DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 17 de marzo de 2026 Páx. 18452

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 24 de febreiro de 2026 de selección de entidade privada sen ánimo de lucro no procedemento de asignación do concerto social para a execución do programa de acollemento residencial dirixido a nenos, nenas e adolescentes con medida de protección e problemas de saúde mental, no centro de menores Casa da Quintán en Ponte Caldelas (8 prazas) (código de procedemento BS213T).

No Diario Oficial de Galicia número 236, do 5 de decembro de 2025, a través da Resolución do 21 de novembro de 2025, da Consellería de Política Social e Igualdade, publícase a convocatoria do procedemento de asignación de concerto social para a execución do programa de acollemento residencial dirixido a nenos, nenas e adolescentes con medida de protección e problemas de saúde mental, no centro de menores Casa da Quintán en Ponte Caldelas (8 prazas) (código de procedemento BS213T).

Unha vez instruído de conformidade coas bases do procedemento de selección, tras a valoración dos criterios e emitida a proposta, con data do 23 de febreiro de 2026 o órgano competente, a Consellería de Política Social e Igualdade, emite a resolución que finaliza o dito procedemento, de conformidade co Decreto 42/2024, do 14 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e o Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías de Xunta de Galicia.

O número 6 da cláusula M) do anexo I da Resolución do 21 de novembro de 2025 establece que a resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos de notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, será igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Política Social e Igualdade.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 24 de febreiro de 2026 ditada no procedemento BS213T de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a execución do programa de acollemento residencial dirixido a nenos, nenas e adolescentes con medida de protección e problemas de saúde mental, no centro de menores Casa da Quintán en Ponte Caldelas, que se xuntará a esta resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 24 de febreiro de 2026, que finaliza este procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificada a resolución polo órgano competente, formalizarase o concerto coa entidade seleccionada.

A formalización deste concerto social, de acordo co establecido no artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, farase mediante un documento administrativo dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación.

O concerto social perfeccionarase coa súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen terse efectuado esta previamente.

Efectuada a formalización, a entidade concertada estará obrigada a prestar ás persoas usuarias os servizos sociais nas condicións establecidas na normativa sectorial aplicable, na resolución da convocatoria do concerto social e, de ser o caso, nos criterios de preferencia e selección da entidade.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2026

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

«Resolución do 24 de febreiro de 2026 pola que se selecciona unha entidade privada sen ánimo de lucro para a concertación, mediante procedemento de asignación de concerto social, da execución do programa de acollemento residencial dirixido a nenos, nenas e adolescentes con medida de protección e problemas de saúde mental, no centro de menores Casa da Quintán en Ponte Caldelas (8 prazas) (código de procedemento BS213T).

A través da Resolución do 21 de novembro de 2025 publícase a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a execución do programa de acollemento residencial dirixido a nenos, nenas e adolescentes con medidas de protección e problemas de saúde mental, no centro de menores Casa da Quintán en Ponte Caldelas (8 prazas) (código de procedemento BS213T), para selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a execución do citado programa.

Unha vez examinada a solicitude polo órgano instrutor, avaliada a dita solicitude pola Comisión de Valoración, vista a proposta de resolución formulada pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica,

RESOLVO:

Primeiro. Seleccionar a entidade indicada no resolvo segundo para levar a cabo a execución do programa de acollemento residencial dirixido a nenos, nenas e adolescentes con medidas de protección e problemas de saúde mental, no centro de menores Casa da Quintán en Ponte Caldelas, en aplicación dos criterios de selección e preferencia da cláusula O) do anexo I da Resolución do 21 de novembro de 2025, publicada no Diario Oficial de Galicia número 236, do 5 de novembro.

Consonte os criterios de valoración reflectidos no texto da resolución, a Comisión de Valoración establece a seguinte puntuación para a entidade presentada ao concerto:

Descrición

Puntuación

A. Calidade do proxecto de intervención educativa (ata 48 puntos)

29,5

B. Medidas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral e corresponsabilidade
(ata 14 puntos)

0

C. Continuidade na atención prestada en centros especializados a nenos, nenas e adolescentes con trastorno de conduta e de saúde mental (ata 19 puntos)

17

D. Por cada ano de servizo acreditado pola entidade no ámbito da protección á infancia
e á adolescencia (ata 19 puntos)

19

Total

65,5

Segundo. Adxudicar o concerto social do xeito que a seguir se indica polo importe que se sinala á entidade seguinte:

Entidade:

Orden Hospitalaria de San Juan de Dios

(Hogar y Clínica San Rafael)

NIF:

R3600336F

Código de procedemento: BS213T.

Modalidade de concertación: procedemento de asignación de concertos.

Data de publicación: 5.12.2025.

Prazo de execución: o prazo de duración do concerto será desde a súa formalización (prevista desde o 1.4.2026) ata o 31.3.2028.

O importe da adxudicación (exento de IVE) e a súa distribución por anualidades é o seguinte:

Nº de prazas especiais

2026 (275 días)

2027

2028 (91 días)

8

730.444,00 €

1.042.060,40 €

272.199,20 €

Total anualidades

2.044.703,60 €

Terceiro. Asinar o concerto social coa entidade seleccionada dentro dos 30 días seguintes ao da publicación das resolucións de concertación, segundo indica o artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. Contra esta resolución que esgota a vía administrativa poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. A resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tal como se indica no artigo 17.2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2026, Fabiola García Martínez, Conselleira de Política Social e Igualdade».