestación e finalizase o seu período de vixencia.

U.3. Extinción do concerto por resolución.

U.3.1. Serán causas de resolución do concerto social as seguintes:

a) O mutuo acordo entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a entidade concertada.

b) A non formalización do concerto social ou da súa renovación no prazo establecido.

c) A extinción da personalidade xurídica da entidade concertada.

d) A declaración de concurso de acredores da entidade concertada ou a declaración de insolvencia en calquera procedemento.

e) O cesamento voluntario, coa autorización previa da Consellería de Política Social e Igualdade, da entidade concertada na prestación do servizo.

f) A inviabilidade económica da entidade titular do concerto social, constatada por informes de auditoría externa, cando lle sexan solicitados pola Consellería de Política Social e Igualdade.

g) A revogación da acreditación, homologación ou autorización administrativa da entidade concertada que a habilitaba para a prestación do servizo concertado.

h) O incumprimento das obrigas cualificadas como esenciais no concerto social ou o incumprimento dos estándares e parámetros de calidade exixidos nel, sempre que o incumprimento sexa imputable á entidade concertada.

i) A comisión dunha infracción grave ou moi grave das tipificadas nos artigos 81 e 82 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, cando leven aparellada unha das sancións accesorias previstas no artigo 83.2 da dita norma.

j) O incumprimento grave da lexislación en materia fiscal, laboral, de Seguridade Social e da integración social de persoas con discapacidade e prevención de riscos laborais.

k) Negarse a atender as persoas usuarias derivadas pola Administración concertante.

l) Prestar servizos como se fosen concertados coa Administración cando isto non sexa así.

m) O incumprimento da prohibición da subcontratación e cesión de servizos concertados recollidos na cláusula S).

n) A ausencia de demanda para a cobertura do servizo prestado de xeito relevante e prolongado, xa sexa para a totalidade dos servizos ou para un número significativo que faga inviable economicamente o mantemento do servizo.

ñ) A imposibilidade de continuar prestando o concerto social nos termos inicialmente acordados ou facelo sen ocasionar un prexuízo ao interese público, cando non sexa posible a modificación do concerto.

o) A demora no cumprimento das obrigas económicas por parte da Consellería de Política Social e Igualdade por prazo superior a 4 meses.

p) A suspensión por causa imputable á Consellería de Política Social e Igualdade da iniciación do concerto social por prazo superior a 6 meses desde a data sinalada para o comezo.

q) A desistencia ou suspensión do concerto social por prazo superior a 6 meses acordado pola Consellería de Política Social e Igualdade.

r) O resto de causas establecidas na normativa sectorial de aplicación ao concerto.

U.3.2. A resolución dos concertos sociais por mutuo acordo das partes só poderá ter lugar cando medien razóns de interese público que fagan innecesaria ou inconveniente a continuación do concerto social, e non concorra outra causa de resolución que sexa imputable á entidade concertada.

U.3.3. A entidade concertada poderá solicitar a resolución do concerto social cando considere que a Consellería de Política Social e Igualdade incorreu nalgunha das causas imputables a esta. Se a Consellería de Política Social e Igualdade se nega á resolución do concerto social, a entidade estará obrigada a continuar prestando os servizos mentres existan persoas usuarias que deban ser atendidas, sen prexuízo dos recursos que procedan.

U.3.4. Se a Consellería de Política Social e Igualdade considera que se produciu un incumprimento da entidade concertada que poida ser causa de resolución do concerto social, iniciará un procedemento administrativo, de acordo co establecido no título IX da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. Se procede a resolución do concerto social, a Consellería de Política Social e Igualdade deberá establecer a data en que terá efectos a dita resolución para garantir a continuidade do servizo ás persoas usuarias.

U.4. Efectos da resolución.

U.4.1. Cando a resolución se produza por mutuo acordo, os dereitos das partes acomodaranse ao validamente estipulado por elas.

U.4.2. A resolución motivada por un incumprimento da Consellería de Política Social e Igualdade determinará o pagamento dos danos e perdas causados á entidade, tendo en conta os prezos ou módulos económicos vixentes no momento da resolución.

U.4.3. Cando a resolución do concerto social teña lugar por incumprimento culpable da entidade concertada, a entidade deberá indemnizar a Consellería de Política Social e Igualdade polos danos e perdas causados.

V. Protección de datos persoais.

V.1. Tratamento de datos persoais dos representantes das entidades solicitantes do concerto.

Os datos persoais recollidos nestes procedementos serán tratados na súa condición de responsable do tratamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, coa finalidade de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión destes procedementos, verificar os datos e documentos que a persoa interesada achegue na súa solicitude para comprobar a exactitude destes, informar sobre o estado de tramitación e a actualización da información e contidos da Carpeta cidadá.

A lexitimación para o tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos derivada dunha competencia legalmente atribuída ao responsable do tratamento, así como o cumprimento de obrigas legais impostas ao dito responsable segundo o disposto na Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do/da menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil e no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, o Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia (DOG núm. 45, do 6 de marzo), modificado polo Decreto 406/2003, do 29 de outubro, na Lei orgánica 8/2015, do 22 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e adolescencia (BOE núm. 175, do 23 de xullo) e a Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia (BOE núm. 180, do 29 de xullo) e na Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia fronte á violencia (BOE núm. 134, do 5 de xuño).

Os datos poderán ser comunicados ás administracións públicas do ámbito autonómico, estatal e comunitario para o exercicio das súas competencias na materia coa finalidade de levar a cabo as actuacións de control previstas.

As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e nos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Contacto co delegado/a de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

V.2. Tratamento de datos persoais no marco das actuacións de verificacións contempladas na resolución.

As bases lexitimadoras para o tratamento dos datos persoais que poidan ser facilitados para o adecuado seguimento desta resolución e a xustificación dos correspondentes gastos relativos ás actuacións que constitúen o seu obxecto son o cumprimento dunha misión de interese público ou o exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento e o cumprimento dunha obriga legal, fundamentadas ambas no disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento segundo se explicita en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Contacto delegado/a de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

As entidades concertadas obríganse a informar, pola súa vez, ao persoal ao seu servizo e ás persoas usuarias, con carácter previo a que se faciliten os seus datos á Consellería de Política Social e Igualdade, dos aspectos establecidos nos parágrafos anteriores.

V.3. Tratamento de datos persoais das persoas usuarias.

Os datos persoais necesarios para levar a cabo as actividades realizadas ao abeiro desta resolución serán tratados na súa condición de responsable do tratamento pola Consellería de Política Social e Igualdade. A lexitimación para o tratamento dos datos será o cumprimento dunha misión realizada en interese público e o exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable fundamentada, pola súa vez, na Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do/da menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil e no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, o Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia (DOG núm. 45, do 6 de marzo), modificado polo Decreto 406/2003, do 29 de outubro, na Lei orgánica 8/2015, do 22 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e adolescencia (BOE núm. 175, de 23 de xullo) e a Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia (BOE núm. 180, de 29 de xullo) e na Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia fronte á violencia (BOE núm. 134, de 5 de xuño).

Os datos persoais que sexan xestionados polas entidades concertadas para a xestión das ditas accións derivadas da execución do programa, na súa condición de encargadas do tratamento, poderán ser tamén comunicados, cando sexa estritamente necesario, ás entidades acreditativas da formación, ás administracións públicas no exercicio das súas respectivas competencias e outros órganos encargados da xestión e control financeiro.

As persoas usuarias poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e nos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Contacto co/coa delegado/a de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

V.4. Deber de confidencialidade.

As entidades concertadas deberán respectar o segredo profesional e, en consecuencia, manter absoluta confidencialidade e reserva sobre a totalidade dos documentos, datos e informacións que lle sexan confiados para a formalización e desenvolvemento das accións recollidas na presente resolución. Así mesmo, quedan expresamente obrigadas:

– A utilizar a dita información exclusivamente no ámbito desta orde e para as finalidades previstas nela.

– A non comunicala, nin total nin parcialmente, a ningún terceiro sen autorización expresa do emisor salvo nos casos expresamente previstos na lei, exixindo idéntico compromiso ao persoal que empregue ou que con el colabore na execución da resolución.

– A facilitar o acceso á información unicamente ao persoal que a necesite para o desenvolvemento da dita relación, a quen se comunicará a obriga de tratar a información á cal se lles dá acceso con carácter estritamente confidencial.

– A aplicar medidas de cautela e protección e destruír en calquera momento a documentación escrita recibida, se así o solicita a parte que a forneceu.

Considerarase información confidencial aquela á que as entidades beneficiarias accedan en virtude da presente resolución, especialmente a de tipo técnico ou tecnolóxico, administrativa, ou económico-financeira, sempre que non teña carácter público ou notorio. Este deber manterase aínda despois de finalizada a relación.

V.5. Encargo do tratamento.

Respecto do tratamento de datos persoais, as entidades concertadas terán a condición de encargadas do tratamento en relación con aquelas tarefas de coordinación administrativa, posta en marcha, desenvolvemento e seguimento das accións obxecto desta resolución, que impliquen a recollida de datos das persoas usuarias.

V.5.1. Identificación da información afectada.

Como encargadas do tratamento as entidades beneficiarias das axudas xestionarán os datos persoais das persoas usuarias necesarios para a execución das obrigas contidas nesta resolución.

V.5.2. Obrigas das entidades concertadas como encargadas do tratamento.

As entidades concertadas como encargadas do tratamento deberán cumprir coas obrigas recollidas a continuación, exixindo o mesmo compromiso do persoal ao seu servizo:

V.5.2.a) Tratar por conta do responsable os datos persoais necesarios para levar a cabo adecuadamente a prestación do servizo obxecto do concerto.

V.5.2.b) Utilizar os datos persoais obxecto de tratamento, só para os efectos desta resolución. En ningún caso poderá utilizar os datos para os seus fins, sendo considerado neste caso como responsable do tratamento.

V.5.2.c) Tratar os datos de acordo coas instrucións do responsable do tratamento. Se o encargado do tratamento considera que algunha das instrucións infrinxe o RXPD, a LOPDGDD ou calquera outra disposición vixente en materia de protección de datos, porao inmediatamente en coñecemento do responsable.

V.5.2.d) Levar por escrito, se é o caso segundo o artigo 30 do RXPD, un rexistro das actividades de tratamento realizadas por conta do responsable, incluíndo o contido previsto no dito artigo.

V.5.2.e) Non comunicar os datos a terceiros, salvo que se conte coa autorización expresa do responsable do tratamento, ou nos supostos legalmente admisibles. O encargado poderá comunicar os datos a outros encargados do tratamento do mesmo responsable, de acordo coas instrucións deste.

V.5.2.f) O encargado do tratamento non poderá subcontratar ningún dos servizos que formen parte do obxecto do concerto e que impliquen o tratamento de datos persoais, salvo os traballos auxiliares necesarios para o normal funcionamento dos seus servizos.

V.5.2.g) Sen prexuízo do anterior, no caso de que o encargado do tratamento necesite subcontratar parte dos servizos en que interveña o tratamento de datos persoais, deberá comunicalo previamente por escrito ao responsable do tratamento, indicando os tratamentos que están implicados e pretende subcontratar, identificando de forma clara e inequívoca a empresa subcontratista e os seus datos de contacto. A subcontratación poderá realizarse unha vez autorizada polo responsable do tratamento.

Neste último caso, o subencargado do tratamento, que tamén terá a condición de encargado do tratamento, estará tamén obrigado ao cumprimento das obrigas establecidas neste concerto para o encargado do tratamento inicial e das instrucións ditadas polo responsable. Correspóndelle ao encargado do tratamento inicial, polo tanto, regular a nova relación para que o novo encargado estea sometido ás mesmas condicións (instrucións, obrigas, medidas de seguridade...), co mesmo réxime de responsabilidade e cos mesmos requisitos formais que o encargado inicial no que se refire ao bo tratamento dos datos persoais e á garantía dos dereitos das persoas afectadas. No caso de incumprimento por parte do subencargado, o encargado inicial seguirá sendo plenamente responsable ante o responsable do cumprimento das obrigas.

V.5.2.h) O encargado do tratamento tamén estará obrigado a comunicarlle calquera modificación ao responsable do tratamento na incorporación ou substitución doutros subencargados, dándolle así á persoa responsable a posibilidade de opoñerse aos ditos cambios.

V.5.2.i) Manter o deber de segredo sobre os datos persoais a que teña acceso en virtude deste concerto social, aínda que finalice o seu obxecto.

V.5.2.j) Garantir que as persoas autorizadas para o tratamento dos datos persoais comprométense, expresamente e por escrito, a respectar a confidencialidade e a cumprir as medidas de seguridade correspondentes, das cales se informará oportunamente. O encargado manterá á disposición do responsable a documentación acreditativa do cumprimento desta obriga.

V.5.2.k) Garantir a formación necesaria en materia de protección de datos persoais das persoas autorizadas para tratar este tipo de información.

V.5.2.l) Asistir ao responsable do tratamento na resposta ao exercicio dos dereitos recoñecidos pola lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, mediante as medidas técnicas e organizativas oportunas, para que poida cumprir coa súa obriga de atender as citadas solicitudes das persoas interesadas no prazo previsto pola normativa vixente. Para iso, o encargado facilitaralle ao responsable, por petición deste, e coa maior brevidade posible, canta información sexa necesaria ou relevante para estes efectos. No caso de que as persoas afectadas soliciten o exercicio dos seus dereitos ante o encargado do tratamento, esta informaralles, por calquera medio fidedigno, de que poderán acceder ao procedemento previsto para iso en https://www.xunta.gal/exercicio-dos-dereitos

V.5.2.m) Comunicarlle ao responsable do tratamento, de forma inmediata e aplicando as medidas de seguridade necesarias, as violacións da seguridade dos datos persoais ao seu cargo das que teña coñecemento, xunto con toda a información pertinente para a documentación e comunicación da incidencia, se é o caso, á Axencia Española de Protección de Datos (en diante, AEPD), de conformidade co disposto no artigo 33 do RXPD.

V.5.2.n) Apoiar ao responsable do tratamento na realización de avaliacións de impacto relacionadas coa protección de datos e na realización de consultas previas á autoridade de control, cando proceda.

V.5.2.o) Aplicar, se é o caso, as disposicións contidas no Real decreto 311/2022, do 3 de maio, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade (ENS). En todo caso, implantará as medidas de seguridade necesarias para:

– Garantir a confidencialidade, a integridade, a dispoñibilidade e a resiliencia permanente dos sistemas e servizos de tratamento.

– Restaurar a dispoñibilidade e o acceso aos datos persoais rapidamente, en caso de incidencia física ou técnica.

– Verificar, avaliar e valorar, de forma periódica, a eficacia das medidas técnicas e organizativas postas en marcha para garantir a seguridade do tratamento.

– Pseudonimizar e cifrar os datos persoais, se é necesario.

V.5.2.p) Poñer á disposición do responsable toda a información necesaria para acreditar o cumprimento das súas obrigas, en particular, certificados de cumprimento da normativa expedidos polas entidades acreditadas ou, de non existir, facilitando a realización das auditorías ou inspeccións que faga o responsable ou outro auditor autorizado.

V.5.2.q) Designar un delegado de protección de datos, se é o caso, segundo o previsto no artigo 37 do RXPD e no artigo 34 da LOPDGDD, e comunicarlle a súa identidade e datos de contacto ao responsable, sen prexuízo da preceptiva inscrición na AEPD.

V.5.2.r) Devolverlle ao responsable, unha vez cumpridos os servizos obxecto do presente concerto, os datos persoais e, se é o caso, os soportes onde figuren. A devolución suporá a total supresión dos datos existentes, se é o caso, nos equipos informáticos utilizados polo encargado. Non obstante, este poderá conservar unha copia dos datos estritamente necesarios, debidamente bloqueados, mentres poidan derivar responsabilidades da execución do servizo.

W. Fraude, corrupción e conflito de intereses.

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade poderá poñer os ditos feitos en coñecemento a través da web de Transparencia e Goberno Aberto da Xunta de Galicia, así como do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral do Estado, por medios electrónicos a través das canles habilitadas para o efecto:

https://transparencia.xunta.gal/canle-de-denuncias

https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx, nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 6 de abril, do citado servizo.

Así mesmo, serán de aplicación ás actuacións deste concerto as medidas recollidas no Plan específico de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social, que foi asinado o 12 de xaneiro de 2022.

X. Incompatibilidade coa percepción doutros ingresos.

Segundo o artigo 38 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, este concerto será incompatible coas subvencións para o financiamento do servizo ou prestacións obxecto deste.

Y. Resolución de conflitos.

As cuestións litixiosas xurdidas acerca da interpretación, modificación e resolución serán resoltas pola Consellería de Política Social e Igualdade poñendo os seus acordos fin á vía administrativa. Contra elas cabe recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, segundo o previsto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo dun mes, se a resolución for expresa. Se o acto non for expreso, poderá interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ou poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte á notificación do acto que poña fin á vía administrativa, se este for expreso. Se non o for, o prazo será de 6 meses e contarase, para o concertante e outros posibles interesados, a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para tales efectos, o tribunal competente será o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VII

Datos sobre o persoal para subrogar
(anexo informativo)

BS213U-Concerto social para a execución do programa de intervención en réxime de acollemento residencial de primeira acollida con carácter de urxencia.

Lote único.

Nº de orde

Categoría profesional

Contrato

% da xornada imputada ao programa

Horas anuais contratadas

Antigüidade

Data do vencemento do contrato

Custo bruto anual 2023
(Salario + Seg. Social Empr.)

1

Educador/a con función de director/a

Indefinido

100

1.750,00

14.10.2014

38.217,96 €

2

Educador/a

Indefinido

100

1.750,00

24.6.1999

40.020,48 €

3

Educador/a

Indefinido

100

1.750,00

9.12.2024

30.573,60 €

4

Educador/a

Indefinido

100

1.750,00

10.7.2022

30.150,72 €

5

Educador/a

Indefinido

100

1.750,00

21.2.2024

28.554,72 €

6

Educador/a

Indefinido

100

1.750,00

7.7.2022

30.573,60 €

7

Educador/a

Indefinido

100

1.750,00

7.9.2023

28.554,72 €

8

Educador/a

Indefinido

100

1.181,25

29.7.2024

19.274,43 €

9

Educador/a

Indefinido

100

1.181,25

8.6.2024

19.274,43 €

11

Auxiliar técnico educativo/a

Indefinido

100

1.750,00

15.11.2024

22.328,04 €

12

Auxiliar técnico educativo/a

Indefinido

100

1.750,00

20.12.2023

22.328,04 €

13

Auxiliar técnico educativo/a

Indefinido

100

1.750,00

18.7.2019

24.252,96 €

14

Auxiliar técnico educativo/a

Indefinido

100

1.750,00

24.11.2014

24.695,16 €

15

Auxiliar técnico educativo/a

Indefinido

100

1.750,00

25.5.2021

22.583,40 €

16

Auxiliar técnico educativo/a

Indefinido

100

1.750,00

19.1.2023

22.397,28 €

17

Auxiliar técnico educativo/a

Indefinido

100

1.750,00

1.9.2023

22.397,28 €

18

Psicólogo/a

Indefinido

100

1.363,60

4.1.2022

23.461,20 €

19

Traballador/a social

Indefinido

100

1.181,25

11.6.2024

19.278,28 €

20

Cociñeiro/a

Indefinido

100

1.045,45

12.2.2025

12.614,04 €

21

Cociñeiro/a

Indefinido

100

1.045,45

20.5.2022

En excedencia

12.614,04 €

22

Cociñeiro/a

Temporal

100

1.045,45

1.6.2025

27.1.2026

12.614,04 €

* De acordo co establecido no artigo 34 do IV Convenio colectivo estatal de reforma xuvenil e protección de menores, será persoal susceptible de subrogación aquel cunha antigüidade mínima de catro meses na data da adxudicación do concerto. En consecuencia, esta relación é susceptible de sufrir modificacións, que se publicarán en canto se teña coñecemento.