O Decreto 196/2012, do 27 de setembro, crea a Axencia de Turismo de Galicia, entidade co obxectivo básico de impulsar, coordinar e xestionar a política autonómica en materia de turismo. Entre os seus obxectos atópase o impulso á innovación, investigación, formación e cualificación das empresas e profesionais do sector turístico. Dentro da Axencia de Turismo de Galicia atópase o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (en diante, CSHG) que entre as súas funcións ten o desenvolvemento da docencia e a investigación conforme as exixencias metodolóxicas e substantivas propias de toda institución do ámbito universitario.
Mediante a Orde do 4 de xullo de 2014 (DOG núm. 128, do 8 de xullo) fixáronse os prezos privados correspondentes á prestación de servizos polo CSHG.
A Orde do 22 de agosto de 2017 (DOG núm. 168, do 5 de setembro) e a Orde do 3 de outubro de 2019 (DOG núm. 199, do 18 de outubro) modifican o seu artigo 4, relativo á actualización dos prezos.
A Orde do 2 de novembro de 2022 (DOG núm. 214, do 10 de novembro) modificou a Orde do 4 de xullo de 2014 con motivo da incorporación do grao en Xestión de Empresas Hostaleiras e de cambios no funcionamento interno, así como da actualización dos servizos.
A incorporación do grao en Xestión de Empresas Hostaleiras ás titulacións impartidas polo CSHG fixo preciso adaptar, mediante a Orde do 2 de novembro de 2022, os prezos privados correspondentes aos servizos prestados polo CSHG no que se refire á manutención dos alumnos e á consultoría e formación, ao tempo que se actualizaron os servizos ofertados e os seus prezos.
Por último, a Orde do 29 de maio de 2024 (DOG núm. 110, do 7 de xuño) modificou a Orde do 4 de xullo de 2014, actualizando os prezos do uso da residencia polo alumnado do CSHG en réxime de cuarto dobre e cuarto individual, e tamén eliminou o importe de manutención do alumnado interno do CSHG, ao estar incluído o almorzo e xantar dentro do prezo da matrícula ordinaria, e actualizou os servizos de carta, ofertando un menú degustación e eliminando a oferta fixa de pratos. Este menú degustación irá adaptándose aos produtos de tempada e proximidade.
Faise preciso realizar unha nova modificación da Orde do 4 de xullo de 2014, para actualizar a oferta de prazas, os novos servizos e os prezos da residencia, así como eliminar o beneficio de non pagar residencia para o alumnado con bolsa do CSHG.
A actualización de prezos da residencia vén motivada pola inclusión da comida de mediodía no bufete para os residentes de luns a venres en período docente.
Os prezos da aula de cafetaría elimínanse, pois dentro da planificación docente non se prevé a oferta de servizo de cafetaría, e estas prácticas faranse na aula restaurante bufete.
Elimínase o aluguer das aulas de cociñas e catas por necesidades internas de funcionamento e para garantir o correcto funcionamento da docencia, e engádese o aluguer do auditorio.
Elimínanse as bebidas do menú degustación.
Esta orde consta dun artigo único, mediante o cal se introduce un novo artigo e se modifica o anexo.
Na súa virtude, vista a proposta formulada pola Axencia de Turismo de Galicia e logo do informe favorable da Consellería de Facenda e Administración Pública, esta consellería
DISPÓN:
Artigo único. Modificación da Orde do 4 de xullo de 2014 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos polo Centro Superior de Hostalaría de Galicia
Un. Introdúcese o artigo 6, que queda redactado como segue:
«Artigo 6. Bolsas e axudas
O centro directivo con competencias en materia de turismo poderá establecer bolsas e axudas dirixidas a compensar o custo dos servizos obxecto desta orde».
Dous. O anexo queda redactado como segue:
«ANEXO
Prezos privados servizos
Alumnado CSHG:
|
Concepto |
€/ud. |
|
Uso residencia en réxime de cuarto dobre (curso) |
3.307,53 |
|
Uso residencia en réxime de cuarto individual (curso) |
5.475,78 |
|
Fianza réxime interno (curso) |
272,73 |
|
Duplicados tarxeta alumno |
5,37 |
|
Uso de lavadoras na residencia |
1,82 |
|
Certificado académico simple |
19,55 |
|
Certificado académico con programas |
61,18 |
O uso da residencia no curso académico inclúe o aloxamento durante o calendario académico vixente, a comida de mediodía e a cea (excepto sábados, domingos e festivos).
Uso de instalacións:
|
Concepto |
€/ud. |
|
Aula de teoría (media xornada) |
100,00 |
|
Aula de teoría (xornada completa) |
150,00 |
|
Planta completa de aulas (media xornada) |
500,00 |
|
Planta completa de aulas (xornada completa) |
1.000,00 |
|
Aula auditorio (media xornada) |
500,00 |
|
Aula auditorio (xornada completa) |
1.000,00 |
Formación continua e teleformación e consultoría:
|
– Servizos de formación continua e teleformación |
€/hora |
|
Deseño cursos de formación e teleformación |
246,77 |
|
Impartición de hora de formación presencial no CSHG |
95,00 |
|
Impartición de hora de formación presencial nacional |
135,00 |
|
Impartición de hora de formación presencial internacional |
165,00 |
|
Impartición de hora de formación a distancia (webinario) |
100,00 |
|
Hora/alumno curso teleformación a medida (plataforma) ata 30 horas |
3,50 |
|
Hora/alumno curso teleformación a medida (plataforma) de máis de 31 horas |
3,10 |
|
– Servizos de consultoría |
€/hora |
|
Prezo hora consultoría Galicia |
154,23 |
|
Prezo hora consultoría nacional |
185,07 |
|
Prezo hora consultoría internacional |
226,20 |
Aula restaurante bufete:
|
Concepto |
€/ud. |
|
Menú |
4,55 |
Aula restaurante carta:
|
Concepto |
€/ud. |
|
Menú degustación (sen bebida) |
21,46 |
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2026
Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
