
O 18 de agosto de 2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 29 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do Programa de unidades mixtas de investigación, cofinanciadas pola Unión Europea nun 60 % no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento IN853A, IN853B e IN853C).
A dita resolución foi modificada pola Resolución da directora da Axencia Galega de Innovación, do 15 de setembro de 2025 (DOG núm. 181, do 19 de setembro), pola que se ampliou o prazo de presentación de solicitudes ata o día 6 de outubro de 2025.
Conforme o artigo 4 das bases reguladoras relativo ao financiamento, as subvencións financiaranse con cargo ao capítulo VII do orzamento da Axencia Galega de Innovación, na forma que se especifica no seguinte cadro:
|
Modalidade |
Entidades beneficiarias |
Aplicación orzamentaria |
Crédito (en euros) |
||||
|
Ano 2025 |
Ano 2026 |
Ano 2027 |
Ano 2028 |
Total |
|||
|
Mod. A (IN853A) |
Organismos investigación privados |
07.A2.561A.781.0 (CP: 2025 00003) |
321.250,00 |
900.000,00 |
1.183.750,00 |
750.000,00 |
3.155.000,00 |
|
Organismos investigación públicos |
07.A2.561A.744.0 (CP: 2025 00003) |
3.750,00 |
300.000,00 |
291.250,00 |
250.000,00 |
845.000,00 |
|
|
Total |
325.000,00 |
1.200.000,00 |
1.475.000,00 |
1.000.000,00 |
4.000.000,00 |
||
|
Mod. B (IN853B) |
Organismos investigación privados |
07.A2.561A.781.0 (CP: 2025 00004) |
318.750,00 |
900.000,00 |
1.181.250,00 |
750.000,00 |
3.150.000,00 |
|
Organismos investigación públicos |
07.A2.561A.744.0 (CP: 2025 00004) |
6.250,00 |
300.000,00 |
293.750,00 |
250.000,00 |
850.000,00 |
|
|
Total |
325.000,00 |
1.200.000,00 |
1.475.000,00 |
1.000.000,00 |
4.000.000,00 |
||
|
Mod. C (IN853C) |
Organismos investigación privados |
07.A2.561A.781.0 (CP: 2025 00004) |
260.000,00 |
660.000,00 |
980.000,00 |
600.000,00 |
2.500.000,00 |
|
Organismos investigación públicos |
07.A2.561A.744.0 (CP: 2025 00004) |
90.000,00 |
440.000,00 |
570.000,00 |
400.000,00 |
1.500.000,00 |
|
|
Total |
350.000,00 |
1.100.000,00 |
1.550.000,00 |
1.000.000,00 |
4.000.000,00 |
||
|
Total |
1.000.000,00 |
3.500.000,00 |
4.500.000,00 |
3.000.000,00 |
12.000.000,00 |
||
O número 3 do artigo 7. Gastos subvencionables, establece que «para a anualidade 2025 só se admitirán aqueles gastos que sexan realizados dentro do período comprendido entre a data de sinatura do acordo regulador da unidade mixta de investigación (que non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude) e a data límite de execución de gasto establecida no artigo 35».
No número 5 do artigo 30 das bases reguladoras, sobre a resolución e notificación, indícase que:
«O prazo máximo para resolver e notificarlle a resolución á persoa interesada será de tres meses, contados a partir do día seguinte ao do remate do prazo de presentación de solicitudes.
Se transcorre o prazo máximo para resolver sen se ditar resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo».
O artigo 35 das bases reguladoras relativo á xustificación da subvención establece os seguintes prazos para ter dereito ao pagamento da axuda:
«a) Prazos de execución:
Períodos de emisión das facturas (realización de gastos) e realización de pagamentos dos gastos executados:
|
Emisión das facturas (realización de gastos) |
Realización de pagamentos dos gastos executados |
|||
|
Primeira anualidade |
Desde |
A data de sinatura do acordo regulador da unidade mixta de investigación (que non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude de axuda) |
||
|
Ata |
31 de decembro de 2025 |
Ata |
31 de decembro de 2025 |
|
|
Segunda anualidade |
Desde |
1 de xaneiro de 2026 |
||
|
Ata |
30 de setembro de 2026 |
Ata |
6 de outubro de 2026 |
|
|
Terceira anualidade |
Desde |
1 de outubro de 2026 |
||
|
Ata |
30 de setembro de 2027 |
Ata |
6 de outubro de 2027 |
|
|
Cuarta anualidade |
Desde |
1 de outubro de 2027 |
||
|
Ata |
30 de setembro de 2028 |
Ata |
6 de outubro de 2028 |
|
b) Prazos de xustificación (presentación da documentación):
|
Prazos de xustificación (presentación da documentación) |
||
|
Primeira anualidade |
Ata |
Ata o 30 de xaneiro de 2026 |
|
Segunda anualidade |
Ata |
Ata o 10 de outubro de 2026 |
|
Terceira anualidade |
Ata |
Ata o 10 de outubro de 2027 |
|
Cuarta anualidade |
Ata |
Ata o 10 de outubro de 2028» |
A ampliación do prazo de presentación de solicitudes, a complexidade no estudo, avaliación e análise da documentación achegada nalgúns dos proxectos presentados, xunto coa coincidencia do peche de exercicio para emitir documentos contables de compromiso de gasto, imposibilitan resolver a convocatoria antes de rematar o prazo de execución da primeira anualidade 2025.
Polo tanto, modifícanse os prazos de execución e xustificación das anualidades e anúlase o crédito correspondente á anualidade 2025, transferíndoo á anualidade 2026.
Consecuentemente con todo o anterior, a directora da Axencia Galega de Innovación, no exercicio das facultades que lle confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación,
RESOLVE:
Primeiro. Modificación da Resolución do 29 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do Programa de unidades mixtas de investigación, cofinanciadas pola Unión Europea nun 60 % no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento IN853A, IN853B e IN853C).
Un. Modifícase o número 1 do artigo 4. Financiamento, que queda redactado nos seguintes termos:
«1. As subvencións imputaranse ao capítulo VII do orzamento da Axencia Galega de Innovación, na forma que se especifica no seguinte cadro:
|
Modalidade |
Entidades beneficiarias |
Aplicación orzamentaria |
Crédito (en euros) |
|||
|
Ano 2026 |
Ano 2027 |
Ano 2028 |
Total |
|||
|
Mod. A (IN853A) |
Organismos investigación privados |
07.A2.561A.781.0 (CP: 2025 00003) |
1.221.250,00 |
1.183.750,00 |
750.000,00 |
3.155.000,00 |
|
Organismos investigación públicos |
07.A2.561A.744.0 (CP: 2025 00003) |
303.750,00 |
291.250,00 |
250.000,00 |
845.000,00 |
|
|
Total |
1.525.000,00 |
1.475.000,00 |
1.000.000,00 |
4.000.000,00 |
||
|
Mod. B (IN853B) |
Organismos investigación privados |
07.A2.561A.781.0 (CP: 2025 00004) |
1.218.750,00 |
1.181.250,00 |
750.000,00 |
3.150.000,00 |
|
Organismos investigación públicos |
07.A2.561A.744.0 (CP: 2025 00004) |
306.250,00 |
293.750,00 |
250.000,00 |
850.000,00 |
|
|
Total |
1.525.000,00 |
1.475.000,00 |
1.000.000,00 |
4.000.000,00 |
||
|
Mod. C (IN853C) |
Organismos investigación privados |
07.A2.561A.781.0 (CP: 2025 00004) |
920.000,00 |
980.000,00 |
600.000,00 |
2.500.000,00 |
|
Organismos investigación públicos |
07.A2.561A.744.0 (CP: 2025 00004) |
530.000,00 |
570.000,00 |
400.000,00 |
1.500.000,00 |
|
|
Total |
1.450.000,00 |
1.550.000,00 |
1.000.000,00 |
4.000.000,00 |
||
|
Total |
4.500.000,00 |
4.500.000,00 |
3.000.000,00 |
12.000.000,00» |
||
Dous. Modifícase o número 3 do artigo 7. Gastos subvencionables, que queda redactado nos seguintes termos:
«3. Para a anualidade 2026 só se admitirán aqueles gastos realizados dentro do período comprendido entre a data de sinatura do acordo regulador da unidade mixta de investigación, que non sexan anteriores ao último trimestre do ano 2025, e a data límite de execución de gasto establecida no artigo 35 desta resolución.
Para o resto de anualidades, admitiranse os gastos realizados dentro do período comprendido entre a data límite de execución de gasto da anualidade anterior e a data límite de execución do gasto da anualidade corrente, tal e como se establece no artigo 35 desta resolución».
Tres. Modifícase o número 5 do artigo 30. Resolución e notificación, que queda redactado nos seguintes termos:
«5. O prazo máximo para resolver e notificarlle a resolución á persoa interesada será o 31 de marzo de 2026.
Se transcorre o prazo máximo para resolver sen se ditar resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo».
Catro. Modifícase o número 2 do artigo 35. Xustificación da subvención, que queda redactado nos seguintes termos:
«2. Prazos de execución e de xustificación:
a) Prazos de execución:
Períodos de emisión das facturas (realización de gastos) e realización de pagamentos dos gastos executados:
|
Emisión das facturas (realización de gastos) |
Realización de pagamentos dos gastos executados |
|||
|
Primeira anualidade |
Desde |
A data de sinatura do acordo regulador da unidade mixta de investigación e que non sexan anteriores ao último trimestre do ano 2025 |
||
|
Ata |
30 de setembro de 2026 |
Ata |
6 de outubro de 2026 |
|
|
Segunda anualidade |
Desde |
1 de outubro de 2026 |
||
|
Ata |
30 de setembro de 2027 |
Ata |
6 de outubro de 2027 |
|
|
Terceira anualidade |
Desde |
1 de outubro de 2027 |
||
|
Ata |
30 de setembro de 2028 |
Ata |
6 de outubro de 2028 |
|
b) Prazos de xustificación (presentación da documentación):
|
Prazos de xustificación (presentación da documentación) |
||
|
Primeira anualidade |
Ata |
Ata o 10 de outubro de 2026 |
|
Segunda anualidade |
Ata |
Ata o 10 de outubro de 2027 |
|
Terceira anualidade |
Ata |
Ata o 10 de outubro de 2028 |
En todo caso, considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do prazo de execución. Exceptúanse desta regra xeral os gastos cuxos pagamentos se deban efectuar nun momento posterior por se axustaren aos calendarios de recadación, como os ingresos á conta do IRPF ou cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación. A entidade subvencionada quedará obrigada a presentar os documentos acreditativos do seu pagamento antes de finalizar o mes seguinte a aquel en que á entidade beneficiaria lle corresponda liquidar eses gastos.
Non serán subvencionables aqueles custos que non se correspondan cos conceptos indicados no DECA, salvo que a Gain solicitase e aprobase a modificación oportuna da resolución de concesión».
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2026
Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación
