Expediente: IN407A 2024/133-1.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LMT CT RBT Pravio.
Concello: Cambre.
Feitos:
1. O día 18 de abril de 2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de levar a cabo o desmantelamento do centro de transformación (CT) Pravio-15CQ26, debido á existencia de problemas de acceso a este, coas súas consecuentes dificultades para as operacións e o mantemento, así como debido ao fin da vida útil da instalación.
Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada, presentan o proxecto de execución que abarca os seguintes documentos:
– Proxecto de execución denominado LMT CT RBT Pravio, asinado o día 14.2.2024 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº colexiado 2.980 de Vigo.
– Anexo 1 ao proxecto de execución denominado LMT CT RBT Pravio, asinado o día 1.4.2025 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº colexiado 2.980 de Vigo.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:
• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
• DOG: 10.7.2025.
• BOP: 26.6.2025.
• Xornal La Voz de Galicia: 23.6.2025.
• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 14.8.2025.
3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.
4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Cambre, Consellería de Cultura, Educación e Universidade e Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.
A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.
5. O día 19 de febreiro de 2026 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de mayo).
2. Lexislación de aplicación
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
3. Características técnicas.
As instalacións obxecto deste expediente están situadas na Parroquia de San Xoán de Pravio, no concello de Cambre e as súas características técnicas son as seguintes:
• Desmantelamento do CT Pravio de 400 kVA, e demolición da caseta de tipo pombal. Instalarase un novo centro de transformación que se localizará en parcela con referencia catastral 5242210NH5954S0001KO. O novo CT será de tipo compacto, manobra exterior 2L+1P telecontrolado e telexestionado de 400 kVA, con cadro de baixa tensión de 4 saídas.
• Substitución de cadeas de suspensión, instalándose cadeas de amarre no apoio AJDMO4VG//D29, correspondente ao dobre circuíto das liñas de media tensión (LMT) SMC701 (Cambre-Sigrás 1) e SMC729 (Guísamo-Pedrido 29). Esta actuación posibilitará realizar na LMT SMC701 o entroncamento da nova LMT subterránea que alimentará ao novo CT. Esta liña realizará entrada e saída no CT e volverá a conectarse no mesmo apoio AJDMO4VG//D29, dando continuidade á liña aérea SMC701 (non se realizarán pontes aéreas), polo cal será necesaria a instalación de 2 pasos aéreos-subterráneos (PAS).
• A súa vez, desmontase un vano con condutor LA-30, en derivación dende o apoio AJFATBIW//33 da LMT SMC701 ata o CT Pravio-15CQ26 que se desmonta.
• Levarase a cabo o desmantelamento dos seccionadores (15HPD6) que serven como elemento de manobra da liña SMC701 no apoio AJF7SJE6//D31, función que se realizará mediante as celas de liña do novo CT proxectado.
• Proxéctase unha liña subterránea en condutor RHZ1-2OL 3×(1×240) con inicio e fin no apoio AJDMO4VG//D29 da LMT SMC701, realizando entrada e saída no novo CT, cunha lonxitude de 2×371 m.
4. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume que sinala o artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
Consonte con todo o sinalado,
RESOLVO:
A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:
No seu caso, acreditación ou declaración de que o proxecto se atopa dentro dalgunha das excepcións de aplicación do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, ou das indicadas na Guía técnica de interpretación do Regulamento (UE) 2024/573 nos puntos relativos á aparellaxe électrica.
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o esixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 20 de febreiro de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
