Mediante a Resolución do 11 de novembro de 2025 (DOG do 21 de novembro) convocáronse probas selectivas para cubrir dúas prazas da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade de saúde (Animalario da Facultade de Bioloxía), grupo III, pola quenda de promoción interna, do cadro de persoal laboral.
Mediante a Resolución do 15 de decembro de 2025 (DOG do 24 de decembro) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.
Unha vez rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas nas citadas probas.
Segundo. Indicar que a citada lista definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Terceiro. Convocar a persoa aspirante admitida para realizar o segundo exame da fase de oposición (proba tipo test) o día 22 de xuño de 2026, ás 10.30 horas, na sala de xuntas (2º andar) do edificio Cactus, Campus Vida, 15782 Santiago de Compostela.
A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal no taboleiro electrónico da Universidade e na páxina web:
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 27 de abril de 2026
Rosa María Crujeiras Casais
Reitora da Universidade de Santiago de Compostela
