DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 12 de marzo de 2026 Páx. 17673

III. Outras disposicións

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

DECRETO 17/2026, do 2 de marzo, polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Ares dos treitos finais das estradas AC-123, AC-124 e AC-130, xunto co seu dominio público viario (DPV).

O artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia (LEG), dispón que os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

O artigo 9.7 da LEG recolle que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O artigo 18.11 do Regulamento xeral de estradas de Galicia (RXEG) dispón que os cambios de titularidade de treitos de estradas a favor de administracións de menor ámbito territorial só se levarán a cabo cando se trate de treitos terminais ou non impliquen a interrupción de ningún dos itinerarios dos que forma parte sen que exista unha alternativa viaria, existente ou planificada, para todos eles, que proporcione un nivel de servizo cando menos equivalente.

O Concello de Ares solicita a cesión da titularidade dos treitos finais das estradas autonómicas AC-123 (p.q. 1+910 ao 2+210), AC-124 (p.q 1+170 ao 1+770) e da AC-130 (p.q 3+400 ao 4+240).

Estes treitos finais de estradas teñen categoría funcional de rede local, discorren polo termo municipal do Concello de Ares na súa totalidade e por solo clasificado como urbano polo instrumento de planeamento vixente no concello.

A estrada AC-123 comunica Ferrol con Ares. A transferencia do treito final desta estrada (p.q. 1+910 ao p.q. 2+210) non interrompe a continuidade da rede de estradas autonómicas, xa que no p.q. 1+910 se alcanza a periferia do casco urbano de Ares.

O treito final da estrada AC-124, comprendido entre o p.q. 1+430 (intersección coa DP-0401) e o seu p.q. final forma parte do acceso ao Porto de Redes, desde o núcleo de Ares. O artigo 35 do (RXEG) establece que formarán parte da rede local aquelas vías que, sen formar parte da Rede de estradas do Estado, da rede estruturante ou da rede complementaria, constitúan o principal acceso a portos de titularidade autonómica, pero non establece que a súa titularidade teña que ser autonómica.

A estrada AC-130 comunica os núcleos urbanos de Ares e Mugardos. A transferencia do treito final da estrada (p.q. 3+400 ao p.q. 4+240) non interrompe a continuidade da rede de estradas autonómicas, xa que no p.q. 3+400 teríase alcanzado a periferia do caso urbano de Ares.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo cos informes emitidos polos servizos competentes, formula a proposta favorable á transferencia de titularidade dos treitos que se definen no artigo 1.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dous de marzo de dous mil vinte e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Ares dos seguintes treitos finais de estradas da Rede autonómica de estradas de Galicia, xunto co seu dominio público viario (DPV):

Transferencia

Inicio

Coordenadas UTM (ETRS89 fuso 29)

Final

Coordenadas UTM (ETRS89 fuso 29 )

Lonx. (m)

Superficie DPV (m²)

1

Treito final da AC-123

p.q. 1+910 da AC-123

x = 561.679

y = 4.809.113

p.q. 2+210 da AC-123

x = 561.487

y = 4.808.881

303

4.931

2

Treito final da AC-124

p.q. 1+170 da AC-124

x = 564.743

y = 4.808.616

p.q. 1+770 da AC-124

x = 564.449

y = 4.808.234

605

5.510

3

Treito final da AC-130

p.q. 3+400 da AC-130

x = 561.116

y = 4.809.246

p.q. 4+240 da AC-130

x = 561.294

y = 4.808.532

841

9.686

Modificar, en aplicación do artigo 10.6.a) da LEG, o Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia, aprobado polo Decreto 100/2021, do 24 de xuño, no sentido de modificar os datos relativos ás estradas afectadas por este cambio de titularidade, que quedarían da seguinte forma:

Clave

Denominación

Treito

p.q.i

p.q.f

Lonxitude treito (km)

Lonxitude total (km)

Categoría funcional

Clase de estrada

Provincia

AC-123

Franza (AC-133)-Ares

Franza (AC-133)-Ares

0+000

1+910

1,91

1,91

Local

Estrada convencional

A Coruña

AC-124

Limodre (AC-122)-Redes

Limodre (AC-122)-Redes

0+000

1+170

1,17

1,17

Local

Estrada convencional

A Coruña

AC-130

Mugardos-Ares

Mugardos-Ares

0+600

3+400

2,80

2,80

Local

Estrada convencional

A Coruña

O documento do Catálogo e as súas modificacións poden consultarse na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega

Artigo 2

En aplicación dos puntos 4 e 6 do artigo 10 da LEG, o Concello de Ares deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír o cambio de titularidade a que se refire este decreto.

Artigo 3

De acordo co establecido no artigo 9.6 da LEG, o cambio de titularidade será efectivo ao día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos tres meses seguintes a esta publicación, mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Esta acta de entrega e os seus planos poderán consultarse na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega

Artigo 4

Correspóndelle ao Concello de Ares, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías transferidas, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dous de marzo de dous mil vinte e seis

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

María Martínez Allegue
Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas