DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 11 de marzo de 2026 Páx. 17423

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2026, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dispón o depósito e inscrición no Rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, do Acordo do 12 de febreiro de 2026, da comisión negociadora do Convenio colectivo da Fundación Monte do Gozo, para a actualización dos salarios do ano 2026.

Feitos:

Primeiro. O día 23 de febreiro de 2026 tivo entrada nesta unidade a solicitude para a inscrición no Rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade do Acordo do 12 de febreiro de 2026 da comisión negociadora do Convenio colectivo da Fundación Monte do Gozo, para a actualización dos salarios do ano 2026.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais ten atribuídas, entre outras funcións, as competencias que como autoridade laboral lle corresponden á consellería, de conformidade co disposto no Decreto 147/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Segunda. De acordo co artigo 25 do citado Decreto 147/2024, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais é o órgano competente de coordinación dos rexistros administrativos de eleccións sindicais, de asociacións empresariais e sindicais (Deose), de convenios colectivos (Regcon) e de empresas acreditadas para intervir no proceso de contratación no sector da construción (REA).

Terceira. O artigo 8 do Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, regula o procedemento de inscrición de solicitudes de rexistro e convenios e acordos colectivos de traballo e establece que a autoridade laboral competente ditará unha resolución en que ordene o seu rexistro, depósito e publicación no boletín oficial correspondente.

Revisada a documentación achegada e tendo en conta a normativa aplicable, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, na súa condición de autoridade laboral,

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o depósito e a inscrición no Rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, do Acordo do 12 de febreiro de 2026 da comisión negociadora do Convenio colectivo da Fundación Monte do Gozo, para a actualización dos salarios do ano 2026.

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2026

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais

Acordo da comisión negociadora do Convenio colectivo
da Fundación Monte do Gozo

En Santiago de Compostela o 12 de febreiro de 2026, ás 16.00 horas, na sede da Fundación Monte do Gozo na dita cidade, rúa Cottolengo núm. 2, por unha parte, a representación da empresa exercida por:

– Ofelia Debén Rodríguez.

– Amalia Calvo Ríos.

E, por outra parte, a representación legal dos traballadores dos centros da Fundación Monte do Gozo:

– Santiago: Laura Rivas Arufe.

– Cernadas: Víctor Figueiras Ventoso.

– Vigo: Vicente Llario Espinosa.

– Ourense: Patricia Pérez Rodríguez.

Celebran unha reunión, a pedimento da empresa, para comunicar aos RLT a proposta para a actualización dos salarios que están a percibir as persoas contratadas na Fundación Monte do Gozo e os novos horarios do centro para o ano 2026.

1. A entidade propón un incremento do IPC do 3,0 % no salario base para o ano 2026. Esta suba poderase realizar aínda que as subvencións non cobren o incremento e queren que os RLT transmitan que está situación será difícil de manter, se o convenio estatal segue subindo e as subvencións non soben na mesma proporción.

A RLT dos centros da Fundación Monte do Gozo e a empresa acordan o seguinte:

1. Aceptar a proposta da empresa dunha suba salarial para o ano 2026 do 3,0 % do salario base.

Como consecuencia do acordado, as táboas salariais quedan como segue:

Táboas salariais 2026

(con efectos do 1.1.2026)

Salario base segundo o grupo profesional.

Grupo profesional

Salario base bruto anual

(euros)

Salario base bruto mensual

× 14 pagas

0

1

26.284,30 €

1.877,45 €

2

23.720,76 €

1.694,34 €

3

20.794,62 €

1.485,33 €

4

18.127,20 €

1.294,80 €

Complemento experiencia profesional.

Grupo profesional

Complemento experiencia profesional

Importe bruto anual (euros)

Importe mensual

× 14 pagas

0

1

2

861,00 €

61,50 €

3

783,44 €

55,96 €

4

705,60 €

50,40 €

Complemento non consolidable por coordinación de centro ou área de traballo.

Grupo profesional

Salario base bruto anual

Coordinación

(euros)

Salario base bruto mensual

× 14 pagas

0

1

2.589,72 €

184,98 €

2

2.589,72 €

184,98 €

3

4

Complemento de nocturnidade.

O complemento de nocturnidade aboaráselles a aquelas persoas traballadoras que presten servizos en horario das 22.00 h ás 6.00 h (salvo que xa estean contratadas expresamente para ese traballo nocturno polo que xa no seu salario está incluído) e que se aboará polas horas efectivamente traballadas nunha porcentaxe do 25 % do salario ou en descanso (á elección do traballador). Para as horas de dispoñibilidade pagarase un complemento segundo o anexo do convenio (57,96 euros fixos mensuais).

Complemento de traballo en sábados, domingos e festivos.

Quen realice a súa xornada habitual ou ordinaria de traballo de acordo co establecido no seu contrato, en sábados, domingos e/ou festivos, percibirá un complemento por cada hora traballada equivalente ao 25 por 100 do prezo da hora ordinaria, calculada sobre o salario base e da categoría que efectivamente se desenvolve.

Complemento non consolidable por desprazamento.

Distancia entre centros de traballo

Importe bruto mensual

Distancia de 30 km a 50 km

150,00 €

Distancia de 51 km a 90 km

225,00 €

Distancia de 91 ou máis km

300,00 €

E sendo as 17.00 horas, dáse por rematada a reunión, na data e lugar do encabezamento.

Ofelia Debén Rodríguez

Amalia Calvo Ríos

Laura Rivas Arufe

Patricia Pérez Rodríguez

Víctor Figueiras Ventoso

Vicente Llario Espinosa