DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 13 de marzo de 2026 Páx. 17955

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 12 de marzo de 2026 pola que se modifica a Orde do 11 de febreiro de 2026 pola que se determinan os servizos mínimos durante a folga convocada polas organizacións sindicais CESM, O’Mega e Simega para determinadas datas dos meses de febreiro, marzo, abril, maio e xuño de 2026.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece como dereito fundamental o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, polo que se ditan normas para garantir a prestación dos servizos esenciais no ámbito da Comunidade Autónoma (DOG núm. 116, do 20 de xuño), entre os que se atopa a sanidade.

A prestación da asistencia sanitaria non pode verse gravemente afectada polo lexítimo exercicio do dereito de folga, ao estar aquela recoñecida como servizo esencial e prevalente en relación con este. En consecuencia, resulta necesario compatibilizar o exercicio do dereito de folga coa fixación dos servizos mínimos nas áreas e actividades que inciden directamente na xestión e continuidade da asistencia sanitaria, co obxecto de preservar, en último termo, o dereito á vida, á saúde e á integridade física das persoas usuarias.

O artigo 3 do citado decreto faculta os/as conselleiros/as competentes por razón dos servizos esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga, establezan o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento de tales servizos, así como para a determinación do persoal preciso para a súa prestación.

O 23 de xaneiro de 2026 a Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM) convocou unha folga de carácter estatal que afecta o persoal médico e facultativo do Sistema nacional de saúde e, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, ao persoal sanitario do Servizo Galego de Saúde (Sergas). Segundo a convocatoria presentada, a folga desenvolverase nos seguintes períodos:

• Do 16 ao 20 de febreiro de 2026, ambos inclusive.

• Do 16 ao 20 de marzo de 2026, ambos inclusive.

• Do 27 ao 30 de abril de 2026, ambos inclusive.

• Do 18 ao 22 de maio de 2026, ambos inclusive.

• Do 15 ao 19 de xuño de 2026, ambos inclusive.

Os paros iniciaranse ás 00.00 horas e rematarán ás 23.59 horas do último día consecutivo convocado, ambos inclusive, facendo constar no seu escrito que naquelas empresas, centros sanitarios etc., que teñan varias quendas de traballo, o comezo do paro xeral efectuarase na primeira quenda que empece o primeiro día convocado e a súa finalización terá lugar unha vez rematada a última quenda, aínda que se prolongue despois das 24.00 horas do último día consecutivo convocado.

O 27 de novembro de 2025, a organización sindical Facultativos de Galicia Independentes (O’Mega) presentou unha comunicación de folga dirixida a todo o persoal médico e demais persoal facultativo empregado no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, incluídos os médicos internos residentes, o profesorado vinculado e o resto do persoal médico e facultativo, con independencia da modalidade de contratación ou de xestión.

Na devandita comunicación facíase constar que a folga tería carácter permanente, coa previsión de comunicar os días concretos con dez días de antelación, convocándose inicialmente as xornadas dos días 9, 10, 11 e 12 de decembro de 2025, así como outras datas do mes de xaneiro, en concreto os días 14 e 15 de xaneiro de 2026 e, posteriormente, para os días 16 ao 20 de febreiro de 2026.

Así mesmo, o 4 de febreiro de 2026, o Sindicato Médico de Galicia (Simega) presentou unha convocatoria de folga que afectaba todo o persoal médico e facultativo empregado no ámbito da sanidade pública de Galicia, incluídos os Médicos Internos Residentes, con independencia da modalidade de contratación e da modalidade de xestión comunicando que tería lugar os días 16, 17, 18, 19 e 20 de febreiro de 2026, en xornadas completas de 24 horas.

Como consecuencia destas convocatorias publicouse no DOG núm. 30, do 13 de febreiro de 2026, a Orde do 11 de febreiro de 2026 pola que se determinaron os servizos mínimos durante a folga convocada polas organizacións sindicais CESM, O’Mega e Simega para determinadas datas dos meses de febreiro, marzo, abril, maio e xuño de 2026, que afecta a todo o persoal médico e facultativo empregado no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Na devandita orde establécese que os criterios reitores fixados serían igualmente de aplicación aos restantes períodos de folga convocados pola CESM nos meses de marzo, abril, maio e xuño de 2026, sen prexuízo de que os servizos mínimos establecidos ao seu abeiro puidesen ser revisados ou modificados mediante resolución motivada se variasen as circunstancias tidas en conta para a súa fixación.

Con data 5 de marzo de 2026, a organización sindical O’Mega presentou un novo escrito polo que comunicaba a ampliación da convocatoria de folga presentada o 27 de novembro de 2025 aos días comprendidos entre o 16 e o 20 de marzo de 2026, ambos incluídos.

Na mesma data, o Sindicato de Médicos de Galicia (Simega) presentou unha convocatoria de folga para os días 16 ao 20 de marzo de 2026, que afectará a todo o persoal médico e facultativo empregado no ámbito da sanidade pública de Galicia, incluídos os médicos internos residentes, con independencia da modalidade de contratación ou de xestión.

Por outra banda, na actualidade atópase convocada pola organización sindical O’Mega unha folga de carácter indefinido no ámbito da atención primaria do Servizo Galego de Saúde, respecto da cal se ditou a correspondente orde de determinación de servizos mínimos publicada no DOG núm. 39, do 27 de febreiro de 2026.

De manterse vixente esta convocatoria na data prevista para as xornadas de folga do 16 ao 20 de marzo de 2026, produciríase unha coincidencia entre os períodos de folga convocados e os servizos mínimos establecidos en ambas convocatorias, circunstancia que debe ser tida en consideración para garantir adecuadamente a continuidade da asistencia sanitaria. A determinación dos servizos mínimos debe realizarse tendo en conta non só cada convocatoria de folga de maneira illada senón tamén o seu posible efecto acumulado sobre o funcionamento do sistema sanitario, especialmente cando coinciden no tempo varias convocatorias que afectan os mesmos dispositivos asistenciais.

Á vista das novas convocatorias de folga presentadas polas organizacións sindicais O’Mega e Simega para o período comprendido entre os días 16 e 20 de marzo de 2026, e tendo en conta a coincidencia coa folga de carácter indefinido no ámbito da atención primaria convocada por O’Mega, resulta necesario modificar a Orde do 11 de febreiro de 2026 coa finalidade de adaptar os servizos mínimos establecidos ás circunstancias actuais e garantir a prestación dos servizos sanitarios esenciais.

Sen prexuízo do anterior, mantéñense os criterios reitores establecidos na Orde do 11 de febreiro de 2026, que continúan sendo de aplicación para a determinación dos servizos mínimos. A presente modificación non altera os criterios xerais que fundamentaron a determinación inicial dos servizos mínimos, senón que responde á necesidade de adaptalos ás novas circunstancias derivadas da coincidencia de distintas convocatorias de folga e da evolución da situación asistencial.

Con base no que antecede e logo da audiencia aos comités de folga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Modifícase a Orde do 11 de febreiro de 2026 pola que se determinan os servizos mínimos durante a folga convocada polas organizacións sindicais CESM, O’Mega e Simega para determinadas datas dos meses de febreiro, marzo, abril, maio e xuño de 2026, nos termos establecidos na presente orde.

Os servizos mínimos que se fixan resultan imprescindibles para garantir a adecuada cobertura do servizo esencial de asistencia sanitaria, co obxecto de evitar graves prexuízos á cidadanía. Ao mesmo tempo, responden á necesidade de compatibilizar o exercicio do dereito fundamental de folga coa atención á poboación, que, baixo ningún concepto, pode quedar desatendida en termos que poñan en risco a súa saúde ou integridade física dadas as características do servizo prestado.

A súa determinación realízase conforme os principios de proporcionalidade, necesidade e adecuación, co fin de compatibilizar o dereito fundamental de folga coa protección da saúde e da integridade física da poboación, que deben preservarse en todo caso dada a natureza esencial do servizo afectado.

Por iso, mantéñense os servizos mínimos necesarios para garantir a asistencia imprescindible ás persoas hospitalizadas, así como a atención urxente e permanente e aqueles servizos sanitarios que non poden ser adiados sen consecuencias negativas para a saúde.

Hai que ter en conta que, malia tratarse dunha convocatoria de folga de duración limitada que abrangue un período semanal en que se inclúe un día festivo de carácter autonómico, os servizos mínimos establecidos na atención primaria, particularmente no relativo ao persoal farmacéutico e odontólogo, non poden minorarse respecto dos previstos inicialmente. Isto débese a que na actualidade se atopa vixente unha convocatoria de folga de carácter indefinido que afecta estes colectivos profesionais, na cal se estableceron determinados niveis de cobertura asistencial que cómpre manter para garantir a continuidade da atención sanitaria. A posible coincidencia temporal entre ambas as convocatorias fai necesario ter en conta esta circunstancia á hora de adaptar os servizos mínimos, co fin de evitar disfuncións na organización asistencial e garantir unha resposta sanitaria axeitada ás necesidades da poboación.

Ademais, dado que os días comprendidos na convocatoria do 16 ao 20 de marzo de 2026 inclúen un festivo autonómico e difiren respecto das xornadas de folga de febreiro, algunhas áreas sanitarias adaptaron as presenzas mínimas establecidas tendo en conta se se trata dun día laborable ou festivo, mantendo sempre os niveis necesarios para garantir a continuidade da atención sanitaria esencial.

Por último, cómpre considerar o impacto acumulado das múltiples convocatorias de folga recentemente desenvolvidas no sector sanitario, tanto no ámbito hospitalario como no da atención primaria, circunstancia que xustifica a necesidade de evitar unha nova deterioración da accesibilidade e continuidade asistencial. Neste sentido, os tempos de espera para obter cita en atención primaria experimentaron un incremento nos últimos anos, situándose en medias superiores ás rexistradas en exercicios anteriores, polo que resulta preciso garantir un nivel mínimo de actividade asistencial que permita atender as necesidades máis urxentes da poboación. A determinación destes servizos mínimos responde á necesidade de garantir a continuidade asistencial e a adecuada protección da saúde da poboación, limitándose ao estritamente imprescindible para compatibilizar este obxectivo co exercicio do dereito fundamental de folga.

Artigo 2

Durante as xornadas de folga do 16 ao 20 de marzo de 2026, os servizos mínimos aplicables no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde serán os establecidos no anexo que forma parte integrante desta orde.

A determinación do persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos establecidos corresponderá ás direccións das correspondentes institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, de acordo cos criterios reitores establecidos na Orde do 11 de febreiro de 2026 e co disposto na presente orde, atendendo, ademais, ás características específicas de cada centro, servizo ou unidade asistencial, ao volume de actividade e á necesidade de garantir a continuidade da atención sanitaria esencial.

A fixación do persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá estar adecuadamente motivada.

A xustificación debe constar no expediente de determinación de servizos mínimos e exteriorizarse axeitadamente para o xeral coñecemento do persoal destinatario. Deberá quedar constancia no expediente dos factores ou criterios cuxa ponderación conduce a determinar as presenzas mínimas.

A relación de persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá ser publicada nos taboleiros de anuncios do centro ou entidade con antelación ao comezo da folga.

A designación nominal dos efectivos que deben cubrir os servizos mínimos -que deberá recaer no persoal de xeito rotatorio- será determinada pola respectiva institución e notificada aos/ás profesionais designados/as.

O persoal designado como servizo mínimo que desexe exercer o seu dereito de folga poderá instar a substitución da súa designación por outro/a traballador/a que, voluntariamente, acepte o cambio de xeito expreso.

Artigo 3

Os paros e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servizos mínimos serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo, sobre relacións de traballo (BOE núm. 58, do 9 de marzo).

Artigo 4

O disposto nos artigos precedentes non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observar as normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías das persoas usuarias dos establecementos sanitarios. Os altercados ou incidentes que se produzan serán obxecto de sanción con base nas normas vixentes.

Disposición adicional primeira

No caso de que a folga de carácter indefinido convocada pola organización sindical Facultativos de Galicia Independentes (O’Mega) no ámbito da atención primaria deixe de estar vixente antes do inicio das xornadas comprendidas entre o 16 e o 20 de marzo de 2026, os servizos mínimos establecidos neste artigo manteranse para garantir a continuidade da atención sanitaria esencial, podendo ser adaptados pola Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde en función das circunstancias reais, mediante resolución motivada.

Disposición adicional segunda

Así mesmo, e sen prexuízo do establecido para as xornadas do 16 ao 20 de marzo de 2026, os criterios reitores aplicables nesta orde serán de aplicación, coa mesma finalidade, aos períodos de folga convocados polos mesmos sindicatos nos meses de abril, maio e xuño de 2026, podendo ser revisados ou adaptados mediante resolución motivada en función das circunstancias concretas de cada período, co obxecto de garantir a continuidade da asistencia sanitaria e a prestación dos servizos esenciais.

Disposición derradeira

Esta orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2026

Antonio Gómez Caamaño
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Provincia da Coruña

Área Sanitaria da Coruña e Cee

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria

Complexo Hospitalario Universitario da Coruña

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

15

15

9

Área Cirúrxica

80

35

35

Área Clínica/Hospitalización

79

20

20

Servizos centrais

25

10

10

Hospital Virxe da Xunqueira-Cee

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

4

4

3

Área Cirúrxica

9

5

5

Área Clínica/Hospitalización

5

3

2

Servizos centrais

4

1

1

– Servizos sanitarios de atención primaria

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico/a de familia

100

54

18

Pediatra

28

9

-

Odontólogo/a

1

-

-

Farmacéutico/a

1

-

-

Área Sanitaria de Ferrol

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria

Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

8

7

5

Área Cirúrxica

33

12

12

Área Clínica/Hospitalización

40

12

12

Servizos centrais

19

7

6

– Servizos sanitarios de atención primaria

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico/a de familia

42

23

11

Pediatra

14

2

-

Odontólogo/a

2

-

-

Farmacéutico/a

2

-

-

Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

14

13

7

Área Cirúrxica

84

36

36

Área Clínica/Hospitalización

84

26

25

Servizos centrais

32

18

15

Hospital Público da Barbanza

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

5

5

4

Área Cirúrxica

6

6

6

Área Clínica/Hospitalización

4

3

2

Servizos centrais

4

3

2

– Servizos sanitarios de atención primaria

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico/a de familia

96

37

24

Pediatra

30

3

-

Odontólogo/a

4

-

-

Farmacéutico/a

4

-

-

Provincia de Lugo

Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria

Complexo Hospitalario Lucus Augusti

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

13

14

10

Área Cirúrxica

42

17

17

Área Clínica/Hospitalización

53

13

12

Servizos centrais

31

9

8

Hospital Público de Monforte

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

3

3

3

Área Cirúrxica

9

9

9

Área Clínica/Hospitalización

9

4

4

Servizos centrais

8

5

4

Hospital Público da Mariña

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

4

3

3

Área Cirúrxica

13

11

11

Área Clínica/Hospitalización

11

4

4

Servizos centrais

8

2

2

– Servizos sanitarios de atención primaria

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico/a de familia

89

37

27

Pediatra

18

1

-

Odontólogo/a

3

-

-

Farmacéutico/a

3

-

-

Provincia de Ourense

Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

8

7

4

Área Cirúrxica

46

15

15

Área Clínica/Hospitalización

83

18

13

Servizos centrais

65

16

13

Hospital de Verín

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

3

3

3

Área Cirúrxica

5

4

4

Área Clínica/Hospitalización

6

1

1

Servizos centrais

6

1

1

Hospital Público de Valdeorras

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

3

2

2

Área Cirúrxica

4

4

4

Área Clínica/Hospitalización

5

4

4

Servizos centrais

5

3

3

– Servizos sanitarios de atención primaria

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico/a de familia

105

36

25

Pediatra

14

-

-

Odontólogo/a

12

-

-

Farmacéutico/a

12

-

-

Provincia de Pontevedra

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria

Complexo Hospitalario de Pontevedra

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

12

10

7

Área Cirúrxica

56

21

21

Área Clínica/Hospitalización

58

13

12

Servizos centrais

26

7

6

Hospital do Salnés

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

7

6

3

Área Cirúrxica

14

4

4

Área Clínica/Hospitalización

9

2

2

Servizos centrais

6

2

2

– Servizos sanitarios de atención primaria

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico/a de familia

62

26

12

Pediatra

14

1

Odontólogo/a

2

1

-

Farmacéutico/a

2

1

-

Área Sanitaria de Vigo

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

17

17

10

Área Cirúrxica

76

37

37

Área Clínica/Hospitalización

80

29

28

Servizos centrais

38

17

15

– Servizos sanitarios de atención primaria de Vigo

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico/a de familia

100

60

21

Pediatra

34

9

-

Odontólogo/a

1

-

-

Farmacéutico/a

3

-

-

Galaria, Empresa pública de servizos sanitarios, S.A.

Localidade

Servizo

Categoría

Mañá

Tarde

Noite

Ourense

Medicina nuclear

Facultativo/a

2

-

-

Santiago

Ciclotrón

Facultativo/a

1

-

11

UTPR

Facultativo/a

1

-

-

Vigo

Diagnóstico por imaxe unidade móbil

Facultativo/a

1

11

-

Medicina nuclear-PET

Facultativo/a

1

2

11

Oncoloxía radioterápica

Facultativo/a

3

1

-

Radiofísica

Facultativo/a

3

1

-

1 Localizado

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS)

Servizos mínimos

Luns

Martes

Mércores

Xoves

Venres

Persoal facultativo

Mañá

Tarde

Noite

Mañá

Tarde

Noite

Mañá

Tarde

Noite

Mañá

Tarde

Noite

Mañá

Tarde

Noite

Hematólogo/a

2

1(1)

1(1)

2(1)

1(1)

1(1)

2

1(1)

1(1)

1(1)

1(1)

1(1)

2

1(1)

1(1)

Médico/a hemodoazón

9

10

-

9

10

-

7

12

-

-

-

-

7

12

-

1 Localizado

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Médico coordinador

6+11

6+11

3

Médico asistencial base ambulancia

12

12

12

Médico asistencial base helicóptero

22

22

-

1 Aos 6 efectivos na quenda de mañá hai que sumarlle un efectivo en horario das 10.00 ás 16.00 horas de luns a xoves e, en horario das 10.00 ás 17.00 horas o venres e festivos. Aos 6 efectivos na quenda de tarde hai que sumarlle un efectivo en horario das 16.00 ás 23.00 horas, de luns a xoves e en horario das 17.00 ás 00.00 horas o venres e festivos.

2 Están operativos de orto a ocaso.