DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 27 de novembro de 2025 Páx. 61099

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

ORDE do 26 de novembro de 2025 pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais no ámbito dos servizos sociais durante a folga de técnicos en coidados auxiliares de enfermaría convocada pola Unión Sindical Obrera (USO) para os días 28 e 29 de novembro de 2025.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece, como dereito fundamental da persoa, o dereito á folga. O exercicio deste dereito queda condicionado ao mantemento dos servizos esenciais definidos no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, polo que se ditan as normas para garantir a prestación dos servizos esenciais en caso de folga no ámbito da Comunidade Autónoma (Diario Oficial de Galicia núm. 116, do 20 de xuño).

O artigo 3 deste decreto faculta as persoas titulares das consellerías competentes por razón dos servizos esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga, determinen o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento de tales servizos, así como para a fixación do persoal preciso para a súa prestación, oído o Comité de Folga.

A organización sindical Unión Sindical Obrera (USO) comunicou a convocatoria de folga no sector sanitario (hospitais, centros de saúde e servizos dependentes da Administración pública e/ou concertados) en todo o territorio nacional. Na dita comunicación indícase que a folga se desenvolverá desde as 8.00 horas do día 28 de novembro de 2025 ata as 8.00 horas do día 29 de novembro de 2025.

Así pois, a necesaria conciliación entre o exercicio do dereito constitucional de folga e o mantemento dos servizos esenciais obriga esta Administración autonómica galega, de acordo coa normativa vixente, a fixar uns servizos mínimos indispensables para o funcionamento dos servizos esenciais, que se concretan nesta orde.

O exercicio do dereito de folga supera o plano das relacións entre a empresa e os/as traballadores/as para ingresar no campo do público cando a empregadora resulta ser a propia Administración pública ou se afectan os servizos esenciais respecto dos cales esta cumpre unha función de garantía. Neste sentido, a asistencia sociosanitaria no ámbito dos servizos sociais ten este carácter esencial para a comunidade.

O seguimento desta folga, sen a determinación anticipada dunha prestación mínima, podería xerar un prexuízo tanto para persoas usuarias dos servizos sociosanitarios como para as súas familias e para o persoal do centro que non a secunde.

No ámbito da Consellería de Política Social e Igualdade tómase en consideración, para determinar os servizos mínimos, a necesidade da presenza efectiva que garanta o funcionamento dos centros, tendo como referencia para os centros asistenciais o número de efectivos presentes nun día festivo, por seren estes os días en que a prestación de servizos e a realización de actividades, así como o número de usuarios, acadan os seus niveis mínimos e se limitan ao mantemento básico e esencial dos centros, o cal non pode ser desatendido. Estes servizos mínimos fixados no ámbito dos servizos sociais considéranse imprescindibles para garantir unha atención adecuada ás persoas residentes ou usuarias destes centros, máxime cando é necesario dar unha resposta inmediata ás diferentes situacións de emerxencia social.

En virtude do anterior, e de conformidade co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e no Decreto 155/1988, do 9 de xuño, polo que se ditan as normas para garantir a prestación dos servizos esenciais en caso de folga no ámbito da Comunidade Autónoma,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto

No ámbito dos servizos sociais, a folga de técnicos en coidados auxiliares de enfermaría convocada pola Unión Sindical Obrera (USO), desde as 8.00 horas do día 28 de novembro de 2025 ata as 8.00 horas do día 29 de novembro de 2025, entenderase condicionada ao mantemento dos servizos mínimos que se establecen no anexo.

Artigo 2. Designación dos efectivos

A determinación do persoal necesario con base no establecido no anexo corresponderalle á dirección da entidade titular do servizo, e a súa fixación deberá estar adecuadamente motivada.

A designación nominal dos efectivos que deben cubrir os servizos mínimos, que deberá recaer no persoal de xeito rotatorio, será determinada pola dirección respectiva e notificada aos profesionais designados.

Artigo 3. Salvagarda dos dereitos

O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga lle recoñece ao persoal nesta situación nin tampouco sobre a tramitación e os efectos das peticións que a motiven.

Disposición derradeira única. Efectos da orde

Esta orde producirá efectos o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2025

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Igualdade

ANEXO

Para a xornada de folga a que fai referencia esta orde, terán a consideración de servizos mínimos a xornada completa os que se relacionan a seguir:

– Centro de Atención a Persoas con Discapacidade da Coruña:

1 auxiliar de enfermaría en quenda de tarde.

– Residencia de Maiores Torrente Ballester da Coruña:

4 auxiliares de enfermaría en quenda de mañá.

2 auxiliares de enfermaría en quenda de tarde.

1 auxiliar de enfermaría en quenda de noite.

– Residencia de Maiores de Carballo:

1 auxiliar de enfermaría en quenda de mañá.

1 auxiliar de enfermaría en quenda de tarde.

1 auxiliar de enfermaría en quenda de noite.

– Residencia de Maiores de Ferrol:

9 auxiliares de enfermaría en quenda de mañá.

6 auxiliares de enfermaría en quenda de tarde.

2 auxiliares de enfermaría en quenda de noite.

– Residencia Asistida de Maiores de Oleiros:

35 auxiliares de enfermaría en quenda de mañá.

21 auxiliares de enfermaría en quenda de tarde.

8 auxiliares de enfermaría en quenda de noite.

– Residencia de Maiores da Pobra do Caramiñal:

1 auxiliar de enfermaría en quenda de mañá.

1 auxiliar de enfermaría en quenda de tarde.

1 auxiliar de enfermaría en quenda de noite.

– Residencia de Maiores de Santiago de Compostela (Porta do Camiño):

2 auxiliares de enfermaría en quenda de mañá.

1 auxiliar de enfermaría en quenda de tarde.

1 auxiliar de enfermaría en quenda de noite.

– Residencia Asistida de Maiores Volta do Castro:

18 auxiliares enfermaría en quenda de mañá.

12 auxiliares enfermaría en quenda de tarde.

4 auxiliares enfermaría en quenda de noite.

– Residencia de Maiores de Burela:

12 auxiliares de enfermaría en quenda de mañá.

8 auxiliares de enfermaría en quenda de tarde.

2 auxiliares de enfermaría en quenda de noite.

– Residencia de Maiores de Monforte de Lemos:

1 auxiliar de enfermaría en quenda de noite.

1 auxiliar de enfermaría en quenda de mañá.

1 auxiliar de enfermaría en quenda de tarde.

– Residencia de Maiores A Milagrosa:

2 auxiliares de enfermaría en quenda de mañá.

1 auxiliar de enfermaría en quenda de tarde.

1 auxiliar de enfermaría en quenda de noite.

– Residencia de Maiores As Gándaras:

14 auxiliares de enfermaría en quenda de mañá.

11 auxiliares de enfermaría en quenda de tarde.

3 auxiliares de enfermaría en quenda de noite.

– Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Sarria:

22 auxiliares de enfermaría en quenda de mañá.

20 auxiliares de enfermaría en quenda de tarde.

6 auxiliares de enfermaría en quenda de noite.

– Residencia do Carballiño para maiores con autonomía:

1 auxiliar de enfermaría en quenda de mañá.

1 auxiliar de enfermaría en quenda de tarde.

1 auxiliar de enfermaría en quenda de noite.

– Residencia de Maiores Nosa Señora dos Milagres:

12 auxiliares de enfermaría en quenda de mañá.

10 auxiliares de enfermaría en quenda de tarde.

3 auxiliares de enfermaría en quenda de noite.

– Residencia de Maiores de Castro Caldelas:

1 auxiliar de enfermaría en quenda de mañá.

1 auxiliar de enfermaría en quenda de tarde.

1 auxiliar de enfermaría en quenda de noite.

– Residencia de Maiores de Pontevedra:

6 auxiliares de clínica en quenda de mañá.

5 auxiliares de clínica en quenda de tarde.

2 auxiliares de clínica en quenda de noite.

– Residencia de Maiores da Estrada:

1 auxiliar de clínica en quenda de mañá.

1 auxiliar de clínica en quenda de tarde.

1 auxiliar de clínica en quenda de noite.

– Residencia de Maiores de Marín:

2 auxiliares de clínica en quenda de mañá.

1 auxiliar de clínica en quenda de tarde

1 auxiliar de clínica en quenda de noite.

– Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes (CRAPD) Vigo I:

43 auxiliares de clínica en quenda de mañá.

31 auxiliares de clínica en quenda de tarde.

8 auxiliares de clínica en quenda de noite.

– Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes (CRAPD) Vigo II:

11 auxiliares de clínica en quenda de mañá.

8 auxiliares de clínica en quenda de tarde.

3 auxiliares de clínica en quenda de noite.

– Centro de Atención a Persoas con Discapacidades de Redondela:

24 auxiliares de clínica en quenda de mañá.

19 auxiliares de clínica en quenda de tarde.

6 auxiliares de clínica en quenda de noite.