DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 20 de marzo de 2026 Páx. 18949

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría 100, bombeiro/a forestal xefe/a de brigada, do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 16 de marzo de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 29 de maio de 2024 (DOG núm. 108, do 5 de xuño) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 3, 12, 15, 34, 36, 37, 43, 52, 54, 54B, 66, 71, 94, 98, 100, 101, 103 e 104 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia e do persoal laboral propio do Cixtec (grupo III), convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros DOG núm. 64, do 31 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. Mediante as resolucións do 5 de novembro de 2025 (DOG núm. 216, do 7 de novembro) e 2 de febreiro de 2026 (DOG núm. 24, do 5 de febreiro), este tribunal acordou elevar á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a listaxe das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021 para o ingreso, mediante o sistema de concurso, na categoría 100, bombeiro/a forestal xefe/a de brigada do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Mediante a Resolución do 23 de febreiro de 2026, da Consellería de Facenda e Administración Pública (DOG núm. 36, do 24 de febreiro), modificada pola Resolución do 27 de febreiro (DOG núm. 40, do 2 de marzo) convócanse para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 100 do grupo III do persoal laboral da Xunta de Galicia, convocados pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro).

Mediante esta resolución resólvense as exclusións e os decaementos das persoas aspirantes que se relacionan no seu anexo I con indicación do motivo.

Núm. orde

DNI

Apelidos e nome

Motivo da exclusión

18

***9388**

Valverde Quintas, Pablo

4

40

***3010**

Rodríguez Expósito, Santiago

3

41

***3655**

Arca Eiroa, Marcos

44

46

***2562**

Ruso Nieto, José Manuel

44

Motivo da exclusión:

3. Non acreditar a titulación exixida no anexo III da convocatoria.

4. Decaemento.

44. Xa pertence á categoría.

O 13 de marzo de 2026, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal requiriulle a este tribunal que propoña 4 novas persoas aspirantes.

A base III.4 da convocatoria dispón que: «A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma das puntuacións na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número de persoas superior ao de prazas convocadas [...]. Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producisen renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non tomen posesión efectiva ou non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deducise que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira ou, de ser o caso, persoal laboral fixo».

Por todo isto, este tribunal acorda facer pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o dito proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas no concurso e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).

Segundo. De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria e de acordo co informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

Terceiro. Elevar a devandita relación complementaria de persoas aspirantes á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para que as persoas afectadas sexan propostas para o seu nomeamento como persoal laboral fixo.

Cuarto. Contra estes acordos poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2026

Concepción Moares Domínguez
Presidenta do tribunal

ANEXO I

Relación complementaria de persoas aspirantes que superaron
o proceso selectivo

Convocatoria: grupo III (concurso).

Corpo/categoría: bombeiro/a forestal xefe/a de brigada (0100).

Prazas acceso libre: 52.

Prazas acceso base I.1.1: 0.

Núm. orde

DNI/NIE

Apelidos e nome

Quenda

Puntuación

49

***1661**

Amado García, Beatriz

Libre

33,050

50

***1086**

Cristobo Pérez, Tomé

Libre

32,990

51

***6615**

Da Silva Diz, Jorge

Libre

32,950

52

***7248**

Cortes Sanmartín, Carlos

Libre

32,740