DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Martes, 27 de xaneiro de 2026 Páx. 7613

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

EXTRACTO da Orde do 5 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o impulso dunha Rede de mercados excelentes de Galicia e a dinamización e revitalización das prazas de abastos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento IN223A).

BDNS (Identif.): 882931.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/882931

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/882934

Os códigos asignados pola BDNS corresponden a un mesmo texto de convocatoria.

Primeiro. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases reguladoras:

a) Os concellos galegos que conten cun mercado co selo de Mercado Excelente outorgado de conformidade coa Orde do 12 de decembro de 2025 pola que se regula o procedemento para a obtención e renovación do selo de Mercado Excelente na Comunidade Autónoma de Galicia, ou aqueles que estean no proceso para a súa obtención.

b) As federacións de asociacións de prazas de abastos e mercados, asociacións de vendedores das prazas de abastos e mercados e outras asociacións, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.

No caso de asociacións de vendedores de prazas de abastos, o número de membros asociados deberá supoñer, como mínimo, o 50 % dos postos ocupados na praza de abastos. A estes efectos contarán como unha unidade os postos ocupados polo/a mesmo/a praceiro/a.

No caso das outras asociacións, só poderán ser beneficiarias no caso de que non exista unha asociación de vendedores da praza de abastos para que se solicita a axuda e sempre que conten entre os seus asociados, como mínimo, co 50 % dos/das praceiros/as da dita praza.

As federacións e as asociacións deberán ter unha antigüidade mínima de tres anos na data de publicación desta orde e atoparse ao día na obriga de aprobación das contas anuais pola xunta directiva nos dous últimos exercicios previos a esta orde de convocatoria.

c) As cooperativas de vendedores/as das prazas de abastos que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Obxecto

A concesión das subvencións da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o impulso dunha Rede de mercados excelentes de Galicia e a dinamización e revitalización das prazas de abastos e mercados de Galicia.

Terceiro. Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente na convocatoria.

Cuarto. Importe

Para a concesión destas subvencións destinarase un crédito total de 2.285.000,00 € que será imputado da seguinte forma:

a) Concellos:

Destinarase un crédito total de 2.000.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 14.06.751A.761.10 e código de proxecto 2026 00053, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2026 e 2027, de acordo coa seguinte distribución

Anualidade

Importe

2026

1.000.000,00 €

2027

1.000.000,00 €

Total

2.000.000,00 €

b) Federacións, asociacións de prazas de abastos e mercados e cooperativas de vendedores/as de prazas de abastos:

Destinarase un crédito total de 285.000,00 € con cargo ás aplicacións orzamentarias 14.06.751A.481.10 e 14.06.751A.470.10, e código de proxecto 2026 00053 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, do seguinte xeito:

Entidade

Aplicación

Importe

Federacións de asociacións de prazas de abastos e mercados

14.06.751A.481.10

40.000,00 €

Asociacións de prazas de abastos e mercados

222.600,00 €

Outras asociacións

Cooperativas de vendedores/as das prazas de abastos

14.06.751A.470.10

22.400,00 €

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde as 9.00 horas do día 2 de febreiro de 2026.

O último día de presentación de solicitudes finalizará ás 20.00 horas.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2026

José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración