Unha vez examinado o expediente de solicitude de clasificación da Fundación Nuva, Nuevos Valores con domicilio na rúa Urbano Lugrís, número 6, Oleiros (A Coruña), resultan os seguintes feitos e consideracións legais:
Feitos:
1. O 1 de agosto de 2025, Rafael Valcarce Baiget, presidente do padroado da Fundación, presentou solicitude de clasificación, declaración de interese galego e a súa correspondente inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.
2. A Fundación Nuva, Nuevos Valores constitúea a entidade Global Díez, S.L., representada polo seu administrador Rafael Valcarce Baiget, mediante escritura pública outorgada o 14 de xullo de 2025, ante o notario de Oleiros (A Coruña) Rafael Benzo Sainz, co número de protocolo 2.369.
Logo do requirimento do 3 de setembro de 2025, a Fundación emenda a escritura de constitución mediante outra escritura outorgada o 2 de outubro de 2025, na mesma localidade e ante o mesmo notario da anterior, co número 3.165 do seu protocolo.
3. A Fundación, consonte o artigo 7 dos seus estatutos, ten por obxecto: «fomentar a educación superior de estudantes que, demostrando excelencia académica nos seus estudos universitarios, proveñan de familias con recursos económicos limitados. Para lograr este obxectivo, a Fundación proporcionará bolsas, axudas económicas, programas de intercambio, asesoramento académico e outras actividades que contribúan á formación integral dos beneficiarios, tanto nacionais como estranxeiros».
4. O padroado inicial da Fundación está formado por Rafael Valcarce Baiget, como presidente; Joaquín Garma Castro, como vicepresidente; José Manuel González Casas, como secretario; e María Antonia Delgado Fernández Moure, como vogal.
5. A Comisión integrada polos secretarios xerais de todas as consellerías eleva ao conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes proposta de clasificación como de interese educativo da Fundación Nuva, Nuevos Valores, con base nas materias que constitúen o seu obxecto fundacional.
6. Na escritura de constitución consta a identidade dos fundadores, a dotación inicial, os estatutos e a identificación dos membros do padroado.
7. De conformidade co artigo 51 do Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento de fundacións de interese galego, e segundo proposta da Comisión de Secretarios Xerais, procede a súa clasificación como de interese educativo e a súa adscrición á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Consideracións legais:
1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26 do Estatuto de autonomía de Galicia establece competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.
2. A escritura de constitución da Fundación contén os datos exixidos na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.
3. Consonte o artigo 7 do Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego, correspóndelle a esta Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a clasificación da Fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá as funcións de protectorado.
De conformidade co exposto, e considerando que se cumpren as condicións establecidas pola normativa vixente en materia de fundacións de interese galego, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de secretarios xerais na súa reunión do día 25 de novembro de 2025.
DISPOÑO:
Clasificar de interese educativo a Fundación Nuva, Nuevos Valores, adscribíndoa ao protectorado da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, consonte o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; podéndose interpoñer no prazo dun mes, previamente e con carácter potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, de conformidade co artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2025
Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
