DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 4 de marzo de 2026 Páx. 16160

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Xuventude, pola que se publica o requirimento de emenda da documentación das xustificacións presentadas ao abeiro da Orde do 24 de abril de 2025 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento BS508B).

A consellería con competencias en materia de cultura, lingua e xuventude convocou, para o ano 2025, a través da Orde do 24 de abril de 2025 as subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado (Diario Oficial de Galicia núm. 87, do 8 de maio).

Mediante a Resolución do 19 de agosto de 2025, da Dirección Xeral de Xuventude, publícase a Resolución do 18 de agosto de 2025 de concesión das subvencións presentadas ao abeiro da dita Orde do 24 de abril de 2025 (Diario Oficial de Galicia núm. 163, do 27 de agosto).

O artigo 16 da orde de convocatoria establece a data límite para a presentación da xustificación dos gastos e do cumprimento das accións do proxecto subvencionado para o día 8 de novembro de 2025.

Así mesmo, no dito artigo 16 da orde determínase a documentación necesaria para a xustificación da axuda concedida.

Unha vez revisadas as xustificacións presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento das condicións impostas e da consecución dos obxectivos previstos no acto da concesión da subvención.

O artigo 16.3 da dita orde establece que, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá a entidade beneficiaria para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación no dito prazo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no dito prazo adicional non eximirá a entidade beneficiaria das sancións que, conforme a lei, correspondan.

Así mesmo, o artigo 14 da orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e a correspondente resolución deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento da documentación xustificativa da axuda concedida, ditado polo órgano instrutor do procedemento con data do 24 de febreiro de 2026, en que se relacionan as entidades que deben emendar as xustificacións e/ou completar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras e que figura como anexo a esta resolución.

2. Facer indicación expresa ás entidades beneficiarias que se relacionan no requirimento recollido no anexo para que, no prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. De non o facer, de conformidade co artigo 16.3 da orde, co artigo 28.10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e co artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades que correspondan.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das xustificacións, poderán dirixirse á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través dos teléfonos 981 95 79 15 ou 881 99 65 30.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2026

Lara del Carmen Meneses Álvarez
Directora xeral de Xuventude

ANEXO

Requirimento de emenda da documentación
xustificativa das axudas concedidas

Convocatoria: Orde do 24 de abril de 2025 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento BS508B).

Acto administrativo: requirimento de emenda da documentación xustificativa das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 24 de abril de 2025.

Data do acto: 24 de febreiro de 2026.

Órgano competente: Servizo de Voluntariado e Participación.

Efectos: as entidades beneficiarias que a seguir se relacionan terán un prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto no Diario Oficial de Galicia, para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos. De non o facer, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades que correspondan de conformidade co artigo 16.3 da orde, co artigo 28.10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e co artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Relación de expedientes:

Nº exp.

Solicitante

NIF da entidade

Documentación requirida

2025/002

Asociación de Voluntarios para Ayuda a Necesitados, AVAN

G15512502

– Remitir copia das facturas que permitan a súa revisión, indicando o motivo da exención do IVE (artigo 16.1.d).

2025/039

Federación Provincial de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Pontevedra. Cogami-Pontevedra

G36704195

– Memoria económica (artigo 16.1.b).

– Anexo III: xustificante de pagamento do TC1 de setembro e recibo CS/FED/22/2025 con indicación do DNI da persoa indicada e correctamente asinado.

– Revisar a cantidade concedida no anexo II e memoria xustificativa.

2025/046

Asociación Auxilia-Lugo

G08317059

– Anexo III (artigo 16.1.d).

– Remitir copia das nóminas e facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil dos gastos realizados e documentación acreditativa do pagamento (artigo 16.1.d).

– Memoria económica: adaptar aos cambios do anexo III.

2025/064

Asociación Asistencial TDAH Salnés

G94125648

– Anexo II: enviar debidamente asinado (artigo 16.1.c).

– Anexo III: enviar debidamente asinado (artigo 16.1.d).

– Xustificante do pagamento das facturas (artigo 16.1.d)1º.

– Presentar xustificantes do pagamento do modelo 111.

– Presentar póliza do seguro de accidentes e o xustificante do seu pagamento para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (artigo 16.1.d)3º.

2025/069

Asociación Oficina de Voluntariado

G94035565

– Presentar os xustificantes de pagamento dos seguros para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (artigo 16.1.d)3º.

2025/091

Asociación de Celíacos de Galicia, Acega

G15675960

– Presentar os xustificantes de pagamento dos seguros para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (artigo 16.1.d)3º.

– Xustificante de pagamento do informe de gastos de 40 €.

2025/093

Congregación de las Hijas del Divino Celo-Rogacionistas

R0800037D

– Anexo II: revisar a información indicada nos puntos 1 e 5.

– Memoria económica ou anexo III: aclarar as nóminas que se imputan e a orixe do gasto.

2025/095

Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia, Anedia

G94079050

– Memoria económica (artigo 16.1.b).

– Xustificante de pagamento da factura 2025/UN-01047.