DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 1 de decembro de 2025 Páx. 61714

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 21 de novembro de 2025 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 16 de outubro de 2025 (código do posto PR.C99.40.000.36560.001).

Mediante a Orde do 16 de outubro de 2025, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 206, do 24 de outubro de 2025, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nos artigos 25 a 28 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, aprobado polo Decreto 151/2022, do 4 de agosto, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á funcionaria cuxos datos se sinalan no anexo I desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria realizada mediante a Orde do 16 de outubro de 2025

Segundo. O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo praza efectuarase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do día seguinte ao do cesamento se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes, de conformidade co establecido no artigo 8.1 do Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, aprobado polo Decreto 151/2022, do 4 de agosto.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, fosen concedidos á persoa interesada. Nos supostos de incapacidade temporal, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa o persoal funcionario, así como a daquel en que obteña praza, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, que serán trasladadas á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contado a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2025

Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANEXO I

Apelidos e nome: Feijóo Penela, María del Carmen.

DNI: ***5977**.

Grupo: A1.

Posto de traballo: Xefatura do Servizo de Xestión Técnico-Administrativa.

Código do posto: PR.C99.40.000.36560.001.

Nivel: 28.

Centro directivo ou dependencia: Edificio Administrativo de Vigo.

Localidade: Vigo.

* O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.