DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 2026 Páx. 2183

III. Outras disposicións

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2025 pola que se reaxustan as anualidades previstas na Resolución do 1 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a establecementos turísticos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan con carácter plurianual (2025-2026) (código de procedemento TU503F).

O 3 de setembro de 2025 (DOG núm. 169) publicouse a Resolución do 1 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a establecementos turísticos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan con carácter plurianual (2025-2026) (código de procedemento TU503F), e o 11 de novembro de 2025 publicouse a Resolución do 7 de novembro de 2025 pola que se acorda a ampliación do prazo para a presentación de solicitudes no procedemento regulado pola Resolución do 1 de agosto de 2025.

As axudas previstas nesta convocatoria fináncianse cun crédito total de 5.000.000,00 de euros, imputables á aplicación orzamentaria 04.A2.761A.770.0, proxecto 2022 00001, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2025-2026. O orzamento divídese en tres liñas de actuación subvencionables: liña 1: eficiencia enerxética, cun orzamento de 764.000,00 € (eixe 2: mellora da eficiencia enerxética); liña 2: dixitalización de recursos con potencial turístico no litoral, cun orzamento de 580.000,00 € (eixe 3: dixitalización); e liña 3: mellora da fachada turística do litoral, cun orzamento de 3.656.000,00 € (eixe 4: competitividade).

As subvencións previstas nesta resolución financiaranse co seguinte detalle:

Liñas

Anualidade 2025

Anualidade 2026

Total

Liña 1

100.000,00 €

664.000,00 €

764.000,00 €

Liña 2

100.000,00 €

480.000,00 €

580.000,00 €

Liña 3

200.000,00 €

3.456.000,00 €

3.656.000,00 €

400.000,00 €

4.600.000,00 €

5.000.000,00 €

Unha vez ampliado o prazo de presentación de solicitudes ata o 12 de decembro de 2025, e logo de estudar as solicitudes presentadas ata o momento, comprobouse que o crédito inicial para a anualidade 2026 resulta insuficiente para atender as solicitudes presentadas que cumpren os requisitos establecidos na Resolución do 1 de agosto de 2025, e que o importe solicitado para a anualidade 2025 é inferior ao crédito dispoñible para esta anualidade, polo que procede realizar un reaxuste minorando a anualidade 2025 e incrementando o mesmo importe na anualidade 2026.

De conformidade coa competencia conferida polo artigo 19 dos estatutos da Axencia de Turismo de Galicia, aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro,

RESOLVO:

Primeiro. Redistribuír o crédito dispoñible establecido no artigo 2 das bases reguladoras da Resolución do 1 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a establecementos turísticos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan con carácter plurianual (2025-2026) (código de procedemento TU503F), que terá a seguinte distribución plurianual:

Partida orzamentaria

2025

2026

04.A2.761A.770.0

65.204,79 €

4.934.795,21 €

A distribución por liñas é a que se detalla a seguir:

Anualidade 2025

Anualidade 2026

Liña 1

11.768,94 €

752.231,06 €

Liña 2

18.008,89 €

561.991,11 €

Liña 3

35.426,96 €

3.620.573,04 €

Total

65.204,79 €

4.934.795,21 €

Segundo. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia, para os efectos previstos no artigo 44 e 45.3 da LPACAP.

Terceiro. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará a apertura dun novo prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2025

José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia