DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 17 de marzo de 2026 Páx. 18456

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2026 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 9 de marzo de 2026, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Mar.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Mar resulta da necesidade de dar cumprimento ás obrigas derivadas de procesos selectivos de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, subgrupo A1, así como polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

En consecuencia, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 9 de marzo de 2026, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Mar nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 9 de marzo de 2026, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Mar, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

Consellería do Mar

Na vixente relación de postos de traballo da Consellería do Mar prodúcense as seguintes modificacións:

Persoal funcionario

Modificacións:

– Nos seguintes postos de traballo, na epígrafe de formación específica, suprímese o código «434» e engádese o «446», polo que pasa a quedar cos códigos «446-544-648»:

CENTRO DE DESTINO

CÓDIGO DO POSTO

DENOMINACIÓN DO POSTO

ESCOLA OFICIAL NÁUTICO-PESQUEIRA DE FERROL

PE.C99.40.301.15350.005

PROFESOR/A-ESPEC. NAVEGACIÓN MARÍTIMA

ESCOLA OFICIAL NÁUTICO-PESQUEIRA DE FERROL

PE.C99.40.301.15350.015

PROFESOR/A-ESPEC. NAVEGACIÓN MARÍTIMA

– Cámbiase a descrición do código de formación específica «698» e pasa a dicir:

ESTAR EN POSESIÓN DO TÍTULO DE MERGULLADOR INSTRUTOR PROFESIONAL (R.I.).

CÓDIGO-DESCRICIÓN DAS FORMACIÓNS ESPECÍFICAS:

434

TÍTULO PROFESIONAL DE CAPITÁN DA MARIÑA MERCANTE OU DE PILOTO DA MARIÑA MERCANTE (R.I.).

446

TÍTULO PROFESIONAL DE CAPITÁN DA MARIÑA MERCANTE OU DE PILOTO DA MARIÑA MERCANTE (MÉRITO).

544

MÁSTER UNIVERSITARIO EN FORMACIÓN DO PROFESORADO OU EQUIVALENTE (R.I.).

648

CERTIFICACIÓN NEGATIVA DO ARTIGO 57 DA LEI ORGÁNICA 8/2021, DO 4 DE XUÑO (R.I.).