DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 2025 Páx. 58507

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 31 de outubro de 2025 pola que se notifica requirimento de retirada de vehículo con matrícula R8643BBS abandonado no dominio público portuario do porto de Ribeira (A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 44, 45 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por razóns de interese público que o aconsellan, faise público mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o seguinte requirimento emitido pola Dirección de Portos de Galicia o 31 de outubro de 2025 dirixido á mercantil Peixes e Mariscos Recho, S.L.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Segundo se informa desde as oficinas do porto de Ribeira, detéctanse diversos remolques aparcados no porto de Ribeira en estado de abandono fronte ás oficinas portuarias.

Entre os ditos vehículos identifícase un vehículo marca Guillen, modelo Freezer, con placas de matrícula R8643BBS e número de bastidor VWFSP3SNRS4001990, do que é titular a mercantil Peixes e Mariscos Recho, S.L.

Considerando o exposto, e toda vez que na zona onde se atopa o vehículo a entidade pública Portos de Galicia é a Administración competente en materia de tráfico cara ao tratamento residual do vehículo segundo dispón o artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 106 do Real decreto lexislativo 6/2015, do 30 de outubro, que aproba o texto refundido da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria, requírese o titular para que nun prazo máximo dun mes contado desde o día de publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, proceda a retirar o vehículo da zona de servizo do porto de Ribeira.

No caso de incumprirse este requirimento, Portos de Galicia, sen máis trámites, daralle ao vehículo un tratamento de residuo, e procederá, en consecuencia, ao seu traslado a un centro autorizado de tratamento de vehículos para a súa posterior destrución e descontaminación, e pasaralle os custos, que, de ser o caso, se ocasionen.

O anterior enténdese sen prexuízo das sancións administrativas que procedan en dereito.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2025

Juan Sanmartín Ferreiro
Director xeral de Portos de Galicia