Antecedentes:
1. Mediante a Orde do 16 de xaneiro de 2025, da Consellería de Economía e Industria, declaráronse francos os terreos e convocouse o concurso público relativo a dereitos mineiros caducados correspondentes á provincia da Coruña (DOG núm. 11, do 17 de xaneiro, e BOE núm. 56, do 6 de marzo).
2. O 20.5.2025 tivo lugar o acto de constitución da mesa para a apertura e admisión de solicitudes (en diante, Mesa), na sesión ordinaria celebrada ás 10.00 horas na sala de contratación da Consellería de Economía e Industria, Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, coa asistencia dos membros previstos no artigo 36 da Lei 3/2008, do 23 de maio, designados na Orde do 8 de maio de 2025.
3. Durante a celebración da sesión ordinaria do 20.5.2025 procedeuse á lectura do anuncio da convocatoria do procedemento de concurso público de dereitos mineiros caducados na provincia da Coruña, así como á comprobación dos arquivos electrónicos denominados Solicitude e Sobre 1 das solicitudes formuladas a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex).
No Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex) aparecen rexistrados, dentro do prazo e da hora establecidas para o efecto, os arquivos electrónicos das seguintes solicitudes:
1. Jacobo Nicolás Campo Sáez, como representante de Epifanio Campo, S.L., B36030948, solicita o permiso de investigación designado como Campobrick, de 6 cuadrículas mineiras para o recurso arxila, sobre o dereito caducado Frades fracción 3ª, núm. 6705.3, no concello de Mesía.
2. Jacobo Nicolás Campo Sáez, como representante de Epifanio Campo, S.L., B36030948, solicita o permiso de investigación designado como Matilde, de 3 cuadrículas mineiras para o recurso arxila, sobre os dereitos caducados Frades fracción 3ª, núm. 6705.3, Frades fracción 4ª, segregación 1ª núm. 6705.4.1 e Frades fracción 4ª, segregación 2ª núm. 6705.4.2, no concello de Mesía.
3. Cecilia Trancón Loureiro, como representante de Caolines de Vimianzo, S.A.U., A15040009, solicita o permiso de investigación designado como Folch, de 15 cuadrículas mineiras para os recursos caolín, mica, volframio e estaño, sobre o dereito caducado Bibi y John, núm. 6159, nos concellos de Vimianzo e Dumbría.
4. Cecilia Trancón Loureiro, como representante de Caolines de Vimianzo, S.A.U., A15040009, solicita o permiso de investigación designado como San Leo, de 14 cuadrículas mineiras para os recursos caolín, volframio e estaño, sobre o dereito caducado Bibi y John, núm. 6159, no concello de Vimianzo.
5. Cecilia Trancón Loureiro, como representante de Caolines de Vimianzo, S.A.U., A15040009, solicita o permiso de investigación designado como Frontino, de 13 cuadrículas mineiras para os recursos caolín, estaño e volframio, sobre o dereito caducado Bibi y John, núm. 6159, nos concellos de Vimianzo e Dumbría.
6. Cecilia Trancón Loureiro, como representante de Caolines de Vimianzo, S.A.U., A15040009, solicita o permiso de investigación designado como Milano, de 15 cuadrículas mineiras para os recursos caolín, estaño e volframio, sobre o dereito caducado Bibi y John, núm. 6159, nos concellos de Vimianzo e Dumbría.
7. Cecilia Trancón Loureiro, como representante de Caolines de Vimianzo, S.A.U., A15040009, solicita o permiso de investigación designado como Micavi, de 6 cuadrículas mineiras para os recursos caolín, estaño e volframio, sobre o dereito caducado Bibi y John, núm. 6159, nos concellos de Vimianzo e Dumbría.
8. Cecilia Trancón Loureiro, como representante de Caolines de Vimianzo, S.A.U., A15040009, solicita o permiso de investigación designado como Zendal, de 15 cuadrículas mineiras para os recursos caolín, moscovita, estaño e volframio, sobre o dereito caducado Bibi y John, núm. 6159, no concello de Vimianzo.
9. Cecilia Trancón Loureiro, como representante de Caolines de Vimianzo, S.A.U., A15040009, solicita o permiso de investigación designado como Parga, de 15 cuadrículas mineiras para os recursos caolín, moscovita, estaño e volframio, sobre o dereito caducado Bibi y John, núm. 6159, no concello de Vimianzo.
10. Jacobo Nicolás Campo Sáez, como representante de Refractarios Campo, S.L., B36023471, solicita o permiso de investigación designado como Campo Brick, de 6 cuadrículas mineiras para o recurso arxila, sobre o dereito caducado Frades Fracción 3ª, núm. 6705.3, no concello de Mesía.
11. Cecilia Trancón Loureiro, como representante de Caolines de Vimianzo, S.A.U., A15040009, solicita o permiso de investigación designado como Veneto, de 15 cuadrículas mineiras para os recursos caolín, estaño e volframio, sobre o dereito caducado Bibi y John, núm. 6159, no concello de Vimianzo.
12. Jacobo Nicolás Campo Sáez, como representante de Refractarios Campo, S.L., B36023471, solicita o permiso de investigación designado como Matilde, de 3 cuadrículas mineiras para o recurso arxila, sobre os dereitos caducados Frades fracción 3ª, núm. 6705.3, Frades fracción 4ª, segregación 1ª núm. 6705.4.1 e Frades fracción 4ª, segregación 2ª núm. 6705.4.2, no concello de Mesía.
13. Cecilia Trancón Loureiro, como representante de Caolines de Vimianzo, S.A.U., A15040009, solicita o permiso de investigación designado como Este, de 14 cuadrículas mineiras para os recursos caolín, estaño e volframio, sobre o dereito caducado Bibi y John, núm. 6159, no concello de Vimianzo.
14. Jacobo Nicolás Campo Sáez, como representante de Epifanio Campo, S.L., B36030948, solicita o permiso de investigación designado como Alvariño, de 15 cuadrículas mineiras para os recursos caolín, volframio e estaño, sobre os dereitos caducados Bibi y John, núm. 6159 e San Martín, núm. 6808, no concello de Vimianzo.
15. Jacobo Nicolás Campo Sáez, como representante de Epifanio Campo, S.L., B36030948, solicita o permiso de investigación designado como Campo das Borrallas, de 5 cuadrículas mineiras para os recursos caolín, volframio e estaño, sobre o dereito caducado San Martín, núm. 6808, no concello de Vimianzo.
16. Diego López González, como representante de Epifanio Campo, S.L., B36030948, solicita o permiso de investigación designado como Alvarellos, de 15 cuadrículas mineiras para os recursos caolín, volframio e estaño, sobre os dereitos caducados Bibi y John, núm. 6159 e San Martín, núm. 6808, no concello de Dumbría.
17. Diego López González, como representante de Epifanio Campo, S.L., B36030948, solicita o permiso de investigación designado como Castelo, de 15 cuadrículas mineiras para os recursos caolín, volframio e estaño, sobre os dereitos caducados Bibi y John, núm. 6159 e San Martín, núm. 6808, nos concellos de Muxía e Vimianzo.
18. Diego López González, como representante de Epifanio Campo, S.L., B36030948, solicita o permiso de investigación designado como Mosquetín, de 15 cuadrículas mineiras para os recursos caolín, volframio e estaño, sobre os dereitos caducados Bibi y John, núm. 6159 e San Martín, núm. 6808, nos concellos de Dumbría, Muxía e Vimianzo.
19. Diego López González, como representante de Epifanio Campo, S.L., B36030948, solicita o permiso de investigación designado como Foseco, de 15 cuadrículas mineiras para os recursos caolín, volframio e estaño, sobre os dereitos caducados Bibi y John, núm. 6159 e San Martín, núm. 6808, nos concellos de Dumbría e Vimianzo.
20. Diego López González, como representante de Epifanio Campo, S.L., B36030948, solicita o permiso de investigación designado como Pondal, de 15 cuadrículas mineiras para os recursos caolín, volframio e estaño, sobre os dereitos caducados Bibi y John, núm. 6159 e San Martín, núm. 6808, nos concellos de Dumbría e Vimianzo.
Do exame da documentación dos sobres 1 (documentación administrativa) das solicitudes, obsérvase a seguinte deficiencia na documentación presentada nas numeradas do 14 ao 20, formuladas por Epifanio Campo, S.L.: «O solicitante deberá aclarar o obxecto social da sociedade, xa que só recolle actividades relativas ao aproveitamento de materiais cerámicos, pero non as destinadas á investigación ou aproveitamento de substancias metálicas».
Como resultado da sesión ordinaria do 20.5.2025, a Mesa chega aos seguintes acordos:
1) Admitir as solicitudes numeradas como 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12 e 13, dado que achegaron a documentación en forma e prazo e cumpren cos requisitos exixidos das bases do concurso público para participar neste concurso.
2) Requirir a Epifanio Campo, S.L., en relación coas solicitudes numeradas como 14, 15, 16, 17, 18, 19 e 20 para que, nun prazo de tres días naturais, contados desde o día seguinte ao da data do aviso de notificación do correspondente requirimento, achegue os seguintes documentos:
Acreditación de que o obxecto social da empresa abrangue a investigación ou o aproveitamento de substancias minerais metálicas e non soamente as relativas a materiais cerámicos.
3) Levar a cabo a sesión número 2 da mesa do concurso, que se encargará de examinar a documentación de emenda dos sobres 1 (documentación administrativa), o luns 9.6.2025, ás 10.00 horas.
4) Levar a cabo a sesión número 3 da mesa de contratación, que se encargará da apertura en acto público dos sobres 2 (documentación relativa a criterios avaliables mediante xuízos de valor), o luns 9.6.2025, ás 10.30 horas.
4. O 21.5.2025 póñense á disposición de Epifanio Campo, S.L., os requirimentos coa deficiencia detectada, establecendo un prazo de 3 días hábiles para a súa emenda, de conformidade coa base 1.4 da Orde do 16 de xaneiro de 2025, da Consellería de Economía e Industria.
5. O 9.6.2025, ás 10.00 horas, ten lugar a sesión ordinaria número 2 da Mesa, en que se comproba a documentación presentada por Epifanio Campo, S.L., como emenda aos requirimentos realizados, e os membros da Mesa acordan:
1) Admitir a documentación de emenda presentada por Epifanio Campo, S.L.
2) Admitir as solicitudes numeradas como 14, 15, 16, 17, 18, 19 e 20, dado que se completou a documentación requirida para o sobre 1 nas bases do concurso público.
3) Continuar coa sesión número 3 da mesa do concurso neste mesmo día ás 10.30 horas, que se encargará da apertura en acto público dos sobres 2 (documentación técnica e económica) de todas as solicitudes presentadas.
6. O 6.6.2025, ás 10.35 horas, tivo lugar a sesión ordinaria número 3 da Mesa, en que se procedeu á apertura dos sobres 2 (documentación técnica e económica) das 20 solicitudes formuladas, a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex).
Como resultado desta sesión do 6.6.2025 os membros da Mesa chegan aos seguintes acordos:
1) Admitir a documentación presentada no sobre 2 das solicitudes para a súa valoración segundo os criterios establecidos no anexo III da Orde do 16 de xaneiro de 2025 pola que se declaran francos os terreos e se convoca o concurso público relativo a dereitos mineiros caducados correspondentes á provincia da Coruña.
2) Para as solicitudes numeradas nesta acta como 1 (PI Folch), 2 (PI Castelo), 7 (PI San Leo), 8 (PI Frontino), 9 (PI Milano), 10 (PI Micavi), 11 (PI Zendal), 12 (PI Parga), 13 (PI Veneto), 14 (PI Este), 15 (PI Alvariño), 16 (PI Campo das Borrallas), 17 (PI Mosquetín), 18 (PI Foseco), 19 (PI Alvarellos) e 20 (PI Pondal), en que se xunta o xustificante de ter presentado a solicitude do certificado urbanístico no concello correspondente, acórdase incluír na proposta a que se refire o punto 6.2 das bases do concurso que, previamente á súa tramitación, o promotor debe presentar o certificado urbanístico.
3) O presidente e a secretaria comprométense a realizar unha revisión dos criterios de valoración do anexo III da Orde para definir un procedemento de revisión da documentación das solicitudes para a súa valoración da maneira máis obxectiva posible. Isto comunicaráselles aos membros da mesa a través do correo electrónico xunto coa convocatoria para a seguinte sesión.
4) Igualmente, indícase que se vai comprobar e representar graficamente a designación dos 20 permisos de investigación solicitados, o cal tamén será comunicado aos membros da Mesa a través do correo electrónico.
7. O 30.7.2025 tivo lugar a sesión ordinaria número 4 da Mesa, en que realiza unha análise das ofertas presentadas e a súa valoración segundo os criterios do anexo III da Orde do 16 de xaneiro de 2025.
Nesta sesión cada membro da Mesa achega a puntuación para os criterios de valoración que se lle asignaron para que se integren nun único informe, e acordan que, unha vez feito o informe pola secretaria, o asinen todos como mostra de conformidade co seu contido.
Como resultado, na sesión número 4 acórdase:
1) Aprobar e asinar o informe de valoración das solicitudes formuladas e que se xunte a esta acta.
2) De conformidade co establecido na base sexta da Orde do 16 de xaneiro de 2025, procede admitir a trámite as seguintes solicitudes non concorrentes:
Permiso de investigación Folch, solicitado por Caolines de Vimianzo, S.A.U.
Permiso de investigación San Leo, solicitado por Caolines de Vimianzo, S.A.U.
Permiso de investigación Frontino, solicitado por Caolines de Vimianzo, S.A.U.
Permiso de investigación Milano, solicitado por Caolines de Vimianzo, S.A.U.
Permiso de investigación Micavi, solicitado por Caolines de Vimianzo, S.A.U.
Permiso de investigación Zendal, solicitado por Caolines de Vimianzo, S.A.U.
Permiso de investigación Parga, solicitado por Caolines de Vimianzo, S.A.U.
Permiso de investigación Veneto, solicitado por Caolines de Vimianzo, S.A.U.
Permiso de investigación Este, solicitado por Caolines de Vimianzo, S.A.U.
Permiso de investigación Alvariño, solicitado por Epifanio Campo, S.L.
Permiso de investigación Campo das Borrallas, solicitado por Epifanio Campo, S.L.
Permiso de investigación Alvarellos, solicitado por Epifanio Campo, S.L.
Permiso de investigación Castelo, solicitado por Epifanio Campo, S.L.
Permiso de investigación Mosquetín, solicitado por Epifanio Campo, S.L.
Permiso de investigación Foseco, solicitado por Epifanio Campo, S.L.
Permiso de investigación Pondal, solicitado por Epifanio Campo, S.L.
3) Igualmente, de conformidade co establecido na base sexta da Orde do 16 de xaneiro de 2025 e de acordo coa puntuación obtida segundo os criterios do anexo III, a orde de prelación para a tramitación das solicitudes concorrentes é a seguinte:
Primeira. Permiso de investigación Campobrick, solicitado por Epifanio Campo, S.L.
Segunda. Permiso de investigación Campo Brick, solicitado por Refractarios Campo, S.L.
Primeira. Permiso de investigación Matilde, solicitado por Epifanio Campo, S.L.
Segunda. Permiso de investigación Matilde, solicitado por Refractarios Campo, S.L.
4) De conformidade coa base sétima da Orde de 16 de xaneiro de 2025, procede declarar rexistrables os terreos obxecto de concurso respecto dos cales non se presentou ningunha solicitude.
5) Segundo establece a base 6.3 da Orde do 16 de xaneiro de 2025, a secretaria da Mesa requirirá as empresas concursantes cuxas solicitudes resultan proposta para a súa tramitación a documentación acreditativa de non incorreren nas prohibicións para contratar establecidas na lexislación reguladora dos contratos do sector público. Se a dita documentación non se achega ou se presenta fóra de prazo, entenderase que a persoa concursante retira a súa oferta e, de ser o caso, requirirase a mesma documentación á concursante, segundo a orde de prelación das ofertas.
6) En cumprimento do punto anterior, a secretaria da Mesa elaborará a proposta de resolución de declaración de admisión a trámite das solicitudes non concorrentes conforme o indicado no acordo 2 desta acta, así como a orde de prelación das solicitudes para os casos en que se presentaron varias solicitudes para o mesmo dereito, conforme o indicado no acordo 3 desta acta.
A proposta elaborada será circulada electronicamente aos membros da Mesa para as súas observacións e para lle dar a súa conformidade.
Unha vez conformada a devandita proposta nos termos indicados, será remitida ao órgano competente para a resolución do concurso, conforme o establecido na base sétima da Orde do 16 de xaneiro de 2025.
8. O 7.8.2025, os membros da Mesa asinaron o informe de valoración das solicitudes formuladas en que se identifican e describen as solicitudes formuladas por Caolines de Vimianzo, S.A., Refractarios Campo, S.L. e Epifanio Campo, S.L., se recolle a representación gráfica das solicitudes sobre os terreos francos dos dereitos mineiros caducados convocados no concurso, se explican os criterios de valoración e a súa repartición entre os membros da Mesa, recollendo no anexo o resultado da valoración para cada unha das solicitudes e, finalmente, se indican as solicitudes non correntes admitidas a trámite e a orde de prelación para a tramitación das solicitudes concorrentes.
9. O 18.8.2025 póñense á disposición de Caolines de Vimianzo, S.A. e de Epifanio Campo, S.L. os requirimentos para que, de conformidade co punto 6.3 das bases do concurso, presenten, no prazo de 10 días hábiles, a documentación acreditativa de non incorreren nas prohibicións para contratar establecidas na lexislación reguladora dos contratos do sector público.
O 20.8.2025 presentou a documentación requirida Epifanio Campo, S.L. e o 21.8.2025 presentou a documentación Caolines de Vimianzo, S.A.
10. Mediante a dilixencia do 4.9.2025, da secretaria da Mesa, certifícase a conformidade dos membros da Mesa coa proposta de resolución do concurso, a cal será asinada pola secretaria e polo presidente para o seu traslado á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, segundo establece a base 7.2 da Orde do 16 de xaneiro de 2025 pola que se declaran francos os terreos e se convoca o concurso público relativo a dereitos mineiros caducados correspondentes á provincia da Coruña.
11. O 5.9.2025 tivo entrada no rexistro electrónico da Dirección Xeral de Planificación de Enerxética e Minas, a proposta elevada pola Mesa do concurso do 4.9.2025.
Consideracións legais e técnicas:
Primeiro. Consonte o establecido no artigo 36.3 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, así como na base sexta do concurso público relativo a dereitos mineiros caducados correspondentes á provincia de A Coruña, corresponde á Mesa do concurso analizar e valorar as ofertas presentadas e realizar unha proposta de resolución.
A base sétima do concurso público referido establece que, unha vez realizados os trámites referidos na base sexta, a Mesa dará traslado da súa proposta ao órgano competente, que resolverá o concurso.
Segundo. O órgano competente para resolver o concurso é a persoa titular da Consellería de Economía e Industria, consonte o disposto nos artigos 16 e 36.4 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, competencia delegada na persoa titular da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, de acordo co artigo 11.3 da Orde do 4 de novembro de 2024 sobre delegación de competencias en diversos órganos.
Terceiro. A base sétima do dito concurso público, na liña do disposto no artigo 36.4 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, establece que a resolución ditada polo órgano competente conterá a orde de prelación para a tramitación das solicitudes concorrentes presentadas respecto dun mesmo dereito e declarará a admisión a trámite das solicitudes non concorrentes, e advertirá expresamente que a tramitación das solicitudes seleccionadas quedará condicionada a que, no prazo dun mes desde a notificación da devandita resolución ás persoas concursantes seleccionadas ou, de ser posterior, desde a notificación do importe que debe ser aboado, se acredite o aboamento dos gastos que lles correspondesen de inserción desta orde de convocatoria e da publicación do resultado do concurso nos diarios oficiais, así como da taxa administrativa establecida para a tramitación da solicitude do dereito mineiro.
Os ditos gastos serán rateados entre os solicitantes que resulten seleccionados, atendendo á superficie obxecto de solicitude.
De non se acreditar o aboamento dos gastos indicados no prazo establecido, requirirase a persoa solicitante para que, no prazo de dez días hábiles, emende a falta e acredite o aboamento, coa indicación de que, se non o fixer así, se considerará que desiste da súa solicitude, logo da resolución que se dite nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e se tramitará a seguinte solicitude seleccionada consonte a orde de prelación establecida. De non existiren máis solicitantes, será de aplicación o establecido na base oitava.
Así mesmo, a resolución declarará rexistrables os terreos obxecto do concurso respecto dos cales non se presentase ou non fose admitida ningunha solicitude.
Cuarto. De conformidade coa base décimo primeira do concurso, os compromisos e requisitos que foran obxecto de valoración, unha vez admitida a trámite a solicitude por ter sido seleccionada no concurso, teñen carácter de obrigas inherentes ao outorgamento do dereito mineiro e deberán manterse durante a ulterior tramitación do procedemento de outorgamento.
Toda transmisión do dereito implicará a subrogación do novo titular en tales obrigas.
Quinto. Asemade, a base décimo primeira do concurso establece que a selección para a admisión a trámite como consecuencia da resolución do concurso, así como o ulterior outorgamento do permiso de investigación, non eximen da obtención das autorizacións que correspondan a outros órganos, sen que en ningún caso concorra responsabilidade do órgano mineiro no suposto de non obterse.
Así mesmo, tampouco cabe responsabilidade como consecuencia de resultar seleccionada unha solicitude na resolución deste concurso, no suposto de que non chegue a obterse o permiso de investigación ou, no seu momento, a concesión derivada daquel, calquera que sexa a causa, incluídas as condicións ambientais que puidesen, se é o caso, impoñerse ou a incompatibilidade con figuras de protección doutros bens xurídicos ou con outros usos preexistentes.
De acordo co que antecede,
RESOLVO:
Primeiro. Admitir a trámite as seguintes solicitudes non concorrentes de permisos de investigación formuladas por Caolines de Vimianzo, S.A. e Epifanio Campo, S.L. descritas no antecedente 3 desta proposta:
1. Folch
|
Coordenadas xeográficas-ETRS 89 |
||
|
Vértices |
Latitude |
Lonxitude |
|
1 |
43° 05' 00" N |
9° 06' 00" W |
|
2 |
43° 05' 00" N |
9° 05' 40" W |
|
3 |
43° 04' 40" N |
9° 05' 40" W |
|
4 |
43° 04' 40" N |
9° 05' 20" W |
|
5 |
43° 03' 20" N |
9° 05' 20" W |
|
6 |
43° 03' 20" N |
9° 04' 00" W |
|
7 |
43° 03' 00" N |
9° 04' 00" W |
|
8 |
43° 03' 00" N |
9° 06' 00" W |
2. San Leo
|
Coordenadas xeográficas-ETRS 89 |
||
|
Vértices |
Latitude |
Lonxitude |
|
1 |
43° 03' 20" N |
9° 03' 20" W |
|
2 |
43° 03' 20" N |
9° 01' 40" W |
|
3 |
43° 04' 20" N |
9° 01' 40" W |
|
4 |
43° 04' 20" N |
9° 01' 20" W |
|
5 |
43° 04' 40" N |
9° 01' 20" W |
|
6 |
43° 04' 40" N |
9° 01' 00" W |
|
7 |
43° 03' 00" N |
9° 01' 00" W |
|
8 |
43° 03' 00" N |
9° 03' 20" W |
3. Frontino
|
Coordenadas xeográficas-ETRS 89 |
||
|
Vértices |
Latitude |
Lonxitude |
|
1 |
43° 03' 00" N |
9° 06' 00" W |
|
2 |
43° 03' 00" N |
9° 04' 40" W |
|
3 |
43° 01' 40" N |
9° 04' 40" W |
|
4 |
43° 01' 40" N |
9° 05' 00" W |
|
5 |
43° 02' 00" N |
9° 05' 00" W |
|
6 |
43° 02' 00" N |
9° 06' 00" W |
4. Milano
|
Coordenadas xeográficas-ETRS 89 |
||
|
Vértices |
Latitude |
Lonxitude |
|
1 |
43° 03' 00" N |
9° 03' 40" W |
|
2 |
43° 03' 00" N |
9° 01' 00" W |
|
3 |
43° 02' 40" N |
9° 01' 00" W |
|
4 |
43° 02' 40" N |
9° 01' 20" W |
|
5 |
43° 02' 20" N |
9° 01' 20" W |
|
6 |
43° 02' 20" N |
9° 03' 40" W |
5. Micavi
|
Coordenadas xeográficas-ETRS 89 |
||
|
Vértices |
Latitude |
Lonxitude |
|
1 |
43° 02' 20" N |
9° 04' 40" W |
|
2 |
43° 02' 20" N |
9° 03' 40" W |
|
3 |
43° 01' 40" N |
9° 03' 40" W |
|
4 |
43° 01' 40" N |
9° 04' 40" W |
6. Zendal
|
Coordenadas xeográficas-ETRS 89 |
||
|
Vértices |
Latitude |
Lonxitude |
|
1 |
43° 05' 00" N |
9° 05' 40" W |
|
2 |
43° 05' 00" N |
9° 04' 00" W |
|
3 |
43° 04' 40" N |
9° 04' 00" W |
|
4 |
43° 04' 40" N |
9° 04' 40" W |
|
5 |
43° 03' 40" N |
9° 04' 40" W |
|
6 |
43° 03' 40" N |
9° 04' 00" W |
|
7 |
43° 03' 20" N |
9° 04' 00" W |
|
8 |
43° 03' 20" N |
9° 05' 20" W |
|
9 |
43° 04' 40" N |
9° 05' 20" W |
|
10 |
43° 04' 40" N |
9° 05' 40" W |
7. Parga
|
Coordenadas xeográficas-ETRS 89 |
||
|
Vértices |
Latitude |
Lonxitude |
|
1 |
43° 04' 40" N |
9° 04' 40" W |
|
2 |
43° 04' 40" N |
9° 04' 00" W |
|
3 |
43° 06' 00" N |
9° 04' 00" W |
|
4 |
43° 06' 00" N |
9° 03' 00" W |
|
5 |
43° 05' 40" N |
9° 03' 00" W |
|
6 |
43° 05' 40" N |
9° 03' 40" W |
|
7 |
43° 03' 40" N |
9° 03' 40" W |
|
8 |
43° 03' 40" N |
9° 04' 40" W |
8. Veneto
|
Coordenadas xeográficas-ETRS 89 |
||
|
Vértices |
Latitude |
Lonxitude |
|
1 |
43° 05' 40" N |
9° 03' 40" W |
|
2 |
43° 05' 40" N |
9° 03' 00" W |
|
3 |
43° 04' 40" N |
9° 03' 00" W |
|
4 |
43° 04' 40" N |
9° 02' 40" W |
|
5 |
43° 03' 40" N |
9° 02' 40" W |
|
6 |
43° 03' 40" N |
9° 03' 40" W |
9. Este
|
Coordenadas xeográficas-ETRS 89 |
||
|
Vértices |
Latitude |
Lonxitude |
|
1 |
43° 03' 40" N |
9° 03' 00" W |
|
2 |
43° 03' 40" N |
9° 02' 40" W |
|
3 |
43° 04' 40" N |
9° 02' 40" W |
|
4 |
43° 04' 40" N |
9° 01' 20" W |
|
5 |
43° 04' 20" N |
9° 01' 20" W |
|
6 |
43° 04' 20" N |
9° 01' 40" W |
|
7 |
43° 03' 20" N |
9° 01' 40" W |
|
8 |
43° 03' 20" N |
9° 03' 00" W |
10. Alvariño
|
Coordenadas xeográficas-ETRS 89 |
||
|
Vértices |
Latitude |
Lonxitude |
|
1 |
43° 06' 40" N |
9° 05' 00" W |
|
2 |
43° 06' 40" N |
9° 03' 00" W |
|
3 |
43° 06' 00" N |
9° 03' 00" W |
|
4 |
43° 06' 00" N |
9° 04' 00" W |
|
5 |
43° 05' 40" N |
9° 04' 00" W |
|
6 |
43° 05' 40" N |
9° 05' 00" W |
11. Campo das Borrallas
|
Coordenadas xeográficas-ETRS 89 |
||
|
Vértices |
Latitude |
Lonxitude |
|
1 |
43° 08' 00" N |
9° 04' 20" W |
|
2 |
43° 08' 00" N |
9° 03' 40" W |
|
3 |
43° 07' 40" N |
9° 03' 40" W |
|
4 |
43° 07' 40" N |
9° 03' 20" W |
|
5 |
43° 07' 20" N |
9° 03' 20" W |
|
6 |
43° 07' 20" N |
9° 04' 20" W |
12. Alvarellos
|
Coordenadas xeográficas-ETRS 89 |
||
|
Vértices |
Latitude |
Lonxitude |
|
1 |
43° 01' 40" N |
9° 06' 00" W |
|
2 |
43° 01' 40" N |
9° 04' 20" W |
|
3 |
43° 00' 40" N |
9° 04' 20" W |
|
4 |
43° 00' 40" N |
9° 06' 00" W |
13. Castelo
|
Coordenadas xeográficas-ETRS 89 |
||
|
Vértices |
Latitude |
Lonxitude |
|
1 |
43° 05' 20" N |
9° 07' 00" W |
|
2 |
43° 05' 20" N |
9° 06' 20" W |
|
3 |
43° 05' 40" N |
9° 06' 20" W |
|
4 |
43° 05' 40" N |
9° 06' 00" W |
|
5 |
43° 03' 40" N |
9° 06' 00" W |
|
6 |
43° 03' 40" N |
9° 06' 40" W |
|
7 |
43° 04' 00" N |
9° 06' 40" W |
|
8 |
43° 04' 00" N |
9° 07' 00" W |
14. Mosquetín
|
Coordenadas xeográficas-ETRS 89 |
||
|
Vértices |
Latitude |
Lonxitude |
|
1 |
43° 04' 00" N |
9° 07' 00" W |
|
2 |
43° 04' 00" N |
9° 06' 40" W |
|
3 |
43° 03' 40" N |
9° 06' 40" W |
|
4 |
43° 03' 40" N |
9° 06' 00" W |
|
5 |
43° 02' 00" N |
9° 06' 00" W |
|
6 |
43° 02' 00" N |
9° 06' 40" W |
|
7 |
43° 02' 20" N |
9° 06' 40" W |
|
8 |
43° 02' 20" N |
9° 07' 00" W |
15. Foseco
|
Coordenadas xeográficas-ETRS 89 |
||
|
Vértices |
Latitude |
Lonxitude |
|
1 |
43° 02' 20" N |
9° 07' 00" W |
|
2 |
43° 02' 20" N |
9° 06' 40" W |
|
3 |
43° 02' 00" N |
9° 06' 40" W |
|
4 |
43° 02' 00" N |
9° 05' 00" W |
|
5 |
43° 01' 40" N |
9° 05' 00" W |
|
6 |
43° 01' 40" N |
9° 06' 00" W |
|
7 |
43° 00' 40" N |
9° 06' 00" W |
|
8 |
43° 00' 40" N |
9° 06' 40" W |
|
9 |
43° 01' 00" N |
9° 06' 40" W |
|
10 |
43° 01' 00" N |
9° 07' 00" W |
16. Pondal
|
Coordenadas xeográficas-ETRS 89 |
||
|
Vértices |
Latitude |
Lonxitude |
|
1 |
43° 01' 40" N |
9° 04' 20" W |
|
2 |
43° 01' 40" N |
9° 03' 40" W |
|
3 |
43° 02' 20" N |
9° 03' 40" W |
|
4 |
43° 02' 20" N |
9° 02' 40" W |
|
5 |
43° 02' 00" N |
9° 02' 40" W |
|
6 |
43° 02' 00" N |
9° 03' 00" W |
|
7 |
43° 01' 20" N |
9° 03' 00" W |
|
8 |
43° 01' 20" N |
9° 03' 20" W |
|
9 |
43° 00' 40" N |
9° 03' 20" W |
|
10 |
43° 00' 40" N |
9° 04' 20" W |
Segundo. Previamente ao inicio da súa tramitación, o promotor debe presentar no Departamento da Consellería de Economía e Industria da Coruña o certificado urbanístico para as solicitudes PI Folch, PI Castelo, PI San Leo, PI Frontino, PI Milano, PI Micavi, PI Zendal, PI Parga, PI Veneto, PI Este, PI Alvariño, PI Campo das Borrallas, PI Mosquetín, PI Foseco, PI Alvarellos e PI Pondal.
Terceiro. Admitir a trámite as solicitudes concorrentes de permiso de investigación presentadas por Refractarios Campo, S.L. e Epifanio Campo, S.L. para 6 cuadrículas mineiras sobre o dereito caducado Frades fracción 3ª núm. 6705.3, descritas no antecedente 3, coa seguinte orde de prelación:
|
Orde |
Nome do PI solicitado |
Solicitante |
|
Primeira |
Campobrick |
Epifanio Campo, S.L. |
|
Segunda |
Campo Brick |
Refractarios Campo, S.L. |
A superficie das 6 cuadrículas mineiras solicitadas está definida polas seguintes coordenadas:
|
Coordenadas xeográficas-ETRS89 |
||
|
Vértices |
Lonxitude |
Latitude |
|
1 |
8º 13’ 40’’ W |
43º 04’ 40’’ N |
|
2 |
8º 13’ 00’’ W |
43º 04’ 40’’ N |
|
3 |
8º 13’ 00’’ W |
43º 04’ 20’’ N |
|
4 |
8º 12’ 40’’ W |
43º 04’ 20’’ N |
|
5 |
8º 12’ 40’’ W |
43º 03’ 40’ N |
|
6 |
8º 13’ 20’’ W |
43º 03’ 40’’ N |
|
7 |
8º 13’ 20’’ W |
43º 04’ 20’’ N |
|
8 |
8º 13’ 40’’ W |
43º 04’ 20’’ N |
Cuarto. Admitir a trámite as solicitudes concorrentes de permiso de investigación presentadas por Refractarios Campo, S.L. e Epifanio Campo, S.L. para 3 cuadrículas mineiras sobre os dereitos caducados Frades fracción 3ª, núm. 6705.3, Frades fracción 4ª, segregación 1ª núm. 6705.4.1 e Frades fracción 4ª, segregación 2ª núm. 6705.4.2, descritas no antecedente 3, coa seguinte orde de prelación:
|
Orde |
Nome do PI solicitado |
Solicitante |
|
Primeira |
Matilde |
Epifanio Campo, S.L. |
|
Segunda |
Matilde |
Refractarios Campo, S.L. |
A superficie das 3 cuadrículas mineiras solicitadas está definida polas seguintes coordenadas:
|
Coordenadas xeográficas-ETRS89 |
||
|
Vértice |
Lonxitude |
Latitude |
|
1 |
8º 12’ 40’’ W |
43º 05’ 20’’ N |
|
2 |
8º 12’ 20’’ W |
43º 05’ 20’’ N |
|
3 |
8º 12’ 20’’ W |
43º 04’ 20’’ N |
|
4 |
8º 12’ 40’’ W |
43º 04’ 20’’ N |
Quinto. Realizar a correspondente inscrición no Rexistro de solicitudes de dereitos mineiros.
Sexto. Declarar deserto o concurso público de dereitos mineiros caducados correspondentes á provincia da Coruña para os dereitos Frades fracción 4ª, núm. 6702.4, e Proyecto Barreiro, núm. 6949, citados no anexo I da Orde do 16 de xaneiro de 2025, e declarar rexistrables os seus terreos, ao non se ter presentado ningunha solicitude sobre eles.
Sétimo. Declarar rexistrables os terreos dos dereitos mineiros caducados San Martín, núm. 6808, Bibi y John, núm. 6159, Frades fracción 4ª segregación 2ª, núm. 6705.4.1.2, Frades fracción 4ª segregación 1ª, núm. 6705.4.1.1, e Frades fracción 3ª, núm. 6705.3, respecto dos cales non se presentou ningunha solicitude.
Oitavo. Ordenar a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Economía e Industria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa última publicación no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial del Estado, consonte o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2025
A conselleira de Economía e Industria
P.D. (Orde do 4.11.2024; DOG núm. 217, do 11 de novembro)
Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Minas
