DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 6 de abril de 2026 Páx. 20966

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2026, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dispón o depósito e inscrición no Rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, do Acordo do 6 de marzo de 2026 da Comisión negociadora do Convenio colectivo da Compañía de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG) e as súas sociedades, no cal se actualizan determinadas contías de indemnizacións por razón de servizos previstas nos artigos 71.2 e 72.2 do Convenio colectivo aplicable ao persoal da Corporación (Diario Oficial de Galicia número 167, do 2 de setembro de 2015).

Feitos:

Primeiro. O día 9 de marzo de 2026 tivo entrada nesta unidade a solicitude para a inscrición no Rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, do Acordo do 6 de marzo de 2026 da comisión negociadora do Convenio colectivo da Compañía de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG) e as súas sociedades no que se actualizan determinadas contías de indemnizacións por razón de servizos previstas nos artigos 71.2 e 72.2 do Convenio colectivo aplicable ao persoal da Corporación (DOG núm. 167, do 2 de setembro de 2015)

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais ten atribuídas, entre outras funcións, as competencias que como autoridade laboral lle corresponden á Consellería de conformidade co disposto no Decreto 147/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Segundo. De acordo co artigo 25 do citado Decreto 147/2024, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais é o órgano competente de coordinación dos rexistros administrativos de eleccións sindicais, de asociacións empresariais e sindicais (Deose), de convenios colectivos (Rexcon) e de empresas acreditadas para intervir no proceso de contratación no sector da construción (REA).

Terceiro. O artigo 8 do Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, regula o procedemento de inscrición de solicitudes de rexistro e convenios e acordos colectivos de traballo e establece que a autoridade laboral competente procederá a ditar resolución onde ordene o seu rexistro, depósito e publicación no boletín oficial correspondente.

Revisada a documentación achegada e tendo en conta a normativa aplicable, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, na súa condición de autoridade laboral,

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o depósito e a inscrición no Rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, do acordo do 6 de marzo de 2026 da comisión negociadora do Convenio colectivo da Compañía de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG) e as súas sociedades en que se actualizan determinadas contías de indemnizacións por razón de servizos previstas nos artigos 71.2 e 72.2 do Convenio colectivo aplicable ao persoal da Corporación (DOG núm. 167, do 2 de setembro de 2015).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2026

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais

ANEXO

Acordo para actualizar as contías de determinadas indemnizacións por razón de servizo previstas no convenio colectivo

A comisión negociadora do Convenio colectivo, constituída o 19 de decembro de 2024, subscribe, ao abeiro do disposto no artigo 86.3 do Estatuto dos traballadores e sen prexuízo dos pactos que resulten da negociación colectiva, o presente acordo parcial para actualizar determinadas contías de indemnizacións por razón de servizos previstas nos artigos 71.2 e 72.2 do Convenio colectivo aplicable ao persoal da Corporación (DOG núm. 167, do 2 de setembro de 2015), de conformidade coas seguintes especificacións.

ACORDAN:

Primeiro. Actualización da compensación económica prevista no artigo 71.2 do Convenio colectivo

O importe da compensación económica por utilizar o vehículo propio nos desprazamentos por razón de traballo queda fixado na contía de 0,26 € por quilómetro.

Segundo. Actualización dos importes de determinadas axudas de custo previstas no artigo 72.2 do Convenio colectivo

Os importes das axudas de custo por manutención por comida ou cea en Galicia e no resto de España, Portugal e Andorra quedan fixados nas seguintes contías.

Comida ou cea

Importe

Galicia

22,05

Resto de España/Portugal/Andorra

22,05

Terceiro. Publicación, rexistro e entrada en vigor

Deléganse na persoa titular do Servizo de Sistemas de Información de Recursos Humanos e Diálogo Social os trámites de rexistro e depósito. A entrada en vigor do presente acordo producirase o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

En proba de conformidade, as persoas membros da comisión asinan este acordo en Santiago de Compostela o 6 de marzo de 2026.

Víctor Tubío Villar-Director do Departamento de Xestión das Persoas da CSAG

Raquel Lema Astray-CUT

María José Rivero Portela-UXT

Fernando Santos Bermúdez-USO

Santiago Alvite Rueda-CIG

Montse Montaos Varela-CC.OO.