Na sesión que tivo lugar o 16 de marzo de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 5 de outubro de 2023 (DOG núm. 192, do 9 de outubro), modificada pola Resolución do 13 de maio de 2025 (DOG núm. 96, do 21 de maio), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no grupo III, categoría 100, de persoal laboral da Xunta de Galicia, bombeiro/a forestal xefe/a de brigada, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro),
ACORDOU:
Primeiro. Mediante as resolucións do 11 de xullo de 2025 (DOG núm. 216, do 7 de novembro) e 2 de febreiro de 2026 (DOG núm. 24, do 5 de febreiro), este tribunal acordou elevar á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a listaxe das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, na categoría 100 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, bombeiro/a forestal xefe/a de brigada.
Mediante a Resolución do 11 de marzo de 2026, da Consellería de Facenda e Administración Pública, noméanse como persoal laboral fixo na categoría 100, bombeiro/a forestal xefe de brigada, do grupo IIII de persoal laboral da Xunta de Galicia, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 27 de decembro), e adxudícase destino definitivo.
Mediante esta resolución acéptase a renuncia da seguinte persoa aspirante:
|
Nº de orde |
DNI |
Apelidos e nome |
Motivo da exclusión |
|
7 |
***2825** |
Abeijón Villaverde, José Ramón |
Renuncia |
O 13 de marzo de 2026, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal requírelle a este tribunal que propoña unha nova persoa aspirante.
A base IV.6 da convocatoria dispón: «A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma das puntuacións obtidas nas fases de oposición e na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior ao de prazas convocadas [...]. Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producisen renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas».
Por todo isto, este tribunal acorda facer pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o dito proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas no dito proceso de concurso-oposición e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).
Segundo. De conformidade co disposto na base VI.2 da convocatoria e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021 da tramitación de urxencia, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.
Terceiro. Elevar a relación complementaria de persoas aspirantes á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para que as persoas afectadas sexan propostas para o seu nomeamento como persoal laboral fixo.
Contra estes acordos poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2026
David Prieto Fernández
Presidente do tribunal
ANEXO I
Relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo
Convocatoria: grupo III (concurso-oposición).
Corpo/categoría: bombeiro/a forestal xefe/a de brigada (0100).
Prazas de acceso libre: 8.
Prazas de acceso pola base I.1.1: 0.
|
Nº de orde |
DNI/NIE |
Apelidos, nome |
Quenda |
Puntuación |
|
8 |
***0933** |
Pampín Rodríguez, Alejandro |
Libre |
55,435 |
