De conformidade co disposto nos artigos 44, 45 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por razóns de interese público que o aconsellan, faise público, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o seguinte requirimento emitido pola Dirección de Portos de Galicia o 13 de febreiro de 2025 e dirixido aos herdeiros de Carlos Rodríguez Balsa.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Segundo se informa desde a Zona Norte de Portos de Galicia, o que se confirma cunha acta de denuncia da Garda Civil, o vehículo cuadriciclo lixeiro, marca Microcar, modelo Virgo, con matrícula C9483KG, leva estacionado un ano en estado de abandono na explanada fronte ás oficinas do porto de Burela, coa inspección técnica caducada e xerando degradación ambiental.
Considerando o exposto, e tendo en conta que na zona onde se atopa o vehículo a entidade pública Portos de Galicia é a Administración competente en materia de tráfico cara ao tratamento residual do vehículo, segundo dispón o artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 106 do Real decreto lexislativo 6/2015, do 30 de outubro, que aproba o texto refundido da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria, requírense os/as herdeiros/as do titular para que, no prazo máximo dun mes, contado desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, retiren o vehículo da zona de servizo do porto de Burela.
No caso de incumprirse o presente requirimento, Portos de Galicia, sen máis trámites, daralle ao vehículo tratamento de residuo e, en consecuencia, realizará o seu traslado ao centro autorizado de tratamento de vehículos para a súa posterior destrución e descontaminación.
Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2026
Juan Sanmartín Ferreiro
Director de Portos de Galicia
