Expediente: IN407A 2024/397-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Proxecto: Regulamentación LMT SDG709 entre B00MD3OH//9-60-B21 e B09EWPD8//9-60-B23.
Concello: Vilasantar.
Feitos:
1. O día 27 de decembro de 2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada. O obxecto do proxecto é a regulamentación da liña, xa que as distancias dos condutores ao terreo son inferiores ás requiridas.
Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado Regulamentación LMT SDG709 entre B00MD3OH//9-60-B21 e B09EWPD8//9-60-B23, que comprende os seguintes documentos:
– Proxecto de execución denominado Regulamentación LMT SDG709 entre B00MD3OH//9-60-B21 e B09EWPD8//9-60-B23 (Vilasantar), asinado por Ángel, Pérez Vidal, enxeñeiro técnico industrial graduado en Enxeñaría Eléctrica, número de colexiado 4.781 de Vigo (Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo), o 11 de decembro de 2024.
– Anexo, asinado por Ángel Pérez Vidal, enxeñeiro técnico industrial graduado en Enxeñería Eléctrica, número de colexiado 4.781 de Vigo (Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo), o 16 de xuño de 2025.
– Relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:
• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
• DOG: 21 de xullo de 2025.
• BOP: 4 de xullo de 2025.
• Xornal La Voz de Galicia: 9 de xullo de 2025.
• O 1 de xullo de 2025 e o 9 de setembro de 2025 solicitóuselle ao Concello de Vilasantar a exposición pública do proxecto e a correspondente acreditación de realización dese trámite, sen que conste no expediente a emisión da dita certificación.
3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitóuselles o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Medio Rural, Augas de Galicia, Concello de Vilasantar. No día desta resolución non consta no expediente respostas ás citadas solicitudes de informes.
5. O día 1 de xullo de 2025 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para resolver os procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG número 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG número 101, do 27 de maio).
2. Lexislación de aplicación:
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE número 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE número 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE número 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE número 68, do 19 de marzo).
• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE número 139, do 9 de xuño).
• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE número 246, do 14 de outubro).
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE número 351, do 17 de decembro).
• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE número 160, do 20 de xuño).
3. Características técnicas:
As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar do Pedrouzo, parroquia de Vilariño, no concello de Vilasantar, e as súas características técnicas son as seguintes:
• Actuacións na liña eléctrica aérea de 15 kV denominada SDG 709.
• Substitución de 3 apoios existentes por outros de tipo celosía nas proximidades dos existentes. Tendido de 215,2 m de novo condutor LA-56 entre 2 dos novos apoios existentes.
• Liña eléctrica de media tensión aérea a 15 KV, cunha lonxitude de 216 m para proxectar en LA-56 e 485 m para retensar en L-30, coa orixe en apoio existente na liña SDG709, condutor tipo LA-56 mm² AL e LA-30 mm² AL, e final en apoio existente na mesma liña.
4. Nas comprobacións realizadas non se detectou ningunha limitación das indicadas no artigo 161.1 de Real decreto 1955/200 para impor servidumes de paso.
5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
Consonte con todo o sinalado,
RESOLVO:
A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) 517/2014 (DOUE nº 573, do 20 de febreiro), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.
C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:
As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia á persoa interesada, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 8 de xaneiro de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Concello de Vilasantar.
Proxecto: Regulamentación LMT SDG709 entre B00MD3OH//9-60-B21 e B09EWPD8//9-60-B23.
|
Nº de parcela |
Lugar e referencia catastral |
Cultivo |
Propietario/a |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio nº |
m2 |
ml aér. |
ml sot. |
m2 aér. |
m2 sot. |
||||
|
1 |
Pena do Pedrouzo, Vilasantar 15091A022005540000HD |
Rústico/agrario |
José Lago Veiga |
Apoio nº 1 |
2.0 |
||||
|
2 |
Fontelas, Vilasantar 15091A022004600000HD |
Rústico/agrario |
Descoñecido/a |
Apoio nº 2 |
2.0 |
||||
Abreviacións:
|
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais. |
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais. |
|
m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2. |
m2 sot.: superficie de servidume soterrada. |
