O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 1 de decembro de 2025, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
1. Aprobar o Plan especial de protección civil ante o risco sísmico en Galicia, Sismigal, que pasa a denominarse Plan especial de protección civil ante o risco de terremotos en Galicia, Sismigal.
2. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
3. Deixar sen efecto o Plan especial de protección civil ante o risco sísmico en Galicia, Sismigal, aprobado polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de marzo de 2009, e publicado mediante a Resolución do 2 de agosto de 2010 (DOG núm. 153, do 11 de agosto).
Para dar cumprimento ao punto 2 do devandito acordo,
RESOLVO:
Proceder á publicación do Plan especial de protección civil ante o risco sísmico en Galicia, Sismigal, no enderezo da páxina web https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/plans-de-emerxencia
O mencionado plan estará dispoñible na sede da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, así como nas dependencias dos servizos de Emerxencias dos departamentos territoriais.
Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2025
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior
