Antecedentes:
Primeiro. Mediante Orde do 27 de xaneiro de 2025, da Consellería de Economía e Industria, declaráronse francos os terreos e convocouse o concurso público relativo a dereitos mineiros caducados correspondentes á provincia de Ourense (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro, e BOE núm. 55, do 5 de marzo).
Segundo. O 19 de maio de 2025 tivo lugar o acto de constitución da mesa para a apertura e a admisión de solicitudes, en sesión ordinaria que tivo lugar ás 10.00, na Sala de Xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, coa asistencia dos membros previstos no artigo 36 da Lei 3/2008, do 23 de maio, designados na Orde do 7 de marzo de 2025.
Terceiro. Durante a realización da sesión ordinaria do 19 de maio de 2025 procedeuse á lectura do Anuncio da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, de convocatoria de concurso público de dereitos mineiros caducados na provincia de Ourense, así como a comprobación dos arquivos electrónicos denominados solicitude e sobre 1.
No Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex) constan rexistradas, segundo o certificado emitido o 6 de maio de 2025, dentro do prazo e da hora establecidas para o efecto as seguintes solicitudes sobre o dereito mineiro caducado PI Goleta número 5272 para recursos da sección C:
• Canteras Ávila, S.L. - 3 CM.
• Áridos Técnicos, S.A. - 2 CM.
• Aridos Astariz, S.A. - 3 CM.
Asemade, procédese á apertura e ao exame da documentación dos sobres 1 (documentación administrativa) das tres ofertas, e obsérvanse as seguintes deficiencias na documentación presentada:
Canteras Ávila, S.L.:
1. Documento en que conste que o poder de representación é declarado bastante por un/unha letrado/a da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia outorgado ao seu favor.
Áridos Técnicos, S.A.:
1. Documento en que conste que o poder de representación é declarado bastante por un/unha letrado/a da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia outorgado ao seu favor.
Áridos Astariz, S.A.:
1. Copia auténtica da escritura de constitución e modificación, de ser o caso, inscritas no rexistro público correspondente.
2. Documento en que conste que o poder de representación é declarado bastante por un/unha letrado/a da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia outorgado ao seu favor.
3. Documentación acreditativa de estar ao día das obrigas:
• Coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
• Cos órganos da Administración Tributaria da Comunidade Autónoma de Galicia.
• Coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
A Mesa do concurso acorda requirir a antedita documentación non presentada.
Cuarto. O 21 de maio de 2025 notifícanse os requirimentos coas deficiencias detectadas ás empresas presentadas, conforme o establecido no anexo II, base primeira 1.4 da Orde do 27 de xaneiro de 2025, da Consellería de Economía e Industria, establecéndose un prazo de 3 días hábiles para a emenda de ditos documentos.
Quinto. O 5 de xuño de 2025 reúnese novamente a Mesa do Concurso para verificar a corrección requirida aos licitadores en relación coa documentación de carácter administrativo presentada no sobre electrónico 1, constatándose que Canteras Ávila, S.L. e Áridos Técnicos, S.A. achegaron a documentación de emenda.
A empresa Áridos Astariz, S.A. non presentou a documentación requirida na base 1.4 da Orde do 27 de xaneiro de 2025, da Consellería de Economía e Industria, polo que de conformidade coa base 4.3 a Mesa acorda darlle por desistido da súa petición coa exclusión do concurso.
Sexto. O 5 de xuño de 2025 notificase a resolución da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas desa mesma data, de exclusión de Áridos Astariz do concurso mineiro da provincia de Ourense, convocado pola Orde do 27 de xaneiro de 2025, da Consellería de Economía e Industria.
Sétimo. O 6 de xuño de 2025 reúnese a Mesa do Concurso e infórmase os solicitantes que asisten dos acordos tomados en relación coa documentación do sobre 1 coa exclusión do concurso de Áridos Astariz, S.A. e procedese á apertura do sobre 2 (documentación técnica) coa lectura dos nomes dos documentos presentados polas empresas Canteras Ávila, S.L. e Áridos Técnicos, S.A.
Asemade acórdase solicitar á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas un informe técnico sobre a valoración das ofertas presentadas.
Oitavo. O 4 de xullo de 2025 realizase unha sesión da Mesa do Concurso na que se analizan as ofertas presentadas e se resolven dúbidas formuladas polo técnicos redactores do informe técnico solicitado na sesión anterior da Mesa.
Noveno. O 14 de xullo de 2025 na sesión da Mesa do Concurso, o secretario informa que os técnicos que están a elaborar o informe, solicitan un día máis para a redacción do informe que non puideron rematar debido a imprevistos laborais.
Décimo. O 15 de xullo de 2025 realizase unha nova sesión da Mesa do Concurso, na que considerando o informe de baremación técnica do 14 de xullo de 2025 no que se establece a orde de prelación das solicitudes presentadas sobre dereitos mineiros concorrentes, de acordo coa valoración obtida por las solicitudes presentadas por Áridos Técnicos, S.A. e Canteras Ávila, S.L. sobre o dereito mineiro caducado PI Goleta número 5272 para recursos da sección C, e con base na puntuación obtida conforme óos criterios de valoración do anexo III da Orde do 27 de xaneiro de 2025, a Mesa acorda por unanimidade establecer a seguinte orde de prelación:
|
Orde |
Empresa |
Puntuación criterio valoración anexo III A) |
Puntuación criterio valoración anexo III B) |
Puntuación criterio valoración anexo III C) |
Puntuación total anexo III |
|
Primeiro |
Áridos Técnicos, S.A. |
11 |
36 |
1 |
48 |
|
Segundo |
Canteras Ávila, S.L. |
10 |
4,35 |
1 |
15,35 |
Polo tanto, a Mesa de Concurso toma os seguintes acordos:
1. De conformidade co establecido na base sexta da Orde do 27 de xaneiro de 2025 procede admitir a trámite as solicitudes de permiso de investigación presentadas sobre o dereito mineiro caducado PI Goleta número 5272 para recursos da sección C, e establece a seguinte orde de prelación:
|
Orde |
Solicitante |
Puntuación |
|
Primeiro |
Áridos Técnicos, S.A. |
48 |
|
Segundo |
Canteras Ávila, S.L. |
15,35 |
2. De conformidade coa base sétima da Orde do 27 de xaneiro de 2025, procede declarar deserto o concurso para o resto dos dereitos mineiros caducados detallados no anexo I da devandita orde, e proponse declarar rexistrables os terreos ocupados polos ditos dereitos caducados.
3. O secretario da Mesa requirirá a documentación acreditativa de non incorrer nas prohibicións para contratar establecidas na lexislación reguladora dos contratos do sector público. Se a dita documentación non se achegase ou se presentase fóra de prazo, entenderase que a persoa concursante retira a súa oferta.
Décimo primeiro. O 1 de agosto de 2025 requírese a Áridos Técnicos, S.A. e a Canteras Ávila, S.L. que presenten a documentación acreditativa de non incorrer nas prohibicións para contratar.
As dúas empresas presentan unha declaración responsable de non incorrer nas prohibicións para contratar, Áridos Técnicos, S.A. o 1.8.2025 e Canteras Ávila, S.L. o 4.8.2025.
Décimo segundo. O 26 de agosto de 2025 reúnese a Mesa do Concurso e acorda a aprobación da proposta de resolución do concurso, conforme o establecido na base sétima da Orde do 27 de xaneiro de 2025.
Décimo terceiro. Con data do 29 de agosto de 2025 ten entrada no rexistro electrónico da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas a proposta elevada pola Mesa do concurso do 29 de agosto de 2025.
Consideracións legais e técnicas:
Primeiro. Consonte o establecido no artigo 36.3 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, así como na base sexta do concurso público relativo a dereitos mineiros caducados correspondentes á provincia de Ourense, corresponde á Mesa do Concurso analizar e valorar as ofertas presentadas e realizar unha proposta de resolución.
A base sétima do concurso público referido establece que, unha vez realizados os trámites referidos na base sexta, a Mesa dará traslado da súa proposta ao órgano competente, que resolverá o concurso.
Segundo. O órgano competente para resolver o concurso é a persoa titular da Consellería de Economía e Industria, consonte o disposto nos artigos 16 e 36.4 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia; competencia delegada na persoa titular Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, de acordo co artigo 11.3 da Orde do 4 de novembro de 2024 sobre delegación de competencias en diversos órganos.
Terceiro. A base sétima do dito concurso público, na liña co disposto no artigo 36.4 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, establece que a resolución ditada polo órgano competente conterá a orde de prelación para a tramitación das solicitudes concorrentes presentadas respecto dun mesmo dereito e declarará a admisión a trámite das solicitudes non concorrentes e advertirase expresamente que a tramitación das solicitudes seleccionadas quedará condicionada a que, no prazo dun mes desde a notificación da devandita resolución ás persoas concursantes seleccionadas ou, de ser posterior, desde a notificación do importe que debe ser aboado, se acredite o aboamento dos gastos que lles correspondesen de inserción desta orde de convocatoria e da publicación do resultado do concurso nos diarios oficiais, así como da taxa administrativa establecida para a tramitación da solicitude do dereito mineiro.
Os devanditos gastos serán rateados entre os solicitantes que resulten seleccionados, atendendo á superficie obxecto de solicitude.
De non se acreditar o aboamento dos gastos indicados no prazo establecido, requirirase a persoa solicitante para que, no prazo de dez días hábiles, emende a falta e acredite o aboamento, coa indicación de que, se non o fixer así, se dará por desistida da súa solicitude, logo da resolución que se dite nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e se procedera á tramitación da seguinte solicitude seleccionada consonte a orde de prelación establecida. De non existir máis solicitantes, será de aplicación o establecido na base oitava.
Así mesmo, a resolución declarará rexistrables os terreos obxecto do concurso respecto dos que non se presentase ou non fose admitida ningunha solicitude.
Cuarto. De conformidade coa base décimo primeira do concurso, o cumprimento dos compromisos e requisitos que teñan sido obxecto de valoración, unha vez admitida a trámite a solicitude por ter sido seleccionada no concurso, teñen carácter de obrigas inherentes ao outorgamento do dereito mineiro e deberán manterse durante a ulterior tramitación do procedemento de outorgamento.
Toda transmisión do dereito implicará a subrogación do novo titular en tales obrigas.
Quinto. Asemade, a base undécima do concurso establece que a selección para a admisión a trámite como consecuencia da resolución do concurso, así como o ulterior outorgamento do permiso de investigación, non eximen da obtención das autorizacións que correspondan a outros órganos, sen que en ningún caso concorra responsabilidade do órgano mineiro no suposto de non obterse.
Así mesmo, tampouco cabe responsabilidade como consecuencia de resultar seleccionada unha solicitude na resolución deste concurso, no suposto de que non chegue a obterse o permiso de investigación ou, no seu momento, a concesión derivada daquel, calquera que sexa a causa, incluídas as condicións ambientais que puidesen, se é o caso, impoñerse ou a incompatibilidade con figuras de protección doutros bens xurídicos ou con outros usos preexistentes.
De acordo co que antecede,
RESOLVO:
Primeiro. Admitir a trámite as solicitudes de Permiso de Investigación presentadas polas empresas Áridos Técnicos, S.A. e Canteras Ávila, S.L. sobre o dereito mineiro caducado PI Goleta nº 5272 para recursos da sección C, establecéndose a seguinte orde de prelación nos seguintes termos:
|
Orde |
Solicitante |
|
Primeiro |
Áridos Técnicos, S.A. |
|
Segundo |
Canteras Ávila, S.L. |
• Áridos Técnicos, S.A.: solicitou 2 cuadrículas mineiras sobre as 3 cuadrículas que configuran o dereito mineiro caducado, que se denominarán Kahtleen, definidas polas seguintes coordenadas xeográficas no sistema de referencia ETRS89:
|
Vértice |
Lonxitude |
Latitude |
|
1 |
8º 00´20” |
42º19´00” |
|
2 |
7º 59´40” |
42º19´00” |
|
3 |
7º 59´40” |
42º 18´40” |
|
4 |
8º 00´20” |
42º 18´40” |
• Canteras Ávila, S.L.: solicitou a totalidade do dereito mineiro caducado. Tendo en conta a orde de prelación anterior, admítese a trámite a cuadrícula mineira restante, que se denominará Goleta, definida polas seguintes coordenadas xeográficas no sistema de referencia ETRS89:
|
Vértice |
Lonxitude |
Latitude |
|
1 |
8º 00´00” |
42º19´20” |
|
2 |
7º 59´40” |
42º19´20” |
|
3 |
7º 59´40” |
42º 19´00” |
|
4 |
8º 00´00” |
42º 19´00” |
Segundo. Realizar a correspondente inscrición no Rexistro de solicitudes de dereitos mineiros.
Terceiro. Declarar deserto o concurso público de dereitos mineiros caducados correspondentes á provincia de Ourense para todos os demais dereitos que se citan no anexo I da Orde do 27 de xaneiro de 2025, e rexistrables os seu terreos, ao non terse presentado ningunha solicitude.
|
Tipo de dereito |
Número |
Nome |
Recursos |
Superficie |
Concello |
|
PI |
4869 |
Euroarcilla |
Arxila |
4 CM |
Xunqueira de Espadanedo |
|
PI |
4974.2 |
Katy 2ª fracción |
Lousa |
1 CM |
O Barco de Valdeorras |
|
PI |
4788.1 |
Esperanza II |
Lousa |
13 CM |
Vilamartín de Valdeorras, O Barco de Valdeorras, Petín |
|
PI |
4859 |
Cortegada |
Granito ornamental |
5CM |
Cortegada |
|
PI |
4860 |
Alemparte |
Granito ornamental |
6 CM |
O Irixo |
|
PI |
4838 |
Sela |
Granito-outros sección C |
7 CM |
O Irixo |
|
PI |
5146 |
Pena Ferreira |
Granito ornamental |
8 CM |
Vilamarín, Amoeiro |
|
PI |
4807 |
Val |
Rochas-outros sección C |
8 CM |
Amoeiro, Coles |
|
PI |
4924 |
Martinga |
Granito ornamental |
9 CM |
Vilamarín, Amoeiro, San Cristovo de Cea |
Cuarto. Ordenar a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Economía e Industria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa última publicación no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial del Estado, consonte o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2025
A conselleira de Economía e Industria
P.D. (Orde do 4.11.2024; DOG núm. 217, do 11 de novembro)
Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Minas
