Visto o expediente instruído para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo do corpo de tramitación procesual e administrativa, convocado pola Resolución do 15 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, de conformidade co establecido nos artigos 524, número 1, e 526, número 2, da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial; no artigo 56 e seguintes do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, e na Resolución do 29 de agosto de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproba a relación de postos de traballo da Secretaría de Goberno e das oficinas de xustiza, a Dirección Xeral de Xustiza
DISPÓN:
Primeiro. Resolver, segundo se detalla no anexo, a convocatoria pública efectuada pola Resolución desta dirección xeral do 15 de xaneiro de 2026.
Segundo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de localidade da persoa funcionaria, de oito días se implica cambio de localidade dentro da Comunidade Autónoma de vinte días se implica cambio de comunidade autónoma, con excepción da Comunidade Autónoma de Canarias, Comunidade Autónoma das Illes Balears, Cidade de Ceuta e Cidade de Melilla, en que será dun mes.
O prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.
Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a Dirección Xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; ou poderán impugnala directamente, ante a Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2026
José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza
ANEXO
Centro de destino: Secretaría de Goberno
|
Código do posto |
Denominación |
CXP |
CE |
Corpo |
Adxudicatario |
|
XG92589000150307014.13 |
Tramitación - Xefatura SG en Pontevedra |
3.587,52 |
11.318,40 |
CTPA |
Ferreirós Ferro, José |
