Advertidos erros na referida resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 43, do 5 de marzo de 2026, cómpre realizar as seguintes correccións:
Na páxina 16370, no anexo II referido ás zonas territoriais dos concellos en que se localiza a vivenda, suprímense os concellos de Ferrol e Lugo da relación de concellos correspondente á zona territorial 1, que queda do seguinte xeito:
«– Concellos correspondentes ao ámbito territorial de prezo máximo superior: comprende os concellos da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
– Concellos correspondentes á zona territorial 1:
Na provincia da Coruña: Ames, Ares, Arteixo, As Pontes de García Rodríguez, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Cee, Cedeira, Culleredo, Fene, Melide, Mugardos, Narón, Neda, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Padrón, Pontedeume, Ribeira, Sada e Teo.
Na provincia de Lugo: Burela, Cervo, Chantada, Foz, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba y Viveiro.
Na provincia de Ourense: Allariz, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia.
Na provincia de Pontevedra: A Estrada, A Illa de Arousa, Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, Gondomar, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, O Grove, O Porriño, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Redondela, Sanxenxo, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
– Concellos correspondentes á zona territorial 2: resto de municipios da Comunidade Autónoma».
A publicación desta corrección non modifica o prazo de presentación de solicitudes previsto no ordinal sexto desta resolución.
