DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 17 de marzo de 2026 Páx. 18548

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Aranga (expediente IN407A 2023/212-1).

Expediente: IN407A 2023/212-1.

Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: Novo centro de transformación en Aranga.

Concello: Aranga.

Feitos:

1. O día 21.4.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de mellorar a calidade da subministración e prever o crecemento de demanda na zona. O anexo 2 introduce un cambio de orientación do CT e contesta a un requirimento.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada, presentan o proxecto que inclúe memoria, planos e orzamento, e que comprende os seguintes documentos:

• Proxecto de execución denominado Novo centro de transformación en Aranga, asinado o día 14.2.2023 por Tito Arias Santos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº colexiado LE-1010.

• Anexo 2 ao proxecto, asinado o día 14.4.2025 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº colexiado 2.980 de Vigo.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

• DOG: 21.8.2023.

• BOP: 1.8.2023.

• Xornal La Voz de Galicia: 28.8.2023.

• Taboleiro de anuncios do concello: con datas 28.7.2023 e 1.12.2023 solicitouse ao Concello de Aranga a exposición pública do proxecto e a correspondente acreditación de realización dese trámite, sen que conste no expediente a emisión da dita certificación.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: concello de Aranga e Demarcación de Estradas do Estado.

A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos por Demarcación de Estradas do Estado, no prazo outorgado para ese efecto.

No día desta resolución, non consta no expediente resposta do concello de Aranga á solicitude de informe.

5. O día 18.2.2026 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación.

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas.

As instalacións obxecto deste expediente están situadas na parroquia de Vilarraso (San Lorenzo) no concello de Aranga (coordenadas de referencia UTM ETRS89 Fuso 29 X: 578673 Y: 4782696), e as súas características técnicas son as seguintes:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña SDG-708 autorizado no expediente 27.318, de 172,3 m de lonxitude en condutor tipo LA-110, comprendido entre o apoio nº 82-53 e o apoio nº 82-54, consistente en:

Instalación, intercalado entre os apoios existentes nº 82-53 (matrícula: B0KVK8SA) de formigón tipo S-AL-HVH Bóveda-3xCS e o apoio nº 82-54 (matrícula: B0N4EHWH) de formigón tipo S-AL-HVH-Bóveda-3xCS, na parcela con referencia catastral 15003A015002620000WO sita no lugar da Revolta (Vilarraso), dun novo apoio metálico de celosía tipo A-AL-C-2000/14-H35-6xCA(CS) no que se proxecta a instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S) e dun seccionador e que se identificará co nº 82-53-bis.

Retensado do condutor tipo LA-110 (condutor existente), nos vans anterior e posterior ao novo apoio proxectado, de 134,2 e 36,1 metros de lonxitude, respectivamente.

Instalación dun novo centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural, compacto de manobra exterior, de 100 kVA de potencia, relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres saídas (unha de reserva), para instalar na parcela con referencia catastral 15003A015002610000WM sita no lugar da Revolta (Vilarraso).

Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 60 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×150 mm² Al), con orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) para instalar no novo apoio nº 82-53-bis proxectado e remate en cela de liña do CT proxectado.

4. As celas do centro de transformación, segundo o proxecto, conteñen gases suxeitos ás prohibicións previstas no Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, de 7 de febreiro de 2024. As ditas celas non poderán ser instaladas agás se xustifique algunha das excepcións indicadas no artigo 13 do antedito regulamento. En caso contrario deberán realizarse as actuacións administrativas necesarias para adaptar a instalación.

5. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume que sinala o artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

6. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

Acreditación ou declaración de que o proxecto se atopa dentro dalgunha das excepcións de aplicación do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, ou das indicadas na Guía técnica de interpretación do Regulamento (UE) 2024/573 nos puntos relativos á aparellaxe électrica.

As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 19 de febreiro de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Aranga

Nº predio

Lugar e referencia catastral

Propietario

Cultivo

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume
de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

Revolta

Ref. catastral:

15003A015002620000WO

Manuel Collazo Mato

Matogueira

Apoio, centro de

transformación e acceso

23,81

0,5

0,7

2

Revolta

Ref. catastral:

15003A015002610000WM

Manuel Collazo Mato

Matogueira

LMTS

4

11,4

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada.