DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 27 de novembro de 2025 Páx. 61118

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se procede á anotación no Censo do Patrimonio Cultural de Galicia de varias embarcacións tradicionais.

A Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do artigo 149.1.28 da Constitución española e segundo o disposto no artigo 27 do Estatuto de autonomía, asume a competencia exclusiva en materia de patrimonio cultural. En exercicio desta, apróbase a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (DOG núm. 92, do 16 de maio), en diante, LPCG.

O título V da LPCG regula o patrimonio cultural inmaterial de Galicia, co fin de salvagardalo mediante distintas medidas dirixidas a garantir a súa visibilidade, como a identificación, a documentación, a investigación, a preservación, a protección, a promoción, a valorización, a transmisión e a revitalización deste patrimonio nos seus distintos aspectos.

O Decreto 52/2019, do 9 de maio, polo que se declaran ben de interese cultural as técnicas construtivas da carpintaría de ribeira (DOG núm. 99, do 27 de maio), en diante, Decreto 52/2019, declara ás técnicas construtivas da carpintaría de ribeira como unha manifestación inmaterial do patrimonio cultural de Galicia. Este decreto establece, no seu anexo II, as medidas de salvagarda para as técnicas construtivas da carpintaría de ribeira, entre as que se atopa o Censo de embarcacións tradicionais e barcos históricos de Galicia.

Antecedentes:

1. Na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural entraron trece solicitudes de anotación de embarcacións tradicionais no Censo de embarcacións tradicionais e barcos históricos de Galicia, como manifestación das técnicas construtivas da carpintaría de ribeira.

2. No Servizo de Inventario abríronse os correspondentes expedientes administrativos, que están completos, e nos que constan os informes dos mestres carpinteiros de ribeira e da Asociación Galega de Carpintería de Ribeira, que conclúen que as trece embarcacións poden ser consideradas como embarcacións tradicionais galegas.

3. Na data do 20.10.2025 reúnese o órgano de xestión para as medidas de salvagarda das técnicas construtivas da carpintaría de ribeira, e acorda recoñecer como embarcacións tradicionais galegas as seguintes:

Nome da embarcación

Folio

Núm. expte.

servizo inventario

Mariñeira

7ª VILL-1-3-95

SI-2024-0208.CLA

A Feituca

7ª VI-5-180-98

SI-2024-0263.CLA

San Pedro

7ª VILL-4-3-12

SI-2024-0368.CLA

Lagoas

7ª VI-3-21-95

SI-2025-0132.CLA

Mareira I

7ª VI-3-3-22

SI-2025-0135.CLA

Eliseo

7ª VILL-3-83-05

SI-2025-0137.CLA

Os Galos

7ª VI-3-1-02

SI-2025-0139.CLA

Vila de Bueu

7ª VI-3-4-18

SI-2025-0140.CLA

Pescadoira

SI-2025-0143.CLA

Xurxiño

7ª CO-2-1-13

SI-2025-0144.CLA

Primer José

7ª VI-3-18-95

SI-2025-0160.CLA

Boaventura

7ª VILL-4-23-07

SI-2025-0247.CLA

Sikamontes

7ª VILL-4-22-91

SI-2025-0248.CLA

Consideracións xurídicas:

1. A competencia para resolver este expediente corresponde ao director xeral de Patrimonio Cultural, segundo o artigo 14 do Decreto 146/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude (DOG núm. 101, do 27 de maio).

2. O artigo 14 da LPCG regula o Censo do Patrimonio Cultural e o seu punto terceiro establece o seguinte: «A inclusión dun ben no Censo do patrimonio cultural non determinará a necesidade de autorización administrativa previa para as intervencións sobre o dito ben. O Censo servirá como elemento de referencia para a emisión dos informes que sexan competencia da consellaría competente en materia de patrimonio cultural. Así mesmo, servirá como instrumento complementario para os responsables da xestión sustentable dos recursos culturais, a ordenación do territorio e o desenvolvemento económico».

3. O artigo 91.1 da LPCG define o patrimonio etnolóxico protexido legalmente do seguinte xeito: «Para os efectos desta lei, integran o patrimonio etnolóxico de Galicia os lugares, os bens mobles ou inmobles, as expresións, así como as crenzas, coñecementos, actividades e técnicas transmitidas por tradición, que se consideren relevantes ou expresión testemuñal significativa da identidade, a cultura e as formas de vida do pobo galego ao longo da historia».

As técnicas construtivas da carpintaría de ribeira constitúen pois manifestacións inmateriais dese patrimonio etnolóxico obxecto de protección, e o seu réxime xurídico complétase co Decreto 52/2019 polo que se declaran ben de interese cultural.

4. O Decreto 52/2019 establece no punto 2 do seu anexo II o seguinte: «Para o coñecemento e a difusión das embarcacións que teñan a consideración de embarcación tradicional galega e dos barcos históricos de Galicia, así como para promover outras medidas de fomento para a súa conservación e protección, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural xestionará un Censo de embarcacións tradicionais e barcos históricos de Galicia, de rexistro voluntario, no cal as embarcacións serán anotadas, despois do informe do órgano de xestión ou os informes técnicos que correspondan, que avaliará a antigüidade, a autoría ou a correspondencia cos modelos tipolóxicos. O devandito censo, entendido como unha sección do Censo do patrimonio cultural, conterá información sobre a súa denominación, a súa tipoloxía, os datos descritivos e dimensionais básicos e a localización do seu porto habitual».

Así pois, as embarcacións tradicionais relacionadas no ordinal terceiro do punto de Antecedentes desta resolución, á vista dos informes que constan nos respectivos expedientes administrativos, e segundo o acordo acadado polo Órgano de xestión para as medidas de salvagarda das técnicas construtivas da carpintaría de ribeira, na súa xuntanza de data 20.10.2025, reúnen os requisitos para a súa inclusión no Censo do patrimonio cultural de Galicia.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Anotar no Censo do patrimonio cultural de Galicia, na sección Censo de embarcacións tradicionais e barcos históricos de Galicia, as embarcacións relacionadas no ordinal terceiro da presente resolución, cuxas descricións figuran no anexo I.

Segundo. Ordenar a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificar esta resolución ás persoas interesadas.

Cuarto. Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Lingua e Universidade no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2025

Ángel Miramontes Carballada
Director xeral de Patrimonio Cultural

ANEXO I

Descrición dos bens

Denominación embarcación

Indicativo de matrícula

Categoría

Tipoloxía

Datos descritivos e dimensionais básicos

Ano de construción

Mariñeira

7ª VILL-1-3-95

Embarcación tradicional galega

Dorna polbeira

Ten unha dimensión de 4,2 de eslora; 1,60 de manga; e 0,50 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 0,30 T.R.B.

1912

A Feituca

7ª VI-5-180-98

Embarcación tradicional galega

Dorna polbeira

Ten unha dimensión de 3,70 de eslora; 1,50 de manga; e 0,50 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 0,74 T.R.B.

1981

San Pedro

7ª VILL-4-3-12

Embarcación tradicional galega

Galeón

Ten unha dimensión de 10,29T de eslora; 3,27 de manga; e 1,25 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 9,31 T.R.B.

1972

Lagoas

7ª VI-3-21-95

Embarcación tradicional galega

Bote polbeiro de Bueu

Ten unha dimensión de 4,00 de eslora; 1,80 de manga; e 0,60 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 1,20 T.R.B.

1995

Mareira I

7ª VI-3-3-22

Embarcación tradicional galega

Dorna de media construción

Ten unha dimensión de 5,6L de eslora; 2,13 de manga; e 0,79 de puntal.

2025

Eliseo

7ª VILL-3-83-05

Embarcación tradicional galega

Galeón

1908

Os Galos

7ª VI-3-1-02

Embarcación tradicional galega

Bote polbeiro de Bueu

Ten unha dimensión de 5,80 de eslora; 2,00 de manga; e 0,80 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 2,60 T.R.B.

2002

Vila de Bueu

7ª VI-3-4-18

Embarcación tradicional galega

Bote polbeiro de Bueu

Ten unha dimensión de 4,70 (T) de eslora; 2,00 de manga; e 0,60 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 1,98 T.R.B.

2018

Pescadoira

Embarcación tradicional galega

Traiñeira

Ten unha dimensión de 7,00 de eslora; 1,65 de manga; e 0,70 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 0,9 T.R.B.

2003

Xurxiño

7ª CO-2-1-13

Embarcación tradicional galega

Bote polbeiro de Bueu

Ten unha dimensión de 5,2T de eslora e 2,05 de manga. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 2,30 T.R.B.

2017

Primer José

7ª VI-3-18-95

Embarcación tradicional galega

Bote

Ten unha dimensión de 4,55T de eslora; 1,92 de manga; e 0,69 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 1,62 T.R.B.

1915

Boaventura

7ª VILL-4-23-07

Embarcación tradicional galega

Dorna cordeleira

Ten unha dimensión de 4,65T de eslora; 1,71 de manga; e 0,69 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 0,69 G.T.

1993

Sikamontes

7ª VILL-4-22-91

Embarcación tradicional galega

Dorna cordeleira

Ten unha dimensión de 4,9T de eslora; 1,95 de manga; e 0,67 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 0,77 T.R.B.

1982