DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 26 de marzo de 2026 Páx. 19992

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2026 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a promoción exterior da industria audiovisual e dos videoxogos de Galicia, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT404D).

A Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), no artigo 3 determina que a Agadic ten por obxecto o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego, cooperando na achega de factores produtivos, no fomento da oferta de bens e servizos e na asignación de ingresos suficientes e estables. O artigo 5.1 da Lei 4/2008 establece que unha das funcións da Agadic é a de promover a distribución dos produtos culturais do noso país, fomentando a creación de públicos e facilitando o acceso da cultura galega a novos mercados, e o artigo 5.2 establece que a Agadic poderá, para o logro dos seus obxectivos, conceder subvencións.

A través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Xunta de Galicia, dentro do obxectivo xenérico de promoción e fomento da cultura galega impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, centraliza os programas de apoio destinados a empresas e industrias culturais privadas do sector audiovisual.

Un dos obxectivos da axencia é consolidar o tecido industrial cultural galego e convertelo nun sector empresarial capitalizado, competitivo e innovador, fomentando a creación, a demanda e a comercialización de bens e servizos culturais de calidade que aumenten o seu peso relativo dentro do sistema produtivo galego. Ao mesmo tempo quere promover a distribución e comercialización dos produtos culturais dentro e fóra do noso país, fomentando a captación de públicos e facilitando que a cultura e a lingua de Galicia, como elementos singulares, accedan a novos mercados. Así e tal como establece a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cine, na súa exposición de motivos, a actividade cinematográfica e audiovisual conforma un sector estratéxico da nosa cultura e da nosa economía como manifestación artística e expresión creativa, sendo un elemento básico da entidade cultural dun país. A súa contribución ao avance tecnolóxico, ao desenvolvemento económico e á creación de emprego, xunto coa súa achega ao mantemento da diversidade cultural, son elementos suficientes para que o Estado estableza as medidas necesarias para o seu fomento e promoción, e determine os sistemas máis convenientes para a conservación do patrimonio cinematográfico e a súa difusión dentro e fóra das nosas fronteiras. Todo iso considerando que a cultura audiovisual, da que sen dúbida o cinema constitúe unha parte fundamental, se acha presente en todos os ámbitos da sociedade actual.

Con esta convocatoria de axudas, a Axencia Galega das Industrias Culturais quere seguir impulsando un marco de actuación cultural baseado en catro premisas substanciais:

1. O impulso dos sectores do audiovisual e dos videoxogos galegos, considerados como estratéxicos para a Comunidade.

2. A consolidación de industrias culturais competitivas, con posibilidades de exportar e dar rendibilidade social e económica á cultura galega.

3. A internacionalización dos produtos audiovisuais e de videoxogos galegos.

4. A cualificación dos profesionais da creación e da produción audiovisual galega a través da súa participación en foros de formación e de negocio de carácter internacional.

Con esta convocatoria de axudas, a Axencia Galega das Industrias Culturais quere cumprir co establecido no artigo 5 da Lei 4/2008, en consonancia cos seus obxectivos e fins, a Agadic exercerá as seguintes funcións:

a) Promover a distribución e comercialización dos produtos culturais dentro e fóra do noso país, fomentando a captación de públicos e facilitando o acceso da cultura galega a novos mercados internacionais.

b) Fomentar a creación, o mantemento e a utilización de infraestruturas e equipamentos por parte dos axentes culturais, en especial, o impulso de centros que faciliten o acceso á cultura da cidadanía.

c) Impulsar profesionais e empresas dos distintos sectores culturais, en especial, no relativo ao impulso das exportacións de bens e servizos culturais galegos.

Por todo isto, en consonancia cos obxectivos inmediatos da Axencia Galega das Industrias Culturais,

RESOLVO:

Primeiro. Convocatoria e bases reguladoras

Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases, que se inclúen como anexo I, que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para a promoción exterior da industria audiovisual e dos videoxogos de Galicia, e proceder á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT404D).

Estas axudas deberán cumprir as condicións de exención e os límites do Regulamento (UE) 2023/2831, da Comisión, do 13 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 15 de decembro, serie L), en virtude do cal as subvencións que se van conceder quedan exentas da obriga de notificación previa e de comunicación á Comisión Europea.

Informaranse as persoas beneficiarias sobre o importe da axuda e o seu carácter de minimis facendo unha referencia expresa ao citado Regulamento (UE) 2023/2831.

A aplicación do réxime de minimis implica que a axuda total de minimis concedida, en virtude da aplicación do artigo 3.2 do Regulamento (UE) 2023/2831, non pode ser superior a 300.000 € durante o período dos tres anos previos.

Segundo. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias desta convocatoria as persoas que se describen a continuación, sempre que desenvolvan a súa actividade maioritariamente en Galicia e cumpran cos requisitos establecidos nestas bases:

a) As persoas físicas (autónomas) e xurídicas privadas que estean constituídas como empresa produtora audiovisual, produtora de videoxogos ou distribuidora audiovisual, que desenvolvan a súa actividade baixo as epígrafes 961.1 e 962.1 do IAE ou 582.1 e 620 da CNAE.

b) As persoas físicas (autónomas) e xurídicas privadas que estean constituídas como empresa produtora baixo a epígrafe 961.1 do IAE, sempre que poidan acreditar un mínimo dun 20 % de propiedade da obra audiovisual do proxecto que se presenta a esta convocatoria.

c) As persoas físicas que figuren como responsables da dirección, ou do guión, da obra audiovisual do proxecto que se presenta a esta convocatoria.

Terceiro. Financiamento

Estas subvencións financiaranse con cargo aos créditos orzamentarios da Axencia Galega das Industrias Culturais asignados para esta finalidade no orzamento 2026 na aplicación orzamentaria 2026.13.A1.432B.470.0, co código de proxecto 2015-00003, por importe de 80.000 euros.

Cuarto. Solicitudes

1. Para poder ser persoa beneficiaria destas subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución, que irá xunto cos documentos que se especifican no artigo 8 das bases reguladoras.

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia
https://sede.xunta.gal

Os prazos para a presentación das solicitudes serán:

– Para eventos que se celebren entre o 16 de novembro de 2025 e o 31 de maio de 2026, iniciarase unha vez transcorridos cinco días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 9.00 horas, e estará aberto como máximo ata o 1 de xuño de 2026, ás 20.00 horas. No caso de que o día de inicio do prazo sexa inhábil, o prazo comezará o día hábil seguinte.

– Para eventos que se celebren entre o 1 de xuño de 2026 e o 31 de outubro de 2026, o prazo iniciarase o día 2 de xuño de 2026, ás 9.00 horas, e estará aberto ata o 15 de outubro de 2026, ás 20.00 horas.

3. Presentarase unha solicitude para cada evento.

Quinto. Prazo de duración do procedemento de concesión

As solicitudes serán tramitadas de acordo co procedemento de concorrencia non competitiva que non poderá ter unha duración superior aos tres meses contados a partir do día seguinte ao da presentación da solicitude pola persoa solicitante.

Sexto. Información ás persoas interesadas

1. Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Galega das Industrias Culturais, a través dos seguintes medios:

a) A páxina web oficial da Axencia Galega das Industrias Culturais: industriasculturais.xunta.gal

b) Os teléfonos 881 99 60 77 /881 99 60 78.

c) No enderezo electrónico agadic@xunta.gal

d) Persoalmente.

e) Na guía de procedementos e servizos administrativos no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia 012.

3. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións.

Sétimo. Réxime de recursos

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, no prazo dun mes contado a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao da publicación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, nos xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela.

Oitavo. Base de datos nacional de subvencións

En cumprimento do disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

A entidade outorgante das axudas consignará na Base de datos nacional de subvencións, no prazo de 20 días hábiles a partir da concesión da axuda, a información sinalada no artigo 6.1 do Regulamento (UE) 2023/2831, da Comisión, do 13 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 15 de decembro, serie L).

Noveno. Rexistro Público de Subvencións

De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións, e para ser beneficiario da axuda levará implícita a autorización para a inscrición dos datos facilitados na solicitude. Non obstante, as persoas solicitantes poderán denegar expresamente o seu consentimento á inscrición dos seus datos no Rexistro Público de Subvencións, cando concorra algunha das circunstancias previstas na letra d) do número 2 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2026

José Carlos López Campos
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO I
Bases reguladoras das subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a promoción exterior da industria audiovisual e dos videoxogos de Galicia para o ano 2026 (código de procedemento CT404D)

Artigo 1. Obxecto, finalidade, réxime e principios de xestión

1. Estas bases, no desenvolvemento das funcións e dos obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, teñen por obxecto determinar as condicións de concesión das subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a promoción exterior da industria audiovisual e dos videoxogos de Galicia que se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT404D).

2. Esta liña de axudas ten por finalidade situar os produtos audiovisuais e de videoxogos galegos no mercado global, facilitar a participación das películas e series galegas nos eventos de cine máis relevantes e fomentar a participación profesional en foros de negocio e formación de carácter internacional. Ao mesmo tempo preténdese fortalecer o tecido empresarial e contribuír á difusión da marca Galicia como destino audiovisual.

3. Estas axudas deberán cumprir as condicións de exención e os límites do Regulamento (UE) 2023/2831, da Comisión, do 13 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 15 de decembro, serie L), en virtude do cal as subvencións que se van conceder quedan exentas da obriga de notificación previa e de comunicación á Comisión Europea.

Informarase o beneficiario sobre o importe da axuda e o seu carácter de minimis facendo unha referencia expresa ao citado Regulamento (UE) 2023/2831.

A aplicación do réxime de minimis implica que a axuda total de minimis concedida, en virtude da aplicación do artigo 3.2 do Regulamento (UE) 2023/2831, non pode ser superior a 300.000 € durante o período dos tres anos previos.

Este límite máximo aplícase a todo o conxunto de axudas recibidas en concepto de minimis, independentemente da forma en que se outorguen ou do obxectivo perseguido.

4. A percepción destas axudas é compatible con outras subvencións, axudas e ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou ente público ou privado. No caso de percibirse outras axudas, deberase acreditar documentalmente a súa natureza e contía, así como calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución das actuacións. A comunicación deberá efectuarse tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

5. En ningún caso a suma dos importes das axudas concedidas ao abeiro desta orde poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o 100 % do custo do evento.

6. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, por orde de entrada das solicitudes, ata o esgotamento do crédito orzamentario, de acordo co establecido nos artigos 19.2 e 22 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A data de entrada que se considerará para establecer a orde de prelación será a correspondente á última documentación que permita completar a solicitude.

Este procedemento administrativo non comporta o esgotamento de crédito nun só acto senón que a súa disposición realizarase en actos sucesivos e non se concederán novas axudas unha vez esgotado o crédito con independencia dunha publicación posterior deste aspecto polo órgano xestor, salvo que proceda o previsto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

7. A xestión destas subvencións realizarase de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración outorgante.

c) Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos.

Artigo 2. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias desta convocatoria as persoas que se describen a continuación, sempre que desenvolvan a súa actividade maioritariamente en Galicia e cumpran cos requisitos establecidos nestas bases:

a) As persoas físicas (autónomas) e xurídicas privadas que estean constituídas como empresa produtora audiovisual, produtora de videoxogos ou distribuidora audiovisual, que desenvolvan a súa actividade baixo as epígrafes 961.1 e 962.1 do IAE ou 582.1 e 620 da CNAE.

b) As persoas físicas (autónomas) e xurídicas privadas que estean constituídas como empresa produtora baixo a epígrafe 961.1 do IAE, sempre que poidan acreditar un mínimo dun 20 % de propiedade da obra audiovisual do proxecto que se presenta a esta convocatoria.

c) As persoas físicas que figuren como responsables da dirección, ou do guión, da obra audiovisual do proxecto que se presenta a esta convocatoria.

2. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias as persoas ou entidades que non cumpran os requisitos referidos no artigo 10.1 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, ou nas que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10.2 e 3 da mencionada lei. En todo caso, as persoas solicitantes presentarán unha declaración responsable de non estaren incursas en tales circunstancias, consonte o modelo establecido no anexo II desta convocatoria.

Artigo 3. Financiamento, contías máximas e intensidade das axudas

1. O crédito dispoñible para o financiamento desta convocatoria ascende a 80.000 €, que se imputará aos orzamentos da Axencia Galega das Industrias Culturais para o 2026, na aplicación.13.A1.432B.470.0, co código de proxecto 2015-00003, segundo a distribución por modalidades, contías máximas e intensidades que se reflicte no cadro seguinte:

Modalidade

Crédito por modalidade

Contía máxima por entidade

Intensidade

A. Asistencia a foros de negocio especializados

25.000 euros

3.520 euros

 80 %

B. Participación en eventos de cine

46.000 euros

15.000 euros

100 %

C. Participación en foros de formación

9.000 euros

3.000 euros

 80 %

2. O importe previsto nesta convocatoria poderá ser incrementado ao longo do exercicio, nos supostos establecidos no artigo 31.2 da Lei de subvencións de Galicia, e logo da declaración previa de dispoñibilidade de crédito e da modificación orzamentaria que proceda. Se é o caso, a ampliación de crédito deberase publicar nos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

3. Sen prexuízo das dotacións indicadas anteriormente para cada modalidade, cando por razón de falta de solicitudes, incumprimento de requisitos, renuncias das persoas beneficiarias ou calquera outra casuística que implique que non se esgotase a contía establecida nunha ou varias modalidades, a Dirección da axencia poderá reasignar as contías dispoñibles a calquera das modalidades.

4. No caso de existir solicitudes que non acadan o dereito á subvención por terse esgotado o orzamento dispoñible, pasarán a formar unha lista de agarda formada polas persoas solicitantes que poderán ser susceptibles de recibir a axuda de se producir un incremento de crédito, ben por dispoñer de crédito por producirse algunha renuncia ou modificación nos proxectos inicialmente propostos, ou ben por incremento do orzamento inicialmente destinado a esta liña de axudas.

Artigo 4. Proxectos subvencionables

Establécense tres modalidades de proxectos subvencionables:

1. Modalidade A. Asistencia a foros de negocio especializados.

Para os efectos desta convocatoria entenderanse por foros de negocio especializados aqueles eventos profesionais de carácter internacional que teñan por obxecto o financiamento de proxectos e a comercialización de obras audiovisuais e/ou videoxogos, e cuxas datas de celebración sexan as comprendidas entre os días 1 de novembro de 2025 e 31 de outubro de 2026.

Só terán a consideración de foros de negocio especializados, para efectos desta convocatoria, os eventos que se relacionan a seguir:

Foro de negocio/mercado de contidos audiovisuais

Contía máxima

Ventana Sur 2025 (Bos Aires-Arxentina)

1.800 €

American Film Market 2025 (EE.UU.)

1.800 €

MAFIZ-Festival de Cine de Málaga 2026

600 €

The Industry Club-Festival de San Sebastián 2026

600 €

Iberseries Platino Industria

600 €

Natpe 2026 (Miami-EE.UU.)

1.800 €

Cinemart-Rotterdam 2026 (Holanda)

1.300 €

Marché du Court de Clermon-Ferrand 2026 (Francia)

1.300 €

European Film Market-Berlín 2026 (Alemaña)

1.300 €

MIP London 2026 (Reino Unido)

1.300 €

Marché du Film-Cannes 2026 (Francia)

1.300 €

Marché International du Film d’Animation-Annecy 2026 (Francia)

1.300 €

MIPCOM-Cannes 2026 (Francia)

1.300 €

TIFF Industry-Toronto 2026 (Canadá)

1.800 €

Foro de negocio/mercado de videoxogos

Contía máxima

Bigconference 2025 (Bilbao)

600 €

Reboot Develop Blue (Dubrovnik)

1.300 €

Gamépolis (Málaga)

600 €

Nordic Game (Malmö)

1.300 €

Gamescom (Colonia)

1.300 €

IndiDevDay-BCN Game Fest (Barcelona)

600 €

Paris Game Connection (París)

1.300 €

A esta modalidade só poderán presentarse as persoas descritas no artigo 2.1.a) sempre que poidan acreditar ter realizado o rexistro oficial nalgún dos foros anteriormente descritos con anterioridade á solicitude desta convocatoria.

Nesta modalidade, a porcentaxe máxima de axuda será do 80 % dos gastos subvencionables derivados da asistencia dunha persoa por entidade solicitante ou profesional vinculado/a a ela, co límite establecido por evento no cadro anteriormente descrito.

A subvención máxima que pode acadar unha entidade solicitante ao abeiro desta convocatoria por asistir aos mercados ou foros de negocio audiovisuais anteriormente descritos non poderá exceder 3.520 euros.

2. Modalidade B. Participación en eventos de cine.

Para os efectos desta convocatoria entenderase por eventos de cine a participación da persoa solicitante nos festivais e mostras de cine nacionais e internacionais que se celebran fóra de Galicia, entre o 1 de novembro de 2025 e o 31 de outubro de 2026, nas seccións que se especifican e que se relacionan a continuación:

• Festivais e mostras de cine.

Festival ou mostra

País

Sección

Contía máxima

Internationale Filmfestpiele Berlin (Berlinale)

Alemaña

Sección Oficial a Competición (e fóra de competición)

5.000 €

Outras seccións (longas)

3.500 €

Outras seccións (curtas)

2.000 €

Buenos Aires Festival Internacional de Cine Independiente (BAFICI)

Arxentina

Competencia Internacional

2.500 €

Competencia Vangarda e Xénero (longas)

2.500 €

Competencia Vangarda e Xénero (curtas)

1.500 €

Outras seccións (longas)

1.500 €

Outras seccións (curtas)

1.000 €

Viennale-Vienna International Film Festival

Austria

Calquera sección (longas)

2.500 €

Calquera sección (curtas)

1.500 €

Outras seccións (longas)

2.500 €

Outras seccións (curtas)

1.500 €

Festival des Films du Monde (Montreal)

Canadá

Sección Oficial Competición

2.500 €

Outras seccións (longas)

2.000 €

Outras seccións (curtas)

1.500 €

Toronto International Film Festival (TIFF)

Canadá

Calquera sección (longas)

3.500 €

Calquera sección (curtas)

2.000 €

Outras seccións (longas)

3.500 €

Outras seccións (curtas)

2.000 €

Hot Docs (Toronto)

Canadá

Calquera sección (longas)

2.000 €

Calquera sección (curtas)

1.500 €

Shanghai International Film Festival

China

Sección Oficial Competición

2.500 €

Busan International Film Festival

Corea do Sur

World Cinema

2.500 €

Festival Internacional de Cine de San Sebastián

España

Sección Oficial

5.000 €

Nuev@s Director@s

3.500 €

Zabaltegi-Tabakalera

2.500 €

Zabaltegi-Tabakalera (curtas, medias)

1.000 €

Perlas, Made in Spain

1.500 €

Seminci-Semana Internacional de Cine de Valladolid

España

Sección Oficial Competición

2.500 €

Outras seccións competitivas (longas)

1.000 €

Outras sección competitivas (curtas)

500 €

Sitges-Festival Internacional de Cinema Fantastic de Catalunya

España

Sección Oficial Competición

2.500 €

Outras seccións competitivas (longas)

1.000 €

Outras seccións competitivas (curtas)

500 €

Festival de Málaga Cine Español

España

España

Sección Oficial (concurso e fóra de concurso)

2.500 €

Outras seccións (longas)

1.000 €

Curtametraxes

500 €

Cinema Jove. Festival Internacional de Cine de Valencia

España

Sección Oficial Competición (longas)

1.000 €

Sundance Film Festival

Estados Unidos

Calquera sección (longas)

2.500 €

Calquera sección (curtas)

1.500 €

Tiger Awards Comptetition for Short Films

1.500 €

Outras seccións (longas)

2.000 €

Outras seccións (curtas)

1.000 €

New York Film Festival

Estados Unidos

Main Slate

2.500 €

Projections

1.500 €

Outras seccións (curtas)

1.000 €

Tribeca Film Festival

Estados Unidos

Calquera sección competitiva (longas)

2.500 €

Calquera sección competitiva (curtas)

1.500 €

Outras seccións (longas)

1.500 €

Outras seccións (curtas)

1.000 €

Festival de Cannes (inclúe Semaine de la Critique e Quinzaine des Realisateurs)

Francia

Sección Oficial a Competición (e fóra de competición)

5.000 €

Outras seccións (longas)

3.500 €

Outras seccións (curtas)

2.000 €

Festival international du Film d’Animation d’Annecy

Francia

Calquera sección (longas)

3.000 €

Calquera sección (curtas)

1.000 €

Festival International du Court Métrage à Clermont-Ferrand

Francia

Calquera sección

1.500 €

Festival Cinéma Espagnol Nantes

Francia

Calquera sección (longas)

1.000 €

FID Festival International de Cinéma Marseille

Francia

Calquera sección (longas)

2.000 €

Calquera sección (curtas)

1.000 €

CinEspaña Festival du Film Espagnol de Toulouse

Francia

Calquera sección (longas)

1.000 €

Festival Internacional de Cine de Guadalajara

México

Calquera sección (longas)

1.500 €

La Biennale di Venezia/Mostra Internationale d’Arte Cinematografica (inclúe Settimana della Critica e Giornate degli Autori)

Italia

Sección Oficial a Competición (e fóra de competición)

5.000 €

Outras seccións (longas)

3.500 €

Outras seccións (curtas)

2.000 €

Festa del Cinema di Roma

Italia

Sección Oficial a Concurso

2.000 €

International Film Festival Rotterdam

Países Baixos

Tiger Awards Competition (Long Features Films)

3.000 €

Tiger Awards Comptetition for Short Films

1.500 €

Outras seccións (longas)

2.500 €

Outras seccións (curtas)

1.000 €

London Film Festival

Reino Unido

Calquera sección (longas)

2.000 €

Calquera sección (curtas)

1.000 €

Karlovy Vary International Film Festival

República Checa

Sección Oficial Competición

3.500 €

Outras seccións (longas)

2.000 €

Outras seccións (curtas)

1.500 €

Moscow International Film Festival

Rusia

Sección Oficial Competición

2.500 €

Festival del Film Locarno

Suíza

Concorso Internazionale

3.500 €

Outras seccións (longas)

2.500 €

Outras seccións (curtas)

1.500 €

Visions du Réel Nyon-Festival International du Cinema

Suíza

Outras seccións (longas)

2.000 €

Outras seccións (curtas)

1.000 €

Así mesmo terán a consideración de eventos de cine a participación da persoa solicitante con obra finalista nos certames de premios, e segundo o concepto que se describe na táboa seguinte:

• Certames de premios:

Evento

Lugar

Concepto

Contía máxima

Premios Goya

España

Longametraxe de produción galega finalista na categoría á mellor película

10.000 €

Longametraxe de produción galega finalista na categoría á mellor película de animación

5.000 €

Longametraxe de produción galega finalista na categoría ao mellor documental

5.000 €

Película de dirección e/ou produción galega finalista na categoría á mellor curtametraxe (ficción, documental, animación)

2.500 €

European Film Awards

Europa

Longametraxe de produción galega finalista na categoría á mellor película

10.000 €

Longametraxe de produción galega finalista na categoría á mellor comedia

5.000 €

Longametraxe de produción galega finalista na categoría á mellor película de animación

5.000 €

Longametraxe de produción galega finalista na categoría á mellor película documental

5.000 €

Película de dirección e/ou produción galega finalista na categoría á mellor curtametraxe (ficción, documental, animación)

2.500 €

A esta modalidade só se poderán presentar as persoas constituídas como empresa produtora que poidan acreditar un mínimo dun 20 % de propiedade da obra audiovisual descritas no artigo 2.1.b) ou as persoas que figuren como responsables da dirección da obra audiovisual descritas no artigo 2.1.c).

Nesta modalidade será obxecto de axuda o 100 % dos gastos subvencionables derivados da participación dunha obra audiovisual e dos seus representantes nos festivais e nas mostras de cine, así como nos certames de premios, anteriormente descritos, sen que unha mesma obra cinematográfica poida recibir subvención por ter participado en máis de dous festivais ou mostras de cine.

3. Modalidade C. Participación en foros de formación.

Para os efectos desta convocatoria entenderase como obxecto de axuda a participación, virtual ou presencial, en cursos e obradoiros formativos que conten con apoio do programa Media de Europa Creativa no momento de presentar a solicitude, dirixidos a profesionais da creación e da produción de proxectos audiovisuais e de videoxogos.

A esta modalidade poderanse presentar as persoas descritas no artigo 2.1 da presente convocatoria e serán obxecto de axuda os gastos derivados dunha participación por persoa solicitante nun máximo dun foro, podendo acadar ata o 80 % do custo subvencionable sen superar a contía máxima de 3.000 euros.

Artigo 5. Concepto de gastos subvencionables

1. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubidable, respondan á realización do proxecto e se realicen dentro do período subvencionable, comprendido entre o 1 de novembro de 2025 ata a data de remate da xustificación, o 5 de novembro de 2026, e se inclúan entre os seguintes.

1.1. Gastos da modalidade A.

Considéranse os gastos derivados da presenza, física ou virtual, no foro ou mercado dunha persoa por persoa solicitante e, en concreto, os relativos ao desprazamento, aloxamento e rexistro no foro ou mercado, debidamente xustificados con facturas dos provedores dos servizos (establecementos de aloxamento, empresas de transportes ou axencias de viaxe).

Non se consideran gastos subvencionables as axudas de custo e o desprazamento dentro das cidades en que se celebre o foro ou mercado, coa excepción dos traslados de aeroporto.

Só se admitirán gastos de desprazamento de liñas regulares con tarifas de clase turista e deberá constar na xustificación a acreditación do dito desprazamento.

1.2. Gastos da modalidade B.

Considéranse os gastos exclusivamente inherentes á participación de películas de produción e/ou autoría galega nalgún dos eventos de cine que se definen na convocatoria, relacionados cos conceptos que se detallan:

1.2.1. Gastos en campañas de publicidade e promoción (publicidade en medios de comunicación e xeneralistas e/ou especializados a través de soportes en liña-fóra de liña).

1.2.2. Gastos de realización de material promocional (folletos, carteis, carpetas de prensa…).

1.2.3. Gastos de contratación de empresas e profesionais de relacións públicas, de organización de accións promocionais ou axentes de prensa para levar a cabo as accións relacionadas coa participación nos eventos.

1.2.4. Gastos de transporte para o envío e retorno do material promocional.

1.2.5. Gastos de desprazamento, aloxamento e axudas de custo do equipo da película, debidamente xustificado con facturas dos provedores dos servizos (establecementos, empresas de transportes ou axencias de viaxe), para un máximo de cinco persoas, con relación directa da entidade beneficiaria e/ou da obra audiovisual obxecto do proxecto presentado á subvención.

1.2.6. Gastos de tiraxe e/ou subtitulación das copias exixidas para participar en cada evento conforme o seu regulamento.

2. De conformidade co artigo 29.7 da Lei de subvencións de Galicia, non serán gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda, os xuros debedores de contas bancarias, os xuros, recargas e sancións administrativas e penais, nin os gastos de procedementos xudiciais.

1.3. Gastos da modalidade C.

Considéranse os gastos derivados da presenza, física ou virtual, no foro ou mercado dunha persoa por persoa solicitante e, en concreto, os relativos ao desprazamento, aloxamento e rexistro no foro ou mercado, debidamente xustificados con facturas dos provedores dos servizos (establecementos de aloxamento, empresas de transportes ou axencias de viaxe).

Non se consideran gastos subvencionables as axudas de custo e o desprazamento dentro das cidades en que se celebre o foro de formación, a excepción dos traslados de aeroporto.

Só se admitirán gastos de desprazamento de liñas regulares con tarifas de clase turista e deberá constar na xustificación a acreditación do dito desprazamento.

Artigo 6. Presentación de solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia
https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de maneira presencial, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. En relación coa presentación de solicitudes, as persoas beneficiarias ás cales vai dirixida esta resolución de subvencións, que sexan persoas físicas, encádranse nun colectivo especialmente cualificado en canto á súa capacidade técnica e dedicación profesional, que acredita a posibilidade e dispoñibilidade de acceso aos medios electrónicos e, polo tanto, teñen a obriga de empregalos para a realización de calquera trámite deste procedemento administrativo, tal e como establece o artigo 10 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

Artigo 7. Prazo de presentación das solicitudes e emenda

1. Os prazos para a presentación das solicitudes serán:

– Para eventos que se celebren entre o 16 de novembro de 2025 e o 31 de maio de 2026, iniciarase unha vez transcorridos cinco días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 9.00 horas, e estará aberto como máximo ata o 1 de xuño de 2026, ás 20.00 horas. No caso de que o día de inicio do prazo sexa inhábil, o prazo comezará o día hábil seguinte.

– Para eventos que se celebren entre o 1 de xuño de 2026 e o 31 de outubro de 2026, o prazo iniciarase o día 2 de xuño de 2026, ás 9.00 horas, e estará aberto ata o 15 de outubro de 2026, ás 20.00 horas.

2. Se a solicitude non estiver debidamente cuberta, non se achegase a documentación exixida ou non se reunisen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican na Lei 39/2015, do 1 de outubro, o interesado será requirido para que no prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, e indícase ademais que, de non o facer, se considerará que desiste na súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos na lei.

Artigo 8. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación administrativa:

1.1. Certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

1.2. Estatutos rexistrados e escrituras de constitución validamente inscritas no Rexistro Mercantil ou o que corresponda.

1.3. Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

2. Ademais, as solicitudes deberán ir xunto coa seguinte documentación complementaria:

2.1. Modalidade A. Asistencia a foros de negocio especializados:

2.1.1. Documentación que acredite suficientemente ter realizado o rexistro oficial no foro ou mercado.

2.1.2. Documentación que acredite suficientemente a relación laboral da persoa asistente ao foro ou mercado coa entidade que solicita a axuda.

2.1.3. Orzamento de gastos e ingresos (anexo III). Consistirá nun orzamento desagregado por evento de gastos e ingresos derivados da asistencia ao foro de negocio para os cales se solicita a axuda.

2.2. Modalidade B. Participación en eventos de cine:

2.2.1. Copia da comunicación da selección por parte da organización do certame de premio, festival ou mostra emitida pola organización en que conste a sección ou a categoría.

2.2.2. Orzamento de gastos e ingresos (anexo III). Será o correspondente á presenza da produción no festival ou mostra.

2.3. Modalidade C. Participación en foros de formación:

2.3.1. Documentación que acredite suficientemente a admisión no foro de formación.

2.3.2. Documentación que acredite suficientemente a relación laboral da persoa participante no foro de formación coa entidade que solicita a axuda.

2.3.3. Orzamento de gastos e ingresos (anexo III). Consistirá nun orzamento desagregado de gastos e ingresos derivados da asistencia ao foro de formación para o que se solicita a axuda.

3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitárselle novamente á persoa interesada a súa achega.

4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 9. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– NIF da entidade solicitante.

– Imposto de actividades económicas (IAE).

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Comprobación de subvencións e axudas públicas concedidas.

– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

– Consulta de subvencións e axudas públicas concedidas pola regra de minimis.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 10. Publicación

1. A resolución deste procedemento publicarase no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e será recorrible conforme co artigo 30 da presente resolución.

2. Así mesmo, de forma complementaria, poderase efectuar a notificación de todos os actos administrativos de acordo co establecido nos puntos seguintes.

Artigo 11. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderá crear de oficio o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse efectuadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido, e rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 12. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 13. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, á que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I.

Artigo 14. Instrución do procedemento

1. Na concesión das subvencións seguirase un procedemento abreviado en que o informe e a proposta de resolución serán efectuados por un único acto pola Dirección da axencia, elevándoos á Presidencia da Agadic para a súa aprobación posterior, consonte o procedemento previsto nos artigos 19.2 e 22 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. As solicitudes de subvención examinaranse e serán outorgadas sempre que cumpran os requisitos exixidos nesta convocatoria por orde cronolóxica, tendo en conta a data de entrada no rexistro.

2. Ao se tratar dunha convocatoria aberta que dispón do crédito vixente en actos sucesivos de adxudicación, a Agadic publicará no DOG o esgotamento da partida orzamentaria asignada, así como a non admisión de ulteriores solicitudes destinadas a participar dos tipos de subvención indicados. Desde o momento en que se esgote o crédito orzamentario non serán outorgadas novas subvencións, sen prexuízo do cumprimento do disposto no artigo 31.4 da Lei de subvencións de Galicia.

3. A Dirección da Agadic, directamente ou a través dos seus servizos administrativos, actuará como órgano instrutor do procedemento, nos termos previstos no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e correspóndelle realizar de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos que se debe pronunciar a resolución. En particular, terá atribuídas especificamente as seguintes funcións:

1º. Examinar as solicitudes e documentación presentadas.

2º. Requirir das persoas solicitantes a emenda ou a achega da documentación que resultase de obrigado cumprimento.

3º. Formular a proposta de resolución, debidamente motivada.

4. Co fin de facilitar unha mellor verificación das solicitudes, poderáselles pedir datos e información complementaria ou aclaratoria necesaria ás persoas interesadas, a persoas profesionais expertas así como a outros servizos da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. En todo caso, a dirección da Agadic poderá requirir as persoas solicitantes para que proporcionen calquera información aclaratoria que resulte necesaria para a xestión da súa solicitude.

Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a Dirección da Agadic e as unidades administrativas encargadas da tramitación e seguimento do expediente respectivo poderán comprobar, en todo momento, a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados, e levarán a cabo as funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos labores e demais actuacións que derivasen destas bases. Para estes efectos, as persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas de comprobación que se establezan nesta resolución e na de concesión da subvención. Para realizar estas funcións, poderanse utilizar cantos medios estean á disposición da Dirección da Agadic para comprobar o cumprimento dos requisitos exixidos nesta resolución e na restante normativa vixente que resulte de aplicación.

5. O órgano instrutor, á vista do expediente e da documentación requirida, ditará as propostas de resolución das solicitudes recibidas con indicación do importe económico proposto, e irá elevando á Presidencia da Agadic cada unha delas.

Artigo 15. Resolución da convocatoria

1. A Presidencia do Consello Reitor da Agadic, por delegación do Consello Reitor (disposición adicional do Acordo do 24 de xullo de 2012 (DOG número 164), deberá ditar resolución expresa no prazo de 15 días desde a data de elevación da proposta de resolución.

A citada resolución deberase ditar e notificar no prazo máximo de tres meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria pública no Diario Oficial de Galicia.

2. As resolucións publicaranse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Axencia Galega das Industrias Culturais (https://industriasculturais.xunta.gal/es), polo cal se entenderán notificadas, para todos os efectos, ás persoas solicitantes, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As resolucións serán motivadas e farán mención expresa, cando menos, do seguinte,

a) As persoas beneficiarias da axuda e a contía adxudicada.

b) As solicitudes inadmitidas e as desistidas, indicando a causa de non admisión ou desistimento.

c) As solicitudes desestimadas.

3. A concesión da subvención queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

4. Esta resolución porá fin á vía administrativa e contra ela poderanse interpor os recursos establecidos no artigo 29 destas bases.

5. Na resolución informarase ás persoas beneficiarias sobre o seu carácter de minimis da axuda concedida, facendo unha referencia expresa ao Regulamento (UE) 2023/2831, da Comisión, do 13 de decembro, relativa á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 13 de decembro, serie L).

6. O vencemento do prazo máximo indicado sen que se publique ou notifique a resolución posibilitará que as persoas interesadas poidan entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

Artigo 16. Aceptación e renuncia da subvención

1. Unha vez notificada a resolución, as persoas beneficiarias comunicaranlle á Agadic a aceptación por escrito da subvención concedida no prazo máximo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución de concesión. Transcorrido este prazo sen comunicarse esta aceptación ou sen producirse manifestación expresa, entenderase como tacitamente aceptada.

2. A entidade beneficiaria poderá remitir á Agadic o orzamento adaptado á subvención concedida (só no suposto de que a subvención recibida sexa inferior á solicitada e como máximo, pola diferencia entre ambas cantidades, a recibida e a solicitada). A dita documentación deberase remitir no prazo máximo de 10 días, contados desde a notificación da resolución de concesión.

3. A renuncia á subvención poderase facer axustándose ao modelo que se publicará na páxina web da Axencia Galega das Industrias Culturais, así como por calquera outro medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O presidente da Axencia Galega das Industrias Culturais ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21 da dita norma.

Artigo 17. Obrigas das persoas beneficiarias

Son obrigas das persoas ou entidades beneficiarias, as sinaladas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e en concreto cumprirán coas seguintes obrigas:

a) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, ingresos, axudas ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera das administracións públicas ou entes públicos autonómicos, nacionais ou internacionais, así como calquera outra modificación das circunstancias que no seu día foron tidas en conta para a súa concesión, e dos compromisos e obrigas asumidos polas persoas beneficiarias. Esta comunicación deberase efectuar no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos (anexo IV).

b) Levar a cabo a actividade subvencionada de acordo co proxecto presentado.

c) Proporcionar información sobre a participación e actividades que se van desenvolver nos eventos obxecto da convocatoria, de cara a accións de difusión e promoción do audiovisual galego.

d) Proporcionar en todo momento a información que sexa solicitada respecto da subvención concedida e someterse ás actuacións de comprobación da Agadic, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no título III da Lei 9/2007, ou do Consello de Contas ou Tribunal de Contas, segundo a súa normativa.

e) Dar a axeitada publicidade do carácter público do financiamento dos programas, actividades, investimentos ou actuacións de calquera tipo que sexan obxecto de subvención. Tanto nos actos públicos como en todo o material de difusión que se elabore, incluídas notas de prensa e formatos específicos para redes sociais, debe facerse mención expresa da colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais no desenvolvemento das actividades subvencionadas. 

Adicionalmente, a entidade beneficiaria comprométese a utilizar en todo o material de difusión que se produza, tanto dixital como impreso, o logotipo oficial da marca principal da Xunta de Galicia, dispoñible no enlace web: https://www.xunta.gal/identidade-corporativa, seguindo na medida do posible as normas relativas á convivencia con outras marcas que se especifican no Manual de uso da identidade corporativa da Xunta e respectando o tamaño mínimo de reprodución que garanta a lexibilidade.

Os custos correspondentes á dita publicidade serán por conta da entidade beneficiaria da subvención.

f) Xustificará os gastos de conformidade co disposto no artigo 42 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións.

g) Outras obrigas previstas na normativa de subvencións.

Artigo 18. Modificación da resolución

1. As actuacións subvencionadas deben executarse no tempo e na forma que se determinen nas resolucións de concesión, debendo obter a previa autorización da Axencia Galega das Industrias Culturais para realizar cambios no proxecto.

2. Cando xurdan circunstancias concretas que alteren as condicións técnicas ou económicas tidas en conta para a concesión da axuda, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión polo órgano concedente.

3. Tamén se poderá acordar a modificación da resolución de concesión por instancia da entidade beneficiaria se se cumpren os seguintes requisitos:

a) Que a modificación sexa autorizada expresamente polo órgano concedente.

b) Que a modificación non afecte os obxectivos perseguidos coa axuda, aos seus aspectos fundamentais ou que tivesen sido determinantes para a concesión da axuda, á determinación da entidade beneficiaria, nin dan dereitos de terceiros.

c) Que as modificacións obedezan a causas sobrevidas que non puideron preverse no momento da solicitude. Os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de teren concorrido na concesión inicial, non poderían supor a denegación da subvención, nin poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tivesen lugar con posterioridade a ela.

4. A solicitude de modificación debe ser formulada polo representante legal da entidade beneficiaria, expresando os motivos dos cambios que se propoñen e xustificando a imposibilidade de cumprir as condicións expostas na resolución de concesión.

Salvo naqueles supostos no que proceda a aplicación do establecido no artigo 59 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non se admitirán cambios con data anterior á entrada en rexistro da solicitude de modificación.

5. O acto polo cal se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado pola persoa titular da Dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais de conformidade coa disposición adicional primeira da presente resolución, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se dará audiencia á persoa interesada. A autorización da modificación deberá realizarse de forma expresa, notificándoselle á persoa interesada.

Artigo 19. Xustificación da subvención

1. Os gastos xustificados deberán responder, de maneira indubidable, á natureza da actividade subvencionada e ter correspondencia clara coas partidas do orzamento aceptadas pola Axencia Galega das Industrias Culturais na resolución de concesión da subvención ou coas modificacións ou reasignacións, de ser o caso, autorizadas. Só se considerará gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación.

2. A documentación xustificativa da subvención incluirá o custo total da actividade subvencionada e achegaranse os documentos que se especifican nas epígrafes seguintes:

2.1. Modalidade A. Subvencións para foros de negocio especializados.

2.1.1. Memoria de actuación que xustifique o cumprimento das condicións exixidas nestas bases reguladoras, con indicación das actividades realizadas, debendo constar como contido mínimo:

– Títulos dos proxectos audiovisuais ou obras rematadas obxecto da participación.

– Relación dos países cos que se activaron relacións profesionais e de negocio.

2.1.2. Memoria económica abreviada co contido seguinte: estado representativo dos gastos incorridos nas actividades subvencionadas, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, data de emisión e data de pagamento. Deberá indicarse expresamente a que conceptos subvencionables corresponden as facturas presentadas. No caso de que a subvención se outorgue de acordo a un orzamento, indicaranse as desviacións producidas. A memoria deberá incluír un orzamento con IVE e outro sen IVE.

2.1.3. Facturas ou documentos, de acordo co establecido no artigo 6 do Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se regulan as obrigas de facturación, orixinais ou copias, de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil e con eficacia administrativa, e documentos xustificativos do seu pagamento mediante extractos ou certificacións bancarias debidamente identificados, selados e asinados pola entidade bancaria ou co código seguro de verificación, orixinais ou copias, incorporados na mesma orde que na relación a que se fai referencia no parágrafo anterior.

2.2. Modalidade B. Subvencións para a participación en eventos de cine.

2.2.1. Memoria de actuación que xustifique o cumprimento das condicións exixidas nestas bases reguladoras, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

2.2.2. Memoria económica abreviada co contido seguinte: estado representativo dos gastos en que se incorra nas actividades subvencionadas, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, a data de emisión e a data de pagamento. Deberase indicar expresamente a que conceptos subvencionables corresponden as facturas presentadas. No caso de que a subvención se outorgue de acordo cun orzamento, indicaranse as desviacións producidas. A memoria deberá incluír un orzamento con IVE e outro sen IVE.

2.2.3. Facturas ou documentos, de acordo co establecido no artigo 6 do Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, por el que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación, orixinais ou copias, de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil e con eficacia administrativa, e documentos xustificativos do seu pagamento mediante extractos ou certificacións bancarias debidamente identificados, selados e asinados pola entidade beneficiaria, orixinais ou copias, incorporados na mesma orde que na relación a que se fai referencia no parágrafo anterior.

2.2.4. Copia en formato electrónico dos contidos das actuacións realizadas obxecto de axuda (insercións publicitarias, folletos, catálogos, fotografías e demais documentación acreditativa).

2.3. Modalidade C. Subvencións para a participación en foros de formación.

2.3.1. Memoria de actuación que xustifique o cumprimento das condicións exixidas nestas bases reguladoras, con indicación da actividade formativa, datas e lugares de celebración e unha descrición dela na que conste ademais o título do proxecto obxecto de participación, se fose o caso.

2.3.2. Memoria económica abreviada co contido seguinte: estado representativo dos gastos incorridos nas actividades subvencionadas, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, data de emisión e data de pagamento. Deberá indicarse expresamente a que conceptos subvencionables corresponden as facturas presentadas. No caso de que a subvención se outorgue de acordo a un orzamento, indicaranse as desviacións producidas. A memoria deberá incluír un orzamento con IVE e outro sen IVE.

2.3.3. Facturas ou documentos, de acordo co establecido no artigo 6 do Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se regulan as obrigas de facturación, orixinais ou copias, de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil e con eficacia administrativa, e documentos xustificativos do seu pagamento mediante extractos ou certificacións bancarias debidamente identificados, selados e asinados pola entidade bancaria ou co código seguro de verificación, orixinais ou copias, incorporados na mesma orde que na relación a que se fai referencia no parágrafo anterior.

3. De ser o caso, achegarase a tradución dos documentos xustificativos escritos en lingua estranxeira distinta a calquera das dúas linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia xunto cunha declaración responsable de que son un verdadeiro reflexo da realidade.

4. Os prazos máximos de xustificación da subvención en ningún caso poderán exceder as seguintes datas:

– Para os eventos que se celebren entre o 16 de novembro de 2025 e o 31 de maio de 2026, a data máxima de xustificación será o 15 de xuño de 2026.

– Para os eventos que se celebren entre o 1 de xuño de 2026 e o 31 de outubro de 2026, a data máxima de xustificación será o 5 de novembro de 2026.

Transcorrido este prazo sen que se presente a xustificación, requiriranse as persoas beneficiarias para que a presenten no prazo improrrogable de dez días. A falta de xustificación neste prazo comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención, a obriga do reintegro, de ser o caso, e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

5. Cando a entidade beneficiaria da subvención sexa unha empresa, os gastos subvencionables nos que incorrese nas súas operacións comerciais deberán ser abonados nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial, que lle sexa de aplicación ou, na súa falta, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

Artigo 20. Pagamento

1. O pagamento das axudas farase efectivo a partir da data da resolución definitiva de concesión e realizarase sempre e cando se acredite que a actividade foi executada de acordo co proxecto presentado e se xustifique correctamente o seu emprego.

2. Non se poderá realizar en ningún caso o pagamento da subvención outorgada en canto a entidade beneficiaria non figure ao día do cumprimento das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas e da Seguridade Social, sexa debedor en virtude de resolución declarativa da procedencia de reintegro ou teña algunha outra débeda pendente, por calquera concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma galega, estando autorizada a Agadic para proceder á comprobación e conseguinte verificación destes datos, sen prexuízo do establecido na base décima das presentes bases.

3. Será requisito necesario para o pagamento da subvención outorgada a entrega dunha declaración responsable de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade das administracións públicas competentes ou doutros entes públicos e privados, así como das axudas concedidas en réxime de minimis ou, de ser o caso, declaración de que non solicitou ou percibiu outros ingresos ou subvencións (anexo IV).

Artigo 21. Perda do dereito ao cobramento da subvención

1. É causa de perda do dereito ao cobramento da subvención o incumprimento da entidade beneficiaria da súa obriga de estar ao corrente das súas obrigas coa Facenda estatal e autonómica, e coa Seguridade Social.

2. Así mesmo, son causas de perda do dereito ao cobramento da subvención as previstas como causas de reintegro se non se tivese abonado a axuda.

3. O procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da subvención é o establecido para o reintegro.

Artigo 22. Causas de reintegro

1. A entidade beneficiaria deberá cumprir cos obxectivos, actividades e comportamentos que fundamenten a concesión da axuda, así como cos compromisos asumidos durante o tempo de duración da axuda. De non ser así, perderá o dereito ao seu cobramento e/ou, de ser o caso, procederá ao reintegro da subvención.

2. Tamén deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención e os xuros de mora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recollidos nos artigos 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para facer efectiva esta devolución, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto na citada lei e no Decreto 11/2009.

3. Son causas de reintegro as seguintes:

a) O falseamento, inexactitude ou omisión dos datos fornecidos pola entidade beneficiaria que servisen de base para a concesión da axuda, ou a ocultación daqueles datos que a impedisen.

b) O incumprimento total ou parcial do obxectivo, actividade, tarefas, compromisos ou condicións do proxecto inicial ou da finalidade para a que a axuda foi concedida.

c) O incumprimento da obriga de xustificación, xustificación insuficiente, xustificación fóra do prazo establecido, falsidade, terxiversación ou ocultación nos datos ou documentos que serven de base para xustificar os investimentos subvencionables, ou outras obrigas impostas na resolución de concesión da axuda.

d) O incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas no artigo 30 desta resolución.

e) A resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) A obtención de financiamento de distintas procedencias ou concorrencia de subvencións por riba do custo das actividades subvencionadas.

g) Calquera das demais causas previstas no artigo 33 da Lei 9/2007.

Artigo 23. Gradación dos incumprimentos

1. O incumprimento total dos fins para os cales se concedeu a axuda, determinado a través dos mecanismos de seguimento e control, da realización do proxecto ou da obriga de xustificación, será causa de perda do dereito ao cobramento ou de reintegro total da subvención.

En particular, consideraranse incumpridos os obxectivos da axuda cando non se xustifique polo menos o 60 % dos custos previstos no proxecto.

2. O incumprimento parcial dos obxectivos ou a non execución de actividades concretas do proxecto dará lugar á perda parcial do dereito ao cobramento da subvención nas porcentaxes que se determinen nos parágrafos seguintes ou, de ser o caso, ao reintegro parcial da subvención.

O alcance do incumprimento determinarase en proporción ao investimento deixado de practicar ou practicado indebidamente, e minorarase a subvención proporcionalmente.

3. Nos seguintes casos de incumprimento procederá o reintegro parcial do seguinte xeito:

a) Se se incumprise a obriga de dar publicidade do financiamento do proxecto, consonte o establecido nesta resolución, ou a obriga de comunicar a obtención doutras axudas para o mesmo proxecto, aplicarase un factor de corrección do 2 %.

b) Suporá a perda dun 5 % non comunicarlle á Axencia Galega das Industrias Culturais a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaran a concesión da subvención, unha vez recalculada a subvención e descontado o exceso obtido sobre os topes máximos legalmente establecidos.

4. A concorrencia de distintas causas de incumprimento dará lugar á apreciación conxunta destas, aplicando á intensidade da axuda o factor que resulte da suma de todos os factores de corrección. No caso de que algún dos factores de corrección sexa negativo, a intensidade da axuda será cero.

A aplicación do factor de corrección realizarase coa revisión da xustificación e, de ser o caso, requirirase a entidade beneficiaria para que proceda á devolución dos fondos percibidos indebidamente. A falta de devolución destes nos prazos requiridos dará lugar á incoación do expediente de reintegro nos termos recollidos no artigo 33 da Lei 9/2007 e no título V do Decreto 11/2009.

5. No caso das condicións que constitúan obrigas que a entidade beneficiaria debe acreditar na fase de xustificación (deberes de publicidade, comunicación doutras axudas, etc.), estas deberán xustificarse en todo caso para proceder ao pagamento da subvención, polo que a gradación fixada neste punto soamente resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso de que se detecten en controis posteriores ao pagamento por algún incumprimento relativo a estas obrigas.

Artigo 24. Procedemento de reintegro

1. Se aboada parte ou a totalidade da axuda acaecesen os motivos que se indican no artigo 20 desta resolución, incoarase o correspondente expediente de reintegro, o cal se tramitará conforme o previsto nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007.

2. Procederá o reintegro das cantidades percibidas, e a exixencia do xuro de demora correspondente desde o momento de pagamento da axuda ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro.

3. O procedemento de reintegro de subvencións iniciarase de oficio pola persoa titular da Dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais de conformidade coa disposición adicional primeira da presente resolución e comunicarase á entidade beneficiaria a iniciación do procedemento de declaración de perda do dereito, ou de reintegro, e as causas que o fundamentan, seguindo o procedemento establecido para o reintegro nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007, e 77 e seguintes do Decreto 11/2009.

4. A resolución do procedemento de reintegro porá fin á vía administrativa. Contra esta resolución de reintegro, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa. Se o acto non for expreso, a persoa solicitante e outras posibles persoas interesadas poderán interpor o recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co previsto nesta resolución, se produzan os efectos do silencio administrativo. Todo isto segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015.

5. Sen prexuízo do anterior, ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nesta resolución seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007, e no título VI do Decreto 11/2009.

Artigo 25. Control

1. A Axencia Galega das Industrias Culturais poderá facer as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento do obxectivo das subvencións.

2. A Axencia Galega das Industrias Culturais, polos medios que considere, poderá realizar en calquera momento as visitas, comprobacións e solicitudes de aclaracións que considere necesarias para o correcto desenvolvemento das actuacións financiadas, así como para acreditar o cumprimento das medidas de publicidade de orixe dos fondos. Se se constata unha incorrecta utilización dos fondos ou desvío dos obxectivos, proporase o reintegro da subvención concedida.

3. Así mesmo, no caso de axudas plurianuais, a Axencia Galega das Industrias Culturais poderá convocar anualmente as persoas beneficiarias a unha entrevista para coñecer a planificación das actividades en curso e valorar a consecución dos obxectivos e resultados do ano anterior.

4. Ademais do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estarán sometidas ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Artigo 26. Medidas antifraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións no marco da presente convocatoria, poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do sistema interno de información da Agadic ou do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través das canles habilitadas para o efecto: https://industriasculturais.xunta.gal/es/transparencia (no formulario que se desexe utilizar, anónimo ou con identificación, seleccionarase a epígrafe de Canles específicas e, dentro dela, elixirase a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) ou https://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf

A detección de irregularidades pode implicar a aplicación de correccións financeiras e a solicitude de devolución dos importes percibidos indebidamente.

Artigo 27. Normativa aplicable

1. Será de aplicación a seguinte normativa:

1.1. Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións, e supletoriamente a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como os preceptos básicos do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións.

1.2. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

1.3. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

1.4. Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, e demais normativa de xeral aplicación.

1.5. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

1.6. Regulamento (UE) 2023/2831, da Comisión, do 13 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

1.7. Demais normativa de xeral aplicación.

Artigo 28. Publicidade

No prazo máximo de tres meses, contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, entidade beneficiaria, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Artigo 29. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro desta convocatoria porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais. O prazo para interpor o recurso de reposición será dun mes, se o acto fose expreso, ou desde o día seguinte a aquel en que se tiver producido o acto presunto. Transcorrido o dito prazo, unicamente se poderá interpor recurso contencioso-administrativo, sen prexuízo, de ser o caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión. Se o acto non fose expreso, a persoa solicitante e outros posibles interesados poderán interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Disposición adicional primeira. Delegación de competencias

En aplicación da disposición adicional do Acordo do 24 de xullo de 2012, do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, de delegación de competencias na persoa titular da Dirección da Agadic, que establece que o réxime de delegación en materia de axudas e subvencións públicas será o que se estableza, de ser o caso, nas correspondentes resolucións de convocatoria, deléganse no director da Axencia Galega das Industrias Culturais as modificacións, aceptacións das renuncias presentadas e outras incidencias das axudas previstas nesta orde, tales como redistribucións de anualidades, acordos de inicio e resolucións de procedementos de reintegros e perdas de dereito total ou parcial ao cobramento da subvención.

Disposición adicional segunda. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase o director da Axencia Galega das Industrias Culturais para que leve a cabo as actuacións que sexan precisas para o desenvolvemento e a aplicación desta resolución.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file