O artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia (LEG), dispón que os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados mediante decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.
O artigo 9.7 da LEG recolle que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.
O artigo 18.11 do Regulamento xeral de estradas de Galicia (RXEG), dispón que os cambios de titularidade de treitos de estradas a favor de administracións de menor ámbito territorial só se levarán a cabo cando se trate de treitos terminais ou non impliquen a interrupción de ningún dos itinerarios de que forman parte sen que exista unha alternativa viaria, existente ou planificada, para todos eles, que proporcione un nivel de servizo, cando menos, equivalente.
O 18.12.2025, a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello do Grove asinaron un acordo previo para o cambio de titularidade, a prol do Concello, do treito final da estrada autonómica PO-316 (rúa Luis A. Mestre), situado entre os pp.qq. 5+510 e 5+890.
A estrada PO-316, coa excepción do seu treito final, que ten categoría funcional local (p.q. 4+440 a p.q. 5+890), ten a categoría funcional de rede estruturante, xa que forma parte do itinerario que conecta o núcleo urbano do Grove coa rexión e área urbana de Pontevedra.
O tamén treito final, pero de menor lonxitude có mencionado no parágrafo anterior, da estrada PO-316, desde o p.q. 5+510 ao p.q. 5+890, presenta un marcado carácter local e urbano e carece de funcionalidade dentro da Rede autonómica de estradas de Galicia (RAEG).
A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo cos informes emitidos polos servizos competentes, formula a proposta favorable á transferencia de titularidade do treito que se define no artigo 1.
De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e nove de decembro de dous mil vinte e cinco,
DISPOÑO:
Artigo 1
Aprobar o cambio de titularidade, a prol do Concello do Grove, do treito final da estrada PO-316 (rúa Luis A. Mestre), xunto co seu dominio público viario (DPV), conforme os seguintes datos:
|
Transferencia |
Inicio |
Coordenadas UTM (ETRS89 fuso 29N) |
Final |
Coordenadas UTM (ETRS89 fuso 29N) |
Lonx. (m) |
|
Treito final da PO-316 (rúa Luis A. Mestre) |
p.q. 5+510 da PO-316 |
X = 510.973 Y = 4.704.327 |
p.q. 5+890 da PO-316 |
X= 511.079 Y= 4.704.693 |
386 |
Modificar, en aplicación do artigo 10.6.a) da LEG, o Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia, aprobado polo Decreto 100/2021, do 24 de xuño, suprimindo este treito final da estrada PO-316 do Catálogo, que queda reflectida cos seguintes datos:
|
Clave |
Denominación |
Treito |
p.q.i |
p.q.f |
Lonxitude treito (km) |
Lonxitude total (km) |
Categoría funcional |
Clase de estrada |
Provincia |
|
PO-316 |
A Lanzada (PO-550)-O Grove (av. Portugal) |
A Lanzada (PO-316)-Ardia (PO-312) |
0+000 |
4+440 |
4,44 |
5,51 |
Estruturante |
Estrada convencional |
Pontevedra |
|
PO-316 |
A Lanzada (PO-550)-O Grove (av. Portugal) |
Ardia (PO-312)-O Grove (av. Portugal) |
4+440 |
5+510 |
1,07 |
5,51 |
Local |
Estrada convencional |
Pontevedra |
O documento do Catálogo e as súas modificacións poden consultarse na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas: https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega
Artigo 2
En aplicación dos puntos 4 e 6 do artigo 10 da LEG, o Concello do Grove deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír o cambio de titularidade a que se refire este decreto.
Artigo 3
De acordo co establecido no artigo 9.6 da LEG, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos tres meses seguintes a esta publicación, mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.
Esa acta de entrega e os seus planos poderán consultarse na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega
Artigo 4
Correspóndenlle ao Concello do Grove, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que lle poida corresponder como nova Administración titular do treito.
Disposición derradeira
Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, vinte e nove de decembro de dous mil vinte e cinco
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente
María Martínez Allegue
Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
