Examinado o expediente iniciado por solicitude de Greenalia Wind Power Coto Muíño, S.L.U. en relación coas autorizacións administrativas previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico Coto Muíño e a súa liña de evacuación, constan os seguintes
Antecedentes de feito.
Primeiro. O 11.4.2019, Greenalia Wind Power Coto Muíño, S.L.U. presentou a solicitude de autorización administrativa de instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación para o proxecto denominado parque eólico Coto Muíño, así como a súa declaración de utilidade pública, en concreto, ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.
Segundo. O 19.7.2019, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas, unha vez verificado o cumprimento dos requisitos de capacidade do solicitante e revisada a solicitude de acordo cos artigos 30 e 31 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, comunicoulle á promotora o prazo para o pagamento da taxa de autorización administrativa e continuar así coa tramitación.
Terceiro. O 26.11.2020, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe de referencia do artigo 33.5 da Lei 8/2009, na súa redacción vixente nesa data, no cal se indica que os aeroxeradores cumpren a distancia mínima de 500 metros regulada no punto 3.1 do Psega respecto das delimitacións dos núcleos rurais, solo urbano e solo urbanizable, e no cal se recollen os organismos que deberán emitir un informe para a aprobación definitiva do proxecto sectorial.
Cuarto. O 18.1.2021, a promotora presentou unha solicitude de modificación substancial do parque eólico. Esta modificación substancial foi admitida a trámite o 23.11.2021.
Quinto. O 21.12.2021, a promotora presentou unha nova solicitude de modificación substancial do parque eólico, debido ao cambio do punto de conexión á rede de transporte, así como da capacidade de acceso, quedando limitada a potencia a 19,27 MW. O 18.1.2022 achegou a relación de bens e dereitos afectados actualizada.
Esta modificación substancial foi admitida a trámite o 10.6.2022.
Sexto. O 15.6.2022, e para os efectos de obter o informe a que fai referencia o artigo 33.7 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, esta dirección xeral solicitou o dito informe ao órgano competente en materia de ordenación do territorio.
Sétimo. O 5.7.2022, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe de referencia do artigo 33.7 da Lei 8/2009, onde se indica que os aeroxeradores cumpren a distancia mínima de 500 metros a núcleos de poboación.
Oitavo. O 30.9.2022, esta dirección xeral remitiulle a documentación técnica da modificación substancial do proxecto do parque eólico Coto Muíño á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña para a continuación da tramitación, de acordo co previsto no artigo 33.9 da Lei 8/2009.
Noveno. Mediante o Acordo do 17.11.2022, da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, sometéronse a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto parque eólico Coto Muíño, nos concellos de Vimianzo e Zas (A Coruña).
O dito acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia e no xornal La Voz de Galicia, ambos do 25.11.2022. Así mesmo, permaneceu exposto ao público nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados (Vimianzo e Zas), e nas dependencias da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xefatura Territorial da Coruña, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública. Así mesmo, o dito acordo estivo exposto no portal web da dita consellería.
Durante o trámite de información pública, así como durante a tramitación do expediente presentáronse alegacións, as cales foron remitidas e contestadas pola promotora.
Décimo. Durante a tramitación do procedemento, e de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a Xefatura Territorial da Coruña remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos e empresas de servizo público e de servizos de interese xeral: Augas de Galicia (Confederación Hidrográfica de Galicia-Costa), Axencia Galega de Infraestruturas, Deputación Provincial da Coruña, Naturgy Iberia, S.A., Norvento, S.L.U., Red Eléctrica de España, S.A., Orange España, S.A.U., Telefónica España, S.A., Vodafone España, S.A.U., Unión Fenosa Distribución Electricidad, S.A., Redes de Telecomunicación Galegas (Retegal, S.A.), Retevisión (Cellnex Telecom, S.A.), Concello de Vimianzo e Concello de Zas.
A continuación, relaciónanse os organismos que emitiron, nas datas que se indican, os correspondentes condicionados técnicos: Augas de Galicia (Confederación Hidrográfica de Galicia-Costa), o 13.1.2023; Axencia Galega de Infraestruturas, o 8.3.2023; Red Eléctrica de España, S.A., o 7.7.2023; Orange España, S.A.U., o 24.5.2023; Telefónica España, S.A., o 16.5.2023; Norvento, S.L.U., o 10.1.2023, o 5.5.2023, o 7.7.2023, o 23.11.2023 e o 16.1.2024; Unión Fenosa Distribución Electricidad, S.A., o 5.1.2023; Redes de Telecomunicación Galegas (Retegal, S.A.), o 17.12.2022; Retevisión (Cellnex Telecom, S.A.) o 28.12.2022.
Retevisión I, S.A.U., no seu condicionado, fai constar que se producirán leves afectacións nos servizos de difusión do sinal de televisión que presta Retevisión e que non desexa manifestar oposición ao dito proxecto, sen prexuízo de requirir o compromiso da promotora de solucionar as posibles deficiencias que na recepción do sinal de televisión se poidan producir unha vez construído o parque eólico. Con data do 13.1.2023 a promotora prestou a súa conformidade ao dito condicionado.
No que respecta aos condicionados emitidos por Norvento, S.L.U. cómpre aclarar que, tal e como se recolle nos antecedentes de feito vixésimo cuarto e vixésimo quinto desta resolución, o 24.10.2025 e o 29.10.2025 a promotora achegou os acordos acadados coa mencionada sociedade, así como, no que respecta ás infraestruturas de evacuación comúns, cos demais promotores interesados.
En relación cos demais condicionados emitidos, a promotora prestou a súa conformidade ou deu resposta a estes.
Respecto ao resto de condicionados solicitados, e de acordo co establecido no artigo 33.14 da Lei 8/2009, o prazo para a súa emisión será dun mes desde a recepción da solicitude. De non se recibiren estes condicionados en prazo, entenderase a conformidade co proxecto, e continuarase a tramitación do procedemento.
Décimo primeiro. O 4.1.2023 recibiuse da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal o certificado emitido polo Servizo de Montes da Coruña en relación cos aproveitamentos forestais afectados polo parque eólico. Neste certificado non se recollen montes públicos demaniais ou patrimoniais, montes xestionados pola Consellería do Medio Rural con consorcio ou convenio, nin montes veciñais en man común.
Décimo segundo. O 9.3.2023, o Consello da Xunta de Galicia acordou declarar iniciativa empresarial prioritaria o proxecto do parque eólico Coto Muíño e mediante a Resolución do 28 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, declarouse a tramitación de urxencia dos procedementos administrativos correspondentes ao parque eólico.
Décimo terceiro. Con respecto ao estudo de impacto ambiental, solicitáronse informes aos seguintes organismos: Augas de Galicia (Confederación Hidrográfica de Galicia-Costa), Axencia de Turismo de Galicia, Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático), Dirección Xeral de Defensa do Monte, Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Dirección Xeral de Saúde Publica, Instituto de Estudos do Territorio, Concello de Vimianzo e Concello de Zas.
Cumprida a tramitación ambiental, o 13.2.2024, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático formulou a declaración de impacto ambiental (DIA) relativa ao parque eólico, que se fixo pública polo Anuncio do 14 de febreiro de 2024, da dita dirección xeral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (DOG núm. 41, do 27 de febreiro).
Décimo cuarto. Con data do 25.3.2024, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais requiriulle á promotora a documentación técnica refundida, resultante dos diversos condicionados técnicos e alegacións realizadas polos distintos organismos durante a tramitación do expediente, así como a declaración responsable relativa ás afeccións do parque eólico.
Décimo quinto. Con data do 18.4.2024, Greenalia Wind Power Coto Muíño, S.L.U. remitiulle a esta dirección xeral o proxecto de execución refundido denominado Proxecto de execución do parque eólico Coto Muíño, nos termos municipais de Vimianzo e Zas (A Coruña). Abril 2024, asinado o 17.4.2024 pola enxeñeira de Minas María Moreno Martínez e visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas do Noroeste o 18.4.2024 (folio 18, asento 135), así como o documento denominado Anexo 12. Proxecto técnico da LAT 66 kV evacuación do parque eólico Coto Muíño. Outubro 2022, asinado o 20.10.2022 polo enxeñeiro técnico industrial Sergio Rodríguez Rodríguez. Asemade, a promotora achegou a declaración responsable de afeccións, a declaración responsable prevista no artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e o arquivo shape coa configuración do parque eólico.
Décimo sexto. Con data do 18.6.2024, a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático requiriulle á promotora a autorización da Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA). Coa mesma data, a promotora achegou a autorización emitida por AESA o 30.5.2024.
Décimo sétimo. O 19.7.2024, o Departamento Territorial da Coruña da Consellería Medio Ambiente e Cambio Climático emitiu informe técnico, para os efectos do disposto no artigo 33.16 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, para o proxecto técnico achegado pola promotora o 18.4.2024 a que se fai referencia no antecedente de feito décimo quinto. Segundo se recolle no propio informe, este proxecto inclúe como Anexo 12 o Proxecto técnico da LAT 66 kV evacuación do parque eólico Coto Muíño. Outubro 2022, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Sergio Rodríguez Rodríguez.
Décimo oitavo. O 11.6.2025, para dar cumprimento aos condicionados establecidos na declaración de impacto ambiental e no informe emitido pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural o 28.11.2023, Greenalia Wind Power Coto Muíño, S.L.U. presentou un novo proxecto refundido denominado Proxecto de execución do parque eólico Coto Muíño, nos termos municipais de Vimianzo e Zas (A Coruña). Maio 2025, asinado o 3.6.2025 pola enxeñeira de minas María Moreno Martínez e visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas do Noroeste o 5.6.2025. Este proxecto inclúe como Anexo 12 o Proxecto técnico da LAT 66 kV evacuación do parque eólico Coto Muíño. Outubro 2022, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Sergio Rodríguez Rodríguez.
Asemade, a promotora achegou a declaración responsable de afeccións, a declaración responsable prevista no artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, e o arquivo shape da configuración final do parque eólico.
Así mesmo, inclúen un documento para a validación da declaración de impacto ambiental denominado Valoración ambiental da modificación do parque eólico Coto Muíño, derivado do condicionado incluído na DIA, nos termos municipais de Vimianzo e Zas (A Coruña), asinado o 13.5.2025, que se remite o 14.8.2025 á Dirección Xeral de Calidade Ambiental.
Décimo noveno. O 13.8.2025, esta dirección xeral remitiu o proxecto de execución mencionado no antecedente de feito anterior ao Departamento Territorial da Coruña, co fin de que emita o informe sobre o cumprimento da normativa de instalacións industriais e eléctricas, de acordo co previsto no artigo 33.16 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.
Vixésimo. O 10.9.2025, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade emitiu un informe en que indica: «á vista dos cambios descritos para adaptar o proxecto ao condicionado derivado da DIA, non procede iniciar un novo trámite de avaliación ambiental ao considerar que as adaptacións propostas non se atopan dentro dos supostos recollidos no artigo 7 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental. Neste contexto, considérase que non existen obxeccións ás modificacións propostas pola promotora, sempre que se cumpra co recollido na documentación elaborada por este e sen prexuízo do cumprimento das condicións que figuran na DIA».
Vixésimo primeiro. O 8.10.2025, a promotora presentou na Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático nova documentación consistente nunha declaración responsable relativa ao trámite de separatas pola modificación do proxecto (que substitúe por erro a presentada o 11.6.2025) e na declaración responsable prevista no artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, ambas asinadas nesa mesma data.
Vixésimo segundo. O 14.10.2025, o Departamento Territorial da Coruña emite un novo informe de instalacións en relación coa nova documentación presentada pola promotora referida no antecedente de feito décimo oitavo: «Revisado o proxecto de execución do parque eólico Coto Muíño, nos termos municipais de Vimianzo e Zas (A Coruña)-maio 2025, e de acordo co alcance na consideración legal e técnica terceira e do exposto nas demais consideracións legais e técnicas, emito informe favorable sobre o proxecto, condicionado ao que se indica na consideración legal e técnica décima con respecto á empresa Norvento».
Vixésimo terceiro. O 20.10.2025, o Departamento Territorial da Coruña emitiu un novo informe que substitúe o emitido o 14.10.2025, por unha errata nas coordenadas indicadas.
Vixésimo cuarto. O 24.10.2025, Greenalia Wind Power Coto Muíño, S.L.U. presentou o acordo acadado con Norvento, S.L. en relación co uso da infraestrutura viaria do parque eólico Monte Tourado.
Vixésimo quinto. O 29.10.2025, a promotora achegou unha addenda ao Acordo de promotores para a inversión no tramo inicial da liña colectora eixe norte e na posición 66/220 denominada CT Norte da subestación colectora de Regoelle. Esta addenda introduce no dito acordo a participación efectiva de Greenalia Wind Power Coto Muíño, S.L.U. nas mencionadas instalacións.
Vixésimo sexto. O 6.11.2025, o Departamento Territorial da Coruña emitiu un informe sobre os dereitos mineiros afectados polo parque eólico, no que se conclúe que: «Na zona correspondente ao ámbito de estudo do proxecto do parque eólico Coto Muíño, nos concellos Vimianzo e Zas, da Coruña, definida pola poligonal do parque, atópase a solicitude de permiso de investigación de recursos mineiros da sección C) Lívia, número de rexistro mineiro AC/C/07092. Non obstante, esta solicitude de dereito mineiro non está afectada polas instalacións previstas no proxecto do parque eólico».
Vixésimo sétimo. O 12.11.2025, en resposta ao requirimento desta dirección xeral desa mesma data, a promotora achegou a relación de bens e dereitos afectados definitiva, denominada Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de execución do parque eólico Coto Muíño. Novembro de 2025, asinada dixitalmente o 12.11.2025 pola enxeñeira de minas María Moreno Martínez.
Vixésimo oitavo. O 13.11.2025, o Departamento Territorial da Coruña remitiu a esta dirección xeral o informe emitido en relación co previsto no artigo 161.1 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, no que se conclúe que sobre os predios de necesaria expropiación incluídos na RBDA definitiva achegada pola promotora o 12.11.2025, non se dá ningunha das limitacións á constitución de servidume de paso a que se refire o dito artigo.
Vixésimo noveno. O parque eólico Coto Muíño conta cos permisos de acceso e conexión vixentes á rede de transporte para unha potencia de 19,27 MW, segundo os informes do xestor da rede do 13.10.2021 e do 18.6.2022.
Aos antecedentes de feito descritos sonlles de aplicación os seguintes
Fundamentos de dereito.
Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático é competente para resolver este procedemento con fundamento no Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, no Decreto 137/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, polo artigo 39 da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, polo artigo 46 da Lei 7/2022, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, polo artigo 39 da Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, pola Lei 2/2024, do 7 de novembro, de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia, e polo artigo 30 da Lei 5/2024, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.
Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.
Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, visto o seu contido e as respostas efectuadas pola promotora, cómpre manifestar o seguinte:
1. No que respecta ás alegacións de carácter ambiental, cómpre indicar que estas cuestións foron tidas en conta na declaración de impacto ambiental emitida pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 13.2.2024, na que se recollen as condicións desde un punto de vista ambiental en que se pode desenvolver o proxecto, así como as medidas preventivas, correctoras e compensatorias necesarias e a necesidade dun plan de vixilancia ambiental.
Durante o trámite de avaliación de impacto ambiental a que o proxecto foi sometido, recibíronse informes dos seguintes organismos: Augas de Galicia (Confederación Hidrográfica de Galicia-Costa), Axencia de Turismo de Galicia, Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (S.X. Meteoroloxía e Cambio Climático), Dirección Xeral de Defensa do Monte, Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Dirección Xeral de Saúde Publica e Instituto de Estudos do Territorio.
2. No que respecta á validez e aplicación do Plan sectorial eólico de Galicia, cómpre subliñar que este segue vixente e resulta plenamente aplicable. A Lei 8/2009, do 22 de decembro, ampara a plena vixencia e aplicabilidade do plan preexistente mentres non se aprobe o novo previsto, ao establecer na súa disposición transitoria terceira que «mentres non se aprobe un novo plan sectorial eólico de Galicia entenderase aplicable o actualmente vixente en todo aquilo que non se opoña ao establecido nesta lei».
Á marxe do anterior, cómpre lembrar que na tramitación de cada procedemento de autorización de parques eólicos a Administración observa a normativa ambiental en vigor, incorporando aos expedientes os informes e actuacións legalmente exixibles.
Así mesmo, en relación coa necesidade de someter o Plan sectorial eólico de Galicia ao trámite de avaliación ambiental estratéxica, cómpre manifestar que este plan foi aprobado definitivamente polo Consello da Xunta de Galicia o 1 de outubro de 1997, publicándose o acordo no DOG do 15.12.1997.
Posteriormente, publicouse no DOG do 3.1.2003 o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5.12.2002, polo que se aproba definitivamente a modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Plan eólico de Galicia.
En ambos os casos cumpriuse co disposto no procedemento de aprobación, segundo o establecido na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.
Cómpre ter en conta que, coa aprobación da primeira lei de avaliación ambiental estratéxica, Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre a avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, todos os plans tramitados polas administracións públicas deben someterse a avaliación ambiental. Non obstante, a propia lei recollía unha moratoria para os plans que estaban nese ano nun estado moi avanzado de tramitación. Logo este procedemento ambiental soamente obriga os plans que iniciaron a súa tramitación a partir do ano 2006 e non pode aplicarse con efectos retroactivos.
3. Con respecto a aquelas alegacións en que se argumenta que Galicia é excedentaria en produción de enerxía eléctrica e que abastece de enerxía o resto do Estado, soportando un sector enerxético cun elevado impacto ambiental, cómpre indicar que existe unha incorrecta percepción de que a potencia eléctrica instalada actualmente proveniente de enerxías renovables é suficiente para cubrir as necesidades enerxéticas de Galicia; neste senso, segundo o recente informe «O sector enerxético galego: presente e futuro», elaborado polo Consello Económico e Social de Galicia en colaboración coa Universidade da Coruña, o 75 % dos recursos enerxéticos de Galicia son importados.
4. Respecto da saturación na capacidade de acollida de enerxía eólica en Galicia, cómpre indicar que a Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, incorporou unha nova disposición adicional sexta á Lei 8/2009, do 22 de decembro, dedicada á planificación de novas solicitudes de parques eólicos nos seguintes termos: atendendo ao número dos proxectos de parques eólicos admitidos e actualmente en tramitación e á cifra de MW prevista nestes proxectos, e co obxecto de procurar unha ordenación racional do sector, durante o prazo de 18 meses desde a entrada en vigor da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, non se admitirán a trámite novas solicitudes de parques eólicos.
En relación con esta cuestión debemos sinalar que a Comunidade Autónoma de Galicia está vinculada polo Plan nacional integrado de enerxía e clima 2023-2030 (PNIEC), co que se busca acadar unha maior subministración a partir de fontes de enerxía renovables, diminuíndo a dependencia enerxética de combustibles fósiles, que supoñen un detrimento para o desenvolvemento da economía, para as familias e as empresas.
Por isto, dentro da execución do PNIEC do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico búscase transformar o sistema enerxético cara a unha maior autosuficiencia enerxética sobre a base de aproveitar dunha maneira eficiente o potencial renovable existente no noso país, particularmente o solar e o eólico. Esta transformación incidirá de maneira positiva na seguridade enerxética nacional ao diminuír de maneira significativa a dependencia dunhas importacións de combustibles fósiles que supoñen unha elevada factura económica e que está sometida a factores xeopolíticos e a unha volatilidade elevada nos prezos.
Segundo un informe da Axencia Internacional das Enerxías Renovables, publicado en xuño de 2023, o mundo necesita triplicar a capacidade mundial de enerxía renovable ata algo máis de 11.000 GW en 2030 para manter a posibilidade de limitar o quecemento global a 1,5 °C. Este foi un dos temas tratados no 18ª Cume de Xefes do Estado e Goberno do G20 en Nova Deli, onde se acordou, entre outras cousas, o seguinte: «Perseguiranse e fomentaranse os esforzos para triplicar a capacidade de enerxía renovable a nivel mundial mediante obxectivos e políticas existentes, así como demostrar unha ambición similar con respecto a outras tecnoloxías cero e de baixas emisións, incluíndo a redución e tecnoloxías de eliminación, en consonancia coas circunstancias nacionais para 2030. Tamén observamos o Plan de acción voluntaria para o fomento das enerxías renovables para acelerar o universal acceso á enerxía (G20 New Delhi Leaders’ Declaration, 9-10 de setembro de 2023).
Neste sentido, o 12 de setembro de 2023 aprobouse a Directiva sobre fontes de enerxía renovables do Parlamento Europeo, na que se poden atopar diferentes puntos en favor das enerxías renovables:
Os Estados membros deberán adiantar o obxectivo da cota de enerxías renovables na combinación enerxética. O obxectivo global da Unión en materia de enerxía é que o 42,5 % desta sexa de orixe renovable no ano 2030, ata alcanzar a neutralidade climática, como máis tarde no ano 2050, descarbonizando a industria da Unión.
Necesítase unha maior racionalización dos procedementos administrativos de concesión de autorizacións co obxecto de eliminar a carga administrativa innecesaria para os efectos de establecer proxectos de enerxías renovables e de infraestrutura de rede relacionados.
Nesta liña, o capítulo IX, sección primeira, da Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, establece, nunha norma de carácter legal, o papel esencial da enerxía renovable e a necesidade de seguir fomentando o despregamento deste tipo de proxectos, co fin de cumprir os obxectivos de redución das emisións netas de gases de efecto invernadoiro e de neutralidade climática da Unión Europea; contribuír coa enerxía renovable á redución da contaminación e á protección, restauración e mellora do estado do ambiente, detendo e revertendo a perda de biodiversidade; e fomentar os beneficios socioeconómicos das enerxías renovables en Galicia, mediante a creación de novos postos de traballo, o fomento das industrias locais, e a súa contribución á redución dos prezos da enerxía e á consecución dun prezo xusto e accesible para os cidadáns e as empresas. Deste modo, declárase de interese público superior a planificación, construción e explotación dos parques eólicos de competencia autonómica, así como das súas infraestruturas de evacuación, de conformidade co establecido no Regulamento (UE) nº 2022/2577 do Consello, do 22 de decembro de 2022, polo que se establece un marco para acelerar o despregamento de enerxías renovables.
5. En canto ás alegacións que se refiren á falta de retorno social do proxecto e de beneficios económicos para os concellos afectados, lembramos que no artigo 25 da Lei 8/2009, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, se concreta o destino do Fondo de Compensación Ambiental: un 50 % da súa contía destinarase ás entidades cuxo termo municipal se atope dentro da poligonal de delimitación dun parque eólico ou resulten afectadas polas correspondentes instalacións de conexión para a realización de: actuacións orientadas á conservación da biodiversidade, coñecemento e utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais e recuperación do medio natural degradado ou contaminado; actuacións de impulso á eficiencia e utilización sustentable das enerxías renovables; outras actuacións de protección do ambiente e o espazo natural.
6. Con relación a que o estudo de impacto ambiental debera avaliar os impactos acumulativos e sinérxicos cos outros parques eólicos (autorizados ou proxectados), así como das restantes infraestruturas asociadas (tendidos eléctricos, subestacións, pistas de acceso, etc.), nun raio de 10-15 km, cómpre indicar que o estudo de impacto ambiental do parque eólico Coto Muíño e a súa liña de evacuación inclúe un estudo dos efectos acumulativos (aditivos ou sinérxicos) con parques eólicos e outras infraestruturas enerxéticas, en tramitación e existentes no momento da súa elaboración, situadas na súa contorna nun raio de 10 km, entre eles os parques eólicos en funcionamento ou en proxecto como Monte Tourado, Alto da Croa II, A Ruña III, Alto da Croa, etc., e as súas liñas de evacuación.
7. No que respecta aos escritos de alegacións en que se manifesta a existencia de división artificiosa de proxectos, e que a inclusión dos efectos e impactos de todos os parques eólicos e das instalacións de evacuación de enerxía e de conexión incrementarían considerablemente a magnitude dos impactos detectados no EIA, facendo necesario valorar outras alternativas ou implementar novas medidas correctoras.
A Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, define o fraccionamento de proxectos como o «mecanismo artificioso de división dun proxecto co obxectivo de evitar a avaliación de impacto ambiental ordinaria, no caso de que a suma das magnitudes supere os limiares establecidos no anexo I». O pretendido fraccionamento tería como fin último eludir a avaliación ambiental ordinaria. Porén, no caso de parques eólicos próximos entre si, non é posible (mediante o fraccionamento) evitar o seu sometemento ao procedemento ordinario de avaliación ambiental, pola obriga de considerar os efectos sinérxicos ou acumulativos con outros parques xa construídos e/ou avaliados.
Así, no ámbito dos parques eólicos, o referido anexo I establece que estarán sometidas á avaliación ambiental ordinaria, entre outras, as «Instalacións para a utilización da forza do vento para a produción de enerxía (parques eólicos) que teñan 50 ou máis aeroxeradores, ou que teñan máis de 30 MW ou que se atopen a menos de 2 km doutro parque eólico en funcionamento, en construción, con autorización administrativa ou con declaración de impacto ambiental».
Polo tanto, no caso das instalacións de aproveitamento eólico, o fraccionamento que se alega de adverso non produce os efectos denunciados (evitar que o proxecto teña que ser sometido a unha avaliación ambiental ordinaria).
Por outra banda, a Lei 21/2013 obriga a que os estudos de impacto ambiental que presenten os promotores deban ter conta os efectos sinérxicos ou acumulativos derivados da existencia doutros parques eólicos ou outro tipo de instalacións nas proximidades. Polo tanto, ese suposto fraccionamento dos proxectos non evita que a avaliación ambiental deba ter en conta o efecto derivado da proximidade doutras instalacións e infraestruturas.
O proxecto do parque eólico conta cun estudo de sinerxías incluído no estudo de impacto ambiental, cunha zona de estudo nun raio de 10 km dos parques eólicos e liñas eléctricas situadas na súa contorna.
Cómpre sinalar que nada impide, desde o punto de vista da lexislación ambiental e do sector eléctrico, a execución de parques próximos entre si por parte dun mesmo ou distintos promotores e compartindo certas instalacións. Así o declarou o Tribunal Supremo na súa Sentenza do 11 de decembro de 2013, cando di que «...unha cousa é que os distintos elementos e instalacións dun parque eólico deban ter unha consideración unitaria e outra que iso impida que poidan existir parques próximos e que estes poidan compartir a localización dalgúns elementos ou a liña de vertedura á rede».
As recentes sentencias do Tribunal Supremo núm. 316/2025 e núm. 317/2025, do 21 de marzo de 2025 (recursos de casación 7213/2023 e 3716/2024, respectivamente), confirman que o feito de compartir instalacións de evacuación non implica ineludiblemente a existencia de fragmentación artificiosa, fixando a seguinte doutrina casacional (FX 9):
«– O feito de que dúas ou máis instalacións de parques eólicos compartan instalacións de conexión non comporta, ineludiblemente, que debamos considerar a existencia dun único proxecto de parque eólico para os efectos da súa avaliación ambiental. A determinación de se, en tal suposto, debe considerarse ou non a existencia dun único parque eólico para os efectos da súa adecuada avaliación ambiental deberá facerse en cada caso atendendo ás circunstancias concorrentes, á luz da normativa e da xurisprudencia aplicables».
Desde o punto de vista da normativa aplicable, o Tribunal Supremo constata que «o uso de infraestruturas comúns é unha exixencia técnica imposta ou favorecida pola normativa aplicable». Neste sentido, tanto a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, coma o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, así como o Real decreto 1183/2020, do 29 de decembro, de acceso e conexión ás redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica, obrigan a que se compartan as infraestruturas de evacuación, precisamente para evitar un maior impacto ambiental. En concreto, a disposición derradeira segunda do Real decreto 1183/2020, modifica o Real decreto 1955/2000 para condicionar a autorización administrativa das infraestruturas de evacuación á presentación, por parte dos titulares das ditas liñas de evacuación, dun documento que acredite a existencia dun acordo vinculante para o seu uso compartido por parte de todos os titulares de permisos de acceso e conexión na mesma posición de liña. En palabras do Alto Tribunal, na devandita Sentenza do 11 de decembro de 2013, «non se podería dar un tratamento separado a grupos de aeroxeradores de forma artificiosa e tratalos como parques autónomos, ou duplicar instalacións co mesmo fin, pois iso comportaría efectivamente unha fraude de lei que, á marxe do seu maior impacto ambiental, podería supor unha alteración da competencia ou unha evitación de maiores exixencias ambientais».
Pola súa parte, a Lei 8/2009 define parque eólico como a instalación de produción de electricidade a partir de enerxía eólica, constituída por un ou varios aeroxeradores interconectados electricamente con liñas propias, que comparten unha mesma estrutura de accesos e control, con medición de enerxía propia, así como coa obra civil necesaria. Polo tanto, de acordo con esta definición, pode colixirse o carácter unitario dun parque e considerarse autónomo e independente sempre que teña capacidade de funcionamento separado, sen prexuízo de que comparta infraestruturas de evacuación con outros parques. É máis, compartir infraestruturas de evacuación supón, como é lóxico, un menor impacto ambiental, obxectivo que se persegue neste tipo de instalacións. Nesta mesma liña, a utilización de accesos comúns supón un uso máis racional do terreo, pois reduce as superficies afectadas polas instalacións.
No que respecta á definición de instalacións de conexión, a Lei 8/2009 remítese ao establecido no artigo 30 do mencionado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, entendendo por instalacións de conexión de centrais de xeración aquelas que sirvan de ligazón entre unha ou varias centrais de xeración de enerxía eléctrica e a correspondente instalación de transporte ou distribución, incluíndo liñas e subestacións.
Neste caso concreto, cómpre indicar que, tal e como xa se recollía no anuncio de información pública a que fai referencia o antecedente de feito noveno, o proxecto do parque eólico Coto Muíño inclúe as infraestruturas de evacuación propias ata a liña de evacuación LAT 66 kV parques eólicos Monte Tourado-Eixe/Monte Tourado-subestación colectora Regoelle 20-66/220 kV (actualmente denominada Lagoa 30-66/220 kV), que actualmente se atopa en funcionamento.
8. Respecto ás alegacións sobre a falta de información ambiental, de difusión e claridade da información pública, así como da imposibilidade do acceso á documentación correspondente, nos antecedentes de feito recóllense as diferentes publicacións do Acordo do 17 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Coto Muíño.
O dito acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia do 25.11.2022 e no xornal La Voz de Galicia da mesma data. Así mesmo, permaneceu exposto ao público, xunto coa documentación obxecto da información pública, nos concellos afectados (Vimianzo e Zas), e nas dependencias da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xefatura Territorial da Coruña, así como no portal web da dita consellería.
No que respecta á participación do público no procedemento de avaliación ambiental, cómpre sinalar que a normativa que rexeu este procedemento incorpora as disposicións previstas no convenio Aarhus sobre participación pública, polo que os dereitos que nel se establecen quedan debidamente garantidos.
Durante o trámite de información pública, así como durante a tramitación do expediente, presentáronse alegacións, as cales foron remitidas e contestadas pola promotora.
Hai que sinalar que o proxecto de execución e o estudo de impacto ambiental foron sometidos a información pública durante un período non inferior a 30 días hábiles, tal e como indica a lexislación ambiental.
Respecto ao acceso aos informes sectoriais na fase de exposición pública do proxecto, hai que indicar que, de acordo co artigo 37 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental «1. Simultaneamente ao trámite de información pública, o órgano substantivo consultará as administracións públicas afectadas e as persoas interesadas sobre os posibles efectos significativos do proxecto...».. Neste mesmo sentido, o artigo 33.12 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, expón: «12. De modo simultáneo ao trámite de información pública, a unidade responsable da tramitación realizará o trámite de audiencia e de consultas ás administracións públicas afectadas e ás persoas interesadas,…».
Así mesmo, cabe indicar que o exercicio do dereito de acceso á información pública se pode realizar, de acordo coa Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, e coa Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno de Galicia, mediante a presentación da correspondente solicitude, que deberá dirixirse ao titular do órgano administrativo ou entidade que posúa a información.
O ditame do Tribunal Supremo do 21 de decembro de 2023 (recurso de casación 3303/2022) casa e anula a Sentenza 18/2022, do 21 de xaneiro, ditada pola Sección Terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, desestimando o recurso contencioso-administrativo e confirmando a resolución administrativa que constituía o seu obxecto. O Tribunal Supremo fixa como criterio interpretativo que «a Directiva 2011/92/UE, relativa á avaliación das repercusións de determinados proxectos públicos e privados sobre o ambiente, modificada pola Directiva 2014/52/UE, e a Lei 21/2019, de 9 de decembro, de avaliación ambiental, non impoñen que, no procedemento de avaliación de impacto ambiental ordinaria de proxectos, antes da información pública deba realizarse o trámite de consultas ás autoridades...».
O Tribunal Supremo analiza se tanto a regulación comunitaria como a regulación interna sobre a avaliación ambiental de proxectos, e máis precisamente sobre a avaliación de impacto ambiental ordinaria, impoñen a necesidade de que os informes sectoriais deban acadarse antes do trámite de información pública, por ser condición necesaria para que a participación do público nesa fase temperá do procedemento de toma de decisións ambientais, cando están abertas todas as opcións, poida considerarse real e efectiva, como exixe a normativa indicada. Con relación á regulación comunitaria salienta que a Directiva 2011/92/UE non impón exactamente o momento en que debe realizarse a información pública nin que deba forzosamente realizarse despois das consultas ás autoridades. Establece unicamente principios e disposicións fundamentais dos procedementos de avaliación ambiental de proxectos, sen impor ao detalle os trámites concretos para permitir distintos desenvolvementos por parte dos Estados membros.
No que se refire á regulación interna, da análise dos artigos 33 e seguintes da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (LAA), o Tribunal conclúe que tampouco se indica exactamente «en que momento debe realizarse este trámite de información pública, sempre que sexa nunha fase temperá, pois teñen que estar abertas todas as opcións». E en relación co seu contido salienta que o artigo 36 «limítase a mencionar que deben someterse a información pública o proxecto, o estudo e os datos informativos que se mencionan no punto 2, sen que se faga referencia expresa aos informes emitidos no trámite de consultas ás autoridades».
Engade que o artigo 37 se refire precisamente a este trámite de consultas ás administracións públicas afectadas nos seguintes termos: «Simultaneamente ao trámite de información pública, o órgano substantivo consultará as administracións públicas afectadas e as persoas interesadas sobre os posibles efectos significativos do proxecto...». Indica o Tribunal que «a expresión simultánea alude a un trámite que se realiza ao mesmo tempo que o de información pública sen que se impoña, pois, tampouco, necesariamente, a súa realización nun momento anterior a esta». Cómpre subliñar que o Alto Tribunal sinala respecto da LAA que se trata dunha norma estatal de carácter básico, na maioría do seus preceptos, que deseña un esquema de procedemento común ao cal deben adaptarse as autonomías, pero deixándolles unha marxe de decisión sobre a forma concreta de deseñar o procedemento ambiental e a súa articulación.
9. En relación coas alegacións en que se pon de manifesto a conveniencia de repotenciar os parque eólicos existentes no canto de instalar novos proxectos, cómpre indicar que a vixente Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, regula o procedemento de autorización administrativa das instalacións de parques eólicos permitindo a implantación tanto de novos parques eólicos como a repotenciación dos parques eólicos existentes.
10. No caso de alegacións presentadas con posterioridade á declaración de impacto ambiental, non se admiten, de conformidade co artigo 23 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, por presentárense fóra dos prazos de información pública e consultas regulados nos artigos 21 e 22 da devandita lei.
11. No caso de escritos recibidos de oposición á declaración de impacto ambiental do 13.2.2024, segundo o establecido no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, a declaración de impacto ambiental non será obxecto de recurso sen prexuízo dos que, de ser o caso procedan en vía administrativa e xudicial fronte ao acto polo que se autoriza o proxecto.
12. No que respecta ás alegacións relativas ao procedemento de declaración de utilidade pública, referentes á titularidade e características dos bens e dereitos afectados, cómpre indicar que se tomou razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas, para os efectos previstos no artigo 52, número 3, da Lei de expropiación forzosa.
Sobre as compensacións polas afeccións xeradas polo proxecto, e só no caso de que non se chegase a un acordo previo entre a promotora e as persoas afectadas, hai que indicar que no procedemento expropiador se fixarán as compensacións correspondentes de acordo coa lexislación aplicable.
Cuarto. A seguir recóllese a información exixida nas letras a) e b) do artigo 42.2 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, a respecto da declaración de impacto ambiental (DIA) das instalacións do parque eólico Coto Muíño, formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 13.2.2024, e recollida no antecedente de feito décimo terceiro desta resolución:
a) A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático resolveu: «Formular a declaración de impacto ambiental do parque eólico Coto Muíño e a súa liña de evacuación, en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, concluíndo que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpra, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e na restante documentación avaliada, o condicionado que figura ao longo deste documento, tendo en conta que, no caso de que exista contradición entre eles, prevalecerá o disposto nesta DIA».
b) A DIA que nos ocupa refírese ás instalacións do parque eólico Coto Muíño.
Nas epígrafes 4 e 5 da DIA recóllense as condicións que complementan, matizan ou subliñan as incluídas no estudo de impacto ambiental e na restante documentación avaliada, distribuídas nos seguintes ámbitos:
4. Condicións ambientais.
4.1. Condicións particulares.
4.2. Condicións xerais.
4.2.1. Protección da atmosfera.
4.2.2. Protección das augas e leitos fluviais.
4.2.3. Protección do solo e infraestruturas.
4.2.4. Xestión de residuos.
4.2.5. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.
4.2.6. Integración paisaxística e restauración.
4.3. Outras condicións.
5. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.
5.1. Aspectos xerais.
5.2. Aspectos específicos.
5.3. Informes do programa de vixilancia.
De acordo con todo o que antecede,
RESOLVO:
Primeiro. Outorgar a autorización administrativa previa ás instalacións do parque eólico Coto Muíño e a súa liña de evacuación, sito nos concellos de Vimianzo e Zas (A Coruña) e promovido por Greenalia Wind Power Coto Muíño, S.L.U., para unha potencia de 19,27 MW.
Segundo. Outorgar a autorización administrativa de construción ao proxecto de execución das instalacións do parque eólico Coto Muíño e a súa liña de evacuación, composto polos documentos Proxecto de execución do parque eólico Coto Muíño, nos termos municipais de Vimianzo e Zas (A Coruña). Maio 2025, asinado o 3.6.2025 pola enxeñeira de minas María Moreno Martínez e visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas do Noroeste o 5.6.2025. Este proxecto inclúe como Anexo 12 o Proxecto técnico da LAT 66 kV evacuación do parque eólico Coto Muíño. Outubro 2022, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Sergio Rodríguez Rodríguez.
As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:
Solicitante: Greenalia Wind Power Coto Muíño, S.L.U.
Enderezo social: praza María Pita, nº 10, 1º, 15001 A Coruña
Denominación: parque eólico Coto Muíño.
Potencia instalada: 20 MW.
Potencia autorizada/evacuable: 19,27 MW.
Produción neta: 73.626 MWh/ano.
Horas equivalentes netas: 3.821 h.
Concellos afectados: Vimianzo e Zas (A Coruña).
Orzamento de execución material (sen IVE): 15.914.241,88 €.
Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico a que se circunscriben as autorizacións:
|
Vértice |
Coordenadas |
|
|
ETRS89 UTM 29N |
||
|
X |
Y |
|
|
P1 |
501.551 |
4.765.747 |
|
P2 |
503.518 |
4.765.692 |
|
P3 |
504.301 |
4.762.786 |
|
P4 |
502.355 |
4.762.786 |
|
P5 |
501.761 |
4.762.920 |
Coordenadas dos aeroxeradores do parque eólico:
|
Aeroxerador |
Coordenadas UTM |
|
|
(Fuso 29 ETRS89) |
||
|
X |
Y |
|
|
AE01 |
502.874 |
4.764.412 |
|
AE02 |
502.620 |
4.763.567 |
|
AE03 |
502.731 |
4.763.167 |
|
AE04 |
503.556 |
4.763.067 |
Coordenadas correspondentes á subestación transformadora:
|
SET |
Coordenadas |
|
|
ETRS89 UTM 29N |
||
|
X |
Y |
|
|
ID |
502.251,00 |
4.764.776,00 |
|
Envolvente_1 |
502.267,00 |
4.764.796,00 |
|
Envolvente_2 |
502.273,00 |
4.764.763,00 |
|
Envolvente_3 |
502.234,00 |
4.764.756,00 |
|
Envolvente_4 |
502.228,00 |
4.764.789,00 |
Coordenadas UTM da localización dos apoios da LAT 66 kV de evacuación
do parque eólico Coto Muíño:
|
Apoios |
Coordenadas |
|
|
ETRS89 UTM 29N |
||
|
X |
Y |
|
|
Pórtico |
502.239,60 |
4.764.786,43 |
|
AP01 |
502.226,48 |
4.764.856,09 |
|
AP02 |
502.181,18 |
4.765.096,58 |
|
AP03 |
502.130,03 |
4.765.368,16 |
|
AP04 |
501.945,02 |
4.765.538,84 |
Características técnicas principais das instalacións eléctricas de produción, interconexión e transformación:
• Catro (4) aeroxeradores Siemens-Gamesa, modelo SG 145, de 5.000 kW de potencia nominal unitaria, con diámetro de rotor de 145 m e altura da buxa de 127,5 m. O AE01 está limitado a 4,27 MW.
• Catro (4) centros de transformación trifásicos montados no interior da góndola de cada aeroxerador, de illamento seco, potencia aparente unitaria 5.500 kVA e relación de transformación 0,69/30 kV.
• Un sistema colector de media tensión formado por dous circuítos de 30 kV en instalación soterrada, que ten como obxecto a canalización da enerxía xerada polas aeroturbinas ata a SET. O cable utilizado para esta rede será de tipo RHZ1-OL 18/30 kV Al, de diferentes seccións (240 e 400 mm2).
• Unha (1) subestación eléctrica transformadora (SET) 66/30 kV, composta dos seguintes elementos:
– Un sistema de 66 kV de intemperie, en configuración de simple barra, cunha posición de liña e unha posición de transformador de potencia.
– Aparellaxe de tecnoloxía convencional.
– Un sistema de 30 kV sito en celas de interior, en configuración de simple barra, con tres posicións de liña, unha posición de transformador, unha posición de servizos auxiliares, dúas posicións de medida de barras, acoplamento e remonte de barras.
– Un (1) transformador de potencia, de 20/25 MVA ONAN/ONAF, de relación de transformación 66/30 kV, instalado en intemperie.
– Disporá dun edificio de 19,50×10,00 m.
Características técnicas principais da liña eléctrica de evacuación:
• Tensión nominal: 66 kV.
• Orixe: pórtico da subestación do parque eólico Coto Muíño.
• Final: apoio núm. 6 da LAT 66 kV PE Monte Tourado Eixe/Monte Tourado - Subestación colectora Regoelle 20-66/220 kV.
• Núm. de circuítos: 1.
• Tipo condutor: LA-180 Simplex, máis un cable de fibra óptica do tipo OPGW.
• Núm. e tipo dos apoios: catro apoios metálicos de celosía.
• Lonxitude: 825,76 metros (sen incluír o van destensado de aproximadamente 70,89 m de conexión á subestación).
Terceiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Coto Muíño e da súa liña de evacuación, segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro), en relación coas parcelas recollidas no anexo desta resolución.
A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:
1. Consonte ao disposto no artigo 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, Greenalia Wind Power Coto Muíño, S.L.U. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento do deber de restaurar os terreos ocupados polo parque eólico na fase de obras. De acordo co recollido no punto 4.1.4 da DIA, «proponse como importe do aval, que será actualizable e deberá fixar o órgano substantivo, tendo como base o orzamento de execución material, unha cantidade que permita garantir o cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ao ambiente e do custo da restauración, da que se propón que o 40 % corresponderá á fase de obras e o 60 % ao de desmantelamento do parque eólico».
O importe da fianza fíxase, polo anteriormente exposto, en 278.499,23 euros, dos que 111.399,69 euros corresponderán a fase de obras e 167.099,54 euros á fase de desmantelamento.
A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, así como no punto 4.1.4 da DIA, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.
2. Para a inscrición da instalación no Rexistro Autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG núm. 135, do 14 de xullo), a promotora efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.
3. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria, do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 37, do 23 de febreiro).
4. A promotora deberá cumprir todas as condicións establecidas na declaración de impacto ambiental do 13.2.2024, así como as establecidas no correspondente programa de vixilancia e seguimento ambiental.
5. De acordo coas condicións establecidas na declaración de impacto ambiental (DIA) emitida pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 13.2.2024, a promotora deberá contar, con carácter previo ao inicio das obras, cos informes favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural e da Dirección Xeral de Saúde Pública, de acordo cos puntos 4.1.2 e 4.1.3 da DIA.
6. Con anterioridade ao prazo dun mes ao inicio das obras, a promotora deberá achegar ao Servizo de Seguimento e Oficina Técnica, da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético da Consellería de Economía e Industria, o Plan de vixilancia e seguimento ambiental, de acordo coas consideracións establecidas no punto 5 da declaración de impacto ambiental.
7. A promotora deberá comunicar á Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, cunha antelación mínima de dez días, a data prevista para o inicio das obras.
8. Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións, a promotora deberá presentar ante o departamento territorial un certificado de final de obra subscrito por un técnico facultativo competente, en que conste que a instalación se realizou de acordo coas especificacións contidas no proxecto de execución que mediante esta resolución se aproba, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
Así mesmo, deberá presentar ante a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático un plano as built e outro plano cartográfico en formato shape das instalacións do parque eólico.
9. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, o Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático inspeccionará as obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación.
10. En canto aos bens e dereitos afectados por este parque eólico e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, a promotora cumprirá cos condicionados e informes emitidos por estes, para os que mostrou a súa conformidade.
No caso de que se manifestasen perturbacións ou interferencias nos servizos de telecomunicacións legalmente autorizados, directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, a promotora deberá adoptar as medidas necesarias para restablecer as condicións previas de calidade dos servizos afectados e para eliminar calquera posible afectación a estes.
11. De conformidade co artigo 34.2 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a promotora disporá dun prazo de tres anos, contado desde a notificación da autorización administrativa de construción, para solicitar a correspondente autorización de explotación. En caso de incumprimento, poderá producirse a revogación das mencionadas autorizacións, nos termos establecidos no número 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, ou norma que a substitúa.
Este prazo quedará suspendido no caso de que exista un pronunciamento por parte dun órgano administrativo ou xudicial que suspenda a eficacia da resolución de autorización administrativa previa e de construción. Así mesmo, a Administración, logo de petición do titular da autorización, suspenderá o prazo no caso de que existisen recursos xudiciais interpostos por terceiros, ata que a autorización sexa firme.
12. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico que lle resulten de aplicación.
13. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á revogación das autorizacións, logo de audiencia do interesado.
14. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros condicionados técnicos de organismos ou empresas de servizo público ou interese xeral afectados, necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
Asemade, a promotora deberá obter os títulos habilitantes municipais de natureza urbanística que se recollen no artigo 40 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.
15. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 34.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.
Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2025
Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados polo parque eólico Coto Muíño
e a súa liña de evacuación
|
Predio |
Titular |
Datos catastrais |
Afeccións parque eólico (m2) |
Afeccións LAT (m2) |
||||||||||||
|
Referencia catastral |
Pol. |
Parc. |
Lugar |
Cultivo |
Pleno dominio |
Servidume de paso |
Serv. voo aero |
Ocup. temp. |
Peno dominio |
Servidumes |
||||||
|
Cim. |
Plat. |
SET |
Vieiro |
Gabia |
Apoios LAT |
Acceso apoios LAT |
Voo |
|||||||||
|
Concello de Zas |
||||||||||||||||
|
1 |
Norte Forestal, S.A. |
15094A01700001 |
17 |
1 |
Medoña |
Eucaliptus |
391 |
6.779 |
532 |
717 |
10.907 |
|||||
|
2 |
Norte Forestal, S.A. |
000800100NH06A |
8 |
1 |
Medoñas |
Eucaliptus |
1.369 |
9.516 |
3.015 |
2.264 |
61 |
4.406 |
17.971 |
|||
|
6 |
Norte Forestal, S.A. |
15094A01300001 |
13 |
1 |
Costa |
Eucaliptus |
781 |
12.529 |
15.617 |
5.831 |
22.384 |
|||||
|
40 |
Lage Alvite, María |
15094A01300265 |
13 |
265 |
Pedrido |
Eucaliptus |
950 |
454 |
||||||||
|
42 |
Pazos Blanco, Carmen |
15094A01300253 |
13 |
253 |
Pedrido |
Piñeiral madeireiro |
20 |
|||||||||
|
43 |
Grille Pose, Generosa (Herdeiros de) |
15094A01300252 |
13 |
252 |
Monte Maior |
Eucaliptus/matogueira |
1.323 |
|||||||||
|
44 |
Mourelle Romero, Carlos |
15094A01300205 |
13 |
205 |
Pedra Bicuda |
Eucaliptus |
393 |
|||||||||
Afeccións do parque eólico e da súa liña de evacuación en metros cadrados (m2):
– Superficie de pleno dominio:
• Cim.: cimentación do aeroxerador, superficie ocupada pola zapata que garante a estabilidade dun aeroxerador.
• Plat.: plataforma, superficie necesaria para a montaxe e o mantemento dos aeroxeradores.
• SET: superficie ocupada pola subestación eléctrica.
• Apoios LAT: superficie ocupada polos apoios da liña de evacuación.
– Servidume de paso:
• Vieiro: dereito de paso polas vías en que circularán os transportes para a construción, vixilancia, conservación e reparación das instalacións do parque eólico.
• Gabia: servidume de paso da liña eléctrica soterrada.
• Acceso apoios LAT: dereito de paso polos vieiros en que circularán os transportes para a instalación, vixilancia, conservación e reparación dos apoios da LAT.
– Serv. voo aero: servidume definida pola superficie de varrido das pas do aeroxerador.
– Voo LAT: servidume de voo do tendido eléctrico da liña de evacuación.
– Ocup. temp.: ocupación temporal de terreos para a construción, vixilancia, conservación e reparación das instalacións.
