Considerando que o 12 de decembro de 2025 se ditou a resolución pola que se acordou publicar a oferta de emprego público do persoal docente e investigador para o ano 2025 e advertido un erro na citada resolución, precísase corrixila, polo que, de acordo co artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en que se prevé que «As administracións públicas poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos»,
RESOLVO:
Primeiro. Proceder á corrección de erros da Resolución do 12 de decembro de 2025 pola que se acordou publicar a oferta de emprego público do persoal docente e investigador para o ano 2025, polo que:
Onde di:
«Segundo. Esta oferta de emprego público inclúe as necesidades de recursos humanos de carácter permanente no ámbito docente e investigador con asignación orzamentaria que non poden ser cubertas con efectivos de persoal existentes, segundo se detalla no anexo».
Debe dicir:
«Segundo. Esta oferta de emprego público inclúe as necesidades de recursos humanos de carácter permanente no ámbito docente e investigador con asignación orzamentaria que non poden ser cubertas con efectivos de persoal existentes, segundo se detalla no anexo.
Do total das prazas ofertadas para acceso libre, resérvase unha porcentaxe do 7 % para ser cuberta por persoas con discapacidade, de conformidade co artigo 59 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e no artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia».
Segundo. Publicar no Diario Oficial de Galicia esta corrección de erros.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 23 de xaneiro de 2026
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo
