DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 20 de marzo de 2026 Páx. 19045

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Meis

ANUNCIO da oferta de emprego público do ano 2026.

En cumprimento do establecido no artigo 70.2 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto básico do empregado público, no artigo 48.4 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, no artigo 5 do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos aos cales se debe axustar o procedemento de selección dos funcionarios da Administración local, e no 20.tres.3 da Lei 31/2022, do 23 de decembro, dos orzamentos xerais do Estado para o ano 2023, faise público que, mediante a Resolución da Alcaldía número 2026-0084, do 24 de febreiro, se aprobou a oferta de emprego público do Concello de Meis para 2026 que contén a praza que se indica a continuación:

Persoal laboral fixo, a tempo completo

Código

Denominación

Grupo laboral

Área

Titulación

Provisión

1

4101

Operario de servizos varios

IV/V

Obras e servizos

Non se require

Quenda libre

A praza ofertada deberá ser convocada en execución da presente oferta dentro do prazo improrrogable de tres anos, contados desde a súa data de publicación.

De acordo co previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interporse, con carácter potestativo, un recurso de reposición no prazo dun mes ante o mesmo órgano que a ditou ou un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, contados a partir do día seguinte ao da publicación da disposición impugnada ou ao da notificación ou publicación do acto que poña fin á vía administrativa. No caso de presentar un recurso de reposición, non se poderá interpor un recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación presunta.

Meis, 25 de febreiro de 2026

Marta Giráldez Barral
Alcaldesa presidenta