DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 28 de novembro de 2025 Páx. 61418

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias, convocado pola Resolución do 11 de maio de 2023, e se convoca o acto telemático de elección de destino.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 29 de agosto de 2025 (Diario Oficial de Galicia núm. 172, do 8 de setembro), habilitouse o prazo de dez (10) días hábiles para que as persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias, convocado pola Resolución do 11 de maio de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 98, do 25 de maio), presentasen a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos da convocatoria.

A base novena da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 11 de maio de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 98, do 25 de maio) pola que se convoca o proceso selectivo referido, dispón que as persoas aspirantes que, dentro do prazo fixado, non presenten a documentación ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos para participar neste proceso selectivo non poderán ser nomeadas persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

A mesma base establece que, comprobada a documentación de todas as persoas aspirantes, a Dirección Xeral de Recursos Humanos publicará no Diario Oficial de Galicia a relación de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas e indicará o prazo e o procedemento para a elección dos destinos ofertados.

En virtude do exposto, comprobada a documentación das persoas aspirantes e finalizados os prazos de impugnación administrativa, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. En cumprimento da base 9.4 da Resolución do 11 de maio de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo, polo sistema de concurso, excluír do proceso selectivo, polo que quedan anuladas as súas actuacións e decaen en todos os dereitos derivados da participación no mencionado proceso selectivo, as seguintes persoas aspirantes por non presentaren, dentro do prazo fixado, a documentación preceptiva exixida:

Quenda

DNI

Apelidos e nome

LI

***1045**

CANSECO SUAREZ, XAVIER

LI

***8048**

CASTIÑEIRA PEREZ, SANDRA

LI

***4133**

GARCIA CARABALLO, RUBEN

PI

***1477**

MATIAS GONZALEZ, EVA

LI

***1580**

MOLANO ZARATE, RUBEN EDUARDO

PI

***6608**

SANCHEZ BLANCO, BEATRIZ

LI

***3236**

VAZQUEZ ZABALLOS, JOSE MARIA

Segundo. Como consecuencia do decaemento no proceso selectivo das persoas aspirantes relacionadas no punto anterior desta resolución, procede declarar como novas persoas aspirantes seleccionadas, na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias, pola quenda correspondente, logo de achegar a documentación exixida na base 9.3 da Resolución do 11 de maio de 2023, de convocatoria do proceso selectivo, as persoas aspirantes que se relacionan a seguir:

Quenda

DNI

Apelidos e nome

LI

***6641**

COUTINHO DOS SANTOS, ANTAO JORGE

LI

***1141**

DOMINGUEZ FERNANDEZ, RUBEN

LI

***1732**

MARIÑO DIAZ, MARIA AMPARO

PI

***6508**

VIÑAS MARTINEZ, DANIEL

Terceiro. Publicar, como anexo I desta resolución, a relación das persoas aspirantes seleccionadas neste proceso para o ingreso na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, se deberá seguir para os efectos da adxudicación de destino.

Segundo o establecido na base 9.6 da resolución de convocatoria do proceso, as prazas adxudicaranse entre as persoas aspirantes pola orde de puntuación obtida no proceso, con preferencia a favor das persoas aspirantes que accederon pola quenda de promoción interna e segundo a prelación de destino/s que efectuasen, que terá carácter vinculante e irrenunciable.

Cuarto. A relación de prazas que se lles ofertan ás persoas definitivamente seleccionadas no proceso figuran como anexo I da corrección de erros da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 11 de maio de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 99, do 26 de maio.

Quinto. Abrir un prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte hábil ao desta publicación, para que todas as persoas aspirantes que figuren no anexo I seleccionen telematicamente, a través do sistema de información Fides/expediente-e, os destinos ofertados por orde de prelación entre a relación de prazas ofertadas.

No procedemento de selección de destinos resultarán de aplicación as bases aprobadas pola Resolución desta dirección do 28 de maio de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 109, do 5 de xuño).

As persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo que, no prazo indicado e conforme o procedemento establecido, non seleccionen ningún destino ou non resulten adxudicatarias de ningún daqueles polos cales optasen non poderán ser nomeadas persoal estatutario fixo e quedarán sen efecto todas as súas actuacións neste proceso.

Sexto. Segundo o que establece a base 10.3 da convocatoria, a non incorporación ao servizo activo no destino adxudicado e no prazo establecido sen causa xustificada, sobrevida á solicitude de participación no concurso ou de forza maior, impedirá a perfección do nomeamento e a adquisición da condición de persoal estatutario fixo da persoa aspirante, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións neste proceso selectivo.

A resolución pola que se convoca este proceso selectivo ditouse en execución da Lei 2/2022, do 6 de outubro, de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario con título de especialista en Ciencias da Saúde do Servizo Galego de Saúde, polo que, con base no que establecen o artigo 20.3 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, así como o artigo 2 da referida Lei 2/2022, do 6 de outubro, se impón o máximo rigor na exixencia da incorporación efectiva ao servizo como requisito para adquirir a condición de persoal estatutario fixo, ao preverse expresamente no dito artigo que o persoal seleccionado nos concursos que se executen en aplicación desa norma legal deberá incorporarse de modo efectivo e permanente ao servizo activo, no destino adxudicado, para adquirir a condición de persoal estatutario fixo.

Tras adquirir esa condición de persoal estatutario fixo, poderá participar nos concursos de traslados da súa categoría e especialidade, ou nos sistemas de promoción interna ou provisión de prazas doutra categoría e/ou especialidade, cando cumpra os requisitos comúns e acredite dous anos de permanencia na situación de servizo activo no centro elixido e adxudicado como destino no concurso.

Aquelas persoas seleccionadas neste proceso que tomen posesión na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias serán excluídas dos procesos de selección temporal en que estean inscritas no Servizo Galego de Saúde.

Respecto aos procesos de selección de persoal fixo na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias xa convocados e nos cales estean participando, en concreto o concurso-oposición convocado pola Resolución do 23 de setembro de 2025 (Diario Oficial de Galicia núm. 188, do 30 de setembro), serán excluídas deste proceso no momento en que, como consecuencia da resolución deste concurso de méritos, tomen posesión da praza na dita categoría, dado que non se pode acceder posteriormente á mesma categoría/especialidade en que xa acredita a condición de persoal fixo.

Sétimo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2025

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Aspirantes seleccionadas/os

Médico/a de urxencias hospitalarias

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Valoración galego

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

***4858**

CAMBA MATOS, SANDRA

PI

5,000

13,000

5,440

4,000

27,440

2

***6508**

VIÑAS MARTINEZ, DANIEL

PI

5,000

8,355

0,000

1,000

14,355

3

***6199**

GONZALEZ MARTOS, URSULA MARIA

LI

5,000

12,610

22,000

4,000

43,610

4

***5424**

ABAD CIVES, MARIA LAURA

LI

5,000

12,000

21,600

3,740

42,340

5

***7381**

RODRIGUEZ FERNANDEZ, CRISTINA

LI

5,000

12,080

22,000

2,800

41,880

6

***7251**

ALVAREZ-BUYLLA FALCES, MARTA

LI

5,000

12,080

19,200

2,800

39,080

7

***1732**

MARIÑO DIAZ, MARIA AMPARO

LI

1,250

10,803

22,000

2,800

36,853

8

***6641**

COUTINHO DOS SANTOS, ANTAO JORGE

LI

0,875

12,000

21,200

1,500

35,575

9

***1141**

DOMINGUEZ FERNANDEZ, RUBEN

LI

5,000

12,100

12,400

4,000

33,500

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.