No Diario Oficial de Galicia núm. 179, do 17 de setembro de 2025, publícase a Orde do 21 de agosto de 2025, da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, coas bases reguladoras das subvencións a entidades de acción voluntaria e entidades locais para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2026 (código de procedemento BS508E).
De conformidade co artigo 18 da antedita orde, a resolución do procedemento de axuda, logo da fiscalización da proposta facendo uso das competencias conferidas no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, correspóndelle á directora xeral de Xuventude, por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
Así mesmo, o artigo 20 da mesma orde establece que se publicará no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre outras, a correspondente resolución deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.
Tras a instrución do procedemento, o 2 de xaneiro de 2026 o órgano competente emite a resolución que finaliza o procedemento de concesión das subvencións para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeneracional no medio rural.
Por todo o exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 2 de xaneiro de 2026 de concesión das subvencións ao abeiro da Orde do 21 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións en réxime de concorrencia competitiva dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2026 (código de procedemento BS508E), como anexo desta resolución.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 2 de xaneiro de 2026 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Notificada a resolución polo órgano competente, as entidades beneficiarias disporán dun prazo de 10 días computado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se produza manifestación expresa se entenderá tacitamente aceptada.
Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2026
Lara del Carmen Meneses Álvarez
Directora xeral de Xuventude
ANEXO
Resolución do 2 de xaneiro de 2026 de concesión das subvencións ao abeiro da Orde do 21 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións en réxime de concorrencia competitiva dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2026 (código de procedemento BS508E).
Con data do 17 de setembro de 2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 179, a Orde do 21 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións en réxime de concorrencia competitiva dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2026 (código de procedemento BS508E).
O artigo 9 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes sinalado no citado artigo é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
Finalizado o prazo, unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.
Con data do 10 de novembro de 2025 publícase no Diario Oficial de Galicia o requirimento de emenda da documentación das solicitudes presentadas con indicación expresa ás entidades solicitantes de que son requiridas para que, no prazo de dez días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia do requirimento, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria, con indicación de que, se así non o fixeren, se considerará que desisten da súa petición, logo de resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Finalizado o prazo, logo de analizar a documentación, con data do 17 de decembro de 2025 e de acordo co disposto nos artigos 15, 16, 17 e 18 da dita orde de convocatoria, reuniuse a Comisión Avaliadora para analizar as solicitudes de axuda e valorar os proxectos presentados polas entidades de acción voluntaria e as entidades locais, así como para elaborar o correspondente informe en que figuran as entidades con proxectos valorados.
Emitido o informe coa valoración dos proxectos presentados, o Servizo de Voluntariado e Participación, órgano instrutor do procedemento, emite, de conformidade co disposto no artigo 18 da orde de convocatoria, a proposta de resolución o 18 de decembro de 2025.
Vista a proposta de resolución e de conformidade co disposto no artigo 18 da Orde do 21 de agosto de 2025,
RESOLVO:
Primeiro. Conceder a axuda ás entidades locais propostas no anexo I, ao abeiro da Orde do 21 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2026.
Esta concesión resulta de aplicación de conformidade cos criterios de valoración previstos no artigo 16 das bases reguladoras, por un importe total de 172.018,00 €, para entidades locais, con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.312F.460.0.
Segundo. Conceder a axuda ás entidades de acción voluntaria propostas no anexo II, ao abeiro da Orde do 21 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2026.
Esta concesión resulta de aplicación de conformidade dos criterios de valoración previstos no artigo 16 das bases reguladoras, por un importe total de 311.646,11 €, para entidades de acción voluntaria, con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.312F.481.0.
Terceiro. As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas na Orde do 21 de agosto de 2025 e, especialmente, ás establecidas no artigo 26.
A xustificación das subvencións realizarase de acordo co establecido no artigo 23 da convocatoria.
Así mesmo, o pagamento das axudas realizarase de acordo co previsto no artigo 24 da mesma convocatoria.
Cuarto. Establecer a lista de agarda que se recolle no anexo III, de acordo co artigo 17.2.
Quinto. Denegar as solicitudes que se relacionan no anexo IV, con indicación da causa concreta que motivou a denegación.
Sexto. Esta resolución que finaliza o procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2026. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, P.D. (Artigo 18 e disposición adicional terceira da Orde do 21.8.2025), Lara del Carmen Meneses Álvarez, directora xeral de Xuventude
ANEXO I
Axudas concedidas a entidades locais
Concesións individuais
|
Nº |
Nº exp. |
Entidad |
NIF |
Provincia |
Puntuación |
Presupuesto concedido |
|
1 |
2026/013 |
Concello de Muxía |
P1505300B |
A Coruña |
71,46 |
15.000,00 € |
|
2 |
2026/023 |
Concello de Vedra |
P1509000D |
A Coruña |
71,00 |
28.000,00 € |
|
3 |
2026/031 |
Concello de Guitiriz |
P2702200C |
Lugo |
50,99 |
16.959,48 € |
|
4 |
2026/026 |
Concello de Larouco |
P3203900J |
Ourense |
77,75 |
18.000,00 € |
|
5 |
2026/014 |
Concello de San Xoán de Río |
P3207100C |
Ourense |
77,25 |
18.000,00 € |
|
6 |
2026/033 |
Concello da Veiga |
P3208400F |
Ourense |
62,00 |
30.000,00 € |
|
7 |
2026/021 |
Concello do Rosal |
P3604800G |
Pontevedra |
78,04 |
27.000,00 € |
|
8 |
2026/032 |
Concello de Mos |
P3603300I |
Pontevedra |
56,77 |
19.058,52 € |
|
Total |
172.018,00 € |
|||||
ANEXO II
Axudas concedidas a entidades de acción voluntaria
|
Nº |
Nº exp. |
Entidade |
NIF |
Provincia |
Puntuación |
Orzamento concedido |
|
1 |
2026/009 |
Asociación Medioambiental Amabul |
G15925209 |
A Coruña |
83,96 |
18.000,00 € |
|
2 |
2026/017 |
Asociación Integro para a Diversidade Funcional das Comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra |
G15173263 |
A Coruña |
75,67 |
18.000,00 € |
|
3 |
2026/002 |
Feafes Galicia, Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia |
G15545353 |
A Coruña |
72,60 |
30.000,00 € |
|
4 |
2026/015 |
Escola de Tempo Libre Colaxe |
G10818920 |
A Coruña |
65,25 |
18.000,00 € |
|
5 |
2026/025 |
Fundación Ronsel |
G15752660 |
A Coruña |
61,39 |
17.000,00 € |
|
6 |
2026/029 |
Asociación Ecos do Sur |
G15354483 |
A Coruña |
55,75 |
24.916,11 € |
|
7 |
2026/004 |
Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer, Agadea |
G15483498 |
A Coruña |
54,75 |
21.000,00 € |
|
8 |
2026/007 |
Asociación Cultural, Social, Ecolóxica e Económica Os Tres Reinos |
G32345274 |
Ourense |
75,00 |
30.000,00 € |
|
9 |
2026/016 |
Asociación Limisi, para a Promoción das Persoas con Diversidade Funcional da Comarca da Limia |
G32302671 |
Ourense |
71,16 |
8.000,00 € |
|
10 |
2026/020 |
Asociación Sustinea |
G32422834 |
Ourense |
67,50 |
20.320,00 € |
|
11 |
2026/019 |
Asociación Escola Rural de Saúde da Limia |
G32426025 |
Ourense |
61,65 |
7.600,00 € |
|
12 |
2026/024 |
Valoresc Innovation |
G70377585 |
Ourense |
61,00 |
30.000,00 € |
|
13 |
2026/006 |
Asociación Cultural, Social, Deportiva, Lúdica, Ecolóxica, da Muller, de Inclusión, do Rural, Vive Vilariño |
G32504508 |
Ourense |
59,75 |
30.000,00 € |
|
14 |
2026/012 |
Casa Santa María de la Esperanza Esclavas de la Virgen Dolorosa-EVD Galicia |
R3600131A |
Pontevedra |
84,50 |
19.370,00 € |
|
15 |
2026/011 |
Asociación para el Desarrollo Educativo y Cultural, ADEC |
G94153053 |
Pontevedra |
67,54 |
19.440,00 € |
|
Total |
311.646,11 € |
|||||
ANEXO III
Lista de agarda
Entidades de acción voluntaria
|
Nº |
Nº exp. |
Entidade |
NIF |
Provincia |
Puntuación |
Orzamento solicitado |
|
1 |
2026/034 |
Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia |
G15450828 |
A Coruña |
50,25 |
21.000,00 € |
ANEXO IV
Solicitudes denegadas
Denegadas entidades locais
|
Nº |
Nº exp. |
Entidade |
NIF |
Provincia |
Motivo da denegación |
|
1 |
2026/028 |
Concello de Monterrei |
P3205100E |
Ourense |
Non alcanzar a puntuación requirida |
|
2 |
2026/010 |
Concello de Vilariño de Conso |
P3209300G |
Ourense |
Non alcanzar a puntuación requirida |
|
3 |
2026/027 |
Concello de Ponteareas/Oficina Municipal de Voluntariado |
P3604200J |
Pontevedra |
Non alcanzar a puntuación requirida |
Denegadas entidades de acción voluntaria
|
Nº |
Nº exp. |
Entidade |
NIF |
Provincia |
Motivo da denegación |
|
1 |
2026/008 |
Asociación de Colaboración y Promoción del Sordo, Acopros |
G15048762 |
A Coruña |
Non alcanzar a puntuación requirida |
|
2 |
2026/001 |
Asociación Cultural Nosa Señora da O |
G75314450 |
A Coruña |
Desistencia |
|
3 |
2026/036 |
Asociación Antonio Noche |
G15210388 |
A Coruña |
Desistencia |
|
4 |
2026/003 |
Fundación Amigos de la Barrera |
G32321978 |
Ourense |
Non alcanzar a puntuación requirida |
|
5 |
2026/035 |
Xeracción, Sociedade Cooperativa Galega |
F32479040 |
Ourense |
Desistencia |
|
6 |
2026/030 |
Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de la Comarca del Morrazo, Afamo |
G36368488 |
Pontevedra |
Non alcanzar a puntuación requirida |
|
7 |
2026/005 |
A Casa das Redes, Sociedade Cooperativa Galega |
F75415836 |
Pontevedra |
Non alcanzar a puntuación requirida |
|
8 |
2026/022 |
Casa Nuestra Señora de Fátima y Cristo Rey. Esclavas de la Virgen Dolorosa |
R3600113I |
Pontevedra |
Non alcanzar a puntuación requirida |
