O Pleno do Concello, na sesión ordinaria que tivo lugar o 12 de febreiro de 2026, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Primeiro. Aprobar o informe elaborado polos técnicos municipais o 10 de abril de 2025, co CSV 05674Z1P263Q0X5N00FB, de resposta á alegación presentada durante o período de exposición pública.
Segundo. Aprobar definitivamente o documento denominado Modificación puntual número 3 do Plan parcial do sector 7, recinto feiral de Someso, normativa (co CSV 4J452G425338456S0J5J), presentado o 22 de abril de 2025 por Espacio Coruña Shopping, S.L, e asinado dixitalmente polo arquitecto Álvaro Fernández Carballada e pola arquitecta Beatriz Aneiros Filgueiras.
Terceiro. Dilixenciar o documento aprobado, publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia, instar a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia e publicar a normativa no Boletín Oficial da provincia, segundo o disposto no artigo 82 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.
Cuarto. Notificar este acordo á entidade promotora da modificación puntual, aos servizos e departamentos municipais interesados na tramitación do expediente e á persoa alegante.
O contido íntegro do estudo de detalle aprobado pódese consultar fisicamente nas dependencias da Área Municipal de Urbanismo e de forma dixital na sede electrónica deste concello, na páxina web https://www.coruna.gal/urbanismo, na epígrafe planeamento/planeamento vixente, ou ben, desde a mesma páxina web, a través do visor Desarrollo PGOM 2013.
Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo máximo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.
A Coruña, 19 de febreiro de 2026
A alcaldesa
P.D. (Decreto 3531/2024, do 19 de xuño; BOP núm. 123, do 27 de xuño)
Francisco Dinís Díaz Gallego
Concelleiro delegado responsable da Área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda
