Visto o certificado emitido polo secretario do 29 de setembro de 2025, en relación co acordo adoptado pola Deputación Provincial o 26 de setembro de 2025, para a xestión tributaria, liquidación e recadación voluntaria e executiva da taxa por pasaxes permanentes e carga e descarga de mercadorías, así como as facultades que ese concello ten atribuídas en materia de recadación executiva, e a revisión dos seus actos ditados dos ingresos de dereito publico de devindicación non periódica, de conformidade co disposto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, das bases de réxime local, publícase o citado acordo nos seguintes termos:
Aceptar a delegación de competencias efectuada polo Concello de Barbadás a favor da Deputación Provincial, mediante Acordo plenario do 1 de setembro de 2025 para a xestión tributaria, liquidación e recadación voluntaria e executiva da taxa por pasaxes permanentes e carga e descarga de mercadorías, así como as facultades que ese concello ten atribuídas en materia de recadación executiva e a revisión dos seus actos ditados dos ingresos de dereito público de devindicación non periódica que se detallan a seguir:
– Gastos derivados de execucións forzosas dos artigos 99 e 100 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (multas coercitivas, execución subsidiaria, etc.).
– Liquidacións tributarias derivadas da Ordenanza fiscal nº 4 reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO).
– Liquidacións tributarias derivadas da Ordenanza fiscal nº 9 reguladora da taxa por licenza urbanística e actividades.
– Liquidacións tributarias derivadas da Ordenanza fiscal nº 10 reguladora da taxa por recollida de vehículos.
– Liquidacións tributarias derivadas da Ordenanza fiscal nº 12 reguladora da taxa pola ocupación de terreos de uso público local con mercadorías, materiais de construción, entullos, valos, puntais, cabaletes, estadas e outras instalacións análogas.
– Liquidacións emitidas con ocasión de obras derivadas da execución de convenios con entidades públicas ou privadas.
– Liquidacións emitidas con ocasión da imposición de todo tipo de multas por calquera tipo de infracción administrativa.
Todo isto nas condicións xerais recollidas no acordo de delegación do Concello de Barbadás, sendo en todo caso de aplicación as seguintes condicións xerais:
a) O contido da delegación abranguerá o exercicio de todas as facultades necesarias para a realización da recadación en executiva, para ditar todos os actos administrativos necesarios para a xestión dos ditos procedementos, incluída a emisión da providencia de constrinximento e resolución dos recursos administrativos contra os actos de recadación executiva. Con respecto á taxa por pasaxes permanentes e carga e descarga de mercadorías, o contido da delegación abranguerá ademais o exercicio de todas as facultades necesarias para a realización da xestión tributaria, liquidación e recadación voluntaria e executiva e para ditar todos os actos administrativos necesarios para a xestión dos ditos procedementos.
b) Para o exercicio da competencia delegada, o Concello debería remitir as oportunas certificacións de relación de debedores dos últimos catro anos para os efectos de poder iniciar a recadación en executiva, así como, en relación coas débedas anteriores aos últimos catro anos, certificacións de que as débedas non están prescritas e indicar as diferentes datas de notificación da débeda en executiva, en relación co tributo ou ingreso de dereito publico a que se refire.
c) A taxa para satisfacer por parte do concello pola prestación do servizo de recadación en voluntaria será o resultante de aplicarlles ás cantidades efectivamente recadadas de padróns, liquidacións, altas e outros ingresos non periódicos o tipo de gravame único do 5 % e a taxa pola prestación do servizo de recadación en período executivo será o 100 % da recarga de constrinximento que debe pagar o debedor tributario conforme o establecido no artigo 6, alíneas a) e b) da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación dos servizos de xestión, inspección e recadación da Deputación Provincial de Ourense. A Deputación deducirá da transferencia do importe recadado a cantidade correspondente á taxa liquidada, sen prexuízo da notificación da dita liquidación na forma prevista no artigo 9 da Ordenanza fiscal.
d) A presente delegación entrará en vigor unha vez aceptada pola Deputación Provincial e publicarase no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia para xeral coñecemento. A presente delegación estará vixente por un período de catro anos, e prorrogarase tacitamente por períodos iguais de catro anos se ningunha das partes mostra expresamente a súa vontade en contra, comunicándollo á outra cunha antelación non inferior a 6 meses á data sinalada ou á de calquera dos períodos de prórroga.
Ourense, 21 de novembro de 2025
Luis Menor Pérez
Presidente da Deputación Provincial de Ourense
