DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Martes, 27 de xaneiro de 2026 Páx. 7636

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2026 pola que se modifica a Resolución do 24 de xuño de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de cociña.

No DOG número 123, do 30 de xuño de 2025, publicouse a Resolución do 24 de xuño de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de cociña.

O anexo I da referida resolución inclúe o programa que rexerá as probas selectivas. Na parte específica do dito programa inclúese o tema 26. Conceptos básicos do programa de xestión CENPOS e os rexistros de cociña.

No entanto, o dito programa de xestión non goza dun carácter público, senón que unicamente está disponible para o persoal que actualmente presta servizos nas residencias públicas xestionadas pola Xunta de Galicia. Por todo iso, podería infrinxirse o principio de igualdade que debe rexer nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público.

Por conseguinte, esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia,

DISPÓN:

Modificar o anexo I da Resolución do 24 de xuño de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición, para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de cociña, no seguinte sentido:

– Elimínase da parte específica do programa que rexerá a convocatoria de probas selectivas o tema 26-Conceptos básicos do programa de xestión CENPOS e os rexistros de cociña.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da consellería competente en materia de emprego público no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1. 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal