Expediente: IN407A 2024/242-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación do proxecto: Recuamento LMT polígono industrial da Gándara, nº 144.
Concello: Narón.
Feitos:
1. O día 18.7.2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada. Co obxecto de atender unha solicitude de recuamento dun tramo da LAT 15 kV, doble circuíto (A Gándara 5, CRN-705 e Faísca-A Gándara 9, CRN-709) ao seu paso pola parcela de referencia catastral nº 5459010NJ6155N0001KB. Este proxecto considera parte das actuacións asociadas ao recuamento. O restos están definidas no expediente IN407A 2024/278-1.
Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presentan memoria, planos e orzamento co proxecto de execución denominado Recuamento LMT do polígono industrial da Gándara, nº 144, e que comprende os seguintes documentos:
• Proxecto de execución denominado Recuamento LMT do polígono industrial da Gándara, nº 144, asinado o día 21.6.2024 por Raúl Guillermo Naveira Dueñas, enxeñeiro técnico industrial, especialidade eléctrica, número de colexiado 1.905 da Coruña.
• Contestación ao requirimento, asinado o día 24.7.2025 por Raúl Guillermo Naveira Dueñas.
• Contestación ao requirimento, asinado o día 13.10.2025 por Raúl Guillermo Naveira Dueñas.
2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Aesa (informe e condicionado aceptados por UFD), Urbanismo (Costas de Galicia) (informe e condicionado aceptados por UFD), Patrimonio Cultural (informe favorable e condicionado aceptados por UFD), Augas de Galicia (non contestou) e Concello de Narón (informe e condicionado aceptados por UFD).
4. O día 16.10.2025 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
Segunda. Lexislación de aplicación:
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
Terceira. Características técnicas:
As instalacións obxecto deste expediente están situadas na avenida do Mar 114 a 118, polígono industrial A Gándara no concello de Ferrol e as súas características técnicas son as seguintes:
Atender unha solicitude de recuamento dun tramo da LAT 15 kV, doble circuíto (A Gándara 5, CRN-705 e Faísca-A Gándara 9, CRN-709) ao seu paso pola parcela de referencia catastral nº 5459010NJ6155N0001KB.
Proxecto: Recuamento LMT do polígono industrial da Gándara, nº 144.
Liña eléctrica de media tensión aérea de dobre circuíto CRN705//CRN709, a 15 kV, cunha lonxitude de 41 m (van que se vai retensar) coa orixe no apoio existente nº D22, condutor tipo LA-110, e final en apoio proxectado nº Pr.1 (FL-C-7000/16-H35-DC-CAIII).
Liña eléctrica de media tensión aérea dobre circuíto CRN705//CRN709, a 15 kV, cunha lonxitude de 84 m, coa orixe en apoio proxectado nº Pr.2 (FL-C-7000/22-H35-DC-CAIII), condutor tipo LA-110, e final en apoio existente nº AQU1WISK//D26.
Liña eléctrica de media tensión aérea (actuación nº 3), a 15 kV, cunha lonxitude de 10 m, coa orixe en apoio proxectado nº Pr.1, condutor tipo LA-56, e final en apoio existente nº D25-1.
Desmantelamento da LMTA existente recuada.
Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
De acordo con todo o exposto,
RESOLVO:
A) Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.
B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento dos aparellos eléctricos que empreguen gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cun funcionamento que dependa deles, nun medio illante ou de rotura.
C) Para a posta en explotación da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude, á cal xuntará a seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.
• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
D) Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia á persoa interesada, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.
A Coruña, 21 de outubro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
