DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 31 de decembro de 2025 Páx. 67419

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

DECRETO 127/2025, do 29 de decembro, de traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia dos servizos e medios persoais e materiais afectos á atención sanitaria prestada polas unidades asistenciais de atención a drogodependencias de titularidade municipal existentes no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu artigo 33.un e catro que lle corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación básica do Estado en materia de sanidade interior; que poderá organizar e administrar, para tales fins e dentro do seu territorio, todos os servizos relacionados coa materia antes expresada e que exercerá a tutela das institucións, entidades e fundacións en materia de sanidade e seguridade social.

Por outra parte, a Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, establece os principios aos que se deben acomodar as transferencias sanitarias ás comunidades autónomas e tamén, en particular, dos servizos e establecementos sanitarios dependentes das corporacións locais.

O artigo 205.3 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, establece que as leis de Galicia que regulen os distintos sectores da acción pública preverán, de ser o caso, o correspondente traspaso dos medios e servizos persoais, técnicos e financeiros a través da constitución dunha comisión sectorial.

O Decreto 133/1989, do 6 de xullo, creou a Comisión mixta coas corporacións locais para o traspaso dos centros, servizos e establecementos sanitarios dependentes destas á Comunidade Autónoma de Galicia, e estableceu a súa composición, funcións e normas de funcionamento.

A Comisión mixta prevista no citado decreto, de conformidade co disposto no seu número 2, adoptou o acordo de traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia dos servizos e medios persoais e materiais afectos á atención sanitaria prestada polas unidades asistenciais de atención a drogodependencias de titularidade municipal existentes no territorio desta comunidade.

O dito acordo, de conformidade co número 2 do mencionado decreto, ten carácter de proposta, polo que precisa a aprobación do Consello da Xunta de Galicia e do órgano competente da corporación local correspondente.

Na súa virtude, de conformidade co establecido no artigo 34.4 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do titular da Consellería de Sanidade e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e nove de decembro de dous mil vinte e cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1. Aprobación do acordo de traspaso

Apróbase o acordo da Comisión mixta constituída con base no Decreto 133/1989, do 6 de xullo, para o traspaso dos centros, servizos e establecementos sanitarios das corporacións locais á Comunidade Autónoma de Galicia, polo que se traspasan os servizos e os medios persoais e materiais afectos á atención sanitaria prestada polas unidades asistenciais de atención a drogodependencias de titularidade municipal existentes no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, nos termos que se recollen no acordo que se incorpora como anexo.

Artigo 2. Alcance e efectos do traspaso

1. Quedan traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia, e asumidos por esta, os servizos e os medios persoais e materiais que se relacionan no acordo aprobado, así como os dereitos e deberes dimanantes do dito traspaso, nos termos e condicións recollidos naquel.

2. Os bens inmobles de titularidade municipal ou doutra entidade pública distinta ao Servizo Galego de Saúde nos cales se sitúan actualmente as unidades asistenciais de atención a drogodependencias seguirán pertencendo ao patrimonio daquelas para todos os efectos, sen prexuízo da posta á disposición do seu uso ao Servizo Galego de Saúde a través da formalización do documento administrativo que corresponda, de conformidade coa normativa en materia de patrimonio das administracións públicas.

3. O traspaso dos medios persoais axustarase en todo caso ao establecido no Decreto 447/1996, do 26 de decembro, polo que se establecen as bases para a homologación e a integración funcional do persoal transferido á Xunta de Galicia dos centros sanitarios das corporacións locais, do persoal pertencente ao Servizo Galego de Saúde con vínculo xurídico funcionarial dos corpos e escalas da Administración especial sanitaria e corpos xerais e doutro persoal con vínculo laboral fixo.

4. Quedan tamén englobados no traspaso aqueles contratos ou instrumentos de natureza semellante formalizados polas distintas corporacións municipais con anterioridade ao presente acordo, sempre e cando garden unha íntima conexión co obxecto do traspaso e sexan necesarios para garantir a continuidade dos servizos prestados polas unidades asistenciais de atención a drogodependencias.

Artigo 3. Adscrición

1. Adscríbense ao Servizo Galego de Saúde os servizos e os medios persoais e materiais asumidos.

2. A Consellería de Sanidade e o organismo autónomo Servizo Galego de Saúde exercerán as funcións dimanantes das súas respectivas competencias, en relación cos servizos e medios persoais e materiais traspasados.

Artigo 4. Data de efectividade do traspaso

O traspaso dos servizos obxecto deste acordo e, en particular, os medios persoais e materiais serán efectivos a partir do 1 de xaneiro de 2026.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento normativo

Facúltanse as persoas titulares das consellerías de Facenda e Administración Pública e Sanidade para ditar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e a execución deste decreto.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e nove de decembro de dous mil vinte e cinco

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Antonio Gómez Caamaño
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Acordo sobre traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia dos servizos e medios persoais e materiais afectos á atención sanitaria prestada polas unidades asistenciais de atención a drogodependencias de titularidade municipal existentes no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia

María Jesús Rúa Moure e Andrés Núñez González, secretarios da Comisión mixta de traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia dos servizos e medios persoais e materiais afectos á atención sanitaria prestada polas unidades asistenciais de atención a drogodependencias de titularidade municipal, constituída segundo o previsto no Decreto 133/1989, de 6 de xullo,

Certifican:

Que na sesión da Comisión mixta, realizada o día dezasete de decembro de dous mil vinte e cinco, se acordou elevar ao Consello da Xunta, para a súa aprobación, o texto do acordo adoptado no seo desta comisión, de data vinte e catro de novembro de dous mil vinte e cinco, sobre traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia dos servizos e medios persoais e materiais afectos á atención sanitaria prestada polas unidades asistenciais de atención a drogodependencias de titularidade municipal existentes no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, logo da súa aprobación polos órganos competentes das corporacións locais, nos termos que a continuación se indican:

A) Referencia ás normas estatutarias e legais en que se ampara o traspaso.

O Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu artigo 33.un e catro que lle corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación básica do Estado en materia de sanidade interior; que poderá organizar e administrar, para tales fins e dentro do seu territorio, todos os servizos relacionados coas materias antes expresadas e que exercerá a tutela das institucións, entidades e fundacións en materia de sanidade e seguridade social.

Por outra parte, a Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, establece o seguinte:

«Artigo catro

1. Tanto o Estado como as comunidades autónomas e as demais administracións públicas competentes organizarán e desenvolverán todas as accións sanitarias a que se refire este título dentro dunha concepción integral do sistema sanitario.

2. As comunidades autónomas crearán os seus servizos de saúde dentro do marco desta lei e dos seus respectivos estatutos de autonomía».

«Artigo cincuenta

1. En cada comunidade autónoma constituirase un servizo de saúde integrado por todos os centros, servizos e establecementos da propia comunidade, deputacións, concellos e calquera outra administración territorial intracomunitaria, que estará xestionado, como se establece nos artigos seguintes, baixo a responsabilidade da respectiva comunidade autónoma».

Así mesmo, a disposición transitoria primeira.1 da mesma Lei 14/1986, do 25 de abril, establece que «as corporacións locais que na actualidade dispoñen de servizos e establecementos sanitarios que leven a cabo actuacións que na presente lei se adscriban aos servizos de saúde das comunidades autónomas establecerán, de mutuo acordo cos gobernos das comunidades autónomas, un proceso de transferencias daqueles».

O Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establecen a carteira de servizos comúns do Sistema nacional de saúde e o procedemento para a súa actualización, incluíu o tratamento das condutas adictivas dentro da atención á saúde mental.

A Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, recolle unha nova configuración do concepto de saúde e das prestacións sanitarias previstas no Sistema público de saúde de Galicia para a súa protección, e encadra nelas as prestacións de saúde pública, de atención primaria, de atención hospitalaria, de atención sociosanitaria, de atención de urxencias, farmacéutica, de atención ortoprotésica, de produtos dietéticos e de transporte sanitario. A saúde mental e a atención ás drogodependencias son incorporadas dentro da asistencia como calquera outro aspecto de saúde, polo que deixan de ser consideradas como prestacións sanitarias independentes.

O artigo 32.10 desta lei establece como un dos principios reitores do Sistema público de saúde de Galicia «a integración funcional de todos os recursos sanitarios públicos, apostando por fórmulas de colaboración en lugar de fórmulas competitivas».

O artigo 93.1 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, determina que «integran o Servizo Galego de Saúde os centros, servizos e establecementos sanitarios e administrativos creados pola Administración da Xunta de Galicia ou procedentes de transferencias, así como as entidades sanitarias de natureza pública que se lle adscriban».

O artigo 108.2.c) da mesma lei inclúe no concepto de empregado público da saúde «o persoal transferido, calquera que sexa o réxime xurídico de dependencia, laboral, funcionario ou estatutario, doutras administracións públicas con ocasión do traspaso e/ou da asunción das competencias, dos medios e dos servizos na materia de asistencia sanitaria».

As unidades asistenciais de drogodependencias (UAD) reguláronse inicialmente mediante a Orde da Consellería de Sanidade do 7 de xullo de 1988, sobre autorización de unidades, centros, servizos e establecementos sanitario-asistenciais de tratamento das drogodependencias, e o seu artigo 2 atribuíulles a condición de centro/establecemento sanitario-asistencial.

«Para os efectos desta orde, consideraranse como unidades, centros, servizos ou establecementos sanitario-asistenciais de tratamento das drogodependencias:

a) As unidades asistenciais de drogodependencias (UAD), que as define como centros ou servizos de tratamento ambulatorio (desintoxicación e deshabituación) das drogodependencias que, dependendo ou non dun hospital, desenvolvan calquera tipo de actividade terapéutica nun/nunha paciente consumidor/a de drogas e/ou drogodependente».

O artigo 16 da Lei 2/1996, do 8 de maio, de Galicia sobre drogas, en canto á asistencia e reinserción das persoas afectadas polo consumo de drogas, establece que «os poderes públicos da Comunidade Autónoma galega deben garantir, nas mesmas condicións que ao resto da poboación, o proceso de atención ao/á drogodependente nos servizos sanitarios e sociais, respectando os dereitos e obrigas que establece a normativa básica e autonómica sobre a materia».

Respecto dos criterios de actuación dos servizos sanitarios e sociais, o artigo 17 desta lei fixa os dous seguintes:

• «Atender as persoas con problemas derivados do consumo de drogas preferentemente no seu ámbito comunitario, potenciando os recursos asistenciais de réxime ambulatorio (UAD), de hospitalización parcial (UD) e de atención domiciliaria, e evitar, na medida do posible, a necesidade de internamento.

Nos procesos que así o requiran, a hospitalización dos pacientes drogodependentes realizarase nas unidades correspondentes dos hospitais da rede sanitaria xeral».

• «Facilitarlle ao/á drogodependente unha resposta terapéutica de carácter global, mediante a coordinación permanente dos servizos sanitarios e sociais e a optimización racional dos recursos, procurando a adaptación social das persoas afectadas e a súa reinserción na sociedade».

Coa Orde da Consellería de Sanidade do 12 de marzo de 2007, pola que se regula a integración funcional dos centros de alcoholismo e de atención ás drogodependencias non alcohólicas no Servizo Galego de Saúde, o desenvolvemento dos seus programas de intervención pasaron a depender funcionalmente do/da responsable de saúde mental da área sanitaria correspondente.

Sobre a base das previsións estatutarias e legais citadas, así como doutras de xeral e pertinente aplicación, e logo de acordo entre a Xunta de Galicia e os concellos de Burela, Cangas, Carballo, Vigo, Monforte de Lemos, Noia, O Grove, Ourense, Pontevedra, O Porriño, Ribeira, Santiago de Compostela e Vilagarcía de Arousa e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), resulta procedente efectuar o traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia dos servizos e medios persoais e materiais afectos á atención sanitaria prestada polas unidades asistenciais de atención a drogodependencias de titularidade municipal existentes no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

B) Servizos que se traspasan.

Traspásanse á Comunidade Autónoma de Galicia os servizos que, en materia de asistencia sanitaria, viñan realizando as unidades asistenciais de atención a drogodependencias de titularidade municipal no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e, en concreto, os que se viñan desenvolvendo a través dos seguintes centros:

• Unidade Asistencial de Drogodependencias de Burela.

• Unidade Asistencial de Drogodependencias de Cangas.

• Unidade de Condutas Adictivas de Carballo.

• Unidade Asistencial de Drogodependencias Cedro de Vigo.

• Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos.

• Unidade Asistencial de Drogodependencias de Noia.

• Unidade Asistencial de Drogodependencias do Grove.

• Unidade Asistencial de Drogodependencias de Ourense.

• Unidade Asistencial de Drogodependencias de Pontevedra.

• Unidade Asistencial de Drogodependencias do Porriño.

• Unidade de Condutas Adictivas de Ribeira.

• Unidade Asistencial de Drogodependencias de Santiago de Compostela.

• Unidade Asistencial de Drogodependencias de Vilagarcía de Arousa.

A Comunidade Autónoma de Galicia exixirá e vixiará o cumprimento do artigo vinte e nove da Lei 14/1986, do 25 de abril, para evitar a duplicidade das redes sanitarias públicas.

O Servizo Galego de Saúde asumirá as prestacións sanitarias que se están a desenvolver en tales centros.

C) Persoal que se traspasa.

É obxecto de traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia, en concreto ao Servizo Galego de Saúde, o persoal funcionario de carreira e laboral fixo pertencente a categorías sanitarias adscrito ás unidades asistenciais de atención a drogodependencias de titularidade municipal, así como o que, reunindo a mesma condición de fixeza, pertenza a categorías de persoal non sanitario, sempre que neste último suposto desenvolva, a xornada completa, as tarefas propias do seu vínculo nunha unidade asistencial de atención a drogodependencias.

De conformidade con estes criterios, traspásase o persoal adscrito ás unidades asistenciais de atención a drogodependencias de titularidade municipal anteriormente referidas, que se relaciona nominalmente, diferenciado por unidade de prestación de servizos e segundo o seu réxime de vinculación, no anexo I deste acordo.

As posibles modificacións que nesta relación se puideren producir con posterioridade a este acordo de traspaso deberán ser aprobadas, en cada caso, pola Comisión de Seguimento prevista neste acordo e serán recollidas e publicadas con posterioridade á dita data nunha nova relación, que reflectirá tamén a situación da letra D.

As corporacións locais notificaranlles ás persoas interesadas o traspaso e a súa nova situación administrativa. Así mesmo, deberán remitirlle ao órgano superior con competencias en materia de persoal do Servizo Galego de Saúde os expedientes do persoal traspasado, así como os certificados de haberes referidos ás cantidades devindicadas no ano anterior á formalización da integración, no prazo indicado na letra I.

O traspaso dos medios persoais axustarase en todo caso ao establecido no Decreto 447/1996, do 26 de decembro, polo que se establecen as bases para a homologación e integración funcional do persoal transferido á Xunta de Galicia dos centros sanitarios das corporacións locais, do persoal pertencente ao Servizo Galego de Saúde con vínculo xurídico funcionarial dos corpos e escalas da Administración especial sanitaria e corpos xerais e doutro persoal con vínculo laboral fixo. Respectaranse os dereitos do persoal obxecto de traspaso, que se incorporará ao cadro orzamentario do Servizo Galego de Saúde nas condicións laborais e retributivas que teña acreditadas na data de sinatura do acordo de traspaso.

Aqueles/as profesionais que, na data de sinatura do acordo de traspaso, teñan autorizada ou recoñecida pola Administración local a compatibilidade para o desempeño dunha segunda actividade, pública ou privada, e desexen manter tal situación, deberán actualizar a súa autorización ou recoñecemento por parte da Administración da Xunta de Galicia mediante a presentación dunha solicitude no prazo máximo de 6 meses, contados a partir do día seguinte á entrada en vigor do decreto de traspaso.

D) Postos de traballo vacantes que se traspasan.

Os postos de traballo vacantes dotados orzamentariamente que se traspasan son os que se detallan no anexo II deste acordo, con indicación do grupo e categoría profesional.

O persoal temporal que preste servizos efectivos nunha praza vacante dotada orzamentariamente incluída nun proceso de estabilización de emprego público temporal convocado ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, permanecerá desenvolvendo esta ata a resolución do proceso de selección. Se supera este, traspasarase ao Servizo Galego de Saúde coa condición de funcionario de carreira ou persoal laboral fixo da categoría correspondente, segundo o caso.

O persoal que na data de efectividade do traspaso manteña activo un vínculo temporal para a substitución dun/dunha profesional incluído/a nos anexos I ou II permanecerá desenvolvendo as súas funcións ata a incorporación do persoal substituído ou ata que este perda o seu dereito á reserva de praza ou, de ser o caso, ata a finalización do prazo establecido no contrato laboral ou nomeamento que se formalizase, de ter fixado un prazo de vixencia anterior.

No suposto de que, logo da autorización da Comisión de Seguimento prevista na letra J), se produza minoración de efectivos, publicarase unha nova relación de postos vacantes e dotados orzamentariamente.

E) Valoración do custo efectivo dos medios que se traspasan.

A valoración do custo efectivo dos medios que se traspasan é de 4.887.374,09 €.

F) Bens inmobles obxecto de traspaso.

As unidades asistenciais de atención a drogodependencias de titularidade municipal que se traspasan están situadas nos inmobles que se detallan no anexo III.

Os bens inmobles de titularidade municipal ou doutra entidade pública distinta ao Servizo Galego de Saúde en que se sitúan as unidades asistenciais de atención a drogodependencias seguirán pertencendo ao patrimonio daquelas para todos os efectos, sen prexuízo da posta á disposición do seu uso ao Servizo Galego de Saúde a través da formalización do documento administrativo que corresponda, de conformidade coa normativa en materia de patrimonio das administracións públicas.

O Servizo Galego de Saúde asumirá os custos de subministración, conservación e mantemento destas instalacións, nos termos e condicións que se detallarán no documento administrativo de posta á disposición do seu uso a favor do Servizo Galego de Saúde que se formalice con cada entidade titular.

G) Contratos vixentes formalizados polas corporacións municipais e vinculados directamente co funcionamento das unidades asistenciais de atención a drogodependencias.

O Servizo Galego de Saúde asumirá, a través das figuras xurídicas que correspondan, aqueles contratos ou instrumentos de natureza semellante formalizados polas distintas corporacións municipais con anterioridade a este acordo, sempre e cando garden unha íntima conexión co obxecto do traspaso e sexan necesarios para garantir a continuidade dos servizos prestados polas unidades asistenciais de atención a drogodependencias. Tales contratos figuran relacionados no anexo IV.

H) Outros bens materiais obxecto de traspaso.

Constitúe tamén obxecto de traspaso o inmobilizado material e inmobilizado intanxible que na data de aprobación do presente acordo pertenza ou estea á disposición das distintas unidades asistenciais de atención a drogodependencias, o cal consta relacionado no anexo de inventario certificado polos respectivos concellos.

I) Documentación e expedientes dos servizos que se traspasan.

A entrega da documentación e expedientes correspondentes aos servizos e medios persoais traspasados realizarase na data de sinatura do acordo de traspaso.

Con carácter excepcional, unicamente respecto daquela documentación que pola súa natureza ou data de xeración non poida ser achegada na data sinalada, poderá remitirse nun momento posterior, comprendido en todo caso nos quince días seguintes á entrada en vigor do decreto de traspaso.

J) Comisión de Seguimento.

Constituirase unha comisión paritaria de seguimento, á cal lle corresponderá a interpretación e a solución de cantas dúbidas e cuestións puideren derivar do acordado, asegurar a continuidade das operacións administrativas e garantir un traspaso ordenado dos servizos e medios sinalados nas letras precedentes.

Esta comisión estará formada por cinco persoas designadas pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e cinco persoas designadas pola Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Sanidade.

As sesións da Comisión poderán contar coa asistencia e participación con voz dun representante de cada unha das corporacións locais correspondentes ás unidades obxecto de traspaso, se o consideran de interese. Con tal fin, notificaráselle a cada concello a convocatoria coa orde do día de cada unha das sesións, sen prexuízo, ademais, de poder solicitar os concellos, a través da Fegamp, a súa convocatoria.

A Comisión de Seguimento realizará, nun prazo non superior a seis meses, a revisión e a modificación das relacións adxuntas, no caso de que for necesario.

K) Data de efectividade do traspaso.

O traspaso dos servizos obxecto deste acordo e, en particular, dos medios persoais e materiais será efectivo a partir do 1 de xaneiro de 2026.

L) Outros acordos.

Á marxe do acordado sobre o traspaso de servizos e medios persoais e materiais, a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fegamp establecerán, mediante un convenio de colaboración, o procedemento necesario para a cancelación das liquidacións pendentes.

Anexo I. Persoal que se traspasa.

Anexo II. Postos de traballo vacantes que se traspasan.

Anexo III. Bens inmobles obxecto de traspaso.

Anexo IV. Contratos obxecto de traspaso e/ou subrogación.

ANEXO I

Persoal que se traspasa

Unidade

Grupo de clasificación

Posto de traballo

Tipo de vínculo xurídico

Nome e apelidos da persoa titular

Nome e apelidos da persoa substituta temporal

Burela

Grupo I

Director/a-psicólogo/a

Laboral fixo

Mª Concepción Abad Alastruey

Burela

Grupo I

Psicólogo/a

Laboral fixo

Susana Fernández Pernas

Burela

Grupo II

Enfermeiro/a

Laboral fixo

Adriana Rego Díaz

Burela

Grupo II

Traballador/a social

Laboral fixo

María Teresa Lanza Méndez

Burela

Grupo IV

Auxiliar administrativo/a

Laboral fixo

María Teresa García González

Burela

Grupo IV

Auxiliar de clínica

Laboral fixo

María Belén Maseda Seco

Cangas

Grupo I

Director/a-coordinador/a

Laboral fixo

Maximino Portela Freire

Cangas

Grupo II

Enfermeiro/a

Laboral fixo

Begoña Chapela Broullón

Cangas

Grupo IV

Auxiliar de clínica

Laboral fixo

Manuela García Moreira

Cangas

Grupo II

Traballador/a social

Laboral fixo

María Eugenia Tenorio González

Carballo

Grupo I

Director/a-psicólogo/a

Laboral fixo

María Lourdes Suárez Fernández

Carballo

Grupo II

Enfermeiro/a

Laboral fixo

María Mercedes Paredes Deus

Carballo

Grupo II

Traballador/a social

Laboral fixo

Natalia Docampo Alvarez

Cedro-Vigo

Subgrupo A1

Xefe/a de Cedro

Funcionario/a de carreira

Francisco Abel Otero Lamas

Cedro-Vigo

Subgrupo C2

Aux. de lab. de Cedro

Funcionario/a de carreira

María Jesús Balea Carrera

Cedro-Vigo

Subgrupo C2

Aux. de lab. de Cedro

Funcionario/a de carreira

Nina Benavides Oteroa

Monforte de Lemos

Subgrupo A1

Psicólogo/a clínico/a

Laboral fixo

Sagrario Ferreira Pernas

Estela Taboada López

Monforte de Lemos

Subgrupo A2

Director/a- enfermeiro/a

Laboral fixo

Noemí Escobar Moure

Monforte de Lemos

Subgrupo A2

Traballador/a social

Laboral fixo

Teresa González Carballo

Monforte de Lemos

Subgrupo A2

Educador/a social

Laboral fixo

María Luisa Astray García

Monforte de Lemos

Subgrupo C2

Auxiliar administrativo/a

Laboral fixo

Antonio González Urdiales

Noia

Grupo I

Psiquiatra

Laboral fixo

Joaquín Pomares Botana

O Grove

Subgrupo A1

Psicólogo/a

Laboral fixo

Liliana Barral Caneda

O Grove

Subgrupo C2

Auxiliar de clínica

Laboral fixo

Ana Eva Gondar Pérez

María Gondar Barral

O Grove

Subgrupo A2

Traballador/a social

Laboral fixo

Manuela Franco Recamán

O Grove

Subgrupo A2

Educador/a social- director/a

Laboral fixo

Ana María Caneda Pérez

Ourense

Subgrupo A1

Psicólogo/a

Funcionario/a de carreira

Mercedes Martínez Montero

Ourense

Subgrupo A1

Psicólogo/a

Funcionario/a de carreira

Isolina Míguez Estévez

Ourense

Subgrupo C2

Auxiliar administrativo

Funcionario/a de carreira

Alejandro Delgado Mejías

Ourense

Subgrupo C2

Aux. adm. xefe/a da unidade

Funcionario/a de carreira

Juan Muíños López

Pontevedra

Subgrupo C2

Aux. de clínica

Funcionario/a de carreira

Mónica Varela Vara de Rey

O Porriño

Grupo I

Médico/a-xefe/a da unidade

Laboral fixo

Marina de la Concepción Fuentes Barco

O Porriño

Grupo IV

Auxiliar de clínica

Laboral fixo

Herminda de los Remedios Pereiro Rodríguez

O Porriño

Grupo II

Traballador/a social

Laboral fixo

María José Sentí Estébanez

O Porriño

Grupo IV

Auxiliar administrativo/a

Laboral fixo

María del Pilar Ferreira Castro

Ribeira

Grupo I

Médico psiquiatra (xefe/a do servizo)

Laboral fixo

Jesús César Cartelle Fernández

Ribeira

Grupo II

Enfermeiro/a

Laboral fixo

Ana Mª León Caamaño

Ribeira

Grupo IV

Auxiliar de clínica

Laboral fixo

Mª Mercedes Barreiro López

Manuela Cores Ces

Ribeira

Grupo IV

Monitor/a multidisciplinar

Laboral fixo

Manuel Casais Arestín

Ribeira

Grupo III

Monitor/a multidisciplinar

Laboral fixo

María de los Ángeles Sánchez Pérez

Ribeira

Grupo II

Traballador/a social

Laboral fixo

Eva Mª Fontaíña García

Santiago de Compostela

Subgrupo A1

Psicólogo/a

Laboral fixo

Fernando González Iglesias

Santiago de Compostela

Subgrupo A2

Enfermeiro/a

Laboral fixo

Juana María Rodríguez Rivero

Santiago de Compostela

Subgrupo C2

Auxiliar de clínica

Laboral fixo

María del Carmen Franqueira Brea

Santiago de Compostela

Subgrupo A2

Traballador/a social

Laboral fixo

Marisol Fernández Valado

Santiago de Compostela

Subgrupo C1

Director/a de tempo libre

Laboral fixo

Pablo Álvarez García

Santiago de Compostela

Subgrupo C2

Monitor/a ocupacional

Laboral fixo

María Teresa López Herrero

Vilagarcía de Arousa

Subgrupo C2

Auxiliar administrativo/a

Funcionario/a de carreira

María Begoña Fontán Fajardo

Vilagarcía de Arousa

Subgrupo C1

Auxiliar de clínica

Funcionario/a de carreira

Beatriz Castro Barreiro

Vilagarcía de Arousa

Subgrupo A2

Enfermeiro/a

Funcionario/a de carreira

María Alfonso Villamil

Vilagarcía de Arousa

Subgrupo A2

Traballador/a social

Funcionario/a de carreira

María Carmen Mariño Padín

Vilagarcía de Arousa

Subgrupo A2

Educador/a social

Funcionario/a de carreira

Susana Casal Martínez

Vilagarcía de Arousa

Subgrupo A2

Educador/a social

Funcionario/a de carreira

María Bel Romero Viñas

Vilagarcía de Arousa

Subgrupo A1

Psicólogo/a

Funcionario/a de carreira

Blanca Rosa Vázquez Corral

Beatriz Castromil Vázquez

Vilagarcía de Arousa

Subgrupo A1

Psicólogo/a

Funcionario/a de carreira

María Beatriz Camba Cortés

Vilagarcía de Arousa

Subgrupo A1

Médico/a

Funcionario/a de carreira

María del Mar Lojo Caamaño

ANEXO II

Postos de traballo vacantes que se traspasan

Unidade

Grupo de clasificación

Posto de traballo

Tipo de vínculo xurídico

Nome e apelidos do persoal temporal

Nome e apelidos da persoa substituta

Burela

Grupo I

Médico/a

Laboral

Vacante

Cangas

Grupo I

Médico/a especialista en psiquiatría

Laboral temporal

Paula Martínez Vico

Cangas

Subgrupo C2

Auxiliar administrativo/a

Funcionario/a de carreira

Vacante

Carballo

Subgrupo C2

Auxiliar administrativo/a

Funcionario/a de carreira

Vacante

Cedro-Vigo

Subgrupo A2

Enfermeiro/a

Funcionario/a interino/a

Jorge Rouco Velasco

Cedro-Vigo

Subgrupo C2

Auxiliar Cedro

Funcionario/a de carreira

Vacante

Cedro-Vigo

Agrup. prof.

Subalterno/a-recepcionista

Funcionario/a de carreira

Vacante

Monforte de Lemos

Subgrupo A1

Médico/a

psiquiatra

Laboral

Vacante

Monforte de Lemos

Subgrupo C2

Monitor/a de tempo libre

Laboral

Vacante

Noia

Grupo II

Traballador/a social

Laboral temporal

Adriana Vieites Freire

Noia

Grupo IV

Auxiliar de clínica

Laboral temporal

Rosalía Bello Alborés

Noia

Grupo I

Psicólogo/a

Laboral temporal

María José Fátima Piñeiro Nin

Noia

Subgrupo C2

Auxiliar administrativo/a

Funcionario/a de carreira

Vacante

O Grove

Subgrupo A1

Médico/a psiquiatra

Laboral

Vacante

Ourense

Subgrupo A1

Psiquiatra

Funcionario/a interino/a

Ana María Fernández Sobrino

Ourense

Subgrupo A1

Médico/a

Funcionario/a interino/a

Valentín Estévez Pérez

Ourense

Subgrupo A1

Farmacéutico/a

Laboral indefinido/a non fixo/a

Mª Emilia Soto Tabarés

Ourense

Subgrupo A2

Traballador/a social

Funcionario/a interino/a

Marta Acevedo Mira

Nancy Rocío Agüero Vázquez

Ourense

Subgrupo C2

Aux. de clínica

Funcionario/a interino/a

Mª Pilar Cuquejo Rodríguez

Ourense

Subgrupo A2

Enfermeiro/a

Funcionario/a de carreira

Vacante

Pontevedra

Grupo I

Xefe/a de servizo- médico/a

Laboral

Vacante

Pontevedra

Grupo I

Xefe/a de sección- psiquiatra

Laboral

Vacante

Pontevedra

A1

Xefe/a de sección-psicólogo/a

Funcionario/a de carreira

Vacante

Pontevedra

Grupo I

Xefe/a de sección-psicólogo/a

Laboral

Vacante

Pontevedra

Subgrupo A2

Enfermeiro/a

Funcionario/a de carreira

Vacante

Pontevedra

Grupo I

Psicólogo/a

Laboral

Vacante

Pontevedra

Grupo IV

Auxiliar de clínica

Laboral

Vacante

O Porriño

Grupo I

Psicólogo/a

Laboral

Vacante

Ribeira

Grupo I

Médico/a coordinador/a de área médica

Laboral temporal

Darío Señoráns Argibay

Ribeira

Grupo I

Psicólogo/a

Laboral

Vacante

Ribeira

Grupo I

Psicólogo/a

Laboral

Vacante

Ribeira

Grupo IV

Auxiliar administrativo/a

Laboral

Vacante

Santiago de Compostela

Subgrupo A2

Enfermeiro/a

Laboral temporal

Manuela Matalobos Vázquez

Santiago de Compostela

Subgrupo A1

Psicólogo/a

Laboral temporal

Fátima Pérez Sayago

Santiago de Compostela

Subgrupo A1

Dirección da UMAD

Laboral

Vacante

Santiago de Compostela

Subgrupo A1

Médico/a

Laboral

Vacante

Santiago de Compostela

Subgrupo A1

Médico/a

Laboral

Vacante

Santiago de Compostela

Subgrupo A2

Traballador/a social

Laboral

Vacante

Vilagarcía de Arousa

Subgrupo C1

Auxiliar de clínica

Funcionario/a interino/a

María del Carmen Vázquez Vence

ANEXO III

Bens inmobles obxecto de traspaso

– Unidade Asistencial de Drogodependencias de Burela.

No Concello de Burela a unidade está na rúa das Laxelas, 14, con referencia catastral 2158063PJ3325N0001KZ. Esta edificación é de titularidade municipal.

– Unidade Asistencial de Drogodependencias de Cangas.

No Concello de Cangas a UAD está no Centro Municipal do Benestar Social, sito na avenida de Ourense, 46, con referencia catastral 8693701NG1789S. É de titularidade municipal.

– Unidade de Condutas Adictivas de Carballo.

A Unidade de Condutas Adictivas do Concello de Carballo está situada na praza do Médico Eduardo Mariño, s/n (antiga avenida do Ambulatorio), no primeiro andar do edificio existente na parcela con referencia catastral 5456913NH2855N0001BM. É de titularidade municipal.

O plano da superficie que se vai ceder en que se concreta o actual destino de cada sala é o seguinte:

missing image file

– Unidade Asistencial de Drogodependencias Cedro de Vigo.

A Unidade Asistencial de Drogodependencias Cedro está situada na rúa Pintor Colmeiro, 9, Vigo, con referencia catastral 2449616NG2724N0001XB. É de titularidade municipal.

– Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos.

A Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos localízase na praza da Estación, 17, baixo, nesta mesma localidade. O inmoble onde se encontran as instalacións da unidade asistencial de drogodependencias é de titularidade do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF). Figura o contrato asinado de data 1 de xaneiro de 2017.

– Unidade Asistencial de Drogodependencias do Grove.

A Unidade Asistencial de Drogodependencias do Grove localízase na rúa do Matadoiro, 3 (antes rúa Lordelo), 36980 O Grove. A referencia catastral é 0852301NH1005S0001TT.

A edificación está situada nun terreo pertencente ao dominio público marítimo-terrestre e o Concello do Grove conta cunha concesión administrativa de ocupación sobre el outorgada pola Dirección General de Costas do Ministerio de Medio Ambiente.

A Unidade Asistencial de Drogodependencias ocupa desde a súa apertura no ano 1995 parte do edificio, que é compartido con outros servizos municipais, actualmente cos servizos sociais municipais e o Centro de Información á Muller, aínda que con acceso e dependencias diferenciadas e independentes entre a UAD e os demais servizos.

– Unidade Asistencial de Drogodependencias de Pontevedra.

A unidade está en tres locais conectados entre si.

• Local 8A, situado na rúa Valentín García Escudero, 1, con referencia catastral 9483006NG2998S0001ZL. Está inscrito no Rexistro da Propiedade de Pontevedra, 1, co número de predio 17485, folio 150, libro 1.099, tomo 1.950, data da 3ª inscrición: 2 de marzo de 2015. Este local consta co número 2343 no Inventario de bens e dereitos municipal con data 31 de decembro de 2021, aprobado polo Pleno na sesión que tivo lugar o 23 de xuño de 2025.

• Local 8B, situado na avenida Bos Aires, 2, con referencia catastral 9483001NG2998S0001XL. Está inscrito no Rexistro da Propiedade de Pontevedra, 1, co número de predio 17492, folio 153, libro 1.099, tomo 1.950, data da 3ª inscrición: 2 de marzo de 2015. Este local consta co número 2352 no Inventario de bens e dereitos municipal o 31 de decembro de 2021, aprobado polo Pleno na sesión que tivo lugar o 23 de xuño de 2025.

• Local 9, situado na avenida Bos Aires, 2, con referencia catastral 9483001NG2998S0002MB, inscrito no Rexistro da Propiedade de Pontevedra, número 1, co número de predio 17493, folio 156, libro 1.099, tomo 1.950, data da 3ª inscrición 2 de marzo de 2015. Este local consta co número 2353 no Inventario de bens e dereitos municipal con data 31 de decembro de 2021, aprobado polo Pleno na sesión que tivo lugar o 23 de xuño de 2025.

– Unidade Asistencial de Drogodependencias do Porriño.

A UAD do Porriño sitúase na rúa Fernández Areal, 37, O Porriño, e o inmoble está inscrito na epígrafe de inmobles do Inventario municipal de bens e dereitos do Concello do Porriño, coa natureza de dominio público, servizo público, co código de inventario 0006, e inscrito no Rexistro da Propiedade de Tui no tomo 539, libro 91, folio 97, predio 10590, con referencia catastral 1678011NG3617N0001QT.

– Unidade de Condutas Adictivas de Ribeira.

O inmoble onde se desenvolve a actividade localízase na avenida da Coruña, 174, con referencia catastral 001703400NH01C0001BM e é titularidade da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

– Unidade Asistencial de Drogodependencias de Santiago de Compostela.

A edificación está situada nunha parcela de titularidade municipal de 55.400,40 m2, con referencia catastral 8398730NH3489G0001OO, resultante da parcelación da antiga parcela do mercado nacional de gando, adquirida polo Concello de Santiago de Compostela ao Estado en virtude de escritura pública de cesión outorgada o 24 de marzo de 1997 ante o notario de Santiago de Compostela, Manuel Julio Reigada Montoto, co número 960/1997 do seu protocolo. A parcela está inscrita a nome do Concello no Rexistro da Propiedade número 2 desta cidade: tomo 1053, libro 95, folio 29, predio 8.429.

A referida parcela foi construída sen división horizontal.

O edificio destinado á UMAD está situado na porción IA-5 de equipamento institucional administrativo da parcela sinalada.

ANEXO IV

Contratos obxecto de traspaso e/ou subrogación

– Unidade Asistencial de Drogodependencias Cedro de Vigo.

1. Contrato administrativo de servizos formalizado entre o Concello de Vigo e Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A. o 11 de febreiro de 2025 para a prestación do servizo sanitario asistencial de Cedro (XGL 17.1.2025; expediente número 3007/315), con vixencia inicial ata o 28 de febreiro de 2026.

Conforme a letra G), o Servizo Galego de Saúde asumirá, a través das figuras xurídicas que correspondan, aqueles contratos ou instrumentos de natureza semellante formalizados polas distintas corporacións municipais con anterioridade a este acordo, sempre e cando garden unha íntima conexión co obxecto do traspaso e sexan necesarios para garantir a continuidade dos servizos prestados polas unidades asistenciais de atención a drogodependencias.

A determinación dos contratos obxecto de subrogación ou a forma do repartición de gasto entre administracións en que non proceda a subrogación determinarase nos acordos posteriores individualizados cos concellos de acordo coa información subministrada por eles con anterioridade a este acordo.