En sesión que tivo lugar o 18 de novembro de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 25 de abril de 2025 (DOG núm. 83, do 2 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidade de enxeñaría técnica forestal, convocado pola Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro), en relación co segundo exercicio,
ACORDOU:
Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.2.10 da resolución de convocatoria, e de acordo cos criterios de corrección publicados, superaron o segundo exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación de quince (15) puntos.
Segundo. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidade de enxeñaría técnica forestal, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal
Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da orde de convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto. De conformidade coa base II.1.1.3 da orde de convocatoria, respecto ao terceiro exercicio, estarán exentas da súa realización as persoas aspirantes que acrediten, no prazo de dez (10 días) hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia deste acordo, o Celga 4 ou o título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).
Para estes efectos, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal publicará no portal web corporativo, xunta.gal/funcion-publica, unha listaxe de persoas aspirantes que están exentas de realizar o exame de galego por telo debidamente acreditado no seu expediente electrónico persoal.
Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2025
Ángeles Vidal Ruiz
Presidenta do tribunal
