
No Diario Oficial de Galicia número 22, do 3 de febreiro de 2026, publícase a Orde do 26 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento SI435A).
A través da dita orde convócanse as subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade a través do Programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero (SI435A).
O prazo e a forma de presentación das solicitudes están regulados no artigo 8 da Orde do 26 de decembro de 2025. Así mesmo, no artigo 9 determínase a documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento.
Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria pola unidade administrativa tramitadora e encargada da instrución dos procedementos, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para determinar o cumprimento dos requisitos exixidos, e emitiuse o requirimento da correspondente emenda no prazo de dez días hábiles desde a súa notificación, ao abeiro do disposto no artigo 12.1.
O parágrafo segundo do dito artigo 12.1 da Orde do 26 de decembro de 2025 dispón que, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o requirimento de emenda das solicitudes publicarase no Diario Oficial de Galicia, o que producirá os mesmos efectos da notificación.
Polo exposto,
RESOLVO:
1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do requirimento de emenda das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 26 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento SI435A), emitido o 17 de marzo de 2026 por non estaren debidamente cubertas e/ou non achegaren a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras, e que figura no anexo desta resolución (anexo: requirimento de emenda de documentación - SI435A 2026).
2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes que figuran no anexo desta resolución de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece nesta resolución, coa advertencia de que, de non o faceren, se terán por desistidas da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 21 da dita lei.
3. Informar as persoas interesadas de que, de acordo co establecido no artigo 8 das bases reguladoras, a presentación da documentación requirida debe ser realizada electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Na sede electrónica da Xunta de Galicia están dispoñibles os modelos normalizados dos anexos relativos a este procedemento (SI435A) SI435A - Axudas e subvencións a entidades locais: Programa de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero - Sede electrónica - Xunta de Galicia.
4. No caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Dirección Xeral de Promoción da Igualdade a través dos teléfonos indicados no artigo 25 da convocatoria (981 54 73 97 e 981 54 53 53), ou presencialmente.
Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2026
María Quintiana Pérez
Directora xeral de Promoción da Igualdade
ANEXO
Requirimento de emenda de documentación (SI435A 2026)
Asunto: requirimento de emenda de solicitudes relacionadas a continuación por non estaren debidamente cubertas e/ou non achegaren a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras.
Data do requirimento: 17 de marzo de 2026.
Efectos: no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, cómpre emendar os erros ou achegar os documentos preceptivos que figuran na relación, coa advertencia de que, de non o faceren, se terán por desistidas da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 21 da dita lei.
Órgano instrutor: Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade.
Relación de solicitudes suxeitas a emenda de documentación:
|
Nº de expte. |
Entidade local (por orde alfabética) |
Documentación requirida |
|
SI435A 2026-51 |
Concello da Cañiza agrupado co de Covelo |
1. Anexo III. Está sen cubrir 2. Convenio de colaboración |
|
SI435A 2026-33 |
Concello da Mezquita |
Anexo III. Punto 2.1. O módulo obrigatorio non acada a duración mínima do 10 % das horas previstas para a actividade (210) |
|
SI435A 2026-57 |
Concello da Peroxa |
1. Anexo III. Punto 2.1. Cada actuación contará, como mínimo, cun módulo ou bloque temático cunha duración mínima do 10 % das horas previstas para unha actuación ou actividade. |
|
SI435A 2026-83 |
Concello da Pobra de Trives |
1. Anexo III. Punto 2.1. Segundo as actividades propostas, os módulos non poden ter as mesmas horas que as actividades. Así mesmo, deben cubrir o tipo de actuación en todas as actuacións. 2. Anexo III. Punto 2.2. Deben desagregar os custos de persoal. |
|
SI435A 2026-45 |
Concello da Veiga |
Anexo III. Punto 2.2. O número de horas do persoal debe coincidir co número de horas das actuacións ou actividades. |
|
SI435A 2026-17 |
Concello de Allariz |
1. Anexo II. Deberá estar asinado pola persoa secretaria da entidade solicitante. 2. Anexo III. Punto 2.1. Deberán aclarar o número de edicións da actuación. 3. Anexo III. Punto 2.2. Deberán indicar que non concorren as causas que determinan o carácter non subvencionable dos custos de persoal (art. 7.1.1.a) |
|
SI435A 2026-36 |
Concello de Ames |
1. Anexos I e II. O importe da subvención solicitada non pode ser superior ao total dos custos directos de persoal. 2. Anexo III. Punto 2.1. Deberán revisar a duración da actuación Seguimento psicolóxico individualizado posprograma, xa que non coincide co indicado no punto 2.2. Deberán eliminar a actuación Formación en igualdade, xa que se trata dos módulos obrigatorios que forman parte das outras actuacións e non dunha actuación singulariazada (de ser preciso, revisarase a duración das actuacións e comprobarase que os módulos obrigatorios acadan o 10% das horas previstas). |
|
SI435A 2026-76 |
Concello de Amoeiro agrupado co de Coles |
1. Memoria de aforro de custos. 2. Anexos I e II. O importe da subvención solicitada non pode ser superior ao total dos custos directos de persoal. 3. Anexo III. Punto 2.1. Deberán aclarar o número de edicións da actuación. O módulo obrigatorio da actuación Benestar, saúde sexual, combate do estrés e autoestima non acada o mínimo do 10 % das horas previstas para a actividade. 4. Anexo III. Punto 2.2. O número de horas do persoal debe coincidir co número de horas das actuacións ou actividades. |
|
SI435A 2026-78 |
Concello de Arzúa agrupado cos de Boimorto e Santiso |
1. Decretos polos que se acorda solicitar a subvención dos concellos que forman parte da agrupación. 2. Anexo III. Punto 2.1. Deberán aclarar o número de horas e de edicións da actuación. O tipo e contido da actividade proposta non permite que só 2 horas se dediquen aos contidos específicos diferentes aos dos módulos. 3. Anexo III. Punto 2.2. Deberán revisar os gastos imputados e modificalos, xa que os gastos da empresa de autobuses serían outros gastos directos (art. 7.1.1.b) e o seu financiamento realízase segundo o establecido no artigo 18.2, polo que non se poden incluír neste anexo. Así mesmo, deberán modificar o importe da subvención solicitada (anexos I e II). Especificaranse as funcións e accións concretas que deberá desenvolver a educadora e a guía. O número de horas do persoal debe coincidir co número de horas das actuacións ou actividades. |
|
SI435A 2026-70 |
Concello de Avión |
Anexo III. Punto 2.1. Deberán revisar o número de edicións de cada actuación e cubrir o número de persoas participantes. Cada actuación contará, como mínimo, cun módulo ou bloque temático cunha duración mínima do 10 % das horas previstas para unha actuación ou actividade. |
|
SI435A 2026-79 |
Concello de Barbadás agrupado co de Ramirás |
1. Anexos I e II. O importe da subvención solicitada non pode ser superior ao total dos custos directos de persoal. 2. Anexo III. Cada actuación contará, como mínimo, cun módulo ou bloque temático cunha duración mínima do 10 % das horas previstas para unha actuación ou actividade. Así mesmo, as horas das actividades (2074) deben coincidir coas horas realizadas polo persoal contratado (147). |
|
SI435A 2026-29 |
Concello de Betanzos |
Anexo III. Punto 2.1. O módulo obrigatorio non acada a duración mínima do 10 % das horas previstas para a actividade (20). |
|
SI435A 2026-61 |
Concello de Caldas de Reis |
Anexo III. Punto 2.1. O período subvencionable é do 1 de outubro de 2025 ao 30 de setembro de 2026. |
|
SI435A 2026-64 |
Concello de Calvos de Randín agrupado co dos Blancos |
1. Anexo III: non é o modelo da convocatoria actual. 2. Anexo III. Punto 2.2: cómpre revisar e corrixir os custos de persoal, xa que os valores indicados nas dúas columnas son diferentes (só poden incluír custos directos de persoal). De ser preciso, deberán modificar o importe da subvención solicitada nos anexos I e II. |
|
SI435A 2026-50 |
Concello de Castro Caldelas agrupado co de Montederramo |
1. Anexo III: non é o modelo da convocatoria actual. 2. Anexo III. Punto 2.2: cómpre revisar e corrixir os custos de persoal, xa que os valores indicados nas dúas columnas son diferentes (só poden incluír custos directos de persoal). De ser preciso, deberán modificar o importe da subvención solicitada nos anexos I e II. |
|
SI435A 2026-48 |
Concello de Celanova |
Anexo III. Punto 2.1. O módulo obrigatorio das actividades Sesións individualizadas de avaliacion psicoloxica preprograma e posprograma e Sesións individualizadas de apoio psicolóxico para a orientación laboral non acada a duración mínima do 10 % das horas previstas para a actividade. |
|
SI435A 2026-37 |
Concello de Coirós agrupado cos de Aranga, Irixoa e Oza-Cesuras |
1. Anexo II.bis. Deberán reflectir o importe da subvención que se aplicará a cada unha das entidades que forman parte da agrupación. 2. Anexo III. Punto 2.1. O módulo obrigatorio non acada a duración mínima do 10 % das horas previstas para a actividade. |
|
SI435A 2026-23 |
Concello de Cuntis |
1. Anexos I e II. Non coinciden as contías da subvención solicitada. Deberán ter en conta, ademais, que a contía solicitada non pode ser superior ao total dos custos directos de persoal indicados no anexo III. 2. Anexo III. Punto 2.1. Segundo a actividade proposta, os módulos non poden ter as mesmas horas que a actividade. |
|
SI435A 2026-53 |
Concello de Curtis agrupado co de Sobrado |
1. Anexo II.bis. Debe estar asinado pola persoa secretaria da entidade. Así mesmo, deben reflectir o importe da subvención que se aplicará a cada unha das entidades que forman parte da agrupación. 2. Anexo III. Punto 2.1. Cada actuación contará, como mínimo, cun módulo ou bloque temático cunha duración mínima do 10 % das horas previstas para unha actuación ou actividade. |
|
SI435A 2026-39 |
Concello de Dodro |
Anexo III. Punto 2.2. Deben desagregar os custos de persoal. Así mesmo, as horas das actividades (266) deben coincidir coas horas realizadas polo persoal contratado (293). |
|
SI435A 2026-04 |
Concello de Fene |
Anexo III. Punto 2.1. O módulo obrigatorio non acada a duración mínima do 10 % das horas previstas para as actividades (120). Anexo III. Punto 2.2. O número de horas do persoal que desenvolve a actuación Indira (56) non coincide co número de horas reflectido no punto 2.1 (112). |
|
SI435A 2026-20 |
Concello de Gondomar |
Anexo III. Punto 2.2. O número de horas do persoal debe coincidir co número de horas das actuacións ou actividades. |
|
SI435A 2026-03 |
Concello de Guitiriz |
1. Anexo I: o número da conta bancaria debe ter 24 díxitos. 2. Anexo II: non é o modelo da convocatoria actual. 3. Anexo III: está sen cubrir. |
|
SI435A 2026-54 |
Concello de Maceda |
Anexo III. Punto 2.2. O número de horas do persoal debe coincidir co número de horas das actuacións ou actividades. |
|
SI435A 2026-81 |
Concello de Manzaneda agrupado co do Bolo |
1. Anexo I. O importe da subvención solicitada non pode ser superior ao total dos custos directos de persoal e deberá coincidir coa cantidade solicitada no anexo II. |
|
SI435A 2026-16 |
Concello de Melón |
1. Anexos I e II. Non coinciden as contías da subvención solicitada. 2. Anexo III. Revisen as datas da actividade Actividades físicas para a saúde e relaxación, xa que non está dentro do período subvencionable. Deberán cubrir a epígrafe Contidos da actuación de cada unha das actuacións. |
|
SI435A 2026-62 |
Concello de Mos |
Anexo II. Deberá estar asinado pola persoa secretaria da entidade solicitante. |
|
SI435A 2026-49 |
Concello de Mugardos |
Anexo I. O importe da subvención solicitada para custos de persoal está sen cubrir. |
|
SI435A 2026-56 |
Concello de Nogueira de Ramuín agrupado cos de Esgos e Paderne de Allariz |
1. Anexo I e II. O importe da subvención solicitada non pode ser superior ao total dos custos directos de persoal. 2. Anexo III. Punto 2.1. Deberán revisar o número de edicións de cada actividade, posto que o número de horas do persoal debe coincidir co número de horas das actuacións ou actividades, e corrixirase o que sexa preciso. |
|
SI435A 2026-31 |
Concello de Ortigueira |
1. Anexo III. Punto 2.1. O módulo obrigatorio non acada a duración mínima do 10 % das horas previstas para a actividade (54). 2. Anexo III. Punto 2.2. O número de horas do persoal que desenvolve a actuación (18) non coincide co número de horas reflectido no punto 2.1 (54). |
|
SI435A 2026-65 |
Concello de Paderne |
1. Anexo III. Punto 2.1. Os módulos non poden superar as horas das actividades nin, segundo as actividades propostas, tampouco poderían ter as mesmas horas. 2. Anexo III. Punto 2.2. Está sen cubrir. |
|
SI435A 2026-21 |
Concello de Ponte Caldelas |
1. Anexos I e II. O importe da subvención solicitada non pode ser superior ao total dos custos directos de persoal. 2. Anexo III. Punto 2.2. Deberán revisar os gastos imputados e modificalos, se fose preciso, xa que os gastos de persoal que desenvolvan funcións de preparación, xestión, coordinación ou dirección non son subvencionables (art. 7.1.1.a). De ser preciso, deberán modificar, ademais, o importe da subvención solicitada. |
|
SI435A 2026-69 |
Concello de Pontedeume |
Anexo III. Punto 2.2. Deben desagregar os custos de persoal. |
|
SI435A 2026-12 |
Concello de Ribadavia |
1. Anexo III. Punto 2.1. O módulo obrigatorio non acada a duración mínima do 10 % das horas previstas para a actividade Obradoiros de apoderamento e autoestima (972). 2. Anexo III. Punto 2.2. O número de horas do persoal que desenvolve a actuación Obradoiros de apoderamento e autoestima (243) non coincide co número de horas reflectido no punto 2.1 (972). |
|
SI435A 2026-77 |
Concello de Ribadumia |
Anexo III. Punto 2.1. Cada actuación contará, como mínimo, cun módulo ou bloque temático cunha duración mínima do 10 % das horas previstas para unha actuación ou actividade. |
|
SI435A 2026-66 |
Concello de Rois |
1. Acreditación de ter remitidas as contas do exercicio orzamentario 2024 ao Consello de Contas de Galicia. 2. Anexo III. Punto 2.1. Deberán aclarar o número de edicións da actuación. Cómpre revisar as datas de realización, xa que non están dentro do período subvencionable. O módulo obrigatorio non acada a duración mínima do 10 % das horas previstas para a actividade. 3. Anexo III. Punto 2.2. Deberán cubrir debidamente os datos da persoa contratada ou, na súa falta, do posto de traballo, así como o número de horas dedicadas á actuación. |
|
SI435A 2026-80 |
Concello de Salceda de Caselas agrupado cos das Neves e Salvaterra de Miño |
1. Anexos I e II. O importe da subvención solicitada non pode ser superior ao total dos custos directos de persoal. 2. Anexo III. Punto 2.1. Deberán aclarar o número de edicións de cada actuación. O módulo obrigatorio de varias actuacións non acada o mínimo do 10 % das horas previstas para a actividade. 3. Anexo III. Punto 2.2. O número de horas do persoal debe coincidir co número de horas das actuacións ou actividades. Deberán cubrir adecuadamente a actuación en que participa cada persoa contratada e as súas funcións. |
|
SI435A 2026-38 |
Concello de San Amaro agrupado co de Cenlle |
1. Anexos I e II. O importe da subvención solicitada non pode ser superior a 28.000 € 2. Anexo III. Punto 2.1. Deberán indicar as datas da actividade Obradoiro de autocoidado e habilidades. Na actividade Xogos pola igualdade deberán xustificar a relación entre os contidos da actuación e o obxectivo de recuperación da identidade e autonomía e a restauración dos proxectos vitais das persoas participantes. Na actividade Actividades culturais para a igualdade deberán detallar que actividades van realizar e xustificar a relación entre os contidos da actuación e o obxectivo de recuperación da identidade e autonomía e a restauración dos proxectos vitais das persoas participantes. |
|
SI435A 2026-24 |
Concello de San Xoán de Río agrupado co de Larouco |
Anexo III. Punto 2.1. Deberán revisar o número de edicións de cada actividade, posto que o número de horas do persoal debe coincidir co número de horas das actuacións ou actividades, e corrixirase o que sexa preciso. Na actividade Participación cidadá deberán revisar os contidos. Debe adecuarse ao recollido no artigo 6 e tendo en conta que as actuacións estarán dirixidas específica e exclusivamente a mulleres en situación de especial vulnerabilidade. Do contrario, deberán eliminala e modificar os gastos imputados e o número de participantes, así coma o importe da subvención solicitada. |
|
SI435A 2026-75 |
Concello de Santa Comba |
1. Anexo II. Sen asinar. 2. Anexo III. Cada actuación contará, como mínimo, cun módulo ou bloque temático cunha duración mínima do 10 % das horas previstas para unha actuación ou actividade. |
|
SI435A 2026-68 |
Concello de Silleda |
1. Anexo III. Punto 2.1. Deberán cubrir a epígrafe Contidos da actuación de cada unha das actuacións. Os módulos obrigatorios de varias actuacións non acadan a duración mínima do 10 % das horas previstas para a actividade. 2. Anexo III. Punto 2.2. O número de horas do persoal debe coincidir co número de horas das actuacións ou actividades. |
|
SI435A 2026-07 |
Concello de Soutomaior |
1. Anexo III. Punto 2.1. Deben cubrir o tipo de actuación en todas as actividades. 2. Anexo III. Punto 2.2. Deben cubrir o número de horas. |
|
SI435A 2026-32 |
Concello de Teo |
1. Anexos I e III asinados pola persoa que posúe a representación legal do concello (alcaldía) e nos cales deberán constar os seus datos persoais no cadro de representación (a representación do concello só pode delegarse nos membros da Comisión de Goberno ou nos/nas tenentes de alcaldía, non no persoal do concello). 2. Anexo III cuberto e asinado segundo o punto anterior. |
|
SI435A 2026-67 |
Concello de Tui |
1. Anexo II. Deberá estar asinado pola persoa secretaria da entidade solicitante. 2. Anexo III. Punto 2.1. Para poder incluír menores como participantes nunha actividade, o tipo de acción tería que ser a número 4: «Accións de atención directa a fillos/as de mulleres vítimas de violencia de xénero, vítimas de explotación sexual-laboral ou de mulleres lactantes sen apoios» e o principal colectivo destinatario: «1. Vítimas de violencia de xénero ou de violencia doméstica», «2. Vítimas de explotación sexual-laboral en redes de prostitución ou de trata de persoas» ou «13. Embarazadas ou lactantes sen apoio familiar». 3. Anexo III. Punto 2.2. Deben cubrir a totalidade dos custos de persoal. Así mesmo, as horas das actividades (536) deben coincidir coas horas realizadas polo persoal contratado (550). |
|
SI435A 2026-82 |
Concello de Valdoviño |
Anexo III. Punto 2.2. Deberán cubrir debidamente os datos da persoa contratada ou, na súa falta, do posto de traballo. |
|
SI435A 2026-59 |
Concello de Vedra |
Anexo III. Cada actuación contará, como mínimo, cun módulo ou bloque temático cunha duración mínima do 10 % das horas previstas para unha actuación ou actividade. Así mesmo, as horas das actividades (84) deben coincidir coas horas realizadas polo persoal contratado (100). |
|
SI435A 2026-19 |
Concello de Vilanova de Arousa |
1. Anexo II 2. Anexo III. Punto 2.1. Deberán indicar a duración do módulo obrigatorio. Deberán cubrir a xustificación entre os contidos da actuación e o obxectivo. 3. Anexo III. Punto 2.2. Non está cuberto. |
|
SI435A 2026-22 |
Concello de Vilasantar |
Anexo III. Punto 2.1. Deberán revisar o número de edicións de cada actividade, posto que o número de horas do persoal debe coincidir co número de horas das actuacións ou actividades, e corrixirase o que sexa preciso. |
|
SI435A 2026-63 |
Concello de Vimianzo |
Anexo III. Está sen cubrir. |
|
SI435A 2026-30 |
Concello de Xinzo da Limia |
Anexo III. Punto 2.1. Para poder incluír menores como participantes nunha actividade, o tipo de acción tería que ser a número «4. Accións de atención directa a fillos/as de mulleres vítimas de violencia de xénero, vítimas de explotación sexual-laboral ou de mulleres lactantes sen apoios» e o principal colectivo destinatario: «1. Vítimas de violencia de xénero ou de violencia doméstica», «2. Vítimas de explotación sexual-laboral en redes de prostitución ou de trata de persoas» ou «13. Embarazadas ou lactantes sen apoio familiar». |
|
SI435A 2026-10 |
Concello de Xunqueira de Ambía agrupado cos de Vilar de Barrio, Sandiás e Rairiz de Veiga |
1. Anexos I e II. O importe da subvención solicitada non pode ser superior ao total dos custos directos de persoal. Ademais, non coinciden as contías da subvención solicitada. 2. Anexo III. Non coincide o número de horas das actividades (172) co número de horas do persoal (130). Punto 2.1. Para poder incluír menores como participantes nunha actividade, o tipo de acción tería que ser a número «4: Accións de atención directa a fillos/as de mulleres vítimas de violencia de xénero, vítimas de explotación sexual-laboral ou de mulleres lactantes sen apoios» e o principal colectivo destinatario: «1. Vítimas de violencia de xénero ou de violencia doméstica», «2. Vítimas de explotación sexual-laboral en redes de prostitución ou de trata de persoas» ou «13. Embarazadas ou lactantes sen apoio familiar». |
|
SI435A 2026-11 |
Concello de XunqueIra de Espadanedo |
Anexo III. Punto 2.2. Deberán revisar os gastos imputados e modificalos, se fose preciso, xa que os gastos de persoal que desenvolvan funcións de preparación, xestión, coordinación ou dirección non son subvencionables (art. 7.1.1.a). De ser preciso, deberán modificar, ademais, o importe da subvención solicitada. |
|
SI435A 2026-41 |
Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria Conso-Frieiras |
Anexo III. Punto 2.1. O módulo obrigatorio non acada a duración mínima do 10 % das horas previstas para a actividade (255). |
