DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 9 de febreiro de 2026 Páx. 11473

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 22 de xaneiro de 2026 pola que se modifica a Resolución do 26 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establece o formulario de presentación de documentación do procedemento dos convenios de colaboración coas federacións deportivas galegas para a realización dos programas de promoción e desenvolvemento das súas modalidades deportivas (código de procedemento PR954A).

O 8 de febreiro de 2018 publicouse no DOG núm. 28 a Resolución do 26 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establece o formulario de presentación de documentación do procedemento dos convenios de colaboración coas federacións deportivas galegas para a realización dos programas de promoción e desenvolvemento das súas modalidades deportivas.

Debido ao transcurso do tempo desde a súa aprobación, cómpre revisar certos aspectos formais do formulario normalizado PR954A, que permitan incorporar a información relativa á consulta de concesións de subvencións e axudas e de inhabilitacións para obtelas, engadir novos anexos que reflictan a situación contable e incorporen un plan de viabilidade, se for necesario, así como adaptar o texto á nova versión das guías para a habilitación electrónica de procedementos.

Correspóndenlle á Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, as competencias de elaboración, proposta e execución da política do Goberno galego en materia de deportes, conforme o establecido no Decreto 136/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia Xustiza e Deportes, e a sinatura dos convenios de colaboración nesa materia.

En consecuencia,

ACORDO:

Artigo único

Modifícase a Resolución do 26 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establece o formulario de presentación de documentación do procedemento dos convenios de colaboración coas federacións deportivas galegas para a realización dos programas de promoción e desenvolvemento das súas modalidades deportivas, que queda redactada como segue:

Un. Modifícase o artigo 3, coa seguinte redacción:

«Artigo 3. Forma de presentación de solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e de sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)».

Dous. Modifícase o artigo 4, coa seguinte redacción:

«Artigo 4. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo VI. Cumprimento de obrigas de transparencia.

b) Anexo VII. Situación contable da federación en 31 de decembro do ano anterior.

c) Anexo VIII. Plan de viabilidade, no suposto de que a situación contable presente un estado económico-financeiro desfavorable.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sea realizada a emenda. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia».

Tres. Elimínase o artigo 6.

Catro. Modifícase o número 1 do artigo 7, coa seguinte redacción:

«1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade representante.

d) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa AEAT.

e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

f) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Atriga.

g) Consulta de concesións ampliado.

h) Consulta de axudas do Estado.

i) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas».

Cinco. Modifícanse os números 2, 3 e 5 do artigo 8, coa seguinte redacción:

«Artigo 8. Notificacións

(...)

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

(...)

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común».

Seis. Modifícase o artigo 9, coa seguinte redacción:

«Artigo 9. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia».

Sete. Modifícase a disposición adicional primeira. Datos de carácter persoal, coa seguinte redacción:

«De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas cos datos consignados no modelo normalizado de solicitude, dos aspectos básicos previstos no Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais».

Oito. Modifícase a disposición adicional segunda. Actualización de modelos normalizados, coa seguinte redacción:

«De conformidade coa disposición adicional sexta da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, os modelos normalizados aplicables na tramitación do procedemento regulado nesta disposición poderán ser actualizados co fin de mantelos adaptados á normativa vixente. Para estes efectos, será suficiente a publicación dos modelos actualizados na sede electrónica da Xunta de Galicia, onde estarán permanentemente accesibles para todas as persoas interesadas, sen que sexa necesaria unha nova publicación no Diario Oficial de Galicia».

Disposición adicional única. Actualización e aprobación de novos modelos normalizados

Actualízanse os modelos normalizados aplicables na tramitación deste procedemento PR954A, anexos I a VI, e apróbanse os novos modelos normalizados anexos VII e VIII.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2026

Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO IV

Relación clasificada dos gastos

FEDERACIÓN GALEGA DE:

 

X

1ª xustificación

 

2ª xustificación

Relación de programas

Concedido

Xustificación anterior

Xustificación actual

Total xustificado

Total xustificado ( %)

1

Gastos xerais de funcionamento

0,00 €

 

0,00 €

0,00 €

0,00 %

2

Tecnificación e rendemento

0,00 €

 

0,00 €

0,00 €

0,00 %

3

Team España Future-Campionatos de España en idade escolar por SS.AA.

(TEF-CESA) convocados polo CSD

0,00 €

 

0,00 €

0,00 €

0,00 %

4

Actividade deportiva ordinaria

0,00 €

 

0,00 €

0,00 €

0,00 %

5

Os Ánxeles 2028

0,00 €

 

0,00 €

0,00 €

0,00 %

6

Actividade deportiva de promoción

0,00 €

 

0,00 €

0,00 €

0,00 %

7

PER

0,00 €

 

0,00 €

0,00 €

0,00 %

Totais

0,00 €

 

0,00 €

0,00 €

0,00 %

Totais por programas

1

Gastos xerais de funcionamento

0,00 €

2

Tecnificación e rendemento

0,00 €

3

Team España Future-Campionatos de España en idade escolar por SS.AA. (TEF-CESA) convocados polo CSD

0,00 €

4

Actividade deportiva ordinaria

0,00 €

5

Os Ánxeles 2028

0,00 €

6

Actividade deportiva de promoción

0,00 €

7

PER

0,00 €

Total programas

0,00 €

Prog.

Nº de referencia do documento

Concepto

Data de emisión

Data de pagamento

Acredor

NIF

Importe

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VII

PR954A-CONVENIOS COAS FEDERACIÓNS DEPORTIVAS GALEGAS PARA A REALIZACIÓN DE PROGRAMAS DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO

SITUACIÓN CONTABLE

ANUALIDADE

______(1)

PATRIMONIO NETO

ENDEBEDAMENTO (1) + (2)

Pasivo corrente (1)

Pasivo non corrente (2)

FONDO DE MANOBRA (3) - (4)

Activo corrente (3)

Pasivo corrente (4)

RESULTADO DO EXERCICIO (5) - (6)

Ingresos (5)

Subvención SXPD

Outras subvencións da Xunta de Galicia

Subvencións doutras administracións

Recursos propios

Gastos (6)

Persoal

Servizos profesionais

Axudas

Desprazamentos

Subvencións

Outros

TESOURARÍA (2) (1) + (2) - (3)

Saldo inicial (1)

Cobramentos (2)

Pagamentos (3)

(1) Anualidade anterior ao ano de efectos do convenio de colaboración.

(2) Saldo da Tesouraría en 31 de decembro.

Asinado

O/a presidente/a

(documento asinado dixitalmente)

ANEXO VIII

PLAN DE VIABILIDADE

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes ten previsto asinar un convenio de colaboración coa Federación Galega de ..........................., para a realización do programa de promoción e desenvolvemento da súa modalidade deportiva para o ano ...........

No número 4.3.a) recóllese a obriga de remitir, xunto coa solicitude, a información da situación contable da federación e, se é o caso, un plan de viabilidade. Así mesmo, no número 4.4.1 recóllese a obriga por parte da federación de facilitar toda a información que lle sexa requirida e someterse ás actuacións de comprobación da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a través da Secretaría Xeral para o Deporte.

Con base nesta previsión, así como no disposto no artigo 51, número 1, da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes acordou a realización de plans de viabilidade para aquelas federacións que teñan unha situación económico-financeira desfavorable (modelo A). De conformidade coas variables que se recollen no anexo VII, considérase unha «situación económico-financeira desfavorable» e, polo tanto, que implica a necesidade de presentación dun plan de viabilidade, cando o cociente resultante da relación entre o [fondo de manobra] e o [orzamento de gastos], ou da relación entre o [resultado do exercicio] e o [orzamento de gastos], dá un resultado igual ou superior ao – 10 %.

Tendo en conta a situación da Federación Galega de ..........................., asínase o seguinte plan de viabilidade:

O plan terá unha duración de catro anos e poderá prorrogarse por períodos sucesivos ata alcanzar o adecuado equilibrio económico-financeiro na federación.

O plan deberá conter as seguintes magnitudes económicas en 31 de decembro de cada ano:

Patrimonio neto, que debe recoller unha estimación dos fondos propios, axustes por cambios de valor máis as subvencións de capital do balance da situación da federación.

Endebedamento, que debe recoller unha estimación da suma do pasivo non corrente e pasivo corrente do balance de situación da federación.

Fondo de manobra, que debe recoller unha estimación da diferenza entre o activo corrente e o pasivo corrente do balance de situación da federación.

Resultados do exercicio, que debe recoller a diferenza entre ingresos e gastos estimados do exercicio.

Tesouraría, que debe recoller o saldo inicial do exercicio anterior segundo o balance máis cobramentos do exercicio menos pagamentos do exercicio estimados.

O resultado do exercicio componse dos seguintes conceptos:

Ingresos:

Subvencións administracións públicas.

Recursos propios, que debe corresponder co resto de ingresos contables estimados.

Gastos:

Persoal.

Servizos profesionais.

Axudas.

Desprazamentos.

Subvencións.

Outros.

Seguimento dos plans de viabilidade:

Calquera cambio que obrigue á federación a modificar á alza ou á baixa as súas previsións deberá comunicarse por escrito á Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, e contar coa súa autorización expresa.

Neste caso, a solicitude deberá sempre efectuarse antes de que se produza o feito puntual que altere as previsións de ingresos e/ou gastos establecidos no plan de viabilidade. Só en casos excepcionais poderán admitirse estes cambios con posteridade.

A solicitude deberá formalizarse como unha modificación orzamentaria, segundo o modelo habitual, coa desagregación de datos económicos e contables tanto a través de ficheiro informático como en documento asinado polo presidente da federación.

O importe dos ingresos recollidos no plan é estimativo e deberá axustarse cada ano ás cantidades realmente obtidas. En caso de diminución, deberá reducirse polo mesmo importe o orzamento de gastos. No caso de ingresos adicionais aos orzados no plan, o seu destino prioritario deberá ser a redución do endebedamento.

O incumprimento do plan dará lugar a unha penalización sobre as cantidades asignadas nas subvencións da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes durante os anos de vixencia deste, e pode dar lugar ao reintegro parcial ou total da subvención concedida.

As federacións con plan de viabilidade aprobado deberán enviar semestralmente un informe de seguimento segundo o formato establecido no modelo B; o prazo para a súa remisión é de 15 días contado desde o peche do semestre. Este prazo poderá ser ampliado, en casos excepcionais, mediante autorización da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a través da Secretaría Xeral para o Deporte.

Cando a situación económico-financeira da federación o requira poderán solicitarse informes de seguimento de carácter trimestral ou mensual.

Unha vez terminado o exercicio económico deberá remitirse un informe de seguimento anual, segundo o modelo C. Igualmente, deberase enviar un plan de viabilidade actualizado coas modificacións que se produciron en función dos cambios ocasionados no exercicio, reaxustándose o resto das magnitudes económicas do plan de viabilidade (patrimonio, endebedamento, fondo de manobra e tesouraría). Por último, deberá enviarse un avance do balance de situación e da conta de resultados do exercicio.

O prazo para a remisión dos documentos anteriores será o 15 de febreiro do exercicio seguinte. Este prazo poderá ser ampliado, en casos excepcionais, mediante autorización da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a través da Secretaría Xeral para o Deporte.

Modelo A:

MODELO A. PLAN DE VIABILIDADE DA FEDERACIÓN __________

ANUALIDADES

20....

20.....

20.....

20......

PATRIMONIO NETO

ENDEBEDAMENTO (1) + (2)

Pasivo corrente (1)

Pasivo non corrente (2)

FONDO DE MANOBRA (3) - (4)

Activo corrente (3)

Pasivo corrente (4)

RESULTADO DO EXERCICIO (5) - (6)

Ingresos (5)

Subvención SXPD

Outras subvencións da Xunta de Galicia

Subvencións doutras administracións

Recursos propios

Gastos (6)

Persoal

Servizos profesionais

Axudas

Desprazamentos

Subvencións

Outros

TESOURARÍA (*) (1) + (2) - (3)

Saldo inicial (1)

Cobramentos (2)

Pagamentos (3)

(*) Saldo da tesouraría en 31 de decembro de cada ano ………………,

O/a presidente/a da Federación ……….

(documento asinado dixitalmente)

Modelo B:

SEGUIMENTO SEMESTRAL

 

REALIZADO EN 30 DE XUÑO DE 20...(1)

RESULTADO ANUAL EXTRAPOLADO (a) (2)

COMPROMETIDO NO PLAN DE

VIABILIDADE (b)

IMPORTE

DESVIACIÓNS (a-b)

EXPLICACIÓN DA

DESVIACIÓN (3)

RESULTADO

Ingresos

Subvención SXPD

Outras subvencións da Xunta de Galicia

Subvencións doutras administracións

Recursos propios

Gastos

Persoal

Servizos profesionais

Axudas

Desprazamentos

Subvencións

Outros

(1) Importe acumulado desde o día 1 de xaneiro ata o final do semestre

(2) Extrapolación do ano completo partindo do importe realizado no período

(3) Engadir, cando proceda, explicación das magnitudes que sufriron variación con relación ao compromiso anual

Modelo C:

RESUMO ANUAL

TOTAL REALIZADO 20..... (a)

COMPROMETIDO SEGUNDO PLAN DE VIABILIDADE (b)

IMPORTE DAS DESVIACIÓNS (a-b)

EXPLICACIÓN DA DESVIACIÓN (1)

RESULTADO

Ingresos

Subvención SXPD

Outras subvencións da Xunta de Galicia

Subvencións doutras administracións

Recursos propios

Gastos

Persoal

Servizos profesionais

Axudas

Desprazamentos

Subvencións

Outros

(1) Explicar as causas de desviación entre os importes comprometidos e realizados. En caso necesario, ampliar detalles baixo a táboa ou en documento á parte.