A Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no número 2 da súa disposición derradeira quinta sobre o calendario de implantación, establece que as modificacións introducidas nas condicións de acceso ás diferentes ensinanzas reguladas nesa lei orgánica se implantarán ao comezo do curso seguinte da entrada en vigor desta lei. Así mesmo, no seu número corenta e oito modifícase o artigo 64 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no referente á organización e aos requisitos de acceso ás ensinanzas deportivas.
O Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, modificado polo Real decreto 628/2022, do 26 de xullo, polo que se modifican varios reais decretos para a aplicación da Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, ás ensinanzas artísticas e ás ensinanzas deportivas, e a adecuación de determinados aspectos da ordenación xeral das ditas ensinanzas, no seu artigo 30.1 establece que as probas de carácter específico para o acceso aos ciclos de ensinanzas deportivas serán organizadas e controladas polas administracións educativas. Igualmente, nas súas disposicións transitorias segunda e terceira preceptúa a vixencia temporal das ensinanzas establecidas ao abeiro do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, polo que se configuran como ensinanzas de réxime especial as conducentes á obtención de titulacións de técnicos deportivos, se aproban as directrices xerais dos títulos e das correspondentes ensinanzas mínimas, e das normas de desenvolvemento previstas nel.
A Orde do 22 de xullo de 2021 pola que se desenvolven determinados aspectos da ordenación académica nas modalidades deportivas de ensinanzas de réxime especial implantadas na Comunidade Autónoma de Galicia, regula, no seu capítulo V, o acceso ás ensinanzas deportivas.
A Orde do 24 de marzo de 2003 pola que se regulan as probas de madureza e de carácter específico para o acceso ás ensinanzas deportivas.
O capítulo II da Orde ECD/158/2014, do 5 de febreiro, pola que se regulan os aspectos curriculares, os requisitos xerais e os efectos das actividades de formación deportiva, ás cales se refire a disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, establece os requisitos de acceso xerais, específicos e para deportistas de alto nivel, alto rendemento e persoas con discapacidade.
O Decreto 89/2013, do 13 de xuño, polo que se fixan os prezos públicos correspondentes aos estudos conducentes á obtención dos títulos oficiais nas ensinanzas de Música e Artes Escénicas, de Idiomas, Deportivas, de Conservación e Restauración de Bens Culturais e nos estudos superiores de Deseño, establece os prezos públicos que serán de aplicación para as ensinanzas deportivas.
Por todo o exposto, a Dirección Xeral de Formación Profesional, en virtude das atribucións que lle son conferidas polo Decreto 138/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, resolve convocar as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2026/27 que se rexerán polas seguintes instrucións:
DISPOÑO:
Primeira Requisitos das persoas aspirantes
1. Requisitos xerais.
1.1. Poderá acceder aos ciclos de grao medio das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
a) Para acceder ás ensinanzas do ciclo inicial de grao medio, será necesario estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, ou equivalente para efectos académicos, así como calquera das seguintes titulacións: título de bacharel, título de técnico superior ou título universitario.
b) Para acceder ás ensinanzas do ciclo final ou segundo nivel de grao medio, será necesario ter superado os estudos do ciclo inicial ou primeiro nivel na correspondente modalidade ou especialidade deportiva.
As persoas que, estando matriculadas no cuarto curso de educación secundaria obrigatoria, estean pendentes do procedemento de revisión no centro, ou de resolución do departamento territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, respecto da reclamación das cualificacións do curso 2025/26, deberán presentar igualmente a solicitude de inscrición no prazo establecido na instrución quinta desta resolución e poderán realizar a proba de acceso de carácter específico de grao medio. De permitir o resultado da reclamación a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, estas persoas poderán ser avaliadas da proba de carácter específico realizada.
c) O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, ou equivalente para os efectos académicos, deberá superar a proba que substitúe o requisito de titulación que se establece no anexo I desta resolución, ter 17 anos no ano natural da súa realización, ademais de cumprir os restantes requisitos de carácter específico.
d) A superación da proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso aos ciclos de grao medio dará tamén acceso ás actividades de formación deportiva de nivel I a que se refire a Orde ECD/158/2014, cos requisitos regulados nela.
e) A proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso aos ciclos de grao medio poderase substituír pola superación dalgunha das seguintes probas:
1º. Proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio de formación profesional.
2º. Parte común da proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
3º. Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso aos ciclos formativos de grao medio de Artes Plásticas e Deseño.
4º. Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso aos ciclos formativos de grao superior de Artes Plásticas e Deseño.
5º. Probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
1.2. Poderá acceder aos ciclos de grao superior das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
a) Estar en posesión do título de técnico deportivo na correspondente modalidade ou especialidade deportiva, ademais de, cando menos, un dos seguintes títulos: título de bacharel, título de técnico superior ou título universitario.
b) O alumnado que non posúa o título de bacharelato, ou outro declarado equivalente para os efectos académicos, ou algún dos títulos establecidos no parágrafo anterior, deberá superar a proba que substitúe o requisito de titulación que se establece no anexo II, ter 19 anos no ano natural da súa realización e estar en posesión do título de técnico deportivo na correspondente modalidade ou especialidade deportiva.
c) A superación da proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao superior dará tamén acceso ás actividades de formación deportiva de nivel III ás cales se refire a Orde ECD/158/2014, cos requisitos regulados nela.
d) A proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao superior poderase substituír pola superación dalgunha das seguintes probas:
1º. Parte común da proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
2º. Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso aos ciclos formativos de grao superior de Artes Plásticas e Deseño.
3º. Probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
2. Requisitos específicos.
Ademais dos requisitos de acceso de carácter xeral, para o acceso ás modalidades ou especialidades deportivas de Fútbol, Fútbol sala, Baloncesto, Balonmán, Atletismo e Vela requirirase a superación da proba de carácter específico regulada nesta resolución, ou acreditar méritos deportivos no caso de Baloncesto e Balonmán.
Segunda. Acceso para aspirantes con discapacidade
1. De acordo co establecido na disposición adicional terceira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, as persoas aspirantes ao acceso e á admisión ás ensinanzas deportivas que presenten algunha discapacidade poderán requirir a adaptación que corresponda para a realización das probas de acceso ás ditas ensinanzas.
2. Para tal efecto, as persoas aspirantes con algunha discapacidade farano constar na epígrafe correspondente na solicitude de inscrición e deberán presentar, xunto coa súa inscrición no procedemento de acceso e admisión ás ensinanzas deportivas, a documentación que acredite oficialmente a súa discapacidade e, de ser o caso, unha solicitude de adaptación dos medios e das condicións de realización da proba de acceso na modalidade deportiva que corresponda, cunha antelación de dez (10) días ao da data da realización das probas, segundo o establecido no artigo 27.2 da Orde do 22 de xullo de 2021.
3. Co obxecto de garantir a eficacia da formación e o posterior exercicio das competencias profesionais inherentes ao título, o tribunal avaliará o grao de discapacidade e as limitacións que comporte para poder cursar con aproveitamento as ensinanzas e, de ser o caso, adaptará os requisitos e as probas de acceso que deban superar as persoas aspirantes que, en todo caso, deberán respectar o esencial dos obxectivos xerais establecidos para o ciclo de ensinanza na modalidade ou especialidade deportiva correspondente.
4. O tribunal poderá solicitar o asesoramento de persoas especialistas para elaborar un informe que lle permita valorar se o grao de discapacidade e as limitacións que comporta posibilita cursar con aproveitamento e seguridade as ensinanzas, e acadar as competencias correspondentes ao ciclo de que se trate e exercer a súa profesión.
5. Cando nas observacións das listaxes provisionais e definitivas de persoas inscritas aparezan as siglas PAC, significa «proba adaptada concedida».
Terceira. Validez das probas
1. De conformidade co artigo 32 do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, a superación da proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao medio e ao grao superior terá validez en todo o territorio nacional.
2. A certificación de superación da proba de acceso de carácter específico terá validez en todo o territorio nacional. A súa vixencia está definida no real decreto que establece o título e as ensinanzas mínimas da correspondente modalidade e/ou especialidade deportiva.
Cuarta. Tribunal
1. Os tribunais que elaborarán, supervisarán e avaliarán as probas que substitúen o requisito de titulación para o acceso ás ensinanzas de técnico deportivo de grao medio e de grado superior serán designados pola persoa titular da Dirección Xeral de Formación Profesional.
2. Os tribunais encargados das probas específicas serán designados pola persoa titular da Dirección Xeral de Formación Profesional e constituiranse de acordo coa normativa vixente establecida nas distintas modalidades ou especialidades deportivas.
3. As funcións dos tribunais das probas de acceso de carácter específico serán as definidas no artigo 29 da Orde do 22 de xullo de 2021.
Quinta. Lugar, prazo e forma de presentación das solicitudes
1. A solicitude de inscrición, tal como indica o artigo 27.1 da Orde do 22 de xullo de 2021, presentarase na Secretaría dalgún dos centros públicos vinculados a cada modalidade deportiva, segundo consta na relación do anexo III. As persoas aspirantes só poderán realizar a proba no centro en que formalicen a inscrición. Excepcionalmente, na modalidade de Fútbol a solicitude poderá presentarse no IES Río Cabe (Monforte de Lemos), indicando en cal dos dous centros asignados solicita realizar a proba. Así mesmo, na modalidade de Atletismo a solicitude poderá presentarse no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo).
Os centros e lugares onde se realizarán as probas específicas constan no anexo IV.
2. O prazo de inscrición na proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao medio e/ou na proba específica de grao medio será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e o día 25 de xuño de 2026, ambos incluídos.
3. O prazo de inscrición na proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao superior será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e o día 15 de maio de 2026, ambos incluídos.
4. Para tal fin, os centros deberán publicar, nos taboleiros de anuncios do interior dos recintos sen visibilidade desde o exterior, o seguinte:
a) Normativa reguladora do procedemento de inscrición nas probas de acceso ás ensinanzas deportivas.
b) Calendario de publicación da listaxe provisional e definitiva de solicitudes admitidas e excluídas, os motivos de exclusión, así como dos prazos para presentar reclamacións.
c) Calendario e procedemento para formalizar a matrícula.
5. Os centros facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo de solicitude de inscrición para a realización das probas.
6. Á solicitude de inscrición xuntaráselle a documentación que proceda, segundo o caso, para a acreditación dos datos consignados:
a) Copia do DNI, NIE ou pasaporte da persoa solicitante.
b) Orixinal da solicitude de inscrición conforme o modelo facilitado polo centro docente.
c) Xustificante do aboamento dos prezos públicos segundo o Decreto 89/2013, do 13 de xuño, polo que se fixan os prezos públicos correspondentes aos estudos conducentes á obtención dos títulos oficiais nas ensinanzas de Música e Artes Escénicas, de Idiomas, Deportivas, de Conservación e Restauración de Bens Culturais e nos estudos superiores de Deseño, agás no caso de estar exento/a do pagamento.
d) En caso de bonificación ou exención do pagamento do prezo público, documento que o acredite.
e) Certificación académica, xunto co documento que acredite o aboamento do depósito dalgún dos seguintes títulos: título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou título de bacharel (ou títulos declarados equivalentes para os efectos académicos), título de técnico, técnico superior ou título universitario.
f) Certificado de superación da proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao ciclo de grao medio ou superior das ensinanzas deportivas.
g) Certificado de superación da proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso aos ciclos formativos de grao medio ou superior de Artes Plásticas e Deseño.
h) Certificado de superación da proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou superior (parte común) de formación profesional.
i) Certificado de superación das probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
j) Resolución do órgano competente en materia de deporte pola que se acredita a consideración de deportista de alto nivel ou de alto rendemento.
k) Certificado de mérito deportivo expedido pola Federación española ou autonómica correspondente, só no caso de Baloncesto e Balonmán.
l) Documentación acreditativa da experiencia profesional ou deportiva.
m) Para titulacións obtidas no estranxeiro, xuntarase a declaración responsable para a inscrición condicionada, tal como se establece na Orde do 9 de xullo de 2018 reguladora do procedemento de homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias.
n) Certificado acreditativo do grao de discapacidade, expedido polo órgano competente autonómico ou estatal que corresponda.
7. As persoas solicitantes que deban realizar a proba que substitúe o requisito de titulación farano constar na epígrafe correspondente na solicitude de inscrición. No caso de non superala, non serán admitidas na proba de carácter específico.
Sexta. Exención da realización da proba específica de acceso
1. Poderán solicitar a exención da realización da proba específica as persoas que aleguen mérito deportivo, no caso das modalidades de Baloncesto e Balonmán, así como as que conten con experiencia profesional ou deportiva en calquera modalidade.
Ademais, poderán ser obxecto de exención da realización da proba específica de acceso, en cada unha das modalidades de ensinanza deportiva implantadas na Comunidade Autónoma de Galicia, aquelas persoas que acrediten, con carácter xeral, a condición de deportista de alto nivel ou deportista de alto rendemento nas condicións que establece o Real decreto 971/2007, do 13 de xullo, sobre deportistas de alto nivel e alto rendemento para a modalidade deportiva correspondente ou quen acredite a condición de deportista de alto rendemento ou equivalente na modalidade correspondente, establecida polas comunidades autónomas de acordo coa súa normativa.
As condicións para solicitar a exención nas distintas modalidades deportivas pódense consultar na seguinte ligazón do portal educativo:
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/36604
2. O procedemento de solicitude de exención require a inscrición correspondente na proba de carácter específico obxecto desta convocatoria. Xunto coa solicitude de exención da realización da proba de carácter específico deberase achegar a documentación acreditativa que corresponda, e será o tribunal avaliador nomeado para cualificar a dita proba quen valore esa documentación e determine a dita exención.
3. O alumnado ao cal lle sexa concedida a exención da proba específica de acceso estará exento do pagamento dos prezos públicos correspondentes, de acordo co establecido no Decreto 89/2013, do 13 de xuño, polo que se fixan os prezos públicos correspondentes aos estudos conducentes á obtención dos títulos oficiais nas ensinanzas de Música e Artes Escénicas, de Idiomas, Deportivas, de Conservación e Restauración de Bens Culturais e nos estudos superiores de Deseño. En caso contrario, deberá realizar o pagamento correspondente e achegar o seu xustificante na Secretaría do centro de inscrición con anterioridade á realización da dita proba.
Sétima. Información básica sobre protección de datos persoais
Os datos persoais solicitados neste procedemento serán tratados, na súa condición de responsable, pola Xunta de Galicia, Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, coa finalidade de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da Carpeta cidadá.
O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, e nas referencias recollidas en www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos
As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos
Oitava. Publicación das listaxes de inscrición
1. Concluído o prazo de presentación de solicitudes, o día 15 de maio de 2026 para as persoas aspirantes que se presenten á proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao superior, ou o 25 de xuño de 2026 para o resto das persoas aspirantes, os centros onde se realice a inscrición enviaranlle ao Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente, a través do correo electrónico sereap@edu.xunta.gal, a listaxe de persoas inscritas para realizar as probas de acceso, na cal deberá constar expresamente o cumprimento na presentación da documentación necesaria, así como as persoas que aleguen mérito deportivo, experiencia profesional ou deportiva, e as que solicitan exención das probas ou adaptación destas por teren algunha discapacidade.
2. As solicitudes que aleguen mérito deportivo, experiencia profesional ou deportiva e soliciten exención ou adaptación de probas, xunto coa documentación achegada, serán obxecto de valoración por parte do tribunal avaliador; para tal efecto, as ditas solicitudes serán enviadas polos centros ao/á presidente/a do tribunal da proba correspondente o día seguinte ao da finalización do prazo de inscrición en formato pdf.
3. A listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas na proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso a grao superior será publicada o día 18 de maio de 2026, mentres que a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas na proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao medio e nas probas específicas será publicada o 26 de xuño de 2026. Esta listaxe será publicada nos taboleiros de anuncios do interior dos recintos dos centros onde se realizou a inscrición, sen visibilidade desde o exterior, así como no portal educativo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, http://www.edu.xunta.gal, indicando expresamente as persoas con méritos deportivos, as declaradas exentas de realizar a proba específica na modalidade correspondente, as persoas con probas adaptadas (coas siglas PAC), así como as persoas excluídas nestas probas e os motivos da súa exclusión.
4. Poderanse presentar alegacións ás listaxes provisionais, a través das secretarías dos centros nos cales se presentou a solicitude, do 19 ata o 20 de maio de 2026 para as persoas aspirantes ás probas de requisito de titulación para o acceso ao grao superior, e do 29 ata o 30 de xuño para o resto de persoas aspirantes. Unha vez resoltas as ditas alegacións, os centros enviaranlle ao Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente, a través do enderezo electrónico sereap@edu.xunta.gal, a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas.
As alegacións á listaxe provisional de persoas inscritas admitidas e excluídas entenderanse resoltas e notificadas coa publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas.
5. A listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas na proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao superior será publicada o día 25 de maio de 2026, mentres que a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas na proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao medio e nas probas específicas será publicada o día 1 de xullo de 2026 nos taboleiros de anuncios do interior dos recintos dos centros onde se realizou a inscrición, sen visibilidade desde o exterior, así como no portal educativo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional http://www.edu.xunta.gal
Novena. Probas que substitúen o requisito de titulación
1. A proba para as persoas aspirantes que non cumpran co requisito de titulación para o acceso ao grao medio terá lugar o día 3 de xullo de 2026 no IES San Clemente (rúa de San Clemente, s/n, Santiago de Compostela, A Coruña), segundo o establecido no anexo I desta resolución.
2. A proba para as persoas aspirantes que non cumpran co requisito de titulación para o acceso ao grao superior terá lugar o día 26 de maio de 2026 no IES San Clemente (rúa de San Clemente, s/n, Santiago de Compostela, A Coruña), segundo o establecido no anexo II desta resolución.
3. Calquera posible variación sobre este calendario requirirá a autorización expresa da Dirección Xeral de Formación Profesional.
Décima. Probas específicas de acceso
1. As probas de acceso de carácter específico aos ciclos de grao medio, para cada unha das modalidades deportivas, terán lugar:
a) Na modalidade de Fútbol sala, as persoas inscritas no CIFP A Farixa realizarán a proba nas instalacións do IES As Lagoas (rúa Blanco Amor, nº 2, Ourense), o día 16 de xullo, ás 10.00 horas.
b) Na modalidade de Fútbol:
– As persoas inscritas no CIFP Universidade Laboral realizarán a proba nas instalacións do propio centro (rúa Salvador Allende, s/n, Culleredo), o día 15 de xullo, ás 10.00 horas.
– As persoas inscritas no IES Sánchez Cantón realizarán a proba no campo de fútbol Manolo Barreiro 1 (rúa Celso Emilio Ferreiro, 888, Pontevedra), o día 15 de xullo, ás 9.30 horas.
c) Na modalidade de Balonmán, as persoas inscritas no IES Sánchez Cantón realizarán a proba no pavillón multiúsos da Xunqueira (rúa Celso Emilio Ferreiro, 1ª travesía, Pontevedra), o día 15 de xullo, ás 12.00 horas.
d) Na modalidade de Baloncesto, as persoas inscritas no CIFP Fontecarmoa realizarán a proba nas instalacións do propio centro (rúa Fontecarmoa, 92, Vilagarcía de Arousa), o día 16 de xullo, ás 10.00 horas.
e) Na modalidade de Vela, as persoas inscritas no CIFP Fontecarmoa realizarán a proba nas instalacións do Centro Galego de Vela (Rampla Cavadelo s/n, Vilagarcía de Arousa), o día 16 de xullo, ás 11.30 horas; poden variar a data e/ou a hora do exame no caso de non darse as condicións meteorolóxicas segundo o establecido no anexo VIII do Decreto 135/2012, do 31 de maio, polo que se establece o currículo das ensinanzas de técnico deportivo en vela con aparello fixo e técnico deportivo en vela con aparello libre.
f) Na modalidade de Atletismo, as persoas inscritas no IES As Barxas realizarán a proba nas pistas de atletismo da Xunqueira (avenida Porta do Sol, s/n, Moaña) o día 17 de xullo, ás 10.00 horas.
2. Calquera posible variación sobre este calendario requirirá a autorización expresa da Dirección Xeral de Formación Profesional.
3. O anexo V especifica o calendario completo das probas de acceso aos ciclos de grao medio e grao superior.
Décimo primeira. Reclamacións e recursos ás probas de acceso
1. Contra as cualificacións provisionais das probas de acceso poderase presentar reclamación motivada, ante o/a presidente/a do tribunal, durante os dous (2) días hábiles seguintes ao da súa publicación, que resolverá o que proceda.
2. Contra as resolucións das reclamacións emitidas polo/a presidente/a do tribunal, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada no prazo de un (1) mes, ante o departamento territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional correspondente segundo o ámbito provincial en que se ditou a resolución impugnada, de acordo co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A resolución deste recurso poñerá fin á vía administrativa.
Décimo segunda. Certificación da superación das probas
1. Unha vez publicada a listaxe definitiva de persoas aspirantes que superaron a proba que substitúe o requisito de titulación, de grao medio ou superior, o/a presidente/a do tribunal emitirá os correspondentes certificados de superación da dita proba, que poderán ser recollidos nas secretarías dos centros onde as persoas aspirantes a realizaron.
2. Unha vez publicada a listaxe definitiva de persoas aspirantes que superaron a proba de acceso de carácter específico a cada unha das ensinanzas deportivas, o/a presidente/a do tribunal emitirá os correspondentes certificados de superación da dita proba, que poderán ser recollidos nas secretarías dos centros onde as persoas aspirantes a realizaron.
Décimo terceira. Admisión e matrícula
1. No relativo aos criterios de admisión nos centros sostidos con fondos públicos cando o número de persoas aspirantes supere o número de prazas ofertadas, aplicarase o disposto polo Real decreto 1363/2007, no seu artigo 34, modificado polo Real decreto 628/2022, do 26 de xullo, polo que se modifican varios reais decretos para a aplicación da Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, ás ensinanzas artísticas e ás ensinanzas deportivas, e a adecuación de determinados aspectos da ordenación xeral das ditas ensinanzas, así como o disposto no artigo 34 da Orde de 22 de xullo de 2021. As persoas interesadas deberán achegar a documentación necesaria para resolver o dito proceso de admisión.
2. A posta en marcha de cada ciclo ou nivel nunha modalidade deportiva, con carácter xeral, estará condicionada á existencia dun número mínimo de dez alumnos/as para cada un deles, no prazo ordinario da presentación de solicitudes e non se cuantificará, para estes efectos, o alumnado repetidor. Un número menor de solicitudes require a autorización previa e expresa da correspondente dirección territorial para poñer en funcionamento esta ensinanza e, mentres que non se dispoña desta autorización, non se poderá formalizar ningunha matrícula. A condición do número mínimo de alumnado débeselles comunicar ás persoas interesadas no momento da súa inscrición nas probas de acceso.
3. Para a modalidade de Vela ofertada no CIFP Fontecarmoa, o número máximo de prazas para cursar o ciclo inicial de grao medio de técnico deportivo en vela con aparello fixo e técnico deportivo en vela con aparello libre será de 12.
4. O prazo de matrícula para as persoas aspirantes que obteñan praza no citado proceso de admisión para cada unha das ensinanzas deportivas abranguerá desde a data da publicación das cualificacións definitivas ata o 31 de xullo de 2026.
5. Para a presentación das solicitudes de matrícula, os centros facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo para tal efecto. Unha vez cuberto, entregarase unha única solicitude na Secretaría do centro en que se vaian cursar as ensinanzas e xuntarase á documentación xa presentada. As persoas interesadas deberán achegar a documentación que lles sexa requirida, así como o xustificante de pagamento dos prezos públicos correspondentes en concepto de matrícula.
Disposición adicional primeira. Arquivamento e destrución das probas
A Dirección Xeral de Formación Profesional será a encargada do arquivamento dos exames durante un mínimo de tres meses tras a súa finalización. Transcorrido este período, poderá procederse á destrución das probas das cales non se formule reclamación. No caso dos exames obxecto da reclamación, a documentación conservarase durante un período de cinco anos.
Disposición adicional segunda. Efectos económicos do tribunal e das comisións de realización de probas
Para os efectos previstos no artigo 26 do Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razóns do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia, o tribunal e as comisións de realización de probas consideraranse incluídos na categoría terceira.
Disposición derradeira. Entrada en vigor
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 17 de abril de 2026
María Eugenia Pérez Fernández
Directora xeral de Formación Profesional
ANEXO I
Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao medio
1. As persoas aspirantes realizarán un total de tres exames que deberán seleccionar obrigatoriamente na solicitude de inscrición. Estes exames realizaranse no IES San Clemente (rúa San Clemente, s/n, Santiago de Compostela), o día 3 de xullo de 2026, de acordo co seguinte horario:
– 9.15 horas: presentación
– Das 9.30 ás 10.30 horas: Área Sociocultural.
– Das 10.30 ás 11.30 horas: Lingua Galega.
– Das 11.30 ás 12.30 horas: Área Científico-Tecnolóxica.
– Das 12.30 ás 13.30 horas: Lingua Castelá.
2. Características da proba.
A proba que substitúe o requisito de titulación constará dos seguintes exames:
a) Cuestións tipo test que se formulen referidas a contidos socioculturais (Xeografía e Historia).
b) Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen sobre Lingua Galega. O primeiro exercicio será tipo test e o segundo consistirá na produción dun texto escrito.
c) Cuestións tipo test que se formulen referidas a contidos científico-tecnolóxicos (Matemáticas, Ciencias da Natureza e Tecnoloxía).
d) Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen sobre Lingua Castelá. O primeiro exercicio será tipo test e o segundo consistirá na produción dun texto escrito.
3. Contido das probas.
Tomaranse como referencia os vixentes currículos oficiais da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
Valoraranse os coñecementos, o grao de madurez e as habilidades suficientes para cursar con aproveitamento os novos estudos en relación con estas áreas propias do currículo da educación secundaria obrigatoria.
4. Tribunal da proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao medio.
O tribunal que elaborará, supervisará e avaliará a proba que substitúe o requisito de titulación de grao medio para o acceso ás ensinanzas deportivas será designado pola persoa titular da Dirección Xeral de Formación Profesional.
ANEXO II
Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao superior
1. As persoas aspirantes realizarán un total de tres exames que deberán seleccionar obrigatoriamente na solicitude de inscrición. Estes exames realizaranse no IES San Clemente (rúa San Clemente, s/n, Santiago de Compostela), o día 26 de maio de 2026, de acordo co seguinte horario:
– 9.30 horas: presentación.
– Das 10.00 ás 11.00 horas: Filosofía.
– Das 11.00 ás 12.00 horas: Historia de España.
– Das 12.15 ás 13.15 horas: Lingua Galega e Literatura.
– Das 13.15 ás 14.15 horas: Lingua Estranxeira (inglés ou francés).
– Das 16.00 ás 17.00 horas: Lingua Castelá e Literatura.
2. Características da proba.
Os exames de Lingua Castelá e Literatura, Lingua Estranxeira (inglés ou francés) e Lingua Galega e Literatura constarán cada un deles de dous exercicios. O primeiro exercicio será tipo test e o segundo consistirá na produción dun texto escrito.
Os exames de Filosofía e Historia de España constarán cada un deles de dous exercicios. O primeiro exercicio será tipo test e o segundo consistirá na elaboración dunha redacción a partir dun texto proposto.
3. Contido das probas.
Tomaranse como referencia os vixentes currículos oficiais de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
Valoraranse os coñecementos e o grao de madurez en relación cos obxectivos do bacharelato, así como a correcta comprensión de conceptos, a utilización da linguaxe e a capacidade de análise e síntese.
4. Tribunal da proba que substitúe o requisito de titulación de grao superior.
O tribunal que elaborará, supervisará e avaliará a proba que substitúe o requisito de titulación de grao superior para o acceso ás ensinanzas deportivas será designado pola persoa titular da Dirección Xeral de Formación Profesional.
ANEXO III
Centros onde se poderá realizar a inscrición para as probas de acceso
de carácter específico
|
Modalidade |
Centros |
|
Fútbol |
CIFP Universidade Laboral (Culleredo) IES Sánchez Cantón (Pontevedra) IES Río Cabe (Monforte de Lemos) |
|
Fútbol sala |
CIFP A Farixa (Ourense) |
|
Baloncesto |
CIFP Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa) |
|
Balonmán |
IES Sánchez Cantón (Pontevedra) |
|
Atletismo |
IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo) IES As Barxas (Moaña) |
|
Vela |
CIFP Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa) |
ANEXO IV
Centros e lugares onde se realizarán as probas de acceso
de carácter específico
|
Modalidade |
Centros |
Lugar de realización |
|
Fútbol |
CIFP Universidade Laboral |
CIFP Universidade Laboral, rúa Salvador Allende, s/n, Culleredo |
|
IES Sánchez Cantón |
Campo de fútbol Manolo Barreiro, 1, rúa Celso Emilio Ferreiro, 888, Pontevedra |
|
|
Fútbol sala |
CIFP A Farixa |
IES As Lagoas, rúa Blanco Amor, nº 2, Ourense |
|
Baloncesto |
CIFP Fontecarmoa |
CIFP Fontecarmoa, rúa Fontecarmoa, 92, Vilagarcía de Arousa |
|
Balonmán |
IES Sánchez Cantón |
Pavillón multiúsos da Xunqueira, rúa Celso Emilio Ferreiro, 1ª travesía, Pontevedra. |
|
Atletismo |
IES As Barxas |
Pistas de atletismo da Xunqueira, avenida Porta do Sol, s/n, Moaña |
|
Vela |
CIFP Fontecarmoa |
Centro Galego de Vela, Rampla Cavadelo, s/n, Vilagarcía de Arousa |
ANEXO V
Calendario completo das probas de acceso ás ensinanzas deportivas
|
Parte do procedemento |
Data |
|
1. Fase de inscrición |
|
|
Prazo de inscrición: alumnado que solicita proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao superior |
Desde o día seguinte ao da publicación no DOG ata o 15 de maio |
|
Publicación da listaxe provisional das persoas admitidas e excluídas |
18 de maio |
|
Período de reclamación contra a listaxe provisional |
Desde o 19 ata o 20 de maio |
|
Publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas |
25 de maio |
|
Prazo de inscrición: alumnado que solicita proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao medio e/ou na proba específica de grao medio |
Desde o día seguinte ao da publicación no DOG ata o 25 de xuño |
|
Publicación da listaxe provisional das persoas admitidas e excluídas |
26 de xuño |
|
Período de reclamación contra a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas |
29 e 30 de xuño |
|
Publicación da listaxe definitiva das persoas admitidas e excluídas |
1 de xullo |
|
2. Fase de probas |
|
|
Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao superior |
26 de maio |
|
Publicación da listaxe provisional de cualificacións da proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao superior |
27 de maio |
|
Período de reclamación contra a listaxe provisional de cualificacións da proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao superior |
28 e 29 de maio |
|
Publicación da listaxe definitiva de cualificacións da proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao superior |
2 de xuño |
|
Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao medio |
3 de xullo |
|
Publicación da listaxe provisional das cualificacións da proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao medio |
6 de xullo |
|
Período de reclamación contra a listaxe provisional de cualificacións da proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao medio |
7 e 8 de xullo |
|
Publicación da listaxe definitiva de cualificacións da proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao medio |
10 de xullo |
|
Realización da proba específica |
|
|
Fútbol sala |
16 de xullo |
|
Fútbol |
15 de xullo |
|
Baloncesto |
16 de xullo |
|
Balonmán |
15 de xullo |
|
Vela |
16 de xullo |
|
Atletismo |
17 de xullo |
|
Publicación da listaxe provisional de cualificacións da proba específica |
21 de xullo |
|
Período de reclamación contra a listaxe de cualificacións da proba específica |
22 e 23 de xullo |
|
Publicación da listaxe definitiva de cualificacións da proba específica |
24 de xullo |
|
3. Fase de adxudicación e matrícula |
|
|
Período de formalización de matrícula para o curso 2026/27 |
Desde o 27 ao 31 de xullo |
