Examinado o expediente iniciado por solicitude de Norvento, S.L., en relación coa declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico Olerón, constan os seguintes
Antecedentes de feito:
Primeiro. Mediante a Resolución do 20 de decembro de 2010 pola que se aproba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia (DOG núm. 248, do 28 de decembro), admitiuse a trámite o parque eólico Olerón, cunha potencia de 24 MW e promovido por Norvento, S.L.
Segundo. O 17.2.2011, Norvento, S.L. solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración, en concreto, de utilidade pública para o parque eólico.
Terceiro. Polo Acordo do Consello da Xunta, do 12 de maio de 2016, autorizáronse as instalacións, aprobouse o proxecto de execución e declarouse a utilidade pública, en concreto, do parque eólico Olerón, cunha potencia de 24 MW. Este acordo fíxose público pola Resolución do 13 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (DOG núm. 102, do 31 de maio de 2019).
Cuarto. Pola Resolución do 6 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, recoñeceuse como non substancial unha modificación do parque eólico.
Esta modificación consiste, con carácter xeral, no cambio do modelo de aeroxerador proxectado, de forma que o número de máquinas se reduce das 8 autorizadas a 6 (elimínanse as posicións 1 e 2), debido á maior potencia unitaria do novo modelo. Así mesmo, desprázase a posición do aeroxerador nº 7, mentres que as demais se corresponden con posicións do proxecto autorizado. A potencia instalada resultante é de 27 MW, manténdose a potencia máxima evacuable en 24 MW.
Quinto. O 21.10.2024 Norvento, S.L. achegou a esta dirección xeral unha solicitude de declaración de utilidade pública para a modificación do proxecto recollida no antecedente de feito cuarto, así como a correspondente relación de bens e dereitos afectados (RBDA).
O 5.12.2024, en resposta ao requirimento desta dirección xeral do 24.11.2024, a promotora achegou unha emenda da solicitude, así como documentación complementaria.
Sexto. O 3.6.2025 esta dirección xeral remitiulle ao Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Coruña, a documentación da solicitude de declaración de utilidade pública para a modificación do proxecto do parque eólico, co fin de continuar coa súa tramitación de acordo co establecido no artigo 44 da Lei 8/2009.
Sétimo. O 21.8.2025, o 19.9.2025 e o 29.9.2025 a promotora achegou ao Departamento Territorial respectivas emendas de documentación.
Entre a documentación achegada, a promotora presentou unha declaración responsable en que se acredita que no proxecto non se inclúen cambios significativos ou novas afeccións aos organismos afectados, xa consultados durante a tramitación da autorización administrativa previa e de construción da referida instalación.
Oitavo. Polo Acordo do 30 de setembro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, someteuse a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación que iso implica, da modificación do proxecto do parque eólico.
O Acordo publicouse o 13 de outubro de 2025 no Diario Oficial de Galicia e no xornal La Voz de Galicia. Así mesmo, estivo exposto nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Brión e do Concello de Rois, segundo os certificados emitidos polos ditos concellos o 28.11.2025 e o 4.12.2025, respectivamente; no taboleiro de anuncios das dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, segundo certificado emitido o 4.2.2026, así como no portal Web da citada Consellería, durante un período de trinta días, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, de acordo co disposto nos artigos 44.4 e 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.
Durante o período de exposición pública recibiuse unha única alegación, que foi remitida e contestada pola promotora.
Noveno. O 17.12.2025 a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal remitiu a esta dirección xeral o certificado de aproveitamentos de masas forestais relativo ao parque eólico, emitido o 16.12.2025 polo Servizo de Montes do Departamento Territorial da Coruña da Consellería do Medio Rural. Neste certificado recóllense os seguintes montes afectados: MVMC de Susamontes, Parapico e Abelendo; MVMC Quintáns; MVMC Vilar de Abade; MVMC San Miguel da Costa.
Décimo. O 18.12.2025 esta dirección xeral iniciou o trámite de audiencia previsto no artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, cos titulares dos montes veciñais en man común indicados no certificado do Servizo de Montes do 16.12.2025, a que se fai referencia no antecedente de feito noveno.
Transcorrido o prazo de quince días outorgado aos ditos titulares para que alegasen e presentasen os documentos e xustificacións que considerasen pertinentes, non se recibiu ningunha alegación.
Décimo primeiro. O 23.1.2026 a promotora achegou a declaración responsable dos acordos acadados actualizada, así como a RBDA definitiva. Asemade, comunica a súa desistencia da solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, e da expropiación, sobre aquelas parcelas non incluídas no anexo II-Necesaria expropiación da RBDA achegada.
Décimo segundo. O 9.2.2026 o Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático remitiu á Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático a documentación relativa á tramitación da información pública e de consultas aos organismos afectados en relación coa solicitude de declaración de utilidade pública do parque eólico.
Entre a documentación remitida, inclúese o informe emitido o 5.2.2026 polo Servizo de Enerxías Renovables e Infraestruturas en que se conclúe que non se atoparon limitacións á constitución de servidumes a que se fai referencia no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.
Décimo terceiro. O 11.2.2026 o Servizo de Enerxía e Minas do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña emitiu informe no que se conclúe que a poligonal definida polos arquivos shape do proxecto de execución do parque eólico Olerón, non afecta dereitos mineiros vixente nin solicitados.
Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes
FUNDAMENTOS DE DEREITO:
Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático é competente para resolver este procedemento con fundamento no Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia; no Decreto 137/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (modificado entre outros polo Decreto 106/2025, do 11 de novembro); e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia; pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; polo artigo 39 da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas; polo artigo 46 da Lei 7/2022, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas; polo artigo 39 da Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas; pola disposición derradeira segunda da Lei 2/2024, do 7 de novembro, de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia; polo artigo 30 da Lei 5/2024, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas; e polo artigo 24 da Lei 5/2025, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.
Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental; na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas; e demais normas vixentes de aplicación.
Terceiro. De acordo co artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e co artigo 44 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a declaración de utilidade pública leva implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados, implicando a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.
Cuarto. O artigo 151 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica indica: «En calquera momento, o solicitante da declaración de utilidade pública poderá convir libremente cos titulares dos necesarios bens e dereitos a adquisición por mutuo acordo destes. Este acordo, no momento de declararse a utilidade pública da instalación, adquirirá a natureza e efectos previstos no artigo 24 da Lei de Expropiación Forzosa, causando, por tanto, a correspondente conclusión do expediente expropiatorio. Nestes supostos, o beneficiario da declaración de utilidade pública poderá, no seu caso, solicitar da autoridade competente a aplicación do mecanismo establecido no artigo 59 do Regulamento de Expropiación Forzosa».
Tal e como se recolle no antecedente de feito décimo primeiro, o 23.1.2026 a promotora comunicou a súa desistencia do procedemento de declaración de utilidade pública, en concreto, e da expropiación sobre aquelas parcelas afectadas para as que acadou un acordo coas persoas titulares. Entre estas parcelas, e de acordo coa declaración responsable achegada na mencionada data, inclúense as pertencentes aos montes veciñais en man común afectados que figuran no informe do Servizo de Montes da Coruña do 16.12.2025, ao que se fai referencia no antecedente de feito noveno.
Tendo en conta o previsto no artigo 44.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e especificamente no artigo 151 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, procede aceptar a desistencia presentada voluntariamente por Norvento, S.L. e, en consecuencia, non continuar co procedemento previsto no artigo 45 da Lei 8/2009. A aceptación desta desistencia voluntaria non implica, en ningún caso, unha comprobación da legalidade dos acordos, ao ser responsabilidade exclusiva da promotora o cumprimento dos requisitos legais aplicables a estes e, en particular, os requisitos exixibles aos actos de disposición que afecten os montes veciñais afectados.
Quinto. No que respecta á alegación recibida durante o trámite de información pública recollido no antecedente de feito oitavo, visto o seu contido, referente á titularidade dunha parcela afectada, e a resposta efectuada pola promotora, cómpre indicar que se tomou razón das manifestacións e documentos presentados pola persoa interesada, para os efectos da tramitación do eventual procedemento expropiador. Así mesmo, a promotora, en vista da documentación achegada pola persoa alegante, solicitou que se lle tivese como titular proposto adicional para a parcela afectada.
De acordo con todo o que antecede,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, da modificación do proxecto do parque eólico Olerón, sito nos concellos de Rois e Brión (A Coruña) e promovido por Norvento, S.L. (IN661A 2010/12), segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro), en relación coas parcelas recollidas no Anexo desta Resolución.
Segundo. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2026
Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados pola modificación do proxecto do parque eólico olerón
|
Núm. parc. |
Titular proposto |
Parcela |
Afeccións (m2) |
|||||||||||||||||
|
Nome e apelidos |
Datos catastrais |
Lugar |
Cult. |
Pleno dominio |
Servidume de paso |
Serv. de voo |
Serv. voo e vía |
Serv. de voo e gabia |
Serv. de voo, vía e gabia |
Ocup. temp. |
||||||||||
|
Ref. catastral |
Conc. |
Pol. |
Parc. |
Núm. aero |
Cim. |
Plat. |
Sub. |
T. met. |
Vía |
Gabia |
Vía e gabia |
|||||||||
|
11 |
Manuela Pérez Velles |
15013A04201310 |
Brión |
42 |
1310 |
Pedrazoas |
Monte baixo |
57 |
264 |
|||||||||||
|
13 |
Concepción Pazos Patiño |
15013A04201314 |
Brión |
42 |
1314 |
Pedrazoas |
Monte baixo |
177 |
||||||||||||
|
13 |
Esther Patiño Vázquez |
15013A04201314 |
Brión |
42 |
1314 |
Pedrazoas |
Monte baixo |
177 |
||||||||||||
|
14 |
Daniel Sanmartín Diz |
15013A04201316 |
Brión |
42 |
1316 |
Pedrazoas |
Monte baixo |
111 |
||||||||||||
|
14 |
Isabel Sanmartín Diz |
15013A04201316 |
Brión |
42 |
1316 |
Pedrazoas |
Monte baixo |
111 |
||||||||||||
|
15 |
Daniel Sanmartín Diz |
15013A04201316 |
Brión |
43 |
1316 |
Pedrazoas |
Monte baixo |
87 |
||||||||||||
|
15 |
Isabel Sanmartín Diz |
15013A04201316 |
Brión |
43 |
1316 |
Pedrazoas |
Monte baixo |
87 |
||||||||||||
|
40 |
Descoñecido (Fiscal da Audiencia Provincial) |
15013A04301207 |
Brión |
43 |
1207 |
Grobo |
Monte baixo |
65 |
29 |
|||||||||||
|
44 |
Castora Nieto Oro |
15013A04301211 |
Brión |
43 |
1211 |
Grobo |
Monte baixo |
15 |
37 |
|||||||||||
|
44 |
Manuel Nieto Oro |
15013A04301211 |
Brión |
43 |
1211 |
Grobo |
Monte baixo |
15 |
37 |
|||||||||||
|
44 |
Herdeiros de Eugenio Nieto Oro |
15013A04301211 |
Brión |
43 |
1211 |
Grobo |
Monte baixo |
15 |
37 |
|||||||||||
|
44 |
Maruja Nieto Oro |
15013A04301211 |
Brión |
43 |
1211 |
Grobo |
Monte baixo |
15 |
37 |
|||||||||||
|
44 |
Antonio Nieto Oro |
15013A04301211 |
Brión |
43 |
1211 |
Grobo |
Monte baixo |
15 |
37 |
|||||||||||
|
44 |
Enrique Carlos Nieto González |
15013A04301211 |
Brión |
43 |
1211 |
Grobo |
Monte baixo |
15 |
37 |
|||||||||||
|
45 |
Castora Nieto Oro |
15013A04301212 |
Brión |
43 |
1212 |
Grobo |
Monte baixo |
11 |
20 |
|||||||||||
|
45 |
Manuel Nieto Oro |
15013A04301212 |
Brión |
43 |
1212 |
Grobo |
Monte baixo |
11 |
20 |
|||||||||||
|
45 |
Herdeiros de Eugenio Nieto Oro |
15013A04301212 |
Brión |
43 |
1212 |
Grobo |
Monte baixo |
11 |
20 |
|||||||||||
|
45 |
Maruja Nieto Oro |
15013A04301212 |
Brión |
43 |
1212 |
Grobo |
Monte baixo |
11 |
20 |
|||||||||||
|
45 |
Antonio Nieto Oro |
15013A04301212 |
Brión |
43 |
1212 |
Grobo |
Monte baixo |
11 |
20 |
|||||||||||
|
45 |
Enrique Carlos Nieto González |
15013A04301212 |
Brión |
43 |
1212 |
Grobo |
Monte baixo |
11 |
20 |
|||||||||||
|
57 |
Mª Carmen Barbazán Ferreiro |
15013A04301223 |
Brión |
43 |
1223 |
Grobo |
Monte baixo |
OL05 |
293 |
66 |
78 |
|||||||||
|
57 |
Herdeiros de Josefa González Barbazán |
15013A04301223 |
Brión |
43 |
1223 |
Grobo |
Monte baixo |
OL05 |
293 |
66 |
78 |
|||||||||
|
57.A |
Mª Carmen Barbazán Ferreiro |
15013A04301224 |
Brión |
43 |
1224 |
Grobo |
Monte baixo |
OL05 |
332 |
121 |
111 |
|||||||||
|
57.A |
Herdeiros de Josefa González Barbazán |
15013A04301224 |
Brión |
43 |
1224 |
Grobo |
Monte baixo |
OL05 |
332 |
121 |
111 |
|||||||||
|
61 |
María Vilas Angueira |
15013A04302395 |
Brión |
43 |
2395 |
Folgueira de Arriba |
Monte baixo |
2 |
884 |
|||||||||||
|
61 |
Manuel Garrido Vilas |
15013A04302395 |
Brión |
43 |
2395 |
Folgueira de Arriba |
Monte baixo |
2 |
884 |
|||||||||||
|
61 |
Benigno Garrido Vilas |
15013A04302395 |
Brión |
43 |
2395 |
Folgueira de Arriba |
Monte baixo |
2 |
884 |
|||||||||||
|
61 |
José Garrido Vilas |
15013A04302395 |
Brión |
43 |
2395 |
Folgueira de Arriba |
Monte baixo |
2 |
884 |
|||||||||||
|
61 |
Esther Garrido Vilas |
15013A04302395 |
Brión |
43 |
2395 |
Folgueira de Arriba |
Monte baixo |
2 |
884 |
|||||||||||
|
61 |
Eugenio Garrido Vilas |
15013A04302395 |
Brión |
43 |
2395 |
Folgueira de Arriba |
Monte baixo |
2 |
884 |
|||||||||||
|
61 |
Mª Carmen Garrido Vilas |
15013A04302395 |
Brión |
43 |
2395 |
Folgueira de Arriba |
Monte baixo |
2 |
884 |
|||||||||||
|
61 |
Isabel Garrido Vilas |
15013A04302395 |
Brión |
43 |
2395 |
Folgueira de Arriba |
Monte baixo |
2 |
884 |
|||||||||||
|
61 |
Elena Garrido Vilas |
15013A04302395 |
Brión |
43 |
2395 |
Folgueira de Arriba |
Monte baixo |
2 |
884 |
|||||||||||
|
61 |
Lourdes Garrido Vilas |
15013A04302395 |
Brión |
43 |
2395 |
Folgueira de Arriba |
Monte baixo |
2 |
884 |
|||||||||||
|
62 |
Descoñecido (Fiscal da Audiencia Provincial) |
15013A04302396 |
Brión |
43 |
2396 |
Folgueira de Arriba |
Monte baixo |
3 |
333 |
|||||||||||
|
63 |
Mª Carmen Barbazán Ferreiro |
15013A04302397 |
Brión |
43 |
2397 |
Folgueira de Arriba |
Monte baixo |
3 |
204 |
|||||||||||
|
64 |
Descoñecido (Fiscal da Audiencia Provincial) |
15013A04302398 |
Brión |
43 |
2398 |
Folgueira de Arriba |
Monte baixo |
8 |
513 |
|||||||||||
|
65 |
Descoñecido (Fiscal da Audiencia Provincial) |
15013A04302399 |
Brión |
43 |
2399 |
Folgueira de Arriba |
Monte baixo |
5 |
329 |
|||||||||||
|
66 |
Descoñecido (Fiscal da Audiencia Provincial) |
15013A04302400 |
Brión |
43 |
2400 |
Folgueira de Arriba |
Monte baixo |
5 |
44 |
|||||||||||
|
81 |
Salvador Arufe Rivas |
15013A04302412 |
Brión |
43 |
2412 |
Folgueira de Arriba |
Monte baixo |
45 |
||||||||||||
|
82 |
Descoñecido (Fiscal da Audiencia Provincial) |
15013A04302413 |
Brión |
43 |
2413 |
Folgueira de Arriba |
Monte baixo |
9 |
96 |
|||||||||||
|
83 |
Descoñecido (Fiscal da Audiencia Provincial) |
15013A04302480 |
Brión |
43 |
2480 |
Folgueira de Arriba |
Monte baixo |
6 |
195 |
|||||||||||
|
85 |
Serafina Cardeso Guerra |
15013A04302414 |
Brión |
43 |
2414 |
Folgueira de Arriba |
Monte baixo |
11 |
424 |
|||||||||||
|
86 |
Descoñecido (Fiscal da Audiencia Provincial) |
15013A04302415 |
Brión |
43 |
2415 |
Folgueira de Arriba |
Monte baixo |
41 |
1.942 |
|||||||||||
|
87 |
Concepción Otero Pereira |
15013A04302462 |
Brión |
43 |
2462 |
Monte de Afora |
Monte baixo |
44 |
2.043 |
115 |
||||||||||
|
88 |
Salvador Arufe Rivas |
15013A04302416 |
Brión |
43 |
2416 |
Folgueira de Abaixo |
Monte baixo |
OL06 |
114 |
48 |
1.770 |
336 |
||||||||
|
90 |
Descoñecido (Fiscal da Audiencia Provincial) |
15013A04302418 |
Brión |
43 |
2418 |
Folgueira de Abaixo |
Monte baixo |
OL06 |
135 |
152 |
23 |
4 |
551 |
164 |
||||||
|
93 |
Mª Carmen Mouriño Mouriño |
15013A04302421 |
Brión |
43 |
2421 |
Folgueira de Abaixo |
Monte baixo |
OL06 |
35 |
356 |
18 |
1 |
518 |
98 |
||||||
|
93 |
Hipólito Mouriño Botana |
15013A04302421 |
Brión |
43 |
2421 |
Folgueira de Abaixo |
Monte baixo |
OL06 |
35 |
356 |
18 |
1 |
518 |
98 |
||||||
|
93 |
Antonio Mouriño Mourelle |
15013A04302421 |
Brión |
43 |
2421 |
Folgueira de Abaixo |
Monte baixo |
OL06 |
35 |
356 |
18 |
1 |
518 |
98 |
||||||
|
93 |
Adriana Ferreira Ferreira |
|
Brión |
43 |
2421 |
Folgueira de Abaixo |
Monte baixo |
OL06 |
35 |
356 |
18 |
1 |
518 |
98 |
||||||
|
93 |
Lucía Ferreira Ferreira |
15013A04302421 |
Brión |
43 |
2421 |
Folgueira de Abaixo |
Monte baixo |
OL06 |
35 |
356 |
18 |
1 |
518 |
98 |
||||||
|
93 |
Montserrat Mouriño Mouriño |
15013A04302421 |
Brión |
43 |
2421 |
Folgueira de Abaixo |
Monte baixo |
OL06 |
35 |
356 |
18 |
1 |
518 |
98 |
||||||
|
107 |
Santiago Arufe Rivas |
15013A04302425 |
Brión |
43 |
2425 |
Folgueira |
Monte baixo |
OL06 |
2 |
86 |
381 |
|||||||||
|
110 |
Eduardo Baliña Mourelle |
15013A04302436 |
Brión |
43 |
2436 |
Soqueimada de Arriba |
Monte baixo |
62 |
624 |
|||||||||||
|
111 |
Santiago Arufe Rivas |
15013A04302441 |
Brión |
43 |
2441 |
Ponte devesa |
Monte baixo |
14 |
50 |
|||||||||||
|
113 |
Carmen Botana Framil |
15013A04302445 |
Brión |
43 |
2445 |
Monte aberto |
Monte baixo |
12 |
4 |
|||||||||||
|
114 |
Descoñecido (Fiscal da Audiencia Provincial) |
15013A04302446 |
Brión |
43 |
2446 |
Monte aberto |
Monte baixo |
14 |
5 |
|||||||||||
|
115 |
María Vilas Angueira |
15013A04302447 |
Brión |
43 |
2447 |
Monte aberto |
Monte baixo |
51 |
15 |
|||||||||||
|
115 |
Manuel Garrido Vilas |
15013A04302447 |
Brión |
43 |
2447 |
Monte aberto |
Monte baixo |
51 |
15 |
|||||||||||
|
115 |
Benigno Garrido Vilas |
15013A04302447 |
Brión |
43 |
2447 |
Monte aberto |
Monte baixo |
51 |
15 |
|||||||||||
|
115 |
José Garrido Vilas |
15013A04302447 |
Brión |
43 |
2447 |
Monte aberto |
Monte baixo |
51 |
15 |
|||||||||||
|
115 |
Esther Garrido Vilas |
15013A04302447 |
Brión |
43 |
2447 |
Monte aberto |
Monte baixo |
51 |
15 |
|||||||||||
|
115 |
Eugenio Garrido Vilas |
15013A04302447 |
Brión |
43 |
2447 |
Monte aberto |
Monte baixo |
51 |
15 |
|||||||||||
|
115 |
Mª Carmen Garrido Vilas |
15013A04302447 |
Brión |
43 |
2447 |
Monte aberto |
Monte baixo |
51 |
15 |
|||||||||||
|
115 |
Isabel Garrido Vilas |
15013A04302447 |
Brión |
43 |
2447 |
Monte aberto |
Monte baixo |
51 |
15 |
|||||||||||
|
115 |
Elena Garrido Vilas |
15013A04302447 |
Brión |
43 |
2447 |
Monte aberto |
Monte baixo |
51 |
15 |
|||||||||||
|
115 |
Lourdes Garrido Vilas |
15013A04302447 |
Brión |
43 |
2447 |
Monte aberto |
Monte baixo |
51 |
15 |
|||||||||||
|
116 |
Manuel Castro Pérez |
15013A04302448 |
Brión |
43 |
2448 |
Monte aberto |
Monte baixo |
4 |
2 |
|||||||||||
|
116 |
Consuelo Castro Pérez |
15013A04302448 |
Brión |
43 |
2448 |
Monte aberto |
Monte baixo |
4 |
2 |
|||||||||||
|
116 |
María Francisca Tojo Lago |
15013A04302448 |
Brión |
43 |
2448 |
Monte aberto |
Monte baixo |
4 |
2 |
|||||||||||
|
116 |
Rosalía Viñas Tojo |
15013A04302448 |
Brión |
43 |
2448 |
Monte aberto |
Monte baixo |
4 |
2 |
|||||||||||
– Superficie de pleno dominio:
• Núm. aero: número aeroxerador.
• Cim.: cimentación do aeroxerador, superficie de afección para a execución das cimentacións dos aeroxeradores.
• Plat.: plataforma, superficie de afección para a execución das plataformas dos aeroxeradores e da torre meteorolóxica.
• Sub: subestación, superficie de afección para a execución da subestación transformadora e do edificio de control.
• T. met.: torre meteorolóxica, superficie de afección para a execución da súa cimentación.
– Servidume de paso:
• Vía: servidume de paso polas vías polas que circularán os transportes para a construción, a conservación e a reparación das instalacións do parque eólico.
• Gabia: servidume de paso nas canalizacións do tendido eléctrico soterrado.
– Serv. de voo: servidume comprendida dentro do voo das pas de cada aeroxerador.
– Ocup. temp: ocupacións e actuacións temporais dos terreos para zona de amoreamento de materiais e compoñentes dos aeroxeradores, manobra de vehículos e instalación de casetas de obra.
– Inclúense os seguintes tipos de solapamentos entre servidumes:
• Serv. vía-gabia: abrangue aquelas zonas onde coinciden as afeccións de vía-gabia.
• Serv. voo-vía: abrangue aquelas zonas onde coinciden as afeccións de servidume do voo e vía.
• Serv. voo-gabia: abrangue aquelas zonas onde coinciden as afeccións de servidume do voo e gabia.
• Serv. voo-vía-gabia: abrangue aquelas zonas onde coinciden as tres afeccións, servidume do voo-vía-gabia.
