DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 26 de febreiro de 2026 Páx. 15329

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Corgo

ANUNCIO da oferta de emprego público para o ano 2026.

Mediante a Resolución da Alcaldía do 26 de xaneiro de 2026 aprobouse a oferta de emprego público deste concello para o ano 2026, que contén as prazas que se citan a seguir:

Corporación: Concello do Corgo.

Número de código: 27014.

Persoal laboral fixo

Nº de prazas

Denominación

Xornada

Denominación do posto na RPT

1

Auxiliar de axuda no fogar

Xornada completa

Auxiliar de axuda no fogar nº 16 na RPT (servizos sociais comunitarios básicos)

1

Conserxe CEIP do Corgo

Media xornada

Conserxe CEIP do Corgo

Persoal funcionario

Nº de prazas

Denominación

Xornada

Denominación do posto na RPT

1

Administrativo, posto de xefe de Sección de Contabilidade

Xornada completa

Administrativo, xefe de Sección de Contabilidade.

(A cubrir por promoción interna)

A execución desta oferta de emprego público debe realizarse dentro do prazo improrrogable de tres anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no correspondente diario oficial.

O que se fai público, en cumprimento do disposto nos artigos 91.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, 204 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e 128 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local.

Contra a referida resolución, poderase interpoñer, potestativamente, o recurso de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da referida notificación, ou interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, sito na rúa Armando Durán, 27002 Lugo, durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da referida notificación, sen poder simultanear ambos os dous, conforme se dispón nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e advírteselle que tamén poderá utilizar calquera outro recurso que considere pertinente e/ou exercer as accións que procedan ante a xurisdición competente.

O Corgo, 3 de febreiro de 2026

Felipe Labrada Reija
Alcalde