
No Diario Oficial de Galicia número 16, do 26 de xaneiro de 2026, publicouse a orde pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento SI427A).
A través da dita orde convócanse as subvencións destinadas ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas de recursos integrais de atención especializada dirixidos específica e exclusivamente a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.
O prazo e a forma de presentación das solicitudes están regulados no artigo 7 da Orde do 30 de decembro de 2025. Así mesmo, no artigo 8 determínase a documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento.
Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria pola unidade administrativa tramitadora e encargada da instrución dos procedementos, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para determinar o cumprimento dos requisitos exixidos, polo que o 17 de marzo de 2026 se emitiu o requirimento da correspondente emenda no prazo de dez días hábiles, contado desde a súa notificación, ao abeiro do disposto no artigo 12.1.
O parágrafo segundo do dito artigo 12.1 da Orde do 30 de decembro de 2025 dispón que, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o requirimento de emenda das solicitudes se publicará no Diario Oficial de Galicia, o que producirá os mesmos efectos da notificación.
Polo exposto,
RESOLVO:
1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do requirimento de emenda das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento SI427A), emitido o 17 de marzo de 2026, por non estar debidamente cubertas e/ou non achegar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras, e que figura no anexo desta resolución (anexo: requirimento de emenda de documentación, SI427A 2026).
2. De conformidade co requirimento, todas as entidades solicitantes que figuran no anexo desta resolución son requiridas para que, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece no dito requirimento, coa advertencia de que, de non o faceren, ser terán por desistidas da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 21 da dita lei.
3. Informar as persoas interesadas de que, de acordo co establecido no artigo 9 das bases reguladoras, a presentación da documentación requirida debe ser realizada electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Na sede electrónica da Xunta de Galicia están dispoñibles os modelos normalizados dos anexos relativos a este procedemento: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=SI427A
4. No caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Dirección Xeral de Promoción da Igualdade a través dos teléfonos indicados no artigo 26 da convocatoria, 981 54 53 69 e 981 54 53 56.
Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2026
María Quintiana Pérez
Directora xeral de Promoción da Igualdade
ANEXO
Requirimento de emenda de documentación (SI427A 2026)
Asunto: requirimento de emenda de solicitudes relacionadas a continuación por non estaren debidamente cubertas e/ou non achegar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras.
Data do requirimento: 17 de marzo de 2026.
Efectos: no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, cómpre emendar o erro ou achegar os documentos preceptivos que figuran na relación, coa advertencia de que, de non o faceren, se terán por desistidas da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 21 da dita lei.
Órgano instrutor: Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade.
Relación de solicitudes suxeitas a emenda de documentación:
|
Nº de expte. |
Entidade |
NIF |
Documentación requirida |
|
SI427A-2026-00000001-00 |
Asociación Íntegro das Persoas con Diversidade Funcional da Costa da Morte |
G15173263 |
Anexo II: no presentado a data do acordo de solicitar a subvención é anterior á data de publicación desta convocatoria no DOG. |
|
SI427A-2026-00000002-00 |
Asociación Cultural Progreso |
G70232202 |
1. Acreditación de que a entidade está inscrita na área de Igualdade do RUEPSS. 2. Anexo II: o presentado está asinado polo presidente da entidade, non polo secretario. 3. Anexo III: no presentado a temporización do programa está fóra do período subvencionable desta convocatoria, as actuacións non están descritas con detalle e non están cubertos os datos do perfil e relación dos/ das profesionais que van participar directamente na execución do programa. 4. Anexo IV: no presentado non están cubertos os datos relativos á persoa profesional nin ao número de horas semanais e totais dedicadas ao programa e as datas de adscrición están fóra do período subvencionable. 6. Informe ou documento equivalente que acredite que as persoas traballadoras que prestan servizo nesta operación non teñen bonificada a cota correspondente da Seguridade Social. 7. A modo informativo, lembrámoslle que, ao abeiro desta convocatoria, só son subvencionables as horas de atención directa a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, non os gastos de equipamento do local, electricidade, etc. |
|
SI427A-2026-00000003-00 |
Asociación para o Desenvolvemento Social da Comarca do Deza |
G36527745 |
Anexo IV correspondente ao posto de apoio psicolóxico: a profesional non ten a titulación académica exixida segundo o establecido no artigo 5.3.b), polo que deberán presentar un novo anexo IV en que unicamente se imputen as horas dedicadas á tarefa f). |
|
SI427A-2026-00000005-00 |
Arelas. Asociación de Familias de Menores e Mocidade Trans de Galicia |
G27820182 |
1. Anexo II: no presentado constan os datos persoais da presidenta da entidade, non os da secretaria (que é ademais a que está asinando o anexo). 2. Anexos IV: en ningún dos presentados consta a denominación do posto de traballo e as datas de adscrición non coinciden coas datas de desenvolvemento do programa que constan no anexo III; o anexo da avogada non está asinado por ela e no anexo da traballadora social os datos persoais son os doutra profesional. |
|
SI427A-2026-00000006-00 |
Patronato Concepción Arenal |
G15030372 |
1. Acreditación da representatividade que posúe a persoa que asina a solicitude, xa que non coincide coa que consta no RUEPSS. 2. Anexos IV: en ningún dos presentados consta a denominación do posto de traballo. 3. Aclaración sobre as funcións e o tempo de dedicación a elas da licenciada en Dereito, xa que só ten asignada a tarefa c) e están imputando 8 horas/día. 4. Aclaración sobre as funcións e o tempo de dedicación a elas do técnico superior en igualdade, xa que só ten asignadas as tarefas a) e d) e están imputando 8 horas/día. 5. Aclaración sobre que tipo de actividades se van levar a cabo para a adquisición de competencias dixitais. |
|
SI427A-2026-00000007-00 |
Asociación Iris Social |
G16824088 |
1. Anexo III: a memoria descritiva do programa ten que cubrirse obrigatoriamente no anexo III, a memoria complementaria só é válida para os efectos de ampliar a información requirida neste anexo III. 2. Anexos IV: os presentados non se corresponden co modelo normalizado desta convocatoria 2026. Ademais, no anexo IV do docente en competencias dixitais non indicaron se pertence ou non á xunta directiva. |
|
SI427A-2026-00000009-00 |
Asociación Galega para Axuda dos Emfermos con Demencia tipo Alzheimer-Agadea |
G15483498 |
1. Anexo II: no presentado os datos persoais e a sinatura son os da presidenta, non os da persoa secretaria da entidade. 2. Anexos IV correspondentes á traballadora social e ao avogado: a sinatura electrónica da/do profesional non se pode validar. 3. O número de mulleres participantes indicadas no anexo III (27) é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (1.166), polo que o número de horas que se deberán ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable se reducirá proporcionalmente (só son subvencionables 1.161), agás que presenten unha corrección ao respecto. |
|
SI427A-2026-00000010-00 |
Asociación Síndrome de Down Teima de Ferrol |
G15458060 |
Anexos IV: os presentados non están asinados pola representante da entidade. |
|
SI427A-2026-00000011-00 |
Asociación Participaccion |
G32477127 |
1. Anexo II: o presentado está asinado pola presidenta da entidade. 2. Anexo III: no presentado as actuacións non están descritas con detalle, en particular, as actuacións a) e b). 3. Aclaración sobre que tipo de actividades se van levar a cabo para a adquisición de competencias dixitais. |
|
SI427A-2026-00000012-00 |
Asociación Aliad Ultreia |
G27021120 |
Título académico de cada profesional que acredite a pertenza ao grupo profesional indicado no seu anexo IV. |
|
SI427A-2026-00000014-00 |
Fundación CIP |
G15849318 |
1. Anexo II: no presentado os datos persoais e a sinatura son os do presidente, non os da persoa secretaria da entidade. 2. Anexos IV: en ningún dos presentados consta a denominación do posto de traballo. Os anexos correspondentes a profesionais xa contratados/as non están asinados por estes/as. No anexo IV correspondente ao posto de traballo pendente de contratar non indicaron o tipo de vinculación coa entidade. |
|
SI427A-2026-00000015-00 |
Fundación Impulsarse para el Desarrollo del Empleo y la Integración Social |
G27866763 |
1. Aclaración sobre a contía solicitada, xa que non coinciden os importes indicados no anexo I e no anexo II. 2. Anexos IV: os presentados non se corresponden co modelo normalizado desta convocatoria 2026. 3. Título académico de Andrea Noa: a certificación presentada non acredita que teña finalizados os estudos conducentes á licenciatura de Psicoloxía. |
|
SI427A-2026-00000016-00 |
Asociación de Ayuda a la Vida-Ayuvi |
G36802536 |
1. Anexo III: o presentado está sen asinar e na relación dos/das profesionais que van participar na execución do programa non constan todas as persoas profesionais que presentan anexo IV. 2. Anexos IV: os presentados están sen asinar polas profesionais e pola presidenta da entidade. Ademais, non está cuberto o dato de número de horas semanais dedicadas ao programa. 3. Título académico da avogada. |
|
SI427A-2026-00000017-00 |
Federación Aspace Galicia |
G36344950 |
1. Anexo II. 2. Anexos IV: os presentados non están asinados polas persoas profesionais. 3. O número de mulleres participantes indicadas no anexo III (35) é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (1.750), polo que o número de horas que se deberán ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable se reducirá proporcionalmente (só son subvencionables 1.505), agás que presenten unha corrección ao respecto. |
|
SI427A-2026-00000018-00 |
Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias de Lugo- Afalu |
G27285980 |
1. Aclaración sobre os colectivos de mulleres aos cales vai dirixido o programa, xa que no anexo III inclúen un colectivo que non está recollido na disposición adicional primeira da convocatoria (coidadoras de persoas en situación de dependencia que volven integrarse no mercado laboral). 2. Anexos IV: en todos os presentados non consta a denominación do posto de traballo. |
|
SI427A-2026-00000019-00 |
Asociación de Viúvas María Andrea |
G32014334 |
1. Anexos IV: no anexo correspondente ao avogado as datas de adscrición ao programa son incorrectas e, respecto da psicóloga, non consta a data de inicio da súa adscrición. 2. Títulos académicos de todo o persoal. |
|
SI427A-2026-00000021-00 |
Asociación de Mulleres Algueirada de Manzaneda |
G32354227 |
Copia dos títulos académicos da avogada e da psicóloga. |
|
SI427A-2026-00000022-00 |
Down Pontevedra Xuntos Asociación Síndrome de Down |
G36164887 |
Anexo II: no presentado a sinatura da secretaria da entidade é unha imaxe inserida no documento, polo que non é válida. |
|
SI427A-2026-00000023-00 |
Fundación Érguete-Integración |
G36861078 |
1. Anexo IV correspondente á avogada Mª Aranzazu: a sinatura da profesional é unha imaxe inserida no documento, polo que non é válida. 2. Copia dos títulos académicos das dúas avogadas e das catro docentes. |
|
SI427A-2026-00000024-00 |
Asociación Arraianas |
G70179189 |
1. Anexos IV: en todos os presentados non se poden validar as sinaturas electrónicas. Ademais, o anexo da educadora social Pilar non está asinado pola representante da entidade. 2. Aclaración sobre o número de profesionais adscritos/ as ao programa, xa que no anexo III relacionan oito pero despois só presentan os anexos IV de sete profesionais (non presentaron o anexo IV do/da monitor/a de tempo libre). |
|
SI427A-2026-00000025-00 |
Asociación Mulleres Pedra da Vella |
G36837433 |
Anexos IV correspondentes á traballadora social, formador/a dixital e psicóloga/o: os presentados están incompletos, falta a primeira folla do anexo. |
|
SI427A-2026-00000028-00 |
Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia-Fademur |
G70101647 |
1. Anexos IV correspondentes á asesora xurídica e á técnica: nos presentados non se pode validar a sinatura electrónica das profesionais. 2. Anexo IV correspondente á asesora: o presentado non está asinado pola profesional. Ademais, deberán revisar o grupo profesional, xa que non ten a titulación académica necesaria para encadrarse no grupo 1. |
|
SI427A-2026-00000030-00 |
Congregación Siervas de la Pasión |
R0800086A |
1. Anexos IV: en todos os presentados non se pode validar a sinatura electrónica da representante da entidade. 2. Copia dos títulos académicos das profesionais adscritas ao programa. 3. O número de mulleres participantes indicadas no anexo III (34) é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (3.976), polo que o número de horas que se deberán ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable se reducirá proporcionalmente (só son subvencionables 3.898,67), agás que presenten unha corrección ao respecto. |
|
SI427A-2026-00000032-00 |
Asociación Érguete Prevención e Intervención en Condutas Adictivas |
G36642726 |
1. Anexos IV: en todos os presentados non se marcou o grupo profesional. Ademais, no anexo IV da psicóloga tampouco se marcou a/as tarefa/as asignada/s. Por outro lado, os anexos teñen que presentarse completos, é dicir, sen omitir a primeira folla do anexo e recomendamos que non se cubran manualmente, xa que isto dificulta a súa lectura. 2. Informe ou documento equivalente que acredite que as persoas traballadoras que prestan servizo nesta operación non teñen bonificada a cota correspondente da Seguridade Social. 3. Aclaración sobre o número de profesionais adscritos/as ao programa, xa que no anexo III relacionan cinco pero despois presentan os anexos IV de seis profesionais. |
|
SI427A-2026-00000034-00 |
Asociación Andaina pro Saúde Mental |
G70264999 |
Anexos IV: nos presentados non se pode validar a sinatura electrónica da representante da entidade. Ademais, á educadora social estáselle asignando a tarefa c), para a cal non ten a titulación académica necesaria. Por outro lado, os anexos teñen que presentarse completos, cada un deles consta de dúas páxinas. |
|
SI427A-2026-00000035-00 |
Asociación Woman Defense Solidaria |
G10547644 |
1. Anexo II: no presentado a sinatura do secretario da entidade é unha imaxe inserida no documento, polo que non é válida. 2. Anexos IV: con respecto ás persoas profesionais que son membros da xunta directiva, o número de horas imputadas ao programa (240 cada unha) excede o número total de horas previsto no último parágrafo do artigo 6.5 para as persoas vinculadas coa entidade (máximo 100 horas cada unha). Por outro lado, todas as sinaturas (agás a da orientadora laboral) son imaxes inseridas nos anexos, polo que non son válidas. 3. Copia dos títulos académicos do persoal adscrito ao programa. 4. Aclaración sobre os concellos en que se teña previsto realizar cada unha das actuacións (independentemente da procedencia das usuarias). |
|
SI427A-2026-00000036-00 |
Asociación Xarela Formación-Animación |
G32261307 |
Anexo II: no presentado a sinatura do secretario da entidade é unha imaxe inserida no documento, polo que non é válida. |
|
SI427A-2026-00000037-00 |
Asociación de Movilidad Humana para la Colaboración y el Desarrollo |
G70464334 |
1. Anexo II: no presentado os datos persoais son os da presidenta, non os da persoa secretaria da entidade. 2. Anexos IV: as sinaturas electrónicas non se poden validar. Por outro lado, deberán revisar o grupo profesional do avogado. 3. Copia dos títulos académicos do avogado, da psicóloga e da mediadora intercultural. 4. Informe ou documento equivalente que acredite que as persoas traballadoras que prestan servizo nesta operación non teñen bonificada a cota correspondente da Seguridade Social. 5. Aclaración sobre o número de profesionais adscritos/as ao programa, xa que no anexo III relacionan catro pero despois presentan os anexos IV de tres profesionais. |
|
SI427A-2026-00000038-00 |
Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia-Feafes |
G15545353 |
1. Anexo II: no presentado a sinatura da secretaria da entidade é unha imaxe inserida no documento, polo que non é válida. 2. Copia do título académico do asesor xurídico. |
|
SI427A-2026-00000039-00 |
Aspnais-Asociación de Padres o Tutores de Personas con Discapacidad Intelectual de Lugo |
G27018365 |
Anexo IV correspondente á psicóloga Paula: deberán revisar o grupo profesional. |
|
SI427A-2026-00000040-00 |
Cruz Roja Española |
Q2866001G |
O número de mulleres participantes indicadas no anexo III (40) é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (2.212), polo que o número de horas que se deberán ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable se reducirá proporcionalmente (só son subvencionables 1.720), agás que presenten unha corrección ao respecto. |
|
SI427A-2026-00000041-00 |
Asociación Red Madre Ourense |
G32394082 |
1. Anexo II: no presentado a sinatura da secretaria da entidade é unha imaxe inserida no documento, polo que non é válida. 2. Anexo III: non presentado. 3. Anexos IV: nos presentados as sinaturas son imaxes inseridas no documento, polo que non son válidas. Ademais, deberán revisar o grupo profesional das traballadoras adscritas ao programa. |
|
SI427A-2026-00000042-00 |
Asociación Red Madre Pontevedra |
G27707686 |
1. Anexo II: no presentado a sinatura da secretaria da entidade é unha imaxe inserida no documento, polo que non é válida. 2. Anexos IV: os presentados están incompletos, o modelo normalizado consta de dúas páxinas. Ademais, deberán revisar o grupo profesional da traballadora social. |
|
SI427A-2026-00000043-00 |
Fundación Ronsel |
G15752660 |
1. Anexo IV correspondente á avogada: deberán revisar o grupo profesional. 2. Aclaración sobre que tipo de actividades se van levar a cabo para a adquisición de competencias dixitais. |
|
SI427A-2026-00000044-00 |
Faraxa pola Abolición da Prostitución |
G27728658 |
Anexos IV correspondentes á integradora social e á socióloga: as datas de inicio da adscrición ao programa están fóra do período subvencionable desta convocatoria. |
|
SI427A-2026-00000045-00 |
Auxilia Delegación de Lugo |
G08317059 |
1. Acreditación da representatividade que posúe a persoa que asina a solicitude, xa que non coincide coa que consta no RUEPSS e o certificado presentado non acredita que a vogal poida actuar en representación da entidade. 2. Anexos IV: nos presentados non se poden validar as sinaturas electrónicas. 3. Copia dos títulos académicos do persoal adscrito ao programa. 4. Informe ou documento equivalente que acredite que as persoas traballadoras que prestan servizo nesta operación non teñen bonificada a cota correspondente da Seguridade Social. 5. Aclaración sobre os concellos en que se teña previsto realizar cada unha das actuacións (independentemente da procedencia das usuarias). |
|
SI427A-2026-00000046-00 |
Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer Chantada |
G27320225 |
1. Anexo II: no presentado os datos persoais e a sinatura son os do presidente da entidade, non os da secretaria. 2. Anexo IV correspondente ao avogado: deberán revisar o grupo profesional. |
|
SI427A-2026-00000047-00 |
Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra-Femupo |
G94200326 |
1. Anexo II: no presentado non consta a data en que se adoptou o acordo de solicitar a subvención. 2. Anexos IV: en todos os presentados as sinaturas son imaxes inseridas nos documentos, polo que non son válidas. Ademais, deberán revisar o grupo profesional da avogada e da psicóloga. 3. Copia do título académico da formadora. |
|
SI427A-2026-00000048-00 |
Asociación Punto Delas-Secretaría das Mulleres |
G70370119 |
1. Anexos IV: en todos os presentados non se poden validar as sinaturas electrónicas. 2. Informe ou documento equivalente que acredite que as persoas traballadoras que prestan servizo nesta operación non teñen bonificada a cota correspondente da Seguridade Social: a declaración responsable presentada non é válida dado que fai referencia a un período que non se corresponde co desta convocatoria. |
|
SI427A-2026-00000049-00 |
Fundación Amigó |
G81454969 |
1. Anexos IV: en todos os presentados estase asignando a tarefa f) cando este servizo non forma parte do programa. 2. Dado que a traballadora Aitana ten bonificada a cota á Seguridade Social durante o período comprendido entre o 16.10.2025 e o 5.2.2026, deberán identificar o número de horas imputadas ao programa ás cales se aplica a bonificación. 3. O número de mulleres participantes indicadas no anexo III (48) é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (2.688), polo que o número de horas que se deberán ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable se reducirá proporcionalmente (só son subvencionables 2.064), agás que presenten unha corrección ao respecto. |
|
SI427A-2026-00000050-00 |
Asociación de Atención a la Parálisis Cerebral y Afines Amencer-Aspace |
G36153757 |
1. Anexo II: no presentado a sinatura da secretaria da entidade é unha imaxe inserida no documento, polo que non é válida. 2. Anexos IV: en todos as sinaturas das profesionais son imaxes inseridas nos documentos, non están asinados polo representante da entidade, a data de finalización da adscrición ao programa (31.8.2026) é posterior á data de finalización do programa (31.7.2026) e indican que os días da semana en que prestan o servizo están «por determinar», cando a adscrición ao programa comezou o 1.9.2025. Ademais, no anexo IV da coidadora Carmen non constan a/as tarefa/as asignada/s. 3. Copia do título académico da coidadora Carmen. 5. O número de mulleres participantes indicadas no anexo III (24) é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (1.198,5), polo que o número de horas que se deberán ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable se reducirá proporcionalmente (só son subvencionables 1.032), agás que presenten unha corrección ao respecto. |
|
SI427A-2026-00000051-00 |
Asociación de Mulleres en Igualdade de Tui |
G94194701 |
1. Anexos IV: en todos os presentados as sinaturas son imaxes inseridas nos documentos, polo que non son válidas; ademais, o anexo correspondente á psicóloga está incompleto (o modelo normalizado consta de dúas páxinas) e, respecto da técnica de administración, deberán revisar o grupo profesional. 2. Copia do título académico da formadora. 3. O número de mulleres participantes indicadas no anexo III (20) é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (991), polo que o número de horas que se deberán ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable se reducirá proporcionalmente (só son subvencionables 860), agás que presenten unha corrección ao respecto. |
|
SI427A-2026-00000054-00 |
Down Vigo, Asociación para el Síndrome de Down |
G36697324 |
1. Anexo II: no presentado os datos persoais e a sinatura son os do presidente da entidade, non os da persoa secretaria. 2. Anexos IV: en todos as sinaturas son imaxes inseridas nos documentos, polo que non son válidas. Ademais, deberán revisar o número de horas semanais da asesora xurídica. 3. Copia do título académico da asesora xurídica. 4. Informe ou documento equivalente que acredite que as persoas traballadoras que prestan servizo nesta operación non teñen bonificada a cota correspondente da Seguridade Social. |
|
SI427A-2026-00000056-00 |
Asociación O Son do Pobo |
G94017704 |
1. Anexo III: no presentado as actuacións que compoñen o programa non están descritas con detalle. Ademais, a temporización do programa non se corresponde coas datas de adscrición do profesional. 2. Anexo IV: o presentado non está asinado polo profesional e pola representante legal da entidade. 4. Informe ou documento equivalente que acredite que a persoa traballadora que presta servizo nesta operación non ten bonificada a cota correspondente da Seguridade Social. |
|
SI427A-2026-00000058-00 |
Confederación Galega de Persoas con Discapacidade-Cogami |
G32115941 |
Anexo III: no presentado a descrición do servizo a) non permite determinar se as actuacións que se levan a cabo teñen cabida neste servizo. O mesmo pasa co servizo b), pero este xa non pode ser obxecto de valoración dado que non hai persoal adscrito ao programa coa titulación requirida. |
|
SI427A-2026-00000059-00 |
Asociación Labregas |
G15945686 |
1. Anexos IV: nos asinados con certificado dixital (Rebeca, Rosario, Antía) non se poden validar as sinaturas electrónicas das profesionais nin da representante legal da entidade. 2. Copia dos títulos académicos da avogada (Antía) e da técnica de integración social Rebeca. 3. Informe ou documento equivalente que acredite que as persoas traballadoras que prestan servizo nesta operación non teñen bonificada a cota correspondente da Seguridade Social: a declaración responsable presentada non é válida dado que fai referencia a un período que non se corresponde co desta convocatoria. |
|
SI427A-2026-00000060-00 |
Asociación para el Empoderamiento de Personas Vulnerables y o Riesgo de Exclusión-APERES |
G70573514 |
Anexo III: a memoria descritiva do programa ten que presentarse obrigatoriamente neste anexo, a memoria complementaria só é válida para os efectos de ampliar a información contida no anexo III, non para substituílo. |
|
SI427A-2026-00000061-00 |
Valoresc Innovation |
G70377585 |
1. Anexo II: no presentado a sinatura da secretaria da entidade é unha imaxe inserida no documento, polo que non é válida. 2. Copia dos títulos académicos de todo o persoal adscrito ao programa (agás de Laura González e Cristina Martínez). |
|
SI427A-2026-00000062-00 |
Asociación Ecos do Sur |
G15354483 |
Anexo IV correspondente á mediadora intercultural. |
|
SI427A-2026-00000063-00 |
Asociación pola Igualdade e a Coeducación-APICO |
G94088549 |
1. Anexo IV correspondente á psicóloga: deberán revisar o grupo profesional. 2. Copia do título académico do formador/especialista en violencia de xénero. |
|
SI427A-2026-00000064-00 |
Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo |
G36928646 |
1. Anexo II: no presentado a sinatura da secretaria da entidade é unha imaxe inserida no documento, polo que non é válida. 2. Anexo IV correspondente á educadora social: no presentado indícanse 480 h semanais. 3. Copia do título académico da educadora social. 4. Informe ou documento equivalente que acredite que as persoas traballadoras que prestan servizo nesta operación non teñen bonificada a cota correspondente da Seguridade Social. |
|
SI427A-2026-00000065-00 |
Asociación Mirabal |
G70312954 |
1. Anexo III: no presentado a descrición das actuacións b) e c), así como as d) e f),están repetidas. 2. Anexo IV correspondente á psicóloga: deberán revisar o grupo profesional. 3. Copia do título académico do avogado. |
|
SI427A-2026-00000066-00 |
Asociación de Mulleres Rurais entre Mulleres |
G75632000 |
1. Anexo II: no presentado non consta a contía solicitada. 2. Anexo III: no presentado non constan detallados os concellos en que se ten previsto realizar as actuacións. Ademais, a memoria descritiva do programa ten que cubrirse obrigatoriamente no anexo III, a memoria complementaria só é válida para os efectos de ampliar a información requirida neste anexo III. 3. Anexo IV correspondente a Ana María: o presentado non está asinado pola profesional. 4. Copia do título académico de Cristina. |
|
SI427A-2026-00000067-00 |
Asociación Redmadre Coruña |
G70180229 |
1. Aclaración sobre as actuacións que compoñen o programa, xa que no anexo III indican que se presta o servizo c) pero despois non presentan o anexo IV correspondente á persoa profesional que presta este servizo nin o título académico correspondente. 2. Anexo IV correspondente á psicóloga: o presentado non está asinado pola profesional. |
|
SI427A-2026-00000068-00 |
Mulleres en Igualdade de Cerdedo-Cotobade, A Lama, Ponte Caldelas |
G94172277 |
1. Anexo I: no presentado non consta a contía solicitada. 2. Anexo II: o presentado non está asinado pola secretaria da entidade. 3. Anexos IV dos/das profesionais indicados/as no anexo III. 4. Copia dos títulos académicos do persoal adscrito ao programa. 5. No caso de contratación de persoal propio, informe ou documento equivalente que acredite que as persoas traballadoras que prestan servizo nesta operación non teñen bonificada a cota correspondente da Seguridade Social. |
|
SI427A-2026-00000069-00 |
ONGD Senvalos |
G70610282 |
1. Anexo II: no presentado os datos persoais e a sinatura son os do presidente, non os da persoa secretaria da entidade. 2. Anexos IV: non presentados. 3. Copia dos títulos académicos do persoal adscrito ao programa. |
|
SI427A-2026-00000070-00 |
Asociación Síndrome de Down de A Coruña |
G15731466 |
1. Copia do título académico da psicóloga. |
|
SI427A-2026-00000072-00 |
Asociación Rexurdir de Actividades Sociales |
G36046241 |
1. Anexo II: no presentado consta como persoa secretaria o presidente da entidade. O anexo II debe estar cuberto e asinado pola persoa secretaria. 2. Aclaración sobre as actuacións que compoñen o programa, xa que no anexo III indican que se presta o servizo c) pero despois na relación de profesionais non figura o posto de avogado/a. Ademais, presentan un anexo IV para o dito posto pero nel indícase a tarefa e) e non está asinado polo profesional nin polo representante da entidade. 3. Anexo IV correspondente a Macarena: no presentado non se indican as tarefas que deberá desempeñar a profesional e non está asinado pola profesional nin polo representante da entidade. 4. En todos os anexos IV presentados consta a mesma cantidade de horas semanais como horas totais de dedicación ao programa. 5. Copia do título académico do avogado. |
|
SI427A-2026-00000073-00 |
Fundación Amigos de Galicia |
G15859911 |
1. Anexo II: o presentado está sen asinar polo secretario da entidade. 2. Aclaración sobre as actuacións que compoñen o programa, xa que no anexo III indican que se presta o servizo c) pero despois non presentan o anexo IV correspondente ao posto de asesor/a xurídico/a nin o título académico correspondente. 3. Copia dos títulos académicos de todos os profesionais. 4. No caso de contratación de persoal propio, informe ou documento equivalente que acredite que as persoas traballadoras que prestan servizo nesta operación non teñen bonificada a cota correspondente da Seguridade Social. |
|
SI427A-2026-00000074-00 |
Cáritas Diocesana de Tui-Vigo |
R3600368I |
1. A memoria descritiva do programa ten que cubrirse obrigatoriamente no anexo III, a memoria complementaria só é válida para os efectos de ampliar a información requirida neste anexo III. 2. Aclaración sobre as profesionais que prestan servizos no programa, xa que no anexo III indican que son tres traballadoras sociais e logo presentan catro anexos IV de traballadoras sociais. 3. Copia do título académico da asesora xurídica. 4. Aclaración sobre se a traballadora social Silvia ten bonificada a cota correspondente da Seguridade Social, xa que no documento presentado non se inclúe a dita traballadora. |
|
SI427A-2026-00000075-00 |
Asociación Penitenciaria Concepción Arenal |
G27119809 |
Copia dos títulos académicos dos/das profesionais. |
|
SI427A-2026-00000076-00 |
Asociación Limisi |
G32302671 |
1. Informe ou documento equivalente que acredite que as persoas traballadoras que prestan servizo nesta operación non teñen bonificada a cota correspondente da Seguridade Social. 2. O número de mulleres participantes indicadas no anexo III (40) é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (1.900), polo que o número de horas que se deberán ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable se reducirá proporcionalmente (só son subvencionables 1.720), agás que presenten unha corrección ao respecto. |
|
SI427A-2026-00000077-00 |
Asociación Ámbar |
G15052434 |
1. Anexos IV: en ningún dos presentados constan as horas semanais de dedicación ao programa nin os días en que se prestan os servizos. Ademais, deberán revisar os grupos profesionais da psicóloga María Dolores e do orientador laboral. 2. Anexo IV correspondente á fisioterapeuta: a sinatura é unha imaxe inserida, polo que non é válida. |
|
SI427A-2026-00000079-00 |
Asociación Coruñesa de Esclerosis Múltiple |
G15510266 |
1. Anexo III: as datas de realización do programa que se indican na memoria descritiva non se corresponden co período subvencionable. 2. Anexo IV: as datas de vinculación ao programa da psicóloga non se corresponden co período subvencionable. Ademais, non figura o tipo de vinculación da profesional coa entidade e deberán revisar o seu grupo profesional. |
|
SI427A-2026-00000080-00 |
Asociación Diversidades |
G27783950 |
1. Aclaración sobre a contía solicitada, xa que non coinciden os importes indicados no anexo I e no anexo II. 2. Anexos IV: os presentados están sen asinar polas profesionais e pola persoa representante da entidade. Ademais, no correspondente á asesora xurídica Megan Chloe non ten adscrita ningunha tarefa. 5. Copia do título académico da mediadora. 6. No caso de contratación de persoal propio, informe ou documento equivalente que acredite que as persoas traballadoras que prestan servizo nesta operación non teñen bonificada a cota correspondente da Seguridade Social. |
|
SI427A-2026-00000082-00 |
Federación Escuelas Familiares Agrarias Galicia |
G15299357 |
1. Acreditación da representatividade que posúe a persoa que asina a solicitude, xa que non coincide coa que consta no RUEPSS. 2. Anexo II: a certificación sobre o acordo de solicitar a subvención ten que presentarse obrigatoriamente neste anexo. 3. Certificación acreditativa das asociacións ou federacións integradas. 4. O número de mulleres participantes indicadas no anexo III (40) é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (1.988), polo que o número de horas que se deberán ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable se reducirá proporcionalmente (só son subvencionables 1.720), agás que presenten unha corrección ao respecto. |
|
SI427A-2026-00000083-00 |
Asociación Albores Saúde Mental |
G27252279 |
1. Aclaración sobre que tipo de actividades se van levar a cabo para a adquisición de competencias dixitais. 2. No caso de contratación de persoal propio, informe ou documento equivalente que acredite que as persoas traballadoras que prestan servizo nesta operación non teñen bonificada a cota correspondente da Seguridade Social. |
|
SI427A-2026-00000084-00 |
Asociación Veciñal As Termas |
G32334989 |
1. Anexo I: no presentado non consta a contía solicitada. 2. Anexos IV dos/das profesionais indicados/as no anexo III. 3. Copia dos títulos académicos do persoal adscrito ao programa. 4. No caso de contratación de persoal propio, informe ou documento equivalente que acredite que as persoas traballadoras que prestan servizo nesta operación non teñen bonificada a cota correspondente da Seguridade Social. |
|
SI427A-2026-00000085-00 |
Agrupación de Asociacións Veciñais do Rural e Periferia do Concello de Ourense-Miño |
G32408023 |
1. Acreditación da representatividade que posúe a persoa que asina a solicitude, xa que non coincide coa que consta no RUEPSS. 2. Certificación acreditativa das asociacións ou federacións integradas. 3. Anexos IV dos/das profesionais indicados/as no anexo III. 4. Copia dos títulos académicos do persoal adscrito ao programa. 5. No caso de contratación de persoal propio, informe ou documento equivalente que acredite que as persoas traballadoras que prestan servizo nesta operación non teñen bonificada a cota correspondente da Seguridade Social. |
|
SI427A-2026-00000086-00 |
Asociación de Acción Social, Educación Permanente y de Servicios a la Juventud y a la Mujer Tempus |
G15681000 |
1. Anexos IV dos/das profesionais indicados/as no anexo III. 2. Copia dos títulos académicos do persoal adscrito ao programa. 3. No caso de contratación de persoal propio, informe ou documento equivalente que acredite que as persoas traballadoras que prestan servizo nesta operación non teñen bonificada a cota correspondente da Seguridade Social. |
|
SI427A-2026-00000087-00 |
Asociación Antonio Noche |
G15210388 |
1. Anexo III. 2. Anexos IV dos/das profesionais adscritos/as ao programa. 3. Copia dos títulos académicos do persoal adscrito ao programa. |
